Socios

Socios de pleno dereito

Ser parte do Fondo Galego como socio obriga aos Concellos e as Deputacións adheridas a nomear unha/un representante política/o e un representante técnica/o; para conectar a súa entidade á Rede Municipalista Solidaria, a estrutura de organización coa que o Fondo Galego impulsa unha cultura de Dereitos Humanos desde o local; con actividades de sensibilización social e educación para o desenvolvemento e a cidadanía global.

A segunda obriga para ser socio de pleno dereito do Fondo Galego é participar do sistema de cotas mínimas, unha cantidade económica resultante dunha fórmula matemática en función do número de habitantes, e que ademáis de posibilitar a realización de proxectos no exterior facilita a posibilidade de ofrecer actividades de sensibilización aos socios.

Este mecanismo procura ser unha fórmula incluínte para que todas as administracións locais galegas enchan de sentido a democracia local, tendo acceso aos recursos educativos en rede do Fondo (para os centros educativos, para as casas da cultura, para as dependencias municipais) ao tempo que o conxunto das achegas, grao a grao, impulsa á financiación de proxectos de cooperación ao desenvolvemento no SUR.

Cómpre destacar que desde unha aposta política por unha cultura do local con contido, moitas das entidades socias aumentan significativamente a súa cota mínima. Cómpre nese sentido destacar o papel das cidades e as Deputacións na reprodución social do Fondo Galego por todo o país.

As representacións políticas presentes no listado de socios atópanse neste momento en proceso de renovación orgánica tralas eleccións do 24 de maio de 2015.

 

 

