Consello Municipalista da Cooperación

O Consello Municipalista da Cooperación é un órgao vivo que sirve de ponte e asesoramento entre o Fondo Galego e o tecido solidario en Galicia. A participación no CMC axuda a construír unha mirada común sobre o sistema galego de cooperación, e a xerar sinerxias entre os seus distintos actores.

Reúnese fisicamente unha vez ao ano, mais por medio de boletíns electrónicos esténdese virtualmente, polo que a inserción no mesmo pódese pedir por medio dun correo electrónico a dpalau@igadi.org

Actas xuntanzas do CMC

Acta do Concello Municipalista da Cooperación reunido o 4 de xullo de 2013 na EGAP

Asisten:

-Por parte do Fondo Galego: Teresa París (Presidenta, Concello de Redondela), Jose Luis Quintela (membro da  Comisión Executiva polo Concello da Coruña e Vogal na relación coas ONGD), María Jesús González (membro da  Comisión Executiva polo Concello de Cambre), Marga Figueroa (membro da  Comisión Executiva polo Concello de Oleiros), Daniel González (Secretario, IGADI), Carmen Novas (técnica de comunicación FGCS) e Andrea García (técnica de proxectos, IGADI)

- Por parte dos axentes de cooperación galegos: Francisco Raigón Jiménez (Coordinadora Galega de ONGD, Asemblea de Cooperación pola Paz), Sara García (técnica de proxectos da Coordinadora Galega de ONGD), Maribel González Rico (ESCAES-Perú) e Moncho Boan, (CIG-Internacional).

Orde do día:

1. O Fondo Galego e as Liñas Estratéxicas 2011-2015. Informe de situación:

A sesión iníciase coas palabras de Teresa París que tras dar a benvida e agradecer a presenza d@s participantes, enmarca a situación actual das Liñás Estratéxicas 2011-2015.

Desta maneira comeza insistindo na liña de traballo do Fondo de fortalecer por dentro tanta a propia organización municipalista, coma o propio sistema galego de cooperación, abrindo liñas de traballo conxuntas tanto coas ONGD como coa Coordinadora, ao tempo que mantendo e aumentando a propia convocatoria de proxectos.

A súa vez fai un chamado a colaboración dentro do propio sector na defensa dos resultados e institucionalidade conseguida, diante das agresións que o sector e o propio Fondo Galego están a padecer.

Finalmente a presidenta pon en valor a fórmula do Fondo como política pública coordinada e mancomunada desde o local, desde unha óptica transpartidaria, desde a transparencia e a relación sinceira con todos os actores do sistema galego de cooperación.

Posteriormente Jose Luis Quintela, como Vogal da Comisión Executiva do Fondo para a relación coas ONGD, intervén diante do CMC pondo en valor tres ideas centrais.

En primeiro lugar a fórmula transpartidaria institucional que representa o Fondo Galego, facéndoa unha institución única na capacidade de traballo apartidista non só na actualidade, se non na retrospectiva histórica. En segundo lugar, o traballo realizado e de proximidade do Fondo en canto a reprodución social de valores solidarios e éticos é imprescindible nos tempos que corren, sendo unha política pública, a cooperación internacional, á que non debemos renunciar nin desde o ámbito estatal nin desde o autonómico ou municipal. Finalmente, J.L. Quintela, puxo de manifesto que o aumento da cantidades destinada a convocatoria de proxectos debe de ser subliñada no contexto actual.

Por último Jose Luis Quintela ofrécese para continuar a traballar da man das ONGD póndose a súa disposición como vogal na relación coas ONGD do Fondo.

Para dar por finalizado a presentación das Liñas 2011-2015, Daniel González (IGADI), fai mención aos resultados conseguidos polo Plan de sensibilización 2012, que xirou ao redor da conmemoración dos 15 anos de Fondo Galego, tendo realizadas 113 actividades en 71 Concellos asociados, alcanzando directamente a máis de 10.000 persoas.

Neste sentido lembrou que trala conmemoración do 30 de novembro comunicóuselle a Secretaría (Igadi) desde a Xunta de Galicia a necesidade de abandoar a Illa de San Simón e posteriormente, na primeira semana de xaneiro, a non renovación do Convenio de sensibilización FondoGalego/Xunta de Galicia que viña asinándonse desde o ano 2000. Este contexto non facilitou o arranque da programación para a anualidade de 2013, mais finalmente e trala Asemblea xeral de abril, o Fondo artellou un Plan de actividades autónomo cos seus propios fondos, agardando a recuperar a liña de traballo conxunto coa Xunta de Galicia.

