A Organización

Sede

Domicilio  Rúa Varsovia 4C-6ª planta, Área Central, 15703-Santiago de Compostela
Teléfono 981 55 59 99

Secretaría

Domicilio Illa de San Simón - 36693 - Cesantes - Redondela - Pontevedra
Teléfono 698 156 127
Enderezo electrónico info@igadi.org
Internet http://www.fondogalego.org | http://www.fegamp.es

Datos

CIF G15629629
Nº de Rexistro 4.688. Sección Primeira Rexistro Provincial de Asociacións. Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. A Coruña.
Conta corrente (ccc) 2091.0209.16.3040016786 (Novacaixagalicia, Fene)
Conta de emerxencia (ccc) 2091.0209.10.3040019000

 

Comisión Executiva

(30/09/2011)

Cargo

Concello
(provincia)

Representante

Persoa técnica responsable

Enderezo postal, enderezo
electrónico e teléfono

Presidencia

Redondela
(Pontevedra)

Teresa París

Purificación Hermelo Iglesias

R/Alfonso XII, 2 - 36800 Redondela (Pontevedra) mariateresaparis@redondela.es
uts@redondela.info
986 400 300

Vicepresidencia

Vigo
(A Coruña)

Isaura Abelairas

Rosa Alonso / Jesús Núñez Torrón

Praza do Rei, 1 - 36202 Vigo (Pontevedra) isaura.abelairas@vigo.org
rosa.alonso@vigo.org
jesus.torron@vigo.org
986 810 138

Secretaría

Igadi

Daniel González Palau

 

IIlla de San Simón
36693 Cesantes - Redondela (Pontevedra)
dpalau@igadi.org
698 156 127

Tesourería

Allariz
(Ourense)

Pilar Gallego Cid

Carmen Cid Pérez

Praza Maior, 1 - 32660 Allariz
educacion@allariz.com
servizos.sociais@allariz.com
988 554 059

Vogalía

Cambre
(A Coruña)

María Jesús González Roel

Ricardo Puertas Mosquera

Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
mariajesus.gonzalez@cambre.org
participacioncidada@cambre.org
981 613 128

Vogalía

A Coruña
(A Coruña)

José Luis Quintela

Vanessa Pastoriza Varela / Laura Silva Dorrego

Praza de María Pita, 1 - 15001 A Coruña
j.quintela@coruna.es
espazosolidario@yahoo.es
981 184 200 (ext. 33090)

Vogalía

Viveiro
(Lugo)

Isabel Rodríguez

Lorena Fernández Méndez

Praza Maior, 1 - 27850 Viveiro (Lugo)
isarodlop@yahoo.es
in_dhia@hotmail.com
982 560 128

Vogalía

Deputación de Lugo Antonio Veiga Outeiro Esther López Rodríguez

San Marcos, 8 - 27001 Lugo
secretaria.culturaedeporte@deputacionlugo.org
estherdebaltar@hotmail.com
982 260 262

Vogalía

Oleiros
(A Coruña)

Ángel García Seoane

Marga Figueroa

Praza de Galicia, 1 - 15173 Oleiros
alcaldia@oleiros.org
981 610 000

 

Textos fundamentais

Antecedentes (Introdución)

A primeira plasmación pública desta iniciativa, impulsada polo IGADI, produciuse o 30 de novembro de 1996. En Nigrán (Pontevedra) celebrouse un encontro auspiciado polo IGADI e co apoio do Concello de Nigrán, da FEGAMP, da FEMP, da Consellería de Relacións Institucionais da Xunta de Galicia e da Oficina de Información de Nacións Unidas en Madrid, para establecer un diálogo entre Concellos e ONGs acerca da cooperación descentralizada. Nese encontro, que viña avalado por un traballo previo de investigación sobre o estado das políticas de cooperación da Administración local de Galicia, chegouse á unánime conclusión da necesidade de dar pasos adiante cara a constitución dun Fondo Galego.

O seguinte paso consistiu na creación dunha comisión mixta FEGAMP-IGADI para fixar unha estratexia de cara ó proceso de constitución desa entidade. Elaborouse primeiro unha ponencia titulada "Poder local e cooperación internacional" que é publicada en forma de folleto e distribuída a todos os Concellos, Deputacións e ONGs de Galicia. Nela delimítase o perfil da cooperación descentralizada en Galicia e defínense os contidos elementais do que podería ser un Fondo Galego. Tamén se publicaron varios artigos nos medios de comunicación e fixeronse intervencións en varias emisoras de radio, abrindo novos espacios á sensibilización para provocar certo debate social e unha presencia desta problemática a niveis máis amplos.

Despois de varios contactos e reunións, asumido global e plenamente o proxecto pola FEGAMP, decídese convocar un novo encontro, esta vez soamente para representantes do poder local, para coñecer as experiencias de funcionamento doutros Fondos. Esta reunión celebrouse o 30 de maio de 1997 e nela participaron representantes do Euskal Fondoa, do Fons Mallorquí e da sección de Solidariedade Internacional da FEMP. O éxito desta reunión provoca unha aceleración dos acontecementos.

Rápidamente procedeuse á elaboración dunha proposta de declaración programática e de estatutos que se someten a consulta dos Concellos que viñan participando no proceso fundacional, tamén da propia FEGAMP, da FEMP, e dos diferentes Fondos existentes en España. Recollidas as suxestións, o día 27 de xuño reúnense en Santiago de Compostela, nas dependencias da EGAP, representantes de diferentes Concellos que proceden á súa aprobación. Unha vez asinados, presentaronse no correspondente Rexistro da Xunta de Galicia para o seu visado.

Na xuntanza celebrada nas dependencias da FEGAMP en Santiago de Compostela o 12 de decembro de 1997, ademais de aprobarse o baremo de cuotas mínimas iniciais, elixiuse a Comisión Executiva que quedou conformada da seguinte maneira:

Presidente Concello de Oleiros-Alfredo Novoa Gil
Vicepresidente Concello de Allariz-Anxo Manuel Quintana González
Secretario Concello de Nigrán-José M. Rial Cadaval
Tesoureiro Concello de Fene-Xosé Mª Permuy Martínez
Vocal 1 Concello de Moaña-Cándido Pena Vieitez
Vocal 2 Concello de Culleredo-Lourdes Suárez Sánchez
Vocal 3 Concello de Porto do Son-Carme Varela Donoso
Vocal 4 Concello de A Pobra do Caramiñal-Concepción Daporta Méndez
Vocal 5 IGADI - Xulio Ríos Paredes

Dúas conclusións interesa destacar. En primeiro lugar, que dende o comezo do proceso, procurouse manter informado e integrar a todos os Concellos e Deputacións que tivesen interese na conformación do Fondo, sen marxinación de ningún tipo, aceptando a marxe de disposición libremente decidida por cada quen. En segundo lugar, a primacía do consenso, do respecto á pluralidade local, para que a solidariedade e a cooperación contribúa a cimentar un novo espacio común do municipalismo galego.

Declaración Programática

  1. A realidade dun mundo dividido en sociedades ricas e empobrecidas que orixina consecuencias inxustas e dramáticas para máis do 80 por cento dos seres humanos e a constatación dun agravamento imparable desas diferencias e desigualdades, fan inevitable que desde todos os ámbitos institucionais se adopten actitudes e accións coherentes para contribuir á construcción dun mundo máis xusto e solidario.
  2. A Administración Local galega asume como liña de actuación propia a participación en proxectos e programas de cooperación, desenvolvemento e solidariedade internacional, potenciando e asumindo este eixe de actuación como un espacio de encontro entre as diferentes sensibilidades políticas e partidarias que poden estar representadas en todas e cada unha das nosas Corporacións, evitando atomizacións, competitividades estériles, fraccionamentos, ou duplicidades,e postulando a práctica dunha cooperación que en ningún caso anule a autonomía de cada quen.
  3. A Administración local galega entende a cooperación como un método e unha estratexia para vertebrar a solidariedade cos pobos e sociedades máis desfavorecidas, comprometendo, impulsando e propiciando a creación dun tecido solidario en cada poboación de xeito que se abra camiño a esixencia dunha nova orde económica internacional máis xusta e a erradicación daquelas trabas e impedimentos que dificultan a eliminación da pobreza e as desigualdades.
  4. Igualmente a Administración local galega impulsará a coordinación das políticas de cooperación no seo do municipalismo para fortalecer o poder local e democrático nos pobos en vías de desenvolvemento, para facilitar a súa incorporacion a procesos de progreso baseados en transformacións políticas, económicas e sociais que aseguren un maior e pleno respecto ós dereitos humanos. Neste sentido, procurarase compatibilizar a materialización dos proxectos coa participación directa de axentes colaboradores nas comunidades de destino de xeito que poidan actuar como motores do seu propio desenvolvemento.
  5. Na medida en que a cooperación engloba a todas as situacións de inxustiza, marxinalidade, etc, entendemos que á hora de establecer as políticas locais de cooperación deberianse priorizar algunhas zonas xeográficas e algúns sectores máis vulnerables, co fin de lograr unha máxima eficacia no uso dos recursos. Parcialmente as políticas de cooperación a impulsar pola administración local galega poderán asumir unha orientación específica respecto daquelas comunidades máis afíns por razóns de índole histórica, económica, social ou política, sen establecer discriminacións por razóns de orde ideolóxica.
  6. Os asinantes da presente Declaración Programática asumen o compromiso de promover unha aproximación progresiva da porcentaxe do orzamento ordinario da respectiva Corporación destinada a políticas de cooperación ó minimo do 0.7% recomendado polas Nacións Unidas.
  7. A Administración Local galega favorecerá e estimulará unha maior sensibilización e comprensión cidadá arredor da necesidade de exercer unha rica e maior solidariedade do Norte co Sur, con políticas xenerosas e abertas á participación plural dos diferentes e múltiples axentes sociais, conscientes de que non soamente se trata con estas políticas de favorecer un desenvolvemento sostible e integral nos países destinatarios de axuda senón igualmente de incrementar a conciencia social e crítica dos nosos cidadáns, de potenciar a recuperación dunha ética firmemente asentada en valores humanistas, de convivencia pacífica, tolerancia e igualdade entre todas as persoas.
  8. Para o desenvolvemento das políticas de cooperación e de solidariedade, a  administración local galega potenciará as relacións e o entendemento coas ONGs, colaborará na satisfacción das necesidades de formación dos cooperantes e do personal propio, practicará unha política de transparencia e igualdade de oportunidades, sen perxuicio de desenvolver a propia iniciativa pública na medida das súas posibilidades.
  9. A presente Declaración Programática pretende ser a base mínima de entendemento para o exercicio das políticas de cooperación e solidariedade por parte das administracións locais galegas, o nexo filosófico que de sentido á coordinación, interlocución e aprendizaxe mutua, sen merma do máis escrupuloso respecto á autonomía de cada Corporación para asumir compromisos de maior envergadura.

Estatutos

Aprobados na Asemblea xeral extraordinaria celebrada o 14 de maio de 2004

Capítulo Primeiro Da Asociación en xeral (art 1-6)
Capítulo Segundo Dos órganos de goberno e administración (art 7-27)
Capítulo Terceiro Dos asociados/as (art 28-33)
Capítulo Cuarto Do patrimonio e das finanzas (art 34-40)
Capítulo Quinto Da disolución da Asociación (art 41)
Disposición adicional  
Disposición transitoria  

Capítulo Primeiro: da Asociación en xeral

Artigo 1º

Coa denominación “Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade” constitúese unha asociación sen animo de lucro, con personalidade xurídica propia e independente, plena capacidade xurídica e de obrar.

A Asociación rexerase polos presentes estatutos, polos regulamentos de réxime interior que se dicten, pola Lei Orgánica 1/2002, del 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación e pola demais lexislación existente en materia de asociacións que lle sexa aplicable.

Artigo 2º

O obxecto fundamental desta Asociación consiste en configurar un instrumento legal que permita a confluencia e a asociación das vontades libremente expresadas polos seus asociados para desenvolver unha eficaz política de cooperación e de solidariedade dos/as cidadáns dos concellos e provincias de Galicia cos pobos subdesenvolvidos.