Institución Representación política Cota 2016
Concello da Coruña Rocío Fraga Sáenz 60.000,00 €
Concello da Estrada Amalia Goldar Cora 1.678,70 €
Concello da Guarda Teresa Vicente Baz 993,77 €
Concello da Laracha María del Rocío López Rey 1.027,50 €
Concello da Pobra de Trives Octavio Domínguez Rodríguez 274,53 €
Concello da Pobra do Caramiñal Miguel Alemancos Sobrido 758,32 €
Concello das Pontes  Jesús Tembrás Martínez 998,30 €
Concello de Abegondo Gustavo Manuel Quindimil Gómez 626,91 €
Concello de Allariz Francisco García Suárez 1.200,00 €
Concello de Ames Luísa Feijoo Montero 1.974,80 €
Concello de Arteixo Inés Ramos Álvarez. Suplente: Dona Ana Bello Vázquez 2.022,18 €
Concello de Barro Xosé Manuel Fernández Abraldes 392,46 €
Concello de Bergondo María Begoña Calviño Dorado 662,35 €
Concello de Betanzos María Barral Varela 1.102,02 €
Concello de Boiro Carmen Beatriz Deus Míguez 1.451,18 €
Concello de Brión Yolanda Bouzas Alfonsín 685,36 €
Concello de Burela Angélica Gómez Sánchez 759,18 €
Concello de Cabana de Bergantiños José Muíño Domínguez 419,72 €
Concello de Cabanas Germán Castrillón Permui 377,97 €
Concello de Caldas de Reis María López Buceta e María Inés Fuentes Vidal 1.000,00 €
Concello de Cambados Tino Cordal 1.118,22 €
Concello de Cambre Juan Evaristo Rodríguez Vázquez 1.769,96 €
Concello de Carballo Maica Ures García 2.035,18 €
Concello de Cartelle Daniel Fernández Carril 369,72 €
Concello de Castrelo de Miño Xurxo Rodríguez Méndez 253,28 €
Concello de Castroverde Remigio Lence Pallín 291,72 €
Concello de Cedeira Pablo Moreda 679,12 €
Concello de Corcubión María Manuela Fernández Louro 252,58 €
Concello de Covelo María Soledad González Arjones 290,40 €
Concello de Culleredo María Guadalupe Pombo Carril 1.964,94 €
Concello de Cuntis Manuel Campos Velay 431,63 €
Concello de Dumbría José Manuel Pequeño Castro 375,63 €
Concello de Fene Joaquín Julián Ayala Garrido 1.109,00 €
Concello de Ferrol Beatriz Sestayo Doce 6.000,00 €
Concello de Fornelos de Montes Alfonso Ventín Estévez 259,51 €
Concello de Gondomar Juan Francisco Ferreira González 1.122,18 €
Concello de Laxe Ricardo Facal Castiñeira 377,31 €
Concello de Lousame Silvia Agrafojo Filgueira 384,77 €
Concello de Lugo Ana María González Abelleira 4.605,40 €
Concello de Malpica de Bergantiños Eduardo José Parga Veiga 633,88 €
Concello de Manzaneda David Rodríguez Estévez 230,04 €
Concello de Moaña María Ortega 1.457,12 €
Concello de Moeche Iria Couce Rego 401,20 €
Concello de Monforte de Lemos Gloria María Prada Rodríguez 1.461,34 €
Concello de Moraña María Luisa Piñeiro Arcos 414,70 €
Concello de Mugardos Begoña Roldós Iglesias 620,51 €
Concello de Narón Catalina María García Blanco 2.326,20 €
Concello de Nigrán Juan Antonio González Pérez 1.400,57 €
Concello de Noia María de la O López Cierto 1.145,72 €
Concello de Oímbra Ana María Villarino Pardo 264,63 €
Concello de Oleiros Margarita Figueroa Vázquez 2.146,92 €
Concello de Ourense Sofía Godoy Gómez-Franqueira 5.065,51 €
Concello de Outes Carlos E. López Crespo 671,33 €
Concello de Poio Rosa Fernández González 1.365,61 €
Concello de Pontecesures María Isabel Castro Barreiro 372,23 €
Concello de Pontedeume Raquel Caruncho Corral 711,03 €
Concello de Pontevedra María Carmen Fouces Díaz 15.000,00 €
Concello de Porto do Son José Luis Oujo Pouso.  757,23 €
Concello de Ramirás Juan Carlos Rodríguez Matías  254,50 €
Concello de Redondela Teresa París 1.983,05 €
Concello de Rianxo Adolfo F. Muíños Sánchez 1.035,53 €
Concello de Riotorto Manuel Rivas Bouza 244,76 €
Concello de Riveira Esther Patiño Rey 1.907,20 €
Concello de Rodeiro Ana Belén Calvo Mariño 291,85 €
Concello de Sada Óscar Benito Portela Fernández 1.304,70 €
Concello de San Cibrao de Viñas Ana María Moreiras Vázquez 431,40 €
Concello de Sandiás Felipe Traveso García 241,43 €
Concello de San Sadurniño Ana Belén Breijo Gundín 500,00 €
Concello de Santiago de Compostela Concepción Fernández Fernández 8.477,45€
Concello de Sarria Efrén Castro Caloto 1.103,57 €
Concello de Silleda María del Pilar Peón Iglesias 738,22 €
Concello de Soutomaior María Dolores Cernadas García 680,97 €
Concello de Teo Xosé Ignacio Iglesias Villar 1.407,91 €
Concello de Tomiño Cristina Martínez 1.112,64 €
Concello de Triacastela Olga Iglesias Fontal 222,39 €
Concello de Valga José María Bello Maneiro 639,95 €
Concello de Verea Antonio Domínguez Rodríguez 234,70 €
Concello de Verín José Luís Martín Domínguez 1.149,36 €
Concello de Vilagarcía   2.255,35 €
Concello de Vilar de Santos Antonio Míguez Nogueiras 228,46 €
Concello de Vilardevós Manuel Cardoso Pérez 266,05 €
Concello de Vilasantar Fernando Pérez Fernández 240,24 €
Concello de Viveiro Isabel Rodríguez López 1.338,58 €
Concello de Xove Cristina Iglesias Guerreiro 384,90 €
Concello do Barco de Valdeorras Orlando Saavedra Cantillana 1.122,36 €
Concello do Irixo Manuel Cerdeira Lorenzo 253,61 €
Concello do Porriño Eva García de la Torre 1.442,69 €
Concello do Valadouro María Mon Geada 267,30 €
Deputación da Coruña Goretti Sanmartín Rei 14.400,00 €
Deputación de Lugo Álvaro Santos Ramos 12.000,00 €