Finalmente e seguindo as Liñas 2011-2015 ponse en valor o traballo desenvolto en canto a consolidación do Fondo como asociación, que pese as baixas manten o bloque de asociados mesmo con altas, a comunicación ou o traballo aberto coas ONGD. Neste sentido, fai referencia a imposibilidade, até o de agora, de incorporar á iniciativa privada e a RSC na vida ordinaria do Fondo Galego.

2. Convocatoria de proxectos para o exercicio 2013.

Primeiramente Andrea García (IGADI) presenta as Bases da convocatoria para este 2013 elaboradas desde o Fondo Galego, destacando unha liña continuista ao respecto das doce convocatorias anteriores, centrándose polo tanto no desenvolvemento local e nas complicidades cos poderes locais dos países e proxectos receptores.

Ademais de incorporar moitas das Alegacións que xa estiveron presentes na Convocatoria de 2012 tralo CMC deo 12 de maio de 2012, as Bases de 2013 destacan por 3 motivos ao respecto do ano anterior. En primeiro lugar pola cantidade mínima consignada, que pasa dos 50.000 aos 70.000€. En segundo lugar porque a presentación dos proxectos deberá levar obrigatoriamente planificada unha actividade de sensibilización en Galicia sobre o mesmo, e finalmente porque a cantidade máxima para os proxectos presentados pasa dos 20.000€ aos 30.000€

Finalmente, Andrea García informa que tralas alegacións presentadas pola Coordinadora no 2013 serán gastos financiables as compulsas e os gastos bancarios, e os PMA serán discrimandos positivamente ao igual que os Países do II Plan Director da Xunta de Galicia. Tamén se indica que as facturas deberán ser dilixenciadas.

As persoas representantes da Coordinadora Galega piden a palabra para agradecer a actitude colaborativa do Fondo coas ONGD e a súa vocación por apostar pola publicación de unha nova convocatoria de subvencións e de maior envergadura.

O representante da CIG pide a palabra para indicar que implicitamente os sindicatos están excluídos da convocatoria  polo redactado dalgúns capítulos das Bases. Neste sentido a Secretaría comunica que fará o posible para que ningún axente de cooperación galego se sinta excluído, modificando os textos onde sexa oportuno.

3. Sinerxias entre o Fondo e o tecido solidario galego para a sensibilización social. Día internacional contra a pobreza.

O secretario presenta este punto da orde do día desde a vontade de iniciar unha reflexión conxunta entre o Fondo Galego, a Coordinadora, as ONGD e demais actores do sistema galego de cooperación para reforzarse mutuamente.

Desde a experiencia ao redor do día internacional contra a pobreza de 2012 e a  mobilización de actividades/exposicións de 14 ONGD por entidades socias do Fondo,  a idea é chegar a imaxinar novos marcos de relación que poidan reforzar o traballo das ONGD e ao Fondo Galego, como axencia local galega de cooperación internacional. Desde esta experiencia a novas, partindo da RMS como ferramenta organizativa do sistema galego de cooperación.

Neste sentido Daniel González informa que neste 2013 e desde as dificultades polos constantes recortes orzamentarios, a secretaría tentará volver a introducir ao redor do 17 de outubro os Dereitos Humanos na axenda local galega no maior número de entidades socias da man das ONGD.

4. Outros asuntos.

O secretario informa que no marco da Confederación de Fondos estase a realizar un seguemento ao respecto do proxecto de reforma da administración local, para que en ningún caso se prohiba a cooperación internacional desde o poder local. Nese sentido informa de que previsiblemente no último cuadrimestre do ano a Confederación organice distintas actividades para visibilizar a cooperación descentralizada e reforzar o seu rol no goberno local.

A representante da Coordinadora, Sara García, vinculando esta cuestión ao punto anterior da Orde do día, fala das posibilidades que abriría o feito de reforzar a cooperación descentralizada galega (e especificamente municipalista) conxuntamente entre o Fondo e a Coordinadora Galega de ONGD.

Finalmente ábrese un turno de palabras entre as persoas participantes, que serve para coñecer o traballo e as particularidades de Escaes-Perú e a CIG como axentes de cooperación galegos.

Sen máis, o Consello Municipalista da Cooperación dase por rematado ás 19:45.