En concreto, son finalidades desta Asociación, as seguintes:

a) Contribuír desde o ámbito galego ó desenvolvemento dos países do Terceiro Mundo mediante a constitución, administración e xestión dun fondo económico que se constituirá a partir das aportacións das entidades asociadas e outras achegas que puidera recibir.

b) A promoción, financiamento e xestión de proxectos e programas de desenvolvemento económico e social e/ou de sensibilización.

c) Posibilitar unha maior participación das entidades locais nas políticas de cooperación e de solidariedade potenciando a coordinación das mesmas.

d) Asesorar ás entidades locais en materia de cooperación ó desenvolvemento e de relacións internacionais.

e) Impulsar a participación da opinión pública e da cidadanía co obxecto de favorecer unha maior comprensión da realidade dos países do Sur, da necesidade dun compromiso ético na loita contra as desigualdades e a prol do establecemento dunha nova orde económica internacional que erradique a pobreza da face do planeta.

f) Apoiar e xestionar no seu caso, proxectos e programas que promovan un desenvolvemento sostible nos países en vías de desenvolvemento, con criterios de igualdade, de mutua colaboración e respecto ás culturas e ás identidades propias de cada comunidade.

g) Fomentar as relacións e a colaboración das entidades locais coas ONGs, colectivos de solidariedade e outras institucións ou organismos que compartan idénticos fins, promovendo un intercambio permanente de experiencias.

h) Procurar que progresivamente todas as institucións públicas e privadas que formalicen o seu compromiso con políticas de cooperación ó desenvolvemento destinen un mínimo do 0.7% dos seus respectivos presupostos para este fin.

i) Crear un Centro de documentación, información e formación que fundamente e proporcione a debida coherencia ás políticas de sensibilización e de cooperación a impulsar dende esta Asociación, fomentando o estudio e a investigación en materia de cooperación para o desenvolvemento.

k) Orientar as políticas de formación de persoal, de capacitación e de profesionalización desde a perspectiva da cooperación descentralizada.

l) Realizar calquera outro obxectivo compatible coas finalidades do Fondo e non sexa contrario á normativa legal vixente en cada momento.

Artigo 3º

Para o cumprimento dos seus obxectivos e fins descritos no artigo anterior, a Asociación realizará as seguintes actividades:

a) Organización de actividades de sensibilización social en materia de cooperación ao desenvolvemento.

b) Deseño, programación e realización de actividades de formación en materia de cooperación ao desenvolvemento dirixidas a funcionarios da administración local e provincial.

c) Identificación de proxectos de cooperación ao desenvolvemento.

d) Xestión de proxectos e programas de cooperación ao desenvolvemento.

e) Seguimento da execución e avaliación dos proxectos e programas de cooperación ao desenvolvemento.

f) Coordinación das actividades do Fondo Galego coas realizadas por outros Fondos existentes no Estado.

g) Labores de representación da cooperación municipalista de Galicia ante todo tipo de instancias e institucións.

h) Impulso da coordinación coas organizacións non gobernamentais de cooperación.

i) Planificación e realización de misións municipalistas a países do Sur onde o Fondo Galego executa proxectos de cooperación ao desenvolvemento.

j) Realización de publicacións e outras iniciativas informativas sobre as actividades do Fondo Galego.

k) Impulso dos irmanamentos entre concellos con base nas actividades de cooperación ao desenvolvemento.

l) Organización e mantemento dunha rede municipalista solidaria integrada por funcionarios das corporacións locais galegas.

m) Impulso de iniciativas especificas de cooperación relacionadas con aqueles países de maior presencia inmigratoria en Galicia.

Artigo 4º

A Asociación fixa o seu domicilio social en Santiago de Compostela, Rúa Varsovia, 4C 6ª planta -Area Central-. Poderá ser modificado por acordo da Comisión Executiva. Se o novo domicilio social implica cambio de termino municipal a decisión deberá ser ratificada pola Asemblea Xeral. A Asociación, para o desenvolvemento dos seus fins, pode crear establecementos e dependencias noutras localidades, inclusive no estranxeiro, cando así o decida a Asemblea Xeral.

Artigo 5º

O ámbito territorial de actuación do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade comprende o conxunto da Comunidade Autónoma Galega, podendo confederarse ou establecer acordos de colaboración puntual con entidades que compartan obxectivos afíns tanto de ámbito estatal, europeo ou mundial.

Artigo 6º

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade constitúese por tempo indefinido.

Capítulo Segundo: dos órganos de goberno e administración

Artigo 7º

Os órganos da Asociación son:

a) Asemblea xeral de socios.

b) Comisión Executiva.

Da Asemblea xeral

Artigo 8º

A Asemblea xeral é o órgano supremo do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e estará constituída por todos os seus socios. Poderá ser de carácter ordinario ou extraordinario.

Artigo 9º

A Asemblea xeral ordinaria reunirase como mínimo unha vez ó ano e dentro do cuarto trimestre ou primeiro do seguinte. A Asemblea xeral extraordinaria celebrarase cando as circunstancias o aconsellen a xuízo do Presidente, da Comisión Executiva, ou cando o propoña por escrito o 25% dos asociados con indicación expresa dos asuntos a tratar. Neste caso a Comisión Executiva está obrigada a atender esa convocatoria nos quince días seguintes a terse formalizado a petición en regra.


Artigo 10º

Son competencia da Asemblea ordinaria de socios:

a) Ratificar as altas e as baixas dos membros da Asociación.

b) Aprobar a memoria que presente a Comisión Executiva, as actas que proceda e o balance económico da entidade.

c) Aprobar o presuposto para o seguinte exercicio.

d) Fixar ou modificar as cuotas de pertenza á Asociación.

e) Pronunciarse sobre os proxectos e programas de cooperación e/ou sensibilización presentados pola Comisión Executiva.

f) Elixir os cargos da Comisión Executiva para un mandato de catro anos e controlar a súa xestión.

g) Aprobar as resolucións que pola súa importancia afecten ós intereses da Asociación.

h) Decidir sobre a permanencia ou afiliación a estructuras de carácter federal ou confederal.

i) Pronunciarse sobre calquera asunto suscitado pola Comisión Executiva ou un 25% dos socios.

k) Velar polo cumprimento dos fins da Asociación.

Artigo 11º

Son competencias da Asemblea xeral extraordinaria:

a) As modificacións estatutarias.

b) A disolución da Asociación.

c) A elección dunha nova Comisión Executiva no suposto de dimisión colectiva da anterior ou acordo de cesamento nos termos previstos nos presentes Estatutos.

d) Calquera outra cuestión suscitada pola Comisión Executiva ou un 25% dos socios.

Artigo 12º

A convocatoria das Asembleas xerais, tanto ordinaria como extraordinaria, realizarase por escrito, expresando o lugar, día e hora da reunión así como a orde do día fixada pola Comisión Executiva. Entre a convocatoria e o día sinalado para a celebración da Asemblea deberá mediar polo menos dez días.

Artigo 13º

As Asembleas xerais, tanto ordinarias como extraordinarias, quedarán validamente constituídas en primeira convocatoria cando concorran a ela a metade máis un dos socios con dereito a voto, e en segunda convocatoria calquera que sexa o número de socios asistentes. Entre a primeira e a segunda convocatoria debe mediar un tempo non inferior a trinta minutos.

Artigo 14º

As Asembleas xerais serán presididas polo presidente da Comisión Executiva ou, en caso de ausencia, polo vice-presidente.

Artigo 15º

Está no ánimo dos socios/as e así se procurará, que o consenso presida a adopción de decisións. En calquera caso, os acordos da Asemblea xeral, legalmente constituída, que non contradigan a lei nin os presentes estatutos, son de cumprimento obrigado para todos os socios/as. Un socio poderá delegar noutro a súa representación, por escrito e coas debidas garantías de conformidade. As decisións adoptaranse por maioría simple de votos dos asistentes, salvo naqueles supostos en que estatutariamente se esixa unha maioría cualificada ou se dispoña o contrario.

Artigo 16º

Os acordos adoptados pola Asemblea Xeral de socios/as, deberán documentarse nun Libro de Actas debidamente dilixenciado coas sinaturas do Presidente e do Secretario da Comisión Executiva.

Da Comisión Executiva

Artigo 17º

A Comisión Executiva é o órgano de goberno e de administración da Asociación. Está integrada polos socios que ostentan os cargos de Presidente, Vice-presidente, Secretario/a, Tesoureiro/a e cinco vocais.

Artigo 18º

Os cargos da Comisión Executiva renovaranse en todo caso despois de cada convocatoria de eleccións locais e dentro dos catro meses seguintes á constitución dos Concellos.

A Comisión Executiva que cesa proporá unha nova candidatura á Asemblea se ben se poderá presentar unha lista alternativa cando estea apoiada e avalada polo 20% dos socios titulares.
Cada mandato dura catro anos e todos os cargos son gratuítos e renovables.

Artigo 19º

  1. Se durante o ano se produce algunha vacante na Comisión Executiva, esta pode cubrirse provisionalmente pola propia Comisión, entre os seus membros, ata a primeira Asemblea Xeral que se celebre, quen decidirá sobre a provisión da vacante ata que se produza a renovación colectiva da Comisión Executiva.
  2. No suposto de dimisión colectiva, procederase a unha nova elección mediante a convocatoria dunha Asemblea Xeral extraordinaria convocada con este único asunto na orde do día. A Comisión Executiva dimitida continuará en funcións ata a celebración da citada Asemblea Xeral extraordinaria.
  3. Os cargos cesarán na súa función por: falecemento da persoa física ou extinción da persoa xurídica, renuncia voluntaria, transcurso do prazo para o que foron elixidos, acordo de cesamento de toda a Comisión Executiva adoptado por ¾ dos asociados reunidos en Asemblea Xeral Extraordinaria convocada para tal efecto.

A renuncia e o transcurso do prazo non dan lugar ó cese automático, senón que se deberá facer un efectivo traspaso de poderes con entrega de documentación e posta ó día do sucesor.

Artigo 20º

  1. A Comisión Executiva reúnese cando menos unha vez cada mes previa convocatoria do Presidente/a. A convocatoria deberá realizarse cun mínimo de cinco días de antelación e con expresión da orde de asuntos a tratar. Tamén poderá reunirse extraordinariamente a petición da terceira parte dos seus membros. Neste caso, o Presidente debe convocala nun prazo non superior ós cinco días naturais seguintes á solicitude e debe celebrarse nun prazo máximo de 15 días.
  2. Poderán asistir ás reunións da Comisión Executiva en calidade de invitados, con voz e sen voto, aquelas persoas ou entidades colaboradoras que a xuízo da Comisión resultara de especial interese a súa presencia.
  3. As reunións abriranse cando así o determine o Presidente. Seguidamente se procederá por parte do secretario á lectura do acta da xuntanza anterior, que deberá ser aprobada. Posteriormente, o secretario procederá a presentar a orde do día. Cada punto será informado polo membro da Comisión Executiva que lle corresponda, procedéndose ó debate e a aprobación dos correspondentes acordos nos termos contidos nestes estatutos, segundo a materia de que se trate.

Artigo 21º

A Comisión Executiva queda validamente constituída cando concorren á reunión polo menos a metade máis un dos seus compoñentes. Para que os acordos sexan válidos deberán ser adoptados pola maioría de votos dos asistentes. Os acordos documentaranse no libro de actas, coa sinatura dos membros asistentes.

Artigo 22º

A Comisión Executiva exerce as seguintes atribucións:

  1. Aplicar e interpretar os Estatutos.
  2. Convocar as Asembleas Xerais.
  3. Executar os acordos das Asembleas xerais, tanto ordinarias como extraordinarias.
  4. Levar a dirección das contas, formalizar o balance e formular o presuposto para sometelo á votación da Asemblea.
  5. Elaborar a memoria do exercicio, así como propoñer as liñas de actuación a presentar á Asemblea xeral para o seu estudio e pronunciamento.
  6. Abrir, manter e cancelar contas correntes en bancos ou establecementos de creto.
  7. Formalizar os oportunos contratos, convenios e demais actos necesarios para a actividade da Asociación.
  8. Acordar a contratación e despido do persoal laboral e designar no seu caso, a persoa que debera ocupar o cargo de xerente. O xerente ten a función de executar as decisións da Comisión Executiva, en estreita colaboración co seu Presidente. Por tal motivo, estará presente nas reunións da Comisión, con voz pero sen voto.
  9. Estudiar a solicitude de entrada de novos socios e comunicarlles a alta se procede.
  10. Propoñer á Asemblea xeral a designación de entidades protectoras e colaboradoras da Asociación.
  11. Aprobar as bases da convocatoria pública de presentación de proxectos por parte das ONGs.
  12. Estudiar e seleccionar os proxectos de cooperación presentados ó Fondo e facer o seguimento dos aprobados.
  13. Exercitar en nome da Asociación, as accións que decida a propia Comisión Executiva.
  14. Resolver todos os asuntos propios da Asemblea xeral que teñan caracter urxente se ben neste caso deberán ser ratificados pola Asemblea xeral na primeira convocatoria que celebre.

Dos órganos unipersoais

Artigo 23º

O/a Presidente/a da Comisión Executiva representa á Asociación perante todos os organismos públicos e oficiais, as entidades privadas e toda clase de persoas físicas e xurídicas. Está facultado para exercer as accións pertinentes en defensa dos dereitos e intereses da Asociación e pode outorgar poderes notariais en favor doutros membros da Comisión Executiva conxunta ou solidariamente, e tamén a avogados e procuradores dos Tribunais, previo coñecemento da Comisión Executiva.

Son as súas funcións:

a) Convocar a Comisión Executiva e presidir as reunións.

b) Moderar e dirixir os debates das Asembleas de socios e da Comisión Executiva.

c) Previo acordo da Comisión pode operar coa banca privada e oficial e coas caixas de aforro, realizando todas as actuacións que a lexislación e a práctica bancaria permite: manter, abrir, dispoñer e cancelar nas citadas institucións todo tipo de contas correntes, de aforro ou de creto e asinar cheques e outros documentos, solicitar saldos e confirmalos ou imputalos.

Artigo 24º

O Vice-presidente/a colabora co Presidente/a no exercicio das súas funcións e substitúeo en caso de ausencia, enfermidade ou vacante.

Artigo 25º

Corresponde ó Secretario/a a redacción das Actas, pasalas ó correspondente libro, dar forma válida ós acordos, expedir certificacións das actas co visto e prace do Presidente, levar un libro rexistro de socios e o arquivo da documentación. En caso de ausencia, será substituído por un dos asistentes soamente a efectos de levantar acta.

Artigo 26º

O/a Tesoureiro/a ten a facultade de facer os cobros e pagos, previa orde do Presidente e responde perante a Comisión Executiva da contabilidade e dos seus xustificantes. Previo acordo da Comisión pode operar coa banca privada e oficial e coas caixas de aforro, realizando todas as actuacións que a lexislación e a práctica bancaria permite: manter, abrir, dispoñer e cancelar nas citadas institucións todo tipo de contas correntes, de aforro ou de creto e asinar cheques e outros documentos, solicitar saldos e confirmalos ou imputalos, e realizar operacións de tesourería.

Artigo 27º

Os Vocais teñen a misión especifica que lles encomenda a Comisión Executiva, a Asemblea Xeral ou o Presidente. Poden tamén substituír a outros compoñentes da Comisión nos supostos de ausencia, enfermidade ou vacante, previo acordo da Comisión.

Capítulo Terceiro: Dos asociados/as

 Artigo 28º 

Poderá ser socio do Fondo Galego de Solidariedade calquera persoa xurídica pública ou privada sen ánimo de lucro que comparta os fins de asociación tras o acordo do seu órgano competente.
A solicitude de admisión debe ser formulada polo órgano competente de cada entidade candidata. Na solicitude, debe constar o nome da persoa que ostentará a representación na Asemblea Xeral, así como a expresa aceptación dos Estatutos da Asociación.

A decisión sobre a admisión de socios corresponde á Comisión Executiva e deberá ser posteriormente ratificada pola Asemblea Xeral.

Artigo 29º

Establecésense tres tipos de socios dentro da asociación:

a) Socios Titulares. Tódalas entidades locais e provinciais de Galicia que compartan os obxectivos da Asociación e destinen unha partida presupostaria estable para accións de cooperación e de solidariedade internacional, abonando a cuota social anual acordada pola Asemblea xeral. Igualmente poderán formar parte da Asociación outras entidades públicas e privadas sen ánimo de lucro que compartindo os obxectivos da mesma non sexan destinatarios directos das axudas económicas para a cooperación e o desenvolvemento e abonen a cuota social anual e/ou a aportación voluntaria na forma en que se estableza en cada caso.

b) Socios Protectores. Aquelas outras persoas xurídicas públicas que compartan os obxectivos da Asociación e aporten a súa axuda. Designaranse como protectores pola Asemblea Xeral da Asociación a proposta da Comisión Executiva ou a petición do 25% dos socios. O período de pertenza das entidades protectoras é dun ano a partir da súa aportación, pero continuará por anos sucesivos se perduran as mesmas condicións.

c) Socios Colaboradores. Aquelas persoas xurídicas privadas sen ánimo de lucro que compartan os obxectivos da Asociación, non sexan destinatarios directos das axudas económicas para a cooperación e o desenvolvemento e que lle dediquen anualmente a súa axuda aínda que sexa sen aportación económica fixa. Son designados como colaboradores pola Asemblea xeral da Asociación a proposta da Comisión Executiva ou a petición do 25% dos socios. Igualmente a Asemblea Xeral está facultada para retirarlle esta condición.

Artigo 30º

Son dereitos dos socios ademais dos establecidos na lei, os seguintes:

  1. Ter voz nas reunións da Asemblea xeral na forma que se especifica nestes Estatutos.
  2. Participar na vida da Asociación e recibir información sobre os acordos e as actividades que organice ou promova.
  3. Disfrutar de todas as avantaxes e beneficios que a Asociación poida conseguir.

Artigo 31º

Son obrigas dos socios ademais das establecidas na lei as seguintes:

  1. Observar dilixentemente os acordos validamente adoptados polos órganos da Asociación.
  2. Colaborar na difusión da Asociación e no cumprimento dos seus obxectivos.
  3. Atender os compromisos de contribuír economicamente á Asociación na forma e contía acordada pola Asemblea Xeral.
  4. Exercer activamente as responsabilidades conferidas polos órganos da Asociación.

Artigo 32º

Son dereitos específicos dos socios titulares:

  1. Ter voto nas Asembleas Xerais.
  2. Elixir e ser elixido para ocupar cargos na Comisión Executiva.

Artigo 33º

A condición de socio pérdese por:

  1. Incumprimento reiterado no pago pago da cuota social por parte dos socios titulares e ausencia de aportación voluntaria no caso de socios protectores e colaboradores.
  2. Separación voluntaria del socio.
  3. Expulsión acordada pola Comisión Executiva e confirmada pola Asemblea Xeral, por incumprimento grave e reiterado das obrigas establecidas no artigo 31.

Capítulo Cuarto: Do patrimonio e das finanzas

Artigo 34º

Os recursos económicos dos que se vale a Asociación para realizar as súas actividades son:

  1. as cuotas que a Asemblea xeral decida que deben ser abonadas polos socios de pleno dereito, protectores ou colaboradores.
  2. as subvencións de organismos oficiais, entidades ou particulares.
  3. as doazóns a título gratuíto, legados e herdanzas.
  4. O importe das derramas ou dereitos de entrada que estableza a Asemblea Xeral.
  5. calquera outro tipo de ingreso lícito que se adapte ós fins da Asociación.

Artigo 35º

Os socios poderán optar por destinar as súas aportacións a un proxecto concreto dos que a Asociación asumiu como propios.

Artigo 36º

Para atender os custes de funcionamento da Asociación e o seguimento da execución dos proxectos, a Asemblea Xeral ordinaria fixará unha porcentaxe máxima sobre o presuposto total da entidade.

Artigo 37º

  1. A Comisión Executiva elaborará un presuposto anual, coincidente co ano natural, equilibrado en ingresos e gastos. Se unha vez iniciado o exercicio económico non se aprobou o presuposto correspondente consideraranse automaticamente prorrogados os presupostos do exercicio anterior. A prórroga non afectará ás dotacións económicas daqueles programas que deberan concluír no exercicio anterior ou que se financiaran con ingresos extraordinarios.
  2. Calquera membro da Asociación pode solicitar e obter un exemplar dos presupostos anuais e acceder en todo momento ós libros de contabilidade da Asociación.

Artigo 38º

O patrimonio inicial ascende a 18.000 euros. O patrimonio social será o que determinen en cada momento os seus libros e estados contables.

Artigo 39º

O exercicio asociativo e económico será anual coincidindo co ano natural, comezando polo tanto o 1 de xaneiro e rematando o 31 de decembro.

Artigo 40º

A documentación social estará composta por:

  1. Relación de socios.
  2. Libros contables.- que resulte de la aplicación das normas de adaptación do Plan Xeral de Contabilidade ás entidades sen fins lucrativos, contidas no anexo I do Real Decreto 776/1998, de 30 de abril ou calquera outra que a substitúa.
  3. Inventario de bens.
  4. Libro de Actas da Xunta Directiva.
  5. Libro de Actas da Asemblea.

Capítulo Quinto: Da disolución da Asociación

Artigo 41º

A Asociación soamente poderá disolverse:

  1. Por sentencia xudicial firme.
  2. Por acordo da Asemblea xeral extraordinaria, convocada a este efecto e co voto favorable dos 2/3 dos socios titulares presentes ou representados.
  3. Por imposibilidade de cumprimento dos fins sociais.

Acordada a disolución, a Comisión Executiva constituída en Comisión Liquidadora, responsabilizarase de efectuar as dilixencias oportunas ante os organismos que proceda. O fondo ou patrimonio residual, se o houbera, sería entregado a un ente público ou social para finalidades coincidentes cos obxectivos da Asociación.

Disposición adicional

PRIMEIRA. Despois da constitución das Corporacións como consecuencia da celebración dos comicios locais, os socios que ostenten un cargo na Comisión Executiva pasan a actuar en funcións e por un período non superior a 4 meses. Durante este tempo, o Presidente de cada entidade asociada pode tamén substituír a persoa que ostenta a representación do asociado.

Disposición transitoria

Os regulamentos e normas aprobadas ata a data para a aplicación e desenvolvemento dos Estatutos da Asociación continuarán en vigor en tanto non se proceda, no seu caso, á súa modificación para a adecuación ó ordenamento xurídico vixente, se ben entenderanse derrogados e teranse por non postos tódolos preceptos que puidesen resultar contrarios á vixente Lei Orgánica 1/2002, reguladora do Dereito de Asociación, ou ós presentes Estatutos.

 

Alfredo Novoa Gil
34530955C
Nidia Mª Arévalo Gómez
53172478C
Xosé Mª Permui Martínez
32608844L
Xulio Ríos Paredes
76804105K
Mª Carmen Basadre Vázquez
33834265T
Lourdes Suárez Sánchez
32747698E
Ramón Santiago Bouzas González
76700195W
Marta María Iglesias
Becerra
32777407S
Aurora Carbajal Abal
36047424F

Bando

Faise saber a todos os vecños que este Concello decidiu participar no Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Este Fondo naceu como unha asociación voluntaria de municipios para xuntar e coordinar as políticas de cooperación dos concellos e as deputacións. Como se sabe, unha cuarta parte da poboación mundial vive na pobreza, en tanto que a economía move 25 billóns de dólares. Un escándalo semellante ten mobilizado en todo o mundo a millóns de persoas que desexan facer algo para remediar esta inxustiza.

A solidariedade exténdese como un rego por todas partes: son miles as organizacións de voluntarios e grupos privados que loitan contra a pobreza, as guerras ou a discriminación. É nese marco de solidariedade no que se inscribe a nosa participación.

Somos conscientes de que deste xeito non só loitaremos contra a inxustiza cometida con moitos seres humanos inocentes e indefensos, senón que axudaremos tamén a afondar na nosa democracia, pois nesta tarefa coincidiremos todos, máis alá da color política de cada un de nós. O noso municipio, polo tanto, quere reafirmarse como un espacio de solidariedade cos demais e de convivencia democrática entre todos.


A ........ de ......................................... de ...............

 

O/A alcalde/esa,

 

 

 

 

O texto deste Bando foi redactado por Carlos Casares, presidente do Consello da Cultura Galega

Declaración política “as cidades e o Fondo Galego”

Reunidos en Santiago de Compostela os responsables de accións de cooperación ó desenvolvemento das sete grandes cidades de Galicia que mais abaixo se relacionan, e os integrantes da Comisión Executiva do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

Previa constatación do importante incremento da representatividade do Fondo Galego que agrupa a preto de sesenta entidades de toda Galicia e abarca a máis do oitenta por cento da poboación.

Preocupados pola necesidade de obter o máximo rendemento dos recursos que o conxunto das Corporacións locais e provinciais galegas destinan á cooperación ó desenvolvemento e decididos a impulsar aquelas prácticas que posibiliten unha maior coordinación das nosas políticas neste eido.

Compartindo coas ONGs e o conxunto da sociedade galega esa aspiración común á mellora da cualidade da cooperación e convencidos de que a cooperación co exterior debe comezar aquí, entre nós mesmos.

Firmemente decididos a reforzar o Fondo Galego como mecanismo homoxeneizador que importa consolidar como referencia do compromiso municipalista co mundo da cooperación internacional, sen por iso renunciar ó exercicio das competencias propias de cada entidade coa intensidade que cada quen libremente decida, en especial no ámbito da sensibilización.

ACORDAN

  1. Contribuír en maior medida ó financiamento de proxectos concretos de cooperación ó desenvolvemento avalados polo Fondo Galego mediante a progresiva transferencia ao mesmo da partida presupostaria que cada un dos nosos Concellos destina a este concepto, contemplando no seu caso un período de transición que permita a subsistencia e o acoplamento daqueles compromisos e convenios subscritos con terceiros no marco de actuacións locais.
  2. Pronunciarse pola progresiva consolidación dunha convocatoria municipalista única de axudas a ONGs para o financiamento de proxectos de cooperación, que se xestionaría a través do Fondo Galego.
  3. Contribuír ao reforzamento da capacidade de análise e avaliación do Fondo Galego mediante a integración dun representante de cada unha das cidades asinantes na Ponencia Técnica do Fondo Galego encargada de emitir os informes sobre a idoneidade dos proxectos.
  4. Facer un chamamento aos demáis Concellos e Deputacións de Galicia para sumarse ao presente acordo e seguir avanzando na definición dun modelo de cooperación coherente coa identidade e características da acción propiamente municipalista.