Acta do Consello Municipalista da Cooperación reunido o 9 de maio de 2012 na Fegamp

Asisten:

-Por parte do Fondo Galego: Teresa París (Presidenta, Concello de Redondela), Jose Luis Quintela (membro da  Comisión Executiva polo Concello da Coruña e Vogal na relación coas ONGD), Daniel González (Secretario, IGADI), Andrea García (técnica de proxectos, IGADI)

- Por parte dos axentes de cooperación galegos: Gema Filgueira (Presidenta da Coordinadora Galega de ONGD, Médicos do Mundo), Jose Manuel Pérez (Vogal da Coordinadora Galega de ONGD, Solidariedade Galega), Sara García (técnica de proxectos da Coordinadora Galega de ONGD), Lorena Arévalo (Implicadas no Desenvolvemento), Laura Casal (Amigos da Terra), Montse Fernández (Agareso), Celso Carballo (Natura Hispánica), Alejando Quiñoá (ACPP)

- Convidadas: Marta Calderón (Oficina do Conservador de Santiago de Cuba)

Desculpan a asistencia:

Fernanda Couñago (Amarante), Ana Rosa Rodríguez (Escaes Perú), Moncho Boan (CIG).

Orde do día:

Cuestión previa: Ao respecto da convocatoria ordinaria remitida aos axentes de cooperación galegos convidados ao CMC, a Orde do día sufríu unha modificación para un mellor desenvolvemento operativo do mesmo.

1. Fondo Galego e Liñas Estratéxicas 2011-2015:

A sesión iníciase coas palabras da nova presidenta do Fondo Galego, tralos 14 anos de Presidencia de Alfredo Novoa.

Tralos agradecemento pola asistencia aos participantes no Consello, Teresa París enmarca as súas palabras no tempo novo do Fondo, onde desde hai 7 meses a nova Comisión Executiva por medio das súas Liñas Estratéxicas traballa no horizonte da actual lexislatura local, onde nun marcado contexto de crise, a asociación municipalista se marca como obxectivo medrar por dentro, reforzando a nosa coordinación e organización, por medio de diferentes vías, nas que destaca a de abrise a sociedade galega, e de maneira máis concreta coas ONGD de Galicia.

Posteriormente Jose Luis Quintela, preséntase ao Consello como Vogal da Comisión Executiva do Fondo para a relación coas ONGD, estando a disposición das mesmas para unha boa interlocución entre o Fondo e as ONGD con actividade en Galicia. Explicita o convencemento de que a coordinación entre os actores que nos organizamos para transformar as masivas bolsas de exclusión e pobreza a nivel mundial é fundamental para conseguir un mundo mellor e avanzar nese camiño. Destaca a liña de traballo que a nova Executiva do Fondo implementa, na vontade de achegarse ao tecido solidario galego para sentirnos máis próximos, nomeando a Coordinadora Galega de ONGD e o Fondo, como actores principais do sistema galego de cooperación.

Para dar por finalizado a presentación das Liñas 2011-2015, Daniel González (IGADI), informa ao Consello da redución da estrutura da Secretaría desde comezos de 2011, que actualmente non conta co posto de técnic@ de sensibilización. Tamén da mudanza física do IGADI á Illa de San Simón. Agradece a participación no CMC facendo un chamado á cooperación interna do sistema galego, para reforzalo por dentro en tempos de amezas e recurtes, alegando a necesidade de empatía institucional entre os distintos actores que o conforman.

Para dar por rematado este punto fai mención as 4 Bases de actuación que marcan as Liñas Estratéxica 2011-2015: 1.Evitar pasos atrás no compromiso das institucións locais, 2. Promover máis activamente a sensibilización social, 3. Adaptar a cooperación directa e reforzar a colaboración coas ONGD, e 4. Involucrar a iniciativa privada.

2. Convocatoria de axudas a proxectos para o exercicio 2012.

Primeiramente Andrea García (IGADI) presenta as Bases da convocatoria para este 2012 elaboradas desde o Fondo Galego, destacando unha liña continuista ao respecto das máis de dez convocatorias anteriores, que teñen resultado en 68 proxectos financiados a ONGD de Galicia desde o nacemento da asociación municipalista. As Bases presentadas teñen en conta así as especificidades e o proceso histórico do Fondo Galego como política pública mancomunada desde o local, e como parte da acción exterior de Galicia. A súa vez preséntanse novidades como un máis marcado enfoque de xénero ou a discriminación positiva do uso do idioma galego. Tamén a inclusión positiva dos países prioritario para o Fondo Galego, enmarcados no propio proceso da cooperación local galega e o II Plan Director da Cooperación Galega. Enfatízase tamén, que na redacción das Bases vai implícita unha maneira de relacionarse coas ONGD que pretende ser máis próxima a de outras institucións.

O Secretario informa da recepción de distintos comentarios e suxerencias por parte de ONGD galegas, e da recepción dun completo documento de Alegacións as Bases por parte da Coordinadora Galega de ONGD. O volume da información recibida, obriga a introdución de mudanzas no texto de Bases presentado ao CMC, consideradas nalgúns casos pertinente pola Secretaría Técnica, o que obrigará a retrasar nunha semana o prazo da Convocatoria de proxectos en base a planificación inicial, para que trala revisión da Secretaría a Comisión Executiva do Fondo, aprobe definitivamente as Bases. Desde a presidencia da Coordinadora Galega de ONGD agradécese o esforzo da asociación municipalista para a convocatoria de proxectos 2012, e felicítase da liña de traballo explícita de incrementar os mecanismos de relacionamento entre ONGD e Fondo Galego.

Desta maneira e de non existir novos retrasos, a convocatoria abrirase entre o 22 de maio e o 22 de xuño de 2012.

Desde a Secretaría obsérvase pertinente dar conta da transparencia que o Fondo Galego como asociación exerce. Desta maneira, preséntase unha contas no Fondo sen débeda, o que posibilita a Convocatoria de proxectos deste 2012, que partindo dos 50.000 € iniciais poderá ser aumentada sensibiblemente, en función das contas da asociación.

Posteriormente, abrese un turno de palabras que ofrece unha conversación enriquecedora entre os distintos membros do CMC, ao respecto da nova liña de relacionamento entre as ONGD e  o Fondo, o impacto dos proxectos de cooperación ao desenvolvemento, ou as especificidades do Fondo como asociación do municipalismo galego, entre outros temas.

3. Presentación do proxecto europeo: “Redes para o desenvolvemento”.

Finalmente preséntase “Redes para o desenvolvemento: Das geminaçoes a uma cooperaçao máis eficiente” onde o actor principal é o Instituto Marqués de Val Flor, que xunto a ONGD alemá Fine+P, o Fondo Galego, e cámaras municipais portuguesas e alemás, procura dar como resultado principal a constitución dunha Rede ou Fondo portugués para coordinar os esforzos do municipalismo portugués en materia de solidariedade internacional.

Infórmase que o papel do Fondo Galego no proxecto é de asesoramento e de presentación dun modelo coordinado de autoridades locais a prol dunha maior eficacia e eficiencia por parte da cooperación internacional das entidades locais.

Os 4 Resultados agardados do proxecto son: 1. Rede de autoridades locais creada e reforzada, 2. Parcerías multiactor promovidas, 3. Boas prácticas na área da cooperación diseminadas a niveis nacionais e internacionais, e 4. Capacitadas as autoridades locais  para desenvolver e implementar proxectos de cooperación.

Ao respecto do R2 e R3, convídase desde o Fondo as ONGD a rexistrarse na Plataforma virtual do proxecto:
http://www.redesparaodesenvolvimento.org/gl/component/user/login para procurar pontes entre a sociedade civil portuguesa e galega, e tamén oportunidades de actuación nos países de lingua portuguesa. A Secretaría cooperará activamente coas ONGD interesadas para que os rexistros e os potenciais pontes podan ser desenvoltos.

Sen máis asuntos que tratar, o CMC, dáse por finalizado ás 16:30

Acta do Consello Municipalista da Cooperación reunido o 5 de febreiro de 2010 na Fegamp

Asisten:

Por parte da CE:   
Alfredo Novoa Gil (Presidente)
Ánxelo González (En substitución de Xulio Ríos, Secretario)
Andrea García (Secretaría Técnica)

Por parte das ONGDS:
Carmen Díaz Pache (Cruz Vermella)
Kevin Javier Martínez Delgado (Interred)
Celso Carballo Leiro (Asociación Natura Hispánica)

ORDE DO DÍA  E DESENVOLVEMENTO DA XUNTANZA

1.- Por parte do presidente do Fondo Galego contextualizanse as Bases da convocatoria de proxectos 2010, xa aprobadas inicialmente pola Comisión Executiva, e que son practicamente idénticas ás de 2009, sendo a diferenza máis salientable a redución do importe máximo financiable de cada proxecto de 50.000 a 35.000 euros. Redución que se produce para que a previsible diminución dos fondos por causa da crise non redunde nunha diminución significativa do número de proxectos beneficiarios das axudas.