En proba de conformidade, asinamos a presente, a 5 de marzo de 2001.

Asinan:

A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Ferrol, Santiago de Compostela e Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

Que son os Fondos Municipais de Cooperación e Solidariedade?

Un Fondo de Cooperación e Solidariedade é un organismo sen ánimo de lucro que reúne a Concellos e outras institucións públicas e privadas cos seguintes obxectivos:

  1. Contribuír ó desenvolvemento dos países do Terceiro Mundo, mediante a constitución e xestión dun fondo económico, que posibilite unha cooperación descentralizada e que promova un desenvolvemento sostible.
  2. Administrar e xestiona-los fondos económicos librados ó FONDO para proxectos de axuda ó Terceiro Mundo e campañas de sensibilización sobre cooperación ó desenvolvemento.
  3.  Fomentar e apoia-los esforzos das institucións oficiais, entidades e asociacións, para crear un clima de opinión favorable á promoción dunha nova orde económica internacional.
  4. Estimula-la participación cidadá, mediante campañas e informacións adecuadas, nos proxectos de cooperación co Terceiro Mundo.
  5. 5. Colaborar para que sexa unha realidade a aportación mínima do 0,7% do producto interior bruto á axuda pública ós países subdesenvolvidos, segundo os acordos de Nacións Unidas suscritos polo Estado español.
  6. Ser unha voz ética colectiva que denuncie calquera situación que atente de maneira grave contra os dereitos humanos e que poida presentar propostas de resolución a favor da solidariedade e a cooperación en calquer ámbito de representación política.
     

Que é a Confederación de Fondos de Cooperación?

Que é a Confederación de Fondos de Cooperación?

Aínda que cada Fondo nace a partir dunhas orixes que son distintas en cada ámbito territorial e que polo tanto lle proporcionan unha identidade propia, existe unha ampla coincidencia de postulados entre os Fondos polo que en 1995 acordouse, dende a total independencia, constituír a Confederación de Fondos de Cooperación e Solidariedade como marco de coordinación e de representación conxunta en aquelas temáticas que pola súa importancia afecten ós intereses comúns.

Son tarefas propias da Confederación contribuír a impulsa-la cooperación descentralizada dentro e fora dos ámbitos territoriais dos seus membros, así como propiciar a súa vertebración en redes. Neste sentido, dende entón está colaborando en sistematizar e difundi-las experiencias de cooperación intermunicipal e en colaborar activamente nos procesos emerxentes de xeración de novos fondos e outras redes de cooperación municipal.

A Confederación asume tamén o ser interlocutor común ante as institucións estatais, europeas e mundiais con presentacións coincidentes. Neste sentido, participouse activamente no proceso de debate da primeira Lei de Cooperación do Estado Español expresando colectivamente ante tódolos Grupos Parlamentarios nosas opinións. A recén creada Comisión Interterritorial debe ser un bo marco de coordinación e concertación con outros niveis da administración pública. A nivel europeo, esta aínda pendente o establecemento de vías estables de interlocución directa coa Unión Europea. Co apoio da Dirección Xeral de Cooperación Descentralizada e ante as reformas anunciadas, agora, pode ser un bo momento para establecelas.

Un dos retos nos que a Confederación está conseguindo maiores resultados é no apartado de coordinar as accións para conseguir unha aprendizaxe mutua e no establecemento de criterios comúns de análise, avaliación, control e seguimento. Neste sentido, dende 1997 dispoñemos dunha oficina técnica de seguimento sobre o terreo para a Area de Centroamérica, México e Caribe.

Dado o importante papel que ó noso entender debe tela sensibilización do Norte para xerar un clima na opinión pública favorable á promoción dunha nova orde económica internacional, traballamos coordinadamente en propostas de sensibilización compartidas, como é a nova edición da Guía Municipal para a Cooperación e outras iniciativas en colaboración coas coordinadoras de ONG.

En último lugar cabería definir que aínda non sendo un obxectivo prioritario a cofinanciación de proxectos de cooperación no marco da Confederación de Fondos, cando se produciu foi en programas de compoñente municipalista.

No Fondo funciona a Solidariedade

Por que o Fondo Galego?

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade naceu en 1997, como unha asociación dos poderes locais galegos que pretende xuntar esforzos para realizar unha cooperación para o desenvolvemento rigorosa e profesional, que teña verdadeiro impacto nos países do sur e sexa eficiente. Xorde froito dun compromiso franco das corporacións locais e provinciais galegas coas poboacións máis vulnerables do mundo, a fin de ultrapasar minifundismos localistas e divisións partidarias, en favor dunha cooperación de calidade. Ese compromiso constitúe o reflexo institucional dunha cada vez máis intensa sensibilidade da sociedade galega.

Os desequilibrios mundiais esixen un prolongado e intenso esforzo de solidariedade, e os poderes locais galegos poden e deben desenvolver un papel propio no escenario da solidariedade internacional. Un papel que ha de supor o aproveitamento de dúas especificidades que representan un valor engadido para a cooperación internacional: o feito de seren axentes idóneos para desenvolver actuacións en sectores como o Fortalecemento Municipal, Desenvolvemento Socioeconómico Local, Descentralización, Participación Cidadá e Gobernabilidade Democrática; e o feito de contar cunha cultura e lingua propias, que facilitan a comunicación cos países lusófonos, entre os que se encontran algúns dos máis pobres do planeta. A cooperación desenvolvida pola administración local cabe inserila no marco da acción exterior de Galicia.

Un Fondo para tod@s

Ninguén debe quedarse fóra nin atrás. En 1997 eran 10 os Concellos membros do Fondo Galego. Na actualidade supérase a centena de socios, entre Concellos e Deputacións. A poboación de todos os concellos socios do Fondo Galego supera o 80% do total da cidadanía galega. O Fondo Galego é así a expresión galega da converxencia organizativa e funcional dunha cooperación descentralizada desde os niveis máis próximos á cidadanía, os poderes e a democracia local.

O crecemento ten sido notable, pero o obxectivo ha de ser que se integren o máximo número posible de entidades locais galegas.

Co Fondo, todas as Deputacións e Concellos, incluídos os máis pequenos (a inmensa maioría dos existentes en Galicia) poden participar no desenvolvemento de políticas de cooperación que doutro xeito lles serían inviables. As cotas mínimas dos socios do Fondo son o suficientemente modestas como para que poidan ser asumidas por todos os poderes locais galegos.

Co Fondo, todos poden dicir aos seus cidadáns que si teñen a posibilidade de levar adiante unha política de cooperación específica, á medida das súas posibilidades, conciliando vontades (sempre grandes) e recursos económicos (a miúdo escasos).

Co Fondo somos capaces de transcender a simple axuda puntual, para transformala nunha política sostida e permanente de colaboración, con sentido estratéxico e singularizada, que vaia máis alá das medidas paliativas para sentar as bases que permitan a construción de sociedades humanamente máis desenvolvidas e dignas.

O Fondo non complica administrativamente nada: evita as duplicidades e permite delegar, total ou parcialmente, a xestión da cooperación nunha instancia propiamente municipalista e especializada. Evítase así a reiteración de múltiples convocatorias de pouca entidade económica, simplifícase o diálogo coas entidades non gobernamentais, refórzase a capacidade global do municipalismo galego para exercer a cooperación directamente, e facilítase a interlocución do poder local cooperante con outros actores e instancias estatais e internacionais.

A experiencia acumulada

Nos seus anos de vida, o Fondo Galego ten acumulado unha valiosa e xa sólida experiencia, achegándose na actualidade aos 140 proxectos, desenvolvidos en máis de 20 países, entre os que destaca a nosa presenza en Nicaragua, Cuba e Perú na América Latina, Cabo Verde en África, ou as significativas accións nos Territorios Palestinos, froito da colaboración coa UNRWA (Axencia da ONU para os refuxiados palestinos).

Ao tempo, o Fondo Galego desenvolveu numerosas actividades formativas propias e participou en xornadas e seminarios organizados por outros actores do sistema cooperante autonómico e estatal; implementou tamén ducias de actividades e desenvolveu numerosos materiais orientados á sensibilización da poboación galega en relación á situación dos países do Sur; promoveu, realizou e publicou numerosos estudos e análises sobre cooperación ao desenvolvemento, en Galicia e no mundo; participa activamente na Confederación estatal de Fondos, e asesora a outros Fondos en formación, tanto en España como no exterior.

A sensibilización do conxunto da sociedade galega constitúe unha preocupación esencial do Fondo, e por iso promove anualmente un amplo programa de actividades, co propósito de gañar transparencia e visibilidade ante a cidadanía respecto do seu compromiso e acción. A Rede Municipalista Solidaria, co significativo e valioso apoio dos traballadores do poder local,  é o instrumento dinamizador desta área de actividade.

A estrutura básica

O órgano soberano é a Asemblea Xeral, constituída por todas as entidades socias e que se reúne, como mínimo, dúas veces ao ano. A direcc ión ordinaria do Fondo recae nunha Comisión Executiva con representación plural, e na que participan concellos grandes, pequenos e medianos, garantindo sempre a presenza das catro provincias, contando tamén coa participación das Deputacións. A unanimidade na toma de decisións é a nota máis característica e salientable do funcionamento dos órganos estatutarios do Fondo Galego.

A Secretaría Técnica recae no IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional), entidade co-promotora no seu día do Fondo, que asegura a permanencia do aparato básico, a acumulación de experiencia e un certo sentido de estabilidade superador dos cambios políticos locais.

 

Non é custoso ser solidario:

O cálculo das cotas mínimas para os Concellos

Paso 1. A cantidade base.

A cada Concello socio asígnaselle unha cantidade base en función do número de habitantes de conformidade co seguinte baremo:

HABITANTES Menos de 3.000 3.001 a 5.000 5.001 a 10.000 10.001 a 15.000 15.001 a 20.000 20.001 a 50.000 50.001 a 100.000 100.001 a 300.000 Máis de 300.001
CANTIDADE BASE 180 € 245 € 400 € 515 € 635 € 755 € 875 € 995 € 1.115 €

Paso 2. A cantidade variable.

Multiplícase a poboación do Concello por 0,03 €, resultando unha cantidade que pode variar de ano a ano, en función das alteracións demográficas da entidade.

Paso 3. O aumento.

A cifra resultante da suma da cantidade base e da cantidade variable auméntase nun 10%, se o Concello ten 10.000 habitantes ou menos, e nun 20% se o Concello ten máis de 10.000 habitantes.

Exemplos:

Concello de 5.500 habitantes= 400 (cantidade base) + (5.500 x 0,03=165) (a cantidade variable) + (10% de 565=56,5) (o aumento)= 400+165+56,5= 621,5 €

Concellos de 22.000 habitantes= 755 (cantidade base) + (22.000 x0,03=660) (a cantidade variable) + (20% de 1415=283) (o aumento)= 1.698 €.

O número de habitantes dun Concello vén determinado polas últimas cifras oficiais de poboación dispoñibles (padrón municipal), publicadas polo Instituto Nacional de Estadística (www.ine.es).

Estas son as cotas mínimas para integrarse no Fondo. Anímase, en todo o caso, a aumentar esa achega, a fin de irse aproximando ao 0,7% local en cooperación, para converxer co 0,7% que as Nacións Unidas sinalan coma baremo mínimo para acadar ese mundo equilibrado que desexamos.

Cómo ingresar no Fondo?

Os interesados deben solicitar o dossier informativo que inclúe os antecedentes, a declaración programática, os estatutos, e outros anexos de interese. Ademais, disponse dun formulario para facilitar a adopción do correspondente acordo administrativo de adhesión. Chega unha chamada a calquera destes dous números: 981 555 999 (Sede do Fondo Galego, na FEGAMP) ou 986 357 238 (Secretaría Técnica, IGADI).

AnexoTamaño
nofondofuncionaasolidariedade_folleto.pdf1.51 MB
nofondofuncionaasolidariedade_folletoa4.pdf1.55 MB

O Fondo Galego sostén que “a crise non poderá coa solidariedade do municipalismo” (2012)

Illa de San Simón
19 de Xaneiro de 2012

- Apróbase unha Declaración Institucional para evitar que o recorte orzamentario afecte ás partidas de Concellos e Deputacións para cooperación internacional, que dan vida ao proxecto colectivo do Fondo Galego

A Comisión Executiva do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade vén de aprobar a declaración institucional “A crise non poderá coa solidariedade do municipalismo galego”. A entidade avoga por evitar que os actuais recortes orzamentarios afecten ás partidas destinadas polos Concellos e Deputacións á cooperación internacional, que pola súa xa escasa contía individual non poderían resolver en Galicia problemas substanciais, mentres que para os países do Sur perder esa suma de achegas significaría agrandar enormemente os déficits nas necesidades máis básicas.