2.- Analízanse algunhas suxestións dos presentes e esclarécense diversas dúbidas. Acórdase que nas prioridades xeográficas, no caso de Mozambique, sexa acotada unha área xeográfica máis precisa: a provincia de Cabo Delgado, debido a que nesa zona van concentrarse os esforzos do Fondo Galego e da propia Xunta de Galicia. Deste modo, trátase de contribuír a concentrar e visibilizar a axuda galega nun país grande e con presenza de cooperacións internacionais de moita entidade.

Alfredo Novoa, en nome do Fondo Galego, agradece a colaboración prestada.

3. Non hai outros asuntos.

Santiago de Compostela, a 5 de febreiro de 2010

Acta do Consello Municipalista da Cooperación reunido o 6 de febreiro de 2009 na Fegamp

Asisten:

Por parte da CE:   
Alfredo Novoa Gil,, Presidente
Xulio Ríos, Secretario
Anxelo González, Secretaría Técnica

Por parte das ONGDS:

José Manuel Pérez: Axuda en Acción
Estela Mouriño: UNICEF Galicia
José Luis Quintela: Intermón
Valentín Alvite Gándara: Asociación Francisco Villamil

ORDE DO DÍA  E DESENVOLVEMENTO DA XUNTANZA

1.- Por parte do presidente do Fondo Galego contextualizanse as Bases da convocatoria de proxectos 2009, xa aprobadas inicialmente pola Comisión Executiva, e que supoñen unha renovación importante con respecto a edicións anteriores. Neste sentido, sinala que a suspensión en 2008, extraordinaria, permitiu avanzar tanto no saneamento económico interno como na reorientación da convocatoria aberta que incorpora e sintetiza o debate producido na Comisión Executiva respecto das orientacións principais a seguir nos próximos anos, de conformidade coas Liñas Estratéxicas aprobadas na Asemblea xeral de socios celebrada en 2007, co obxecto de acadar maiores impactos e mellorar non só as capacidades orzamentarias senón tamén a calidade da cooperación descentralizada municipalista galega.

2.- Analízanse, a seguir, as suxestións enviadas polo presidente da Coordenadora Galega de ONGDs, quen disculpou a súa ausencia, que, previo debate, son parcialmente incorporadas ao texto inicial das Bases da convocatoria 2009. Alfredo Novoa, en nome do Fondo Galego, agradece a colaboración prestada.

3. Por último, enfatízase a importancia de actuar conxuntamente no eido da incidencia política para acadar unha maior sensibilización das autoridades locais a propósito do compromiso cooperante. Este tema poderase abordar nunha xuntanza específica a celebrar con posterioridade aos comicios do 1 de marzo.

Santiago de Compostela, a 6 de febreiro de 2009

Acta do Consello Municipalista da Cooperación reunido o 8 de febreiro de 2007 na Fegamp

Asisten:

Por parte da CE:

  • Alfredo Novoa, presidente do Fondo Galego,
  • Xose María Permui, tesoureiro,
  • Marta Iglesias, responsable de Convocatorias e de Proxectos,
  • Iria Alonso, Secretaría Técnica.

Por parte das ONGDs:

  • Xosé María Torres, Coordinadora de ONGDS, Farmamundi,
  • María del Mar Lado, Secretaría Técnica Coordinadora de ONGDs,
  • Raúl Torres, Médicos do Mundo,
  • Sonia, Intermón-Oxfam,
  • Valentín Alvite, Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil,
  • Inmaculada Tombilla, Jóvenes del Tercer Mundo,
  • Estela Mouriño, UNICEF,
  • Judith Sing, Amigos da Terra,
  • Bernardo Porto, Solidariedade Galega co Pobo Saharauí.