O texto sostén que o actual contexto económico non debe converter a solidariedade nun gasto prescindible e que a crise non pode ser unha escusa para que as Administracións locais e provinciais galegas deixen de cooperar no modesto nivel en que o veñen facendo. Ese esforzo colectivo vén amosando desde 1997 a súa efectividade tanto para contribuír a mellorar as condicións de vida nos países empobrecidos como para concienciar a cidadanía galega sobre esoutras realidades. Un avance continuo, grao a grao, canalizado a través do Fondo Galego no que agora se pretende evitar dar pasos atrás e lograr manter o compromiso solidario coas sociedades do Sur na loita contra a pobreza e as desigualdades. Un compromiso con resultados en Cabo Verde, Nicaragua, Cuba e boa parte de América do Sur.

Liñas estratéxicas
No entanto, as Liñas Estratéxicas 2011-2015 do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade apostan ao tempo pola flexibilidade á hora de esixirlles ás Deputacións e Concellos socios o pagamento das cotas correspondentes. Analizarase cada caso de xeito individualizado e estudarase a posibilidade de aprazar os cobros, mentres a organización medra por dentro gañando cohesión e eficiencia. Incidir na sensibilización, reforzar a colaboración institucional e coas ongd, involucrar a iniciativa privada e concentrar os proxectos son outras das pautas que marcarán a actuación ata o remate da lexislatura.

Publicación polo 15º aniversario
O documento estratéxico cita como unha oportunidade para reivindicar a cooperación descentralizada local o 15º aniversario do Fondo Galego, que se celebra en 2012 con diferentes iniciativas. A primeira delas é a publicación '15 anos de andaina, a rede solidaria do municipalismo galego', que acaba de saír do prelo. A historia, os máis de 140 proxectos apoiados no Sur e a infinidade de actividades de sensibilización realizadas no Norte son algúns dos temas que se abordan, xunto coa propia declaración institucional “A crise non poderá coa solidariedade do municipalismo galego”. Os textos compleméntanse con páxinas gráficas que permiten comprobar en imaxes o labor do Fondo Galego de Cooperación.

Declaración Institucional 'A crise non poderá coa solidariedade do municipalismo galego'
Liñas Estratéxicas do Fondo Galego 2011-2015
Publicación '15 anos de andaina, a rede solidaria do municipalismo galego'

Consello Municipalista da Cooperación

A navegación interior desta sección atópase en obras, desculpen as molestias. Para calquera dúbida contacten coa Secretaría Técnica (IGADI)

Reunión constitutiva

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 1998.

Relación de asistentes

Por parte do Fondo Galego

Por parte das ONGs

Alfredo Novoa

José A. Atienza
(Fundación Juan Ciudad)

Xosé M. Permuy

Joaquín Varela
(Cruz Vermella)

Lourdes Suárez

José L. Quintela
(Intermón)

Concepción Daporta

Xoán R. Vilas
(Entrepobos)

Carme Varela

Antonio Matellán
(Xóvenes do Terceiro Mundo)

Ramón Bouzas

Ramón Ferreño
(Fundación Meniños)

Xulio Ríos

Begoña de Anta
(INTI)
  Concepción Sánchez
(INTI)

Desenvolvemento da reunión

Por parte do Presidente informouse ós asistentes do proceso constitutivo e o nivel de funcionamento do Fondo Galego, entregándoselles documentación sobre os socios, comunicado sobre o furacán Mitch, a proposta de bases de convocatoria para financiamento de proxectos para o próximo exercicio e a de regulamento interno do Consello, solicitando o apoio e a colaboración das ONGs para asentar o Fondo Galego e mellorar a calidade da cooperación feita desde Galicia.

Despois dun breve intercambio de impresións, por parte das ONGs manifestouse o apoio ó Fondo evidenciando a converxencia de intereses existentes entre os fins perseguidos tanto polo Fondo como polas ONGs presentes.

Acordos

  1. O CMC queda constituído como un órgano de participación aberto e plural. Inicialmente forman parte del as organizacións asistentes a esta xuntanza pero, máis adiante, poden integrarse nel outras ONGs sempre e cando así o soliciten expresamente. Desta constitución informarase a todas as organizacións convocadas.
  2. As suxestións para a Convocatoria de proxectos de 1999 deben ser remitidas antes do 31 de xaneiro de 1999 a Carme Varela Donoso. Os demais datos figuran no listado de socios.
  3. As propostas de modificación do Regulamento Interno do Consello poden ser remitidas en igual prazo á Secretaría do Fondo (datos idem).

Composición

 

ONG / Contacto Enderezo / e-mail / Internet Tel / Fax
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     

Regulamento

Proposta de Regulamento Interno de Funcionamento do Consello Municipalista da Cooperación

Artigo 1

O Consello Municipalista da Cooperación (CMC) é un órgano de participación sectorial creado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade (FGCS) con funcións consultivas e asesoras en todas as materias relacionadas coa promoción da solidariedade e a cooperación internacional.

Artigo 2

O CMC estará integrado polas persoas nomeadas polo Presidente do FGCS, a proposta das entidades interesadas, dando conta á Comisión Executiva dos nomeamentos e ceses dos seus membros.

Artigo 3

A composición do CMC será a seguinte:

  • O Presidente do Fondo Galego.
  • Os membros da Comisión Executiva con responsabilidade en materia de: relacións coas ONGs, formación e estudios, proxectos de cooperación e secretaría.
  • Un representante por parte de cada ONG.

Así mesmo, a proposta de calquera membro do CMC, o Presidente, acreditada a necesidade, poderá convocar técnicos ás sesións, con voz e sen voto, a fin de asesorar na toma de decisións.

Artigo 4

Cada ONG poderá propoñer un membro titular e outro suplente para formar parte do CMC.

Artigo 5

Son funcións do CMC:

  • Actuar como órgano consultivo do FGCS nas materias que lle son propias.
  • Elevar ós órganos competentes do FGCS os acordos, informes, as propostas e os estudios que elabore.
  • Elaborar unha proposta de bases reguladoras para a concesión de axudas a proxectos de cooperación e solidariedade.
  • Participar no seguimento, control, supervisión e avaliación da eficacia con que se utilizaron os recursos asignados a cada proxecto.
  • Efectuar a proposta de prioridades para adxudicar os fondos económicos para a execución dos proxectos.
  • Promover dinámicas de cooperación e solidariedade en Galicia.
  • Participar nas campañas e nas accións impulsadas polo Fondo.
  • Propoñer a aprobación definitiva e/ou as modificacións deste Regulamento.

Artigo 6

O CMC terá como único órgano o Plenario do Consello que estará integrado pola totalidade dos seus membros. Para o estudio de temas puntuais e concretos relacionados cos obxectivos do CMC poderanse constituír comisións reducidas de traballo de contido específico, a petición do Presidente do Consello ou dos colectivos integrados nel. O cargo de membro do CMC non será retribuído.

Artigo 7

O Presidente do CMC terá as seguintes funcións:

  • Convocar e presidir as sesións do Consello e dirixir os debates.
  • Actuar como portavoz do Consello.
  • Velar pola busca do acordo máis amplo nas decisións e ponderar os empates co voto de calidade.
  • Convocar técnicos ás reunións do Consello para informar e asesorar cando así se decida a proposta dun mínimo de 3 membros.


Artigo 8

O Pleno do CMC reunirase en sesión ordinaria unha vez cada ano e en sesión extraordinaria sempre que a Presidencia o considere necesario ou o soliciten un mínimo de tres membros.

A Convocatoria para as sesións ordinarias farase cunha antelación mínima de quince días e irá acompañada da orde do día e, de ser preciso, da documentación pertinente. Para as convocatorias extraordinarias a antelación mínima será 48 horas.

Artigo 9

O Plenario considerarase validamente constituído cando asistan á sesión o Presidente, o Secretario, ou as persoas que os substitúan, e, como mínimo, catro membros máis. Os acordos adoptaranse por maioría simple dos membros presentes.

Artigo 10

O Secretario levantará acta de cada sesión na que figurarán os acordos e as conclusións recolléndose as incidencias que sexan procedentes para reflectir fielmente a sesión.

Artigo 11

En todo o que non estea previsto neste Regulamento, o CMC rexerase pola Lei 30/1992 de 26 de Novembro de réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

Artigo 12

O presente Regulamento entrará en vigor unha vez aprobado pola Comisión Executiva do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

Actas xuntanzas do CMC

Acta da xuntanza do Consello Municipalista da Cooperación reunido o día 8 de febreiro de 2007 na Sede da FEGAMP

Asisten:

Por parte da CE:

  • Alfredo Novoa, presidente do Fondo Galego,
  • Xose María Permui, tesoureiro,
  • Marta Iglesias, responsable de Convocatorias e de Proxectos,
  • Iria Alonso, Secretaría Técnica.

Por parte das ONGDs:

  • Xosé María Torres, Coordinadora de ONGDS, Farmamundi,
  • María del Mar Lado, Secretaría Técnica Coordinadora de ONGDs,
  • Raúl Torres, Médicos do Mundo,
  • Sonia, Intermón-Oxfam,
  • Valentín Alvite, Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil,
  • Inmaculada Tombilla, Jóvenes del Tercer Mundo,
  • Estela Mouriño, UNICEF,
  • Judith Sing, Amigos da Terra,
  • Bernardo Porto, Solidariedade Galega co Pobo Saharauí.

Orde do día:

  1. Comeza o encontro dando a benvida e agradecendo aos asistentes a súa presenza.
    No que atinxe ao Fondo Galego anúnciase que o ano 2007 vai ser un ano singular marcado polas eleccións municipais, de aí que sexa prioritario sensibilizar aos representantes políticos nos concellos. Incorporar na axenda no local a cooperación ao desenvolvemento así como a súa consideración nos programas marcos electorais son fundamentais á hora de planificar, deseñar e incorporar a novos axentes.
  2. Asemade, faise fincapé na existencia e no funcionamento do Consello Municipalista da Cooperación, espazo que favorece o encontro e a presenza dos actores da cooperación en Galicia; anúnciase unha posible remodelación dos seus integrantes, co fin de integrar a máis axentes. Saliéntase por exemplo, o papel da RMS.
  3. En canto á proposta de Bases para a convocatoria de axudas a proxectos 2007 faise unha pequena presentación e recóllense algunhas propostas. Neste sentido, por exemplo, a suxestión da Coordinadora de suprimir no art 2: o que vai entre paréntese (veciñais, ecoloxistas, xuvenís, sindicais, de inmigrantes, etc).
    Asemade preséntase o cronograma e os prazos: apertura do prazo de presentación dos proxectos: 9 de febreiro, peche: 31 de marzo.
    No que atinxe á Resolución anúnciase que será entre finais de xullo e o mes de setembro, xa que dependerá das datas de constitución dos concellos e deputacións.
  4. En relación ás Campañas de Sensibilización, por parte do Fondo Galego bríndase a estrutura da Rede Municipalista Solidaria para poder dinamizar, coordinar e intercambiar información referida a campañas, recursos,etc. Prantéxase a posibilidade dunha campaña conxunta.


Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2007.

Acta da xuntanza do Consello Municipalista da Cooperación reunido o día 2 de febreiro de 2006 na Sede da FEGAMP

Asisten:

Por parte da CE:

  • Ramón Bouzas, responsable de Comunicación,
  • Aurora Carbajal, responsable de Sensibilización e Formación,
  • Marta Iglesias, responsable de Convocatorias e Proxectos,
  • Xulio Ríos, secretario,
  • Lourdes Suárez, responsable dos Socios,

Non asiste:

  • Carmen Basadre, responsable de Relación coas ONGDs

Excusa a asistencia:

  • Alfredo Novoa, presidente,
  • Iria Alonso, Secretaría Técnica.

Por parte das ONGDs:

  • Xose María Torres, presidente da Coordinadora de ONGDs,
  • Amalia Álvarez, Intered,
  • Ramón Esteso, Médicos do Mundo,
  • Fidel Martín, Cruz Vermella,
  • María Paz, Solidariedade Internacional,
  • José Manuel Pérez, Axuda en Acción,
  • Nuria Porta, Solidariedade Internacional,
  • Jose Luís Quintela, Intermón,
  • Belén Rey, Amarante.