Orde do día:

  1. Comeza o encontro dando a benvida e agradecendo aos asistentes a súa presenza.
    No que atinxe ao Fondo Galego anúnciase que o ano 2007 vai ser un ano singular marcado polas eleccións municipais, de aí que sexa prioritario sensibilizar aos representantes políticos nos concellos. Incorporar na axenda no local a cooperación ao desenvolvemento así como a súa consideración nos programas marcos electorais son fundamentais á hora de planificar, deseñar e incorporar a novos axentes.
  2. Asemade, faise fincapé na existencia e no funcionamento do Consello Municipalista da Cooperación, espazo que favorece o encontro e a presenza dos actores da cooperación en Galicia; anúnciase unha posible remodelación dos seus integrantes, co fin de integrar a máis axentes. Saliéntase por exemplo, o papel da RMS.
  3. En canto á proposta de Bases para a convocatoria de axudas a proxectos 2007 faise unha pequena presentación e recóllense algunhas propostas. Neste sentido, por exemplo, a suxestión da Coordinadora de suprimir no art 2: o que vai entre paréntese (veciñais, ecoloxistas, xuvenís, sindicais, de inmigrantes, etc).
    Asemade preséntase o cronograma e os prazos: apertura do prazo de presentación dos proxectos: 9 de febreiro, peche: 31 de marzo.
    No que atinxe á Resolución anúnciase que será entre finais de xullo e o mes de setembro, xa que dependerá das datas de constitución dos concellos e deputacións.
  4. En relación ás Campañas de Sensibilización, por parte do Fondo Galego bríndase a estrutura da Rede Municipalista Solidaria para poder dinamizar, coordinar e intercambiar información referida a campañas, recursos,etc. Prantéxase a posibilidade dunha campaña conxunta.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2007.

Acta do Consello Municipalista da Cooperación reunido o 2 de febreiro de 2006 na Fegamp

Asisten:

Por parte da CE:

  • Ramón Bouzas, responsable de Comunicación,
  • Aurora Carbajal, responsable de Sensibilización e Formación,
  • Marta Iglesias, responsable de Convocatorias e Proxectos,
  • Xulio Ríos, secretario,
  • Lourdes Suárez, responsable dos Socios,

Non asiste:

  • Carmen Basadre, responsable de Relación coas ONGDs

Excusa a asistencia:

  • Alfredo Novoa, presidente,
  • Iria Alonso, Secretaría Técnica.

Por parte das ONGDs:

  • Xose María Torres, presidente da Coordinadora de ONGDs,
  • Amalia Álvarez, Intered,
  • Ramón Esteso, Médicos do Mundo,
  • Fidel Martín, Cruz Vermella,
  • María Paz, Solidariedade Internacional,
  • José Manuel Pérez, Axuda en Acción,
  • Nuria Porta, Solidariedade Internacional,
  • Jose Luís Quintela, Intermón,
  • Belén Rey, Amarante.

Orde do día:

  1. No que atinxe ao Fondo Galego anúnciase para o presente ano un esforzo dirixido ao incremento do tecido asociativo; neste senso, a incidencia do compromiso solidario dos concellos terá maiores impactos e redundará non só nas capacidades orzamentarias senón tamén na calidade da cooperación descentralizada municipalista galega.
  2. Asemade, faise fincapé na existencia e no funcionamento do Consello Municipalista da Cooperación, espazo que favorece o encontro e a presenza dos actores da cooperación en Galicia; coméntase a campaña realizada o ano pasado co fin de difundir a existencia do Consello e animarse a incorporarse a novas ONGDs. Como resultado están presentes Solidariedade Internacional e Amarante como novos membros.
  3. En canto á proposta de Bases para a convocatoria de axudas a proxectos 2006 faise unha pequena presentación e recóllense algunhas propostas. Neste sentido, por exemplo, a suxestión da Coordinadora no tocante ao incremento dos gastos do 6% ao 8%, matizacións en torno aos países prioritarios, cuestións de concepto e de redacción, etc
    Asemade preséntase o cronograma e os prazos: apertura do prazo de presentación dos proxectos: 3 de febreiro, peche: 31 de marzo.
  4. 4. En relación ás Campañas de Sensibilización, por parte do Fondo Galego anúnciase unha programación centrada na difusión e na reflexión crítica en torno aos 8 ODM. Comunícase a aposta por incorporar a todos os sectores da cultura, etc; e a divulgación dun Manifesto de apoio.
    No que atinxe ao Comercio Xusto coméntase que se ten difundido entre os concellos socios un modelo de moción para adherirse á Campaña a prol do Comercio Xusto así como a instalación de máquinas que contemplen estes artigos nas dependencias municipais.
    Por parte da Coordinadora coméntase a programación dun Ciclo de Cine Solidario en Santiago de Compostela, etc.
  5. Noutros asuntos intercámbianse ideas a propósito da celebración da Comisión Interterritorial e do Consello da Cooperación para o día 6 de febreiro e ás relacións entre o Fondo Galego e a AECI.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2006.