Orde do día:

  1. No que atinxe ao Fondo Galego anúnciase para o presente ano un esforzo dirixido ao incremento do tecido asociativo; neste senso, a incidencia do compromiso solidario dos concellos terá maiores impactos e redundará non só nas capacidades orzamentarias senón tamén na calidade da cooperación descentralizada municipalista galega.
  2. Asemade, faise fincapé na existencia e no funcionamento do Consello Municipalista da Cooperación, espazo que favorece o encontro e a presenza dos actores da cooperación en Galicia; coméntase a campaña realizada o ano pasado co fin de difundir a existencia do Consello e animarse a incorporarse a novas ONGDs. Como resultado están presentes Solidariedade Internacional e Amarante como novos membros.
  3. En canto á proposta de Bases para a convocatoria de axudas a proxectos 2006 faise unha pequena presentación e recóllense algunhas propostas. Neste sentido, por exemplo, a suxestión da Coordinadora no tocante ao incremento dos gastos do 6% ao 8%, matizacións en torno aos países prioritarios, cuestións de concepto e de redacción, etc
    Asemade preséntase o cronograma e os prazos: apertura do prazo de presentación dos proxectos: 3 de febreiro, peche: 31 de marzo.
  4. 4. En relación ás Campañas de Sensibilización, por parte do Fondo Galego anúnciase unha programación centrada na difusión e na reflexión crítica en torno aos 8 ODM. Comunícase a aposta por incorporar a todos os sectores da cultura, etc; e a divulgación dun Manifesto de apoio.
    No que atinxe ao Comercio Xusto coméntase que se ten difundido entre os concellos socios un modelo de moción para adherirse á Campaña a prol do Comercio Xusto así como a instalación de máquinas que contemplen estes artigos nas dependencias municipais.
    Por parte da Coordinadora coméntase a programación dun Ciclo de Cine Solidario en Santiago de Compostela, etc.
  5. Noutros asuntos intercámbianse ideas a propósito da celebración da Comisión Interterritorial e do Consello da Cooperación para o día 6 de febreiro e ás relacións entre o Fondo Galego e a AECI.


Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2006.

Acta da xuntanza do Consello Municipalista da Cooperación reunido en Santiago de Compostela o 10 de febreiro de 2005

Asisten:

  • Alfredo Novoa, presidente do Fondo Galego.
  • Xulio Ríos, Secretaría.
  • Xosé María Permui, Tesoureiro.
  • Marta Iglesias, Vocalía de Convocatorias e Proxectos.
  • Ana Rosa Pérez García, Vocalía de Relación con ONGDs.
  • Ramón Bouzas, Vocalía de Comunicación.
  • Lourdes Suárez, Vocalía de Socios.
  • Aurora Carbajal, Vocalía de Sensibilización.
  • Mª del Mar Lado Vila, Coordenadora Galega de ONGDs.

Excusa a asistencia:

  • José Luis Quintela, Intermón.

Orde do día:

  1. Iniciada a sesión, se expoñen os motivos esenciais da convocatoria que xiran arredor das Bases do Fondo Galego para 2005, que son obxecto de presentación nos seus trazos esenciais. Non se formula ningunha proposta de alteración.
  2. Dáse conta da proposta aprobada polo Fondo Galego na Asemblea xeral ordinaria celebrada o pasado 21 de xaneiro para crear un Comité Galego de Emerxencias, con participación de Xunta de Galicia, Fondo Galego e Coordenadora de ONGDs, a fin de garantir unha resposta coherente e solidaria de Galicia. Recábase o apoio da Coordinadora para esta proposta.

O presidente agradece a asistencia.

E sen máis asuntos que tratar, levantase a reunión cando son as 13:45 horas.

Acta da xuntanza do Consello Municipalista da Cooperación reunido en Santiago de Compostela o 9 de xaneiro de 2004

Asisten:

  • Alfredo Novoa, presidente do Fondo Galego
  • Xulio Ríos, Secretaría
  • Marta Iglesias, Vocalía de Convocatorias e Proxectos
  • Carmen Basadre, Vocalía de Relación con ONGDs
  • Ramón Bouzas, Vocalía de Comunicación
  • Lourdes Suárez, Vocalía de Socios
  • Carmen Alonso, Fundai
  • José Luis Quintela, Intermón
  • Emilio M. Martínez Rivas, Coordenadora Galega de ONGDs

Orde do día:

  1. Iniciada a se sesión, se expoñen os motivos esenciais da convocatoria que xiran arredor das Bases do Fondo Galego para 2004, que son obxecto de presentación nos seus trazos esenciais.
  2. Por parte de Emilio Martínez se propoñen diversos cambios que afectan ao artigo 1 (incidir na superación da discriminación de xénero), ao artigo 2 (engadir no caso das ONGs, con presencia real en Galicia), ao artigo 4, punto 4 (incidir na cuestión de xénero), ao artigo 6 (implicación en actividades de sensibilización na CA). Por parte de Jesús Quintela, despois de interesarse polo enfoque das actividades de sensibilización do Fondo, se propón substituír Cuba por Caribe no artigo 1, na definición das áreas xeográficas.

Despois dun debate destas propostas, consideradas como pertinentes polos membros da Executiva presentes, se acorda o seu traslado, a fin de seren incorporadas na versión final das Bases.

O presidente agradece as aportacións.

E sen máis asuntos que tratar, levántase a reunión cando son as 11,55 horas.

Acta da xuntanza do Consello Municipalista da Cooperación reunido en Santiago de Compostela o 5 de febreiro de 2003

Asisten:

  • Alfredo Novoa, presidente do Fondo Galego
  • Ramón Bouzas, vicepresidente
  • Xosé María Permui, tesoureiro
  • Xulio Ríos, Secretaría
  • Marieta Santos, Deputación de Pontevedra
  • Teresa Molares, Culleredo
  • Salomé Davila, A Pobra do Caramiñal
  • Carmen Alonso, Fundai
  • Amalia Álvarez Vega, InteRed Galicia
  • José Luis Quintela, Intermón
  • Alfonso Sánchez, Inti
  • Luz Ojea, Inti
  • Mª del Mar Lado, Coordenadora Galega de ONGDs
  • Patricia Rivera Pérez-Salvatierra, Farmacéuticos Mundi

Orde do día:

  1. Na exposición introductoria faise fincapé no salto producido en 2002 na cooperación municipalista, non soamente a través da xestión de máis recursos, senón clarificando o nivel de compromiso dos Concellos e Deputacións de Galicia co Fondo. Aínda que non á velocidade desexable, medra a sensibilidade local e, en consecuencia, se perfeccionan os ámbitos de xestión e de coordinación. A pesar desa mellora, en 2003, por mor da convocatoria electoral, parece aconsellable moderar o ritmo da convocatoria de proxectos, de xeito que a resolución da mesma realizarse con posterioridade á celebración dos comicios.
  2. En canto á proposta de cambios a introducir nas Bases da Convocatoria para o Financiamento de Proxectos 2003, existe plena conformidade dos asistentes, elevandose agora á Comisión Executiva para a súa aprobación definitiva na xuntanza a celebrar en Santiago o próximo 6 de marzo.
  3. A propósito da campaña do 0,7%, que o Fondo Galego apoia, se precisa a necesidade de aclarar que as partidas afectadas son os Capitulos I, II e III dos orzamentos municipais. Por outra banda, o Fondo se brinda para colaborar coa Coordinadora no impulso de accións sociais que evidencien un maior compromiso político con este tema. Proponse a sinatura dun manifesto conxunto das principais forzas políticas. Igualmente se informa das xestións realizadas cos Partidos para incluír a dimensión da cooperación nos respectivos programas municipais.

E sen máis asuntos que tratar, levantase a reunión cando son as 13:30 horas.

Acta da xuntanza do Consello Municipalista da Cooperación reunido en Santiago de Compostela o 29 de xaneiro de 2002

Asisten:

  • Alfredo Novoa (Oleiros)
  • Lourdes Suárez (Culleredo)
  • Xulio Ríos (Igadi-Secretaría)
  • Carmen Alonso (Fundai)
  • Carmen Castilla (Intered Galicia)
  • José Luís Quintela (Intermón)

Orde do día:

Procede o Presidente a detallar os diferentes aspectos reseñados no Informe remitido con anterioridade a todos a través dun “Infórmate a fondo”. Nese sentido, destaca do informe que no balance do 2001 cómpre facer fincapé no incremento dos recursos, no esforzo desenvolvido para unha maior implicación das cidades e no incremento da visibilidade pública do Fondo contando xa cun mínimo de instrumentos para achegarse á cidadanía. Para o que resta de lexislatura insistese na necesidade de “apretar o paso”, achegando máis socios e recursos e impulsando a colaboración interinstitucional a todos os niveis. Por último, explica o sentido da proposta do Fondo para emerxencias.

En canto á proposta de cambios a introducir nas Bases da Convocatoria para o financiamento de proxectos 2002, existe plena conformidade dos asistentes, elevandose agora á Comisión Executiva para a súa aprobación definitiva na xuntanza a celebrar en Ferrol o próximo 19 de febreiro.

E sen máis asuntos que tratar, levantase a reunión cando son as 13,20 horas.

Acta da xuntanza do Consello Municipalista da Cooperación celebrada en Santiago de Compostela o día 2 de febreiro de 2001

Asistentes:

Por parte do Fondo Galego: Lourdes Suárez, Xosé María Permui, Mar Bernal, Salomé Alvarez, Xulio Ríos.

Por parte das ONGs: Carmen Castilla, InteRed Galicia; Adela González Pérez, Fundai; Celso Carballo Leiro, Natura Hispánica; José Luis Quintela Julián, Intermón-Oxfam; e Xoán Rafael Vilas, Entrepobos.

Excusou a inasistencia: José A. Atienza Hoyuela, de Hogar-Clínica “San Rafael” de Vigo.

Desenvolvemento da xuntanza:

  • 1. Por parte de Xulio Ríos, Secretario do Fondo Galego, infórmase do avance experimentado no último ano respecto da ampliación da base asociativa. Actualmente o número de socios supera os sesenta, representando a máis do 80 por cento da poboación de Galicia. Dase conta tamén das iniciativas de sensibilización desenvolvidas, comezando pola elaboración do material informativo básico do Fondo (tríptico, caderno de preguntas e respostas, video, etc) asi como das previsións para o presente ano neste dominio (programa radiofónico a través de EMUGA e elaboración dunha revista). Asi mesmo, saliéntase o acordo asinado cos sindicatos da función pública local e a aceptación da cláusula solidaria voluntaria por parte das editoriais galegas.
    Por último, destacase o progresivo incremento da dotación económica para o financiamento de proxectos, positivo pero insuficiente, e das previsións para o presente exercicio. En resume, se ata agora o esforzo principal do Fondo centrouse na consecución de máis socios, a partir deste ano, a preocupación central será a de obter máis recursos, ben a través de fontes propias ou externas.
  • 2. Por parte de Lourdes Suárez, responsable de proxectos, faise unha introducción xenérica ás Bases da convocatoria para o 2001, destacando a importancia dunha descripción exhaustiva pero concreta dos beneficiarios, das contrapartes, e das repercusións que un determinado proxecto pode ter nunha área específica; da importancia asi mesmo de contemplar mecanismos de cooperación entre as ONGs actuantes nunha zona para reforzar o impacto plural que poida producirse a partir dunha previsión inicialmente non mancomunada.
    Por parte de Xosé María Permui, dase conta das previsións económicas, tanto no que atinxe ao orzamento global como ao xeito de liquidación das axudas e outras cuestións.


Efectuadas algunhas aclaracións, expresase a conformidade coas Bases propostas, coa petición de incluír algunha referencia a Asia no artigo 1º.I.a), por parte de InteRed.

Ao remate da xuntanza, incorporase Alberto Enríquez Villacorta, representante de FUNDE (Fundación Nacional para el Desarrollo) de El Salvador, quen informa da situación neste país centroamericano despois do terremoto do pasado día 13 de xaneiro e das prioridades que dende o seu punto de vista deben establecerse no ámbito da cooperación internacional para garantir unha maior eficacia da axuda.

E sen máis asuntos que tratar, levántase a xuntanza cando son as 13.15 horas.

Acta da xuntanza do Consello Municipalista da Cooperación celebrada en Santiago de Compostela o día 28 de xaneiro de 2000

Asistentes:

Por parte do Fondo Galego: Alfredo Novoa, Xosé María Permuy, Conchi Daporta, Marieta Santos e Xulio Ríos.

Por parte das ONGs: Xoán Rafael Vilas, Entrepobos; Enrique Castro Sanjurjo, Cruz Vermella-Galicia; José Luis Quintela Julián, Intermón-Oxfam; José Antonio Atienza Hoyuela, Fundación Juan Ciudad; Adela González Pérez, Fundai; Emilio M. Martínez Rivas, coordenadora galega de ONGDs.

Desenvolvemento da xuntanza:

Despois dunha breve presentación, procédese a analizar o contido das bases da convocatoria, artigo por artigo, formulándose as seguintes suxestións:

  • No artigo 1º-Ia) substituir a mención a Nambia por outra mais xenérica. Proponse: “Africa subsahariana”. Igualmente suxírese invertir as prioridades, situando a África con cáracter precedente a outras mencións xeográficas.
  • No artigo 5º-c), advírtese a existencia dunha certa contradicción entre a redacción do texto e a priorización que dende o Fondo se orienta arredor da cooperación propiamente dita. Valorarase a cuestión pola Comisión Executiva do Fondo, se ben inicialmente do que se trata é unicamente de non pechar portas a outras opcións, admitindo que a prioridade do Fondo orientarase en todo momento á cooperación ó desenvolvemento.
  • No artigo 6º-5, substituir “coincidan” por “sexan compatibles”.
  • No artigo 6º-7, suxírese incorporar un texto que, a seguir, aluda a “sempre e cando non estén en contradicción co seu ideario”.
  • No artigo 7º-II, suavizar os párrafos dous e tres, polo engorroso e dificultoso que pode resultar o cumprimento desta esixencia, contemplando a posibilidade de solicitar ambas as dúas cousas (balances e recursos humanos) por parte do Fondo, pero sen que deban facelo a priori.
  • No artigo 11º, proponse o 8% en vez do 5%.
  • No artigo 12º, no párrafo cuarto, suprimir “por parte das outras institucións”.
  • No artigo 15º, substituir “remitirá” por outra fórmula máis flexible e a iniciativa do Fondo.

Por último, dase conta do propósito de levar adiante neste ano unha ambiciosa campaña de sensibilización na que interesa comprometer a colaboración das ONGs; da posibilidade de utilizar o Centro de Documentación do IGADI e de colaborar co Canal Mundo de Vieiros nas súas seccións de cooperación e de solidariedade.

Socios

Socios de pleno dereito

Mapa de concellos e deputacións adheridas ao Fondo Galego

Concello
(provincia)

Representante

Persoa técnica responsable

Datos de contacto

Cota 2011

Data de
adhesión

A Coruña
(A Coruña)

José Luís Quintela Jullián

 

Rúa de Betanzos, 1 - 1º esq. A  15004  A Coruñas
981-18-42-78 / 981-18-42-00

30.019,90€

09/03/1998

A Estrada
(Pontevedra)

Amalia Goldar Cora

Manuela Corral Martínez

Praza da Constitución, 1  36680  A Estrada
ssociais@aestrada.com
vanesa.dr@terra.es
986-57-00-30 / 986-57-01-41

1.693,68€

12/05/2000

A Guarda
(Pontevedra)

María Teresa Vicente Baz

Soledad Rodríguez Crespo

Praza de España, 1  36780  A Guarda
sociais@aguarda.es
986-61-45-07 / 986-61-00-00

993,30€

26/11/1999

A Laracha 
(A Coruña)
Rocío López Rey María Mariño Rama

Praza do Concello, s/n  15145  A Laracha
981-60-50-01

  1.000,00€ 18/04/2011

A Pobra de Trives
(Ourense)

Carlos Alfaya Faro

Carlos Alfaya Faro

San Roque, 4 - 1º  32780  A Pobra de Trives
ssociales@concellodapobradetrives.com
988-33-00-00

286,64

24/05/2006

A Pobra do Caramiñal
(A Coruña)

 

Encarna Millán Pérez

Travesía Gasset, s/n  15940  A Pobra do Caramiñal
tspobra@yahoo.es
981-83-27-64 / 981-83-02-50

765,97€

Fundacional

A Teixeira
(Ourense)

 

Conchi Martínez López

Estrada Ibedo-Valilongo,  19 32765  A Teixeira
cmtnezlopez@gmail.com
988-20-74-00

213,81€

05/05/2005

Abegondo
(A Coruña)

Noelia Carro Vieites

Teresa Villaverde

San Marcos, 1  15318  Abegondo
ssociales@ayuntamientoabegondo.com        981-64-79-96

631,33€

27/09/2007

Allariz
(Ourense)

Pilar Gallego Cid Carmen Cid Pérez Praza Maior, 1  32660  Allariz   servizos.sociais@allariz.com              988-55-40-59

1.200,00€

Fundacional

Ames
(A Coruña)

Manuel Ferreiro Santiago

Leonardo Pena

Praza do Concello, 2 Bertamiráns  15220  Ames
leonardo.pena@concellodeames.org
981-88-37-03 / 981-88-30-02

1.877,39€

28/11/2003

Arteixo
(A Coruña)

Ana Bello Vázquez

Lourdes Suárez

Travesía de Arteixo, 249  15142  Arteixo
Lourdes.suarez@arteixo.dicoruna.es
lucarsuarez@gmail.com
981-64-08-36 /981-60-00-09

1.977,43€

Fundacional

As Pontes
(A Coruña)

José Alén Álvarez

Celia María Freire Vega

Parque Municipal, s/n  15320  As Pontes celia.freire@aspontes.org
981-44-10-08 /981-45-31-85

1.029,52€

04/02/2004

Baiona
(Pontevedra)

Ángeles Silva González Concepción Daporta Méndez Lorenzo de la Carrera, s/n  36300  Baiona tsocial@baiona.org                               986-38-50-50

2.000,00€

15/05/1998

Bergondo
(A Coruña)

María Begoña Calviño Dorado

Serezábel Rodríguez Rico

Estrada A Coruña, 12  15165  Bergondo
serezabel.rodriguez@bergondo.dicoruna.es
981-79-12-52

660,97€

10/01/2002

Betanzos
(A Coruña)

 

Merchi García Prego

Praza Constitución, 1  15300  Betanzos
mercedes.garcia@betanzos.dicoruna.es
981-77-07-07 / 981-77-00-11

1.110,48€

26/11/1998

Boiro
(A Coruña)

Beatríz Deus Míguez

María Tembra Peneireiro e Milagros Tubío Chouzo

Praza do Concello, s/n  15930  Boiro
s.sociais@boiro.org            remetu@hotmail.com
tpeneireiro@hotmail.com
981-84-48-00

1.441,79€

16/11/2000

Brión
(A Coruña)

Patricia Vázquez Lamas

Patricia Vázquez Lamas

Pedronzos, s/n  15865  Brión
patrivl@infobrion.com
981-88-70-06

677,77€

Fundacional

Burela (A Coruña) José González Barcia

Concepción Pernas Díaz

Rúa Eijo Garay, 20  27880  Burela
integracioninmigrantes@burela.org
982-58-60-00

749,57€

30/08/2007

Cabanas
(A Coruña)

Germán Castrillo Permuy

Nuria Valiño

Avenida Julio Wais, s/n 15621 Cabanas
nuria.valino@cabanas.dicoruna.es
981-49-59-59

434,01€

29/01/1999

Caldas de Reis
(Pontevedra)

Juan Manuel Rey Rey

Ana Fuentes

Rúa Ferreira, 1  36650  Caldas de Reis
igualdade@caldasdereis.com
986-53-08-14

1.000,00€

26/12/2004

Cambados
(Pontevedra)

Luís Aragunde Aragunde

María Casal

Praza do Concello, 1  36630  Cambados
asistentesocial.begona@cambados.es
986-52-05-10

1.111,49€

12/04/2004

Cambre
(A Coruña)

Manuel Rivas Caridad

Ricardo Puertas Mosquera

Adro, 1  15660  Cambre
participacioncidada@cambre.org
981-65-48-12

8.000,00€

26/02/2004

Carballo
(A Coruña)

Milagros Lantes Seara

Ana Hoyuelos Bolón

Praza do Concello, s/n  15100  Carballo
anahoyuelos@carballo.org
981-70-41-00

2.021,64€

16/02/2004

Cartelle
(Ourense)

Mari Carmen Leyte Coello

Miguel Martínez

Toxal, 1 Outomuro  32824  Cartelle
concello.cartelle@eidolocal.es
988-48-58-81

381,27€

05/04/2006

Castrelo de Miño (Ourense)

Xurxo Rodríguez Méndez

Marta Pérez Olleros

Avda Alejandro Ferrer, 18  32430  Castrelo de Miño
marta.perez.olleros@gmail.com
988-49-30-00

261,62€

17/02/2006

Castroverde
(Lugo)

 

Fernando Pillado

Praza do Concello, 2  27120  Castroverde
concellodecastroverde@dunid.com
982-31-20-80

370,51€

29/09/2005

Cedeira
(A Coruña)

Leopoldo Rubido Ramonde

 

Rúa Convento, 3º pranta  15350  Cedeira
servizos.sociais@cedeira.dicoruna.es
981-49-21-79

686,35€

03/01/2001

Corcubión
(A Coruña)

María Manuela Fernández Louro

Norberto Pais Redonda

Praza José Carrera, 1  15130  Corcubión
norberto.pais@gmail.com
981-74-54-00

257,90€

11/01/2006

Covelo
(Pontevedra)

José Costa Díaz

José Manuel Castillo Amigo

Praza Mestre Cerviño, 2  36872  Covelo
josecastillo.covelo@eidolocal.es
axenciadesostibilidadedecovelo@gmail.com
986-65-00-27

381,67€

29/09/2006

Culleredo
(A Coruña)

Marta Iglesias Becerra

Yolanda Zapata Amor

Costa da Lonxa, 7 O Burgo  15670  Culleredo
zapataamor@yahoo.es
981-65-45-88

1.922,17€

Fundacional

Cuntis
(Pontevedra)

Antonio Pena Abal

Susana Gómez Grazze

Praza da Constitución, 4  36670  Cuntis
servizossociais@cuntis.es
986-54-80-05

609,39€

28/12/2001

Dumbría
(A Coruña)

 

Dina Lijó García

Estrada de Dumbría, s/n  15151  Dumbría
dina.lijo@dumbria.dicoruna.es
981-74-40-01

393,28€

01/12/2006

Entrimo
(Ourense)

Eduardo José Parga Veiga

Jorge Bastos Castro

Praza do Concello, 1 Terrachán  32860  Entrimo
concello.entrimo@eidolocal.es
988-43-46-66

243,11€

11/05/2005

Fene
(A Coruña)

 

María Teresa Gayet

Avenida do Concello, s/n  15500  Fene
teresa.gayet@fene.dicoruna.es
981-49-27-06

1.127,94€

Fundacional

Ferrol
(A Coruña)

Rosa Martínez Beceiro

Javier Pedreira

Sánchez Barcaiztegui, 35-47  15401  Ferrol
dependencia@ferrol.es solidariedade@ferrol.es                                   asuntos-sociais@ferrol.es
981-94-42-30

6.000,00€

29/06/2000

Gondomar
(Pontevedra)

Patricia Durán Pérez

Carmen Bugarín González

Praza Dr. Latino Salgueiro, 1  36380  Gondomar
ssocialgondomar@terra.es
986-36-01-68

1.116,28€

31/03/1998

Laxe
(A Coruña)

 

María Dolores Antelo Collazo

Avenida Cesáreo Pondal, 19  15117  Laxe
dolores.antelo@laxe.dicoruna.es
981-70-69-03

382,13€

27/09/2006

Lousame
(A Coruña)

Mª Graciela Pedrosa Sobrido

Natividad Hermo Santos

Portobravo, s/n  15214  Lousame
natividad.hermo@lousame.dicoruna.es
981-82-04-94

391,17€

29/06/1998

Lugo
(Lugo)

Carmen Basadre Mª Jesús López Vázquez Praza Maio, 1  27001  Lugo  chus.lopez@concellodelugo.org          982-29-71-71

4.530,41€

04/12/2000

Malpica de Bergantiños (A Coruña)   Antón Noceda Avda. Emilio González, 1  15113  Malpica de Bergantiños                          anton.noceda@gmail.com                      981-70-71-04      645,52€ 11/02/2010

Manzaneda
(Ourense)

Rubén Guerra Domínguez

Clemente Pérez Arias

Ronda da Cabarca, 10  32781  Manzaneda
cleperez@hotmail.com
988-33-30-43

231,92€

11/04/2005

Melide
(A Coruña)

 

Cruz Sampaio Iglesias

Praza do Convento, 5  15800  Melide
cim@melide.dicoruna.es
981-50-57-06

699,84€

03/06/2008

Moaña
(Pontevedra)

Maria del Carmen Maya Santome

María Elena García Lorenzo

Avenida R. Cabanillas, 108  36950  Moaña
servsociais@hotmail.com
986-31-36-00

1.446,50€

Fundacional

Mondoñedo
(Lugo)

Xusto Fernández Haro

María Monserrat López

Praza do Concello, 1  27740  Mondoñedo
ssocialesmond@terra.es
concellodemondonedo@yahoo.es
982-50-71-86

418,26€

26/03/1998

Monforte de Lemos (Lugo)

Severino Rodríguez Díaz

Belén Gómez Rodríguez

Campo de San Antonio, s/n  27400  Monforte de Lemos
servizossociais@concellodemonforte.com
belengomez1@hotmail.com                 982-41-65-41

1.465,66€

27/12/2004

Monterroso
(Lugo)

 

Pilar Fernández Moure

Praza de Galicia, s/n  27560  Monterroso
concello.monterroso@eidolocal.es
982-37-70-01 / 982-37-76-17

409,45€

13/03/2007

Moraña
(Pontevedra)

María Luísa Piñeiro Arcos

Ana María Vázquez Castro

Rúa 1, 2  36660  Moraña
morana@concellos.depontevedra.es
986-55-30-05

415,06€

30/11/2007

Mos
(Pontevedra)

Sara Cebreiro Alonso

 

Rexenxo-Petelos, s/n  36416  Mos

1.145,40€

29/04/2004

Mugardos
(A Coruña)

Mónica María Fernández Linares

María Isabel Ríos e Aránzazu Pardo Guillán 

Avenida de Galicia, 45  15620  Mugardos servizos.sociais@mugardos.dicoruna.es  981-47-03-38      623,65€

18/03/1998

Narón
(A Coruña)

Catalina María García Blanco

Alfonso Filgueira

Praza de Galicia, s/n  15570  Narón
a.filgueira@naron.es
981-33-77-00

2.263,63€

29/05/1998

Neda
(A Coruña)

 

María Ángeles Dobarro

Avenida Algeciras, 34  15510  Neda
servizos.sociais@neda.dicoruna.es
mariaeducneda@yahoo.es
981-38-00-39

622,42€

27/03/1998

Nigrán
(Pontevedra)

 

Carolina Iglesias

Praza da Constitución, 1  36350  Nigrán
986-38-30-81

1.410,76€

Fundacional

Noia
(A Coruña)

Sofía Caamaño Lado

David Saavedra

Alameda, s/n  15200  Noia
saavedrapino@gmail.com
609-82-31-34

1.156,92€

25/02/1999

O Barco de Valdeorras
(Ourense)

Natalia Álvarez Diéguez

Dolores Fernández González

Praza Maior, 6  32300  O Barco de Valdeorras
asociales.barco@mundo-r.com
988-32-02-02

1.129,67€

26/04/2001

O Irixo
(Ourense)

Manuel Cerdeira Lorenzo

Manuel Cerdeira Lorenzo

A Ponte, 10  32530  O Irixo
concelloirixo@yahoo.es
666-42-06-93

258,32€

26/03/1998

O Porriño
(Pontevedra)

Mª Teresa Veloso Castaño

María del Rocío Carrera Pereiro

Antonio Palacios, 1  36400  O Porriño
cim@concellodoporrino.net
986-33-74-29

1.391,10€

23/11/2000

O Valadouro
(Lugo)

José Manuel Lamela Piñeiro

Ana Seijas Ron

Feira Nova, 1  27770 Ferreira do Valadouro
concello.ovaladouro@eidolocal.es
seijas17@hotmail.com
982-57-40-00 / 982-57-43-03

270,90€

30/11/2007

Oímbra
(Ourense)

Alfonso Villarino Rodríguez

 

Estrada Verín-Vidiferre  32613  Oímbra
988-42-61-60

261,23€

25/04/2005

Oleiros
(A Coruña)

Ángel García Seoane

Marga Figueroa Praza de Galicia, 1  15173  Oleiros alcaldia@oleiros.org                                                 981-61-00-00

2.109,95€

Fundacional

Ourense
(Ourense)

Margarita Martín Rodríguez

  Praza Maior, 1  32005  Ourense 

10.000,00€

11/09/1998

Outes
(A Coruña)

 

Santiago Nieto

Rúa da Vila, 1  15230  Outes
cultura@outes.es
981-85-09-50 / 981-84-24-06

683,03€

25/02/1999

Poio
(Pontevedra)

Luciano Sobral Fernández

 

Domingo Fontán, 4 A Barca  36995  Poio benestarsocial@concellopoio.org
986-87-24-01 / 986-87-24-04

1.139,55€

14/06/2000

Ponteareas
(Pontevedra)

 

Margarita Rodríguez Muñoz

Rúa Oriente, 8  36860  Ponteareas
traballadorasocial@ponteareas.es
986-64-17-47

1.740,19€

29/01/2008 

Pontecesures
(Pontevedra)

Roque Luís Araújo Rey

Consuelo Ordóñez

Avenida Cidade de Vigo, 37  36640  Pontecesures
ss.pontecesures@concellos.depontevedra.es
986-55-71-25

373,19€

12/04/2000 

Pontedeume
(A Coruña)

 

Josefina Tenreiro Martínez

Rúa Real, 17  15600  Pontedeume
finitenreiro@yahoo.es
981-43-32-88

719,08€

30/04/1998 

Pontevedra
(Pontevedra)

Mª do Carme Fouces Díaz

Patricia González Martínez

Praza de España, 1  36071  Pontevedra
benestarsocial@concellopontevedra.es
directoraxeralbse@concellopontevedra.es pgonzalez@concellodepontevedra.es
986-85-53-16

15.000,00€

30/04/2000

Porto do Son
(A Coruña)

Francisco Javier Quiñoy Taboada

Ana Freire Cabo

Campo Atalaya, s/n  15970  Porto do Son
annafreire@terra.es
981-76-75-89

765,61€

Fundacional

Ramirás
(Ourense)

María Pilar Otilia López García

Susana Selas

Picouto, s/n  32810  Ramirás
susana.selas.ramiras@eidolocal.es
988-49-15-23

261,95€

17/11/2008

Redondela
(Pontevedra)

Teresa París Blanco

Purificación Hermelo Iglesias

Alfonso XII, 2  36800  Redondela
uts@redondela.info
986-40-26-08

1.986,04€

31/01/2000

Rianxo
(A Coruña)

Adolfo Muíños Sánchez

 

Praza Castelao, 1  15920  Rianxo
981-86-00-61

1.041,68€

 

Riotorto
(Lugo)

Sandra María Acebrás Dopacio

Estefanía Moirón Cacharrón

Rúa Rodrigas, 1  27744  Riotorto
aedlconcelloderiotorto@gmail.com
982-34-62-22

248,23€

07/08/2008

Riveira (A Coruña) Vicente Mariño de Bricio María José Carreira Praza do Concello, s/n  15960  Riveira servizossociais@riveira.com maypepe@hotmail.es                        981-87-41-31   1.896,65€ 08/08/2006

Rodeiro
(Pontevedra)

 

Lara Hermida Fernández

Praza da Fonte, s/n  36530  Rodeiro
traballadorsocial@rodeiro.org
986-79-00-09

373,22€

27/09/2001

Sada
(A Coruña)

 

Ana Cobas

A Laguna, 44 Portal 4  15160  Sada
ana.cobas@sada.dicoruna.es
981-62-05-67

1.139,53€

26/11/2003

Salceda de Caselas
(Pontevedra)

Marina Cabaleiro Fernández

Humberto Rey González

Doutor Zunzunegui, 7  36470  Salceda de Caselas
omix@salcedadecaselas.es                                     986-34-05-43

713.54€

28/12/2007

Samos
(Lugo)

Marisol Orille Díaz

Ángeles Muíña

Praza de España, s/n  27620  Samos
angelesmuina@gmail.com
982-54-60-02

254,33€

03/04/1998

San Cibrao das Viñas
(Ourense)

Rafael Pérez Dávila

Begoña Díaz Iglesias

Praza da Constitución, s/n  32911  San Cibrao das Viñas
info@sancibrao.es
988-38-10-34

411,73€

14/04/2005

Sandiás
(Ourense)

María Concepción Méndez Gándara

Asunción Santana

Campo de San Nicolás, s/n  32692  Sandiás
asun.sandias@eidolocal.es
concello.sandias@eidolocal.es                              988-46-50-01

246,38€

24/05/2005

Santiago de
Compostela

(A Coruña)

Paula Prado del Río

Esther Álvarez Hermida

Praza do Obradoiro - Pazo de Raxoi  15705  Santiago de Compostela
ipeleteiro@santiagodecompostela.org
981-54-23-00

4.473,31€

05/03/1999

Sarria
(Lugo)

   

Rúa Maior, 14  27600  Sarria
serviciossociales@concellodesarria.net
982-53-03-83

1.104,29€

27/03/2002

Soutomaior
(Pontevedra)

Mª Dolores Cernadas García

Olga Vidal

Alexandre Bóveda, s/n  36691  Soutomaior
cultura@soutomaior.com
986-70-51-14

666,61€

30/12/1999

Teo
(A Coruña)

Ignacio Iglesias Vilar

Berta Conde

Ramallosa, s/n  15886  Teo
bertaconde@concellodeteo.com
981-81-57-00

1.403,05€

30/01/2008

Tomiño
(Pontevedra)

 

Elisabeth Pérez Rodríguez

Campo da Feira, s/n  36740  Tomiño
omix@concellotomino.com
986-62-33-04

1.097,34€

30/09/2006

Triacastela
(Lugo)

M. Olga Iglesias Fontal

Ángeles Muíña Gómez

Praza da Deputación 1, 27630-Triacastela
concello.triacastela@eidolocal.es
982-54-81-47

223,77€

29/09/2005

Valga
(Pontevedra)

 

María José Devesa Fernández

Avenida da Coruña, 14  36645-Valga
devesamaria@hotmail.com
986-55-94-55 / 986-55-94-56

641,96€

27/11/2006

Verea
(Ourense)

Avelino Souto Vázquez

 

Estrada Celanova-Bande, s/n  32813  Verea
concello.verea@eidolocal.es

239,88€

05/05/2005

Verín
(Ourense)

María Inmaculada Hervella Ramos

Javier Cid

Praza do Concelo, 1 32600  Verín serviciossociais@verin.net             988-41-47-76

1.136,08€

28/03/2005

Vigo
(Pontevedra)

Isaura Abelairas Rodríguez Rosa Alonso e Jesús Núñez Torrón Praza do Rei, 1  36202  Vigo rosa.alonso@vigo.org       jesus.torron@vigo.org                                               986-81-01-29 / 699-96-35-64

67.000,00€ (Convenio)

03/08/1998

Vilagarcía de Arousa
(Pontevedra)

María Elena Suárez Sarmiento

Iria Camba

Praza de Ravella, 1  36600  Vilagarcía de Arousa
servizossociais@vilagarcia.es
icamba@vilagarcia.es         omix@vilagarcia.es                                             986-09-92-00 / 986-50-10-08

2.258,74€

 

Vilar de Santos
(Ourense)

Antonio Míguez Nogueiras

Beatriz Miranda Borrajo

Rúa de Celanova, 77  32650  Vilar de Santos
educadorasocial@vilardesantos.com
988-46-58-83 / 677-44-06-58

230,70€

 26/03/1998

Vilardevós
(Ourense)

 

Marimar Meno Méndez

Paseo de Manuel Núñez, 36  32616  Vilardevós
sociales@vilardevos.org
988-41-70-04

274,69€

26/05/2006

Viveiro
(Lugo)

María Isabel Rodríguez López

Lorena Fernández Méndez Praza Maior, 1  27850  Viveiro in_dhia@hotmail.com                                               982-57-06-28 / 982-56-01-28 1.346,57€ 14/04/2005

Xove
(Lugo)

José Demetrio Salgueiro Rapa

Rosa Lage Canoura

Camiño Real, s/n  27870  Xove
aedl@xove.es
982-59-20-01

385,89€

12/05/2008

Deputacións

Deputación
A Coruña

Antonio Cañás Varela

Antonio García Mira

Alférez Provisional, 2  15006  A Coruña
antonio.garciam@dicoruna.es
981-08-03-00

14.400,00€

03/05/2002

Deputación
Lugo

Antonio Veiga Outeiro

Esther López Rodríguez

San Marcos, 8  27001  Lugo
estherdebaltar@hotmail.com
982-26-01-50

15.000,00€

01/04/2008

 

         

 

 

What is Galician Fund for Cooperation and Solidarity

What is the Galician Fund for Cooperation and Solidarity?

The Galician Fund for Cooperation and Solidarity (Fondo) is an organization that involves the local government of 95 cities and villages, as well as 3 regional councils known as Deputacións Provinciais. In fact, this means that more than an 80% of the Galician population is represented in the Fund.

Where are we present?

Since its creation in 1997, Fondo has developed 83 projects and has invested more than 2,152,000€ in international projects of development and cooperation. Today we are present, in cooperation with local partners, in Southern and Central America, Asia, Africa and the Caribbean.

What are our objectives?

Fondo was created with the aim of involving local powers in the promotion of sustainable development, the promotion of democratic values and the Global fight against poverty. We are fully committed with UN’s Millenium Development Goals (MDGs), and work in close range with communities in developing countries in order to reach them.

Local administrations are, due to their proximity to the citizen, essential in order to build a strong network of support for sustainable development. A network that we believe cannot exist without a strong support within the our local communities.

What do we do?

Fondo coordinates and combines the efforts our members put into international cooperation, in order to elaborate a common working strategy. This strategy is based on two principles:

 

For further information:

www.fondogalego.org
Tel. 698 156 127
info@igadi.org

Illa de San Simón
36693 Cesantes – Redondela (Pontevedra)
Galicia (España)

 

 

 

Xestión Económica

Contas de resultados

Conta de resultados 2008

Conta de resultados 2007

Conta de resultados 2006

Conta de resultados 2005

Conta de resultados 2004

Logotipos

 

Logotipo en: Dúas tintas / Fondo branco / Horizontal

Logotipo en: Dúas tintas / Fondo branco / Vertical

Logotipo en: Dúas tintas / Fondo negro / Horizontal

Logotipo en: Dúas tintas / Fondo nbegro / Horizontal