Acta do Consello Municipalista da Cooperación reunido o 10 de febreiro de 2005 en Santiago de Compostela

Asisten:

  • Alfredo Novoa, presidente do Fondo Galego.
  • Xulio Ríos, Secretaría.
  • Xosé María Permui, Tesoureiro.
  • Marta Iglesias, Vocalía de Convocatorias e Proxectos.
  • Ana Rosa Pérez García, Vocalía de Relación con ONGDs.
  • Ramón Bouzas, Vocalía de Comunicación.
  • Lourdes Suárez, Vocalía de Socios.
  • Aurora Carbajal, Vocalía de Sensibilización.
  • Mª del Mar Lado Vila, Coordenadora Galega de ONGDs.

Excusa a asistencia:

  • José Luis Quintela, Intermón.

Orde do día:

  1. Iniciada a sesión, se expoñen os motivos esenciais da convocatoria que xiran arredor das Bases do Fondo Galego para 2005, que son obxecto de presentación nos seus trazos esenciais. Non se formula ningunha proposta de alteración.
  2. Dáse conta da proposta aprobada polo Fondo Galego na Asemblea xeral ordinaria celebrada o pasado 21 de xaneiro para crear un Comité Galego de Emerxencias, con participación de Xunta de Galicia, Fondo Galego e Coordenadora de ONGDs, a fin de garantir unha resposta coherente e solidaria de Galicia. Recábase o apoio da Coordinadora para esta proposta.

O presidente agradece a asistencia.

E sen máis asuntos que tratar, levantase a reunión cando son as 13:45 horas.

Acta do Consello Municipalista da Cooperación reunido o 9 de xaneiro de 2004 en Santiago de Compostela

Asisten:

  • Alfredo Novoa, presidente do Fondo Galego
  • Xulio Ríos, Secretaría
  • Marta Iglesias, Vocalía de Convocatorias e Proxectos
  • Carmen Basadre, Vocalía de Relación con ONGDs
  • Ramón Bouzas, Vocalía de Comunicación
  • Lourdes Suárez, Vocalía de Socios
  • Carmen Alonso, Fundai
  • José Luis Quintela, Intermón
  • Emilio M. Martínez Rivas, Coordenadora Galega de ONGDs

Orde do día:

  1. Iniciada a se sesión, se expoñen os motivos esenciais da convocatoria que xiran arredor das Bases do Fondo Galego para 2004, que son obxecto de presentación nos seus trazos esenciais.
  2. Por parte de Emilio Martínez se propoñen diversos cambios que afectan ao artigo 1 (incidir na superación da discriminación de xénero), ao artigo 2 (engadir no caso das ONGs, con presencia real en Galicia), ao artigo 4, punto 4 (incidir na cuestión de xénero), ao artigo 6 (implicación en actividades de sensibilización na CA). Por parte de Jesús Quintela, despois de interesarse polo enfoque das actividades de sensibilización do Fondo, se propón substituír Cuba por Caribe no artigo 1, na definición das áreas xeográficas.

Despois dun debate destas propostas, consideradas como pertinentes polos membros da Executiva presentes, se acorda o seu traslado, a fin de seren incorporadas na versión final das Bases.

O presidente agradece as aportacións.

E sen máis asuntos que tratar, levántase a reunión cando son as 11,55 horas.

Acta do Consello Municipalista da Cooperación reunido o 5 de febreiro de 2003 en Santiago de Compostela

Asisten:

  • Alfredo Novoa, presidente do Fondo Galego
  • Ramón Bouzas, vicepresidente
  • Xosé María Permui, tesoureiro
  • Xulio Ríos, Secretaría
  • Marieta Santos, Deputación de Pontevedra
  • Teresa Molares, Culleredo
  • Salomé Davila, A Pobra do Caramiñal
  • Carmen Alonso, Fundai
  • Amalia Álvarez Vega, InteRed Galicia
  • José Luis Quintela, Intermón
  • Alfonso Sánchez, Inti
  • Luz Ojea, Inti
  • Mª del Mar Lado, Coordenadora Galega de ONGDs
  • Patricia Rivera Pérez-Salvatierra, Farmacéuticos Mundi

Orde do día:

  1. Na exposición introductoria faise fincapé no salto producido en 2002 na cooperación municipalista, non soamente a través da xestión de máis recursos, senón clarificando o nivel de compromiso dos Concellos e Deputacións de Galicia co Fondo. Aínda que non á velocidade desexable, medra a sensibilidade local e, en consecuencia, se perfeccionan os ámbitos de xestión e de coordinación. A pesar desa mellora, en 2003, por mor da convocatoria electoral, parece aconsellable moderar o ritmo da convocatoria de proxectos, de xeito que a resolución da mesma realizarse con posterioridade á celebración dos comicios.
  2. En canto á proposta de cambios a introducir nas Bases da Convocatoria para o Financiamento de Proxectos 2003, existe plena conformidade dos asistentes, elevandose agora á Comisión Executiva para a súa aprobación definitiva na xuntanza a celebrar en Santiago o próximo 6 de marzo.
  3. A propósito da campaña do 0,7%, que o Fondo Galego apoia, se precisa a necesidade de aclarar que as partidas afectadas son os Capitulos I, II e III dos orzamentos municipais. Por outra banda, o Fondo se brinda para colaborar coa Coordinadora no impulso de accións sociais que evidencien un maior compromiso político con este tema. Proponse a sinatura dun manifesto conxunto das principais forzas políticas. Igualmente se informa das xestións realizadas cos Partidos para incluír a dimensión da cooperación nos respectivos programas municipais.

E sen máis asuntos que tratar, levantase a reunión cando son as 13:30 horas.

Acta do Consello Municipalista da Cooperación reunido o 29 de xaneiro de 2002 en Santiago de Compostela

Asisten:

  • Alfredo Novoa (Oleiros)
  • Lourdes Suárez (Culleredo)
  • Xulio Ríos (Igadi-Secretaría)
  • Carmen Alonso (Fundai)
  • Carmen Castilla (Intered Galicia)
  • José Luís Quintela (Intermón)

Orde do día:

Procede o Presidente a detallar os diferentes aspectos reseñados no Informe remitido con anterioridade a todos a través dun “Infórmate a fondo”. Nese sentido, destaca do informe que no balance do 2001 cómpre facer fincapé no incremento dos recursos, no esforzo desenvolvido para unha maior implicación das cidades e no incremento da visibilidade pública do Fondo contando xa cun mínimo de instrumentos para achegarse á cidadanía. Para o que resta de lexislatura insistese na necesidade de “apretar o paso”, achegando máis socios e recursos e impulsando a colaboración interinstitucional a todos os niveis. Por último, explica o sentido da proposta do Fondo para emerxencias.

En canto á proposta de cambios a introducir nas Bases da Convocatoria para o financiamento de proxectos 2002, existe plena conformidade dos asistentes, elevandose agora á Comisión Executiva para a súa aprobación definitiva na xuntanza a celebrar en Ferrol o próximo 19 de febreiro.

E sen máis asuntos que tratar, levantase a reunión cando son as 13,20 horas.

Acta do Consello Municipalista da Cooperación reunido o 2 de febreiro de 2001 en Santiago de Compostela

Asistentes:

Por parte do Fondo Galego: Lourdes Suárez, Xosé María Permui, Mar Bernal, Salomé Alvarez, Xulio Ríos.

Por parte das ONGs: Carmen Castilla, InteRed Galicia; Adela González Pérez, Fundai; Celso Carballo Leiro, Natura Hispánica; José Luis Quintela Julián, Intermón-Oxfam; e Xoán Rafael Vilas, Entrepobos.

Excusou a inasistencia: José A. Atienza Hoyuela, de Hogar-Clínica “San Rafael” de Vigo.

Desenvolvemento da xuntanza:

  • 1. Por parte de Xulio Ríos, Secretario do Fondo Galego, infórmase do avance experimentado no último ano respecto da ampliación da base asociativa. Actualmente o número de socios supera os sesenta, representando a máis do 80 por cento da poboación de Galicia. Dase conta tamén das iniciativas de sensibilización desenvolvidas, comezando pola elaboración do material informativo básico do Fondo (tríptico, caderno de preguntas e respostas, video, etc) asi como das previsións para o presente ano neste dominio (programa radiofónico a través de EMUGA e elaboración dunha revista). Asi mesmo, saliéntase o acordo asinado cos sindicatos da función pública local e a aceptación da cláusula solidaria voluntaria por parte das editoriais galegas.
    Por último, destacase o progresivo incremento da dotación económica para o financiamento de proxectos, positivo pero insuficiente, e das previsións para o presente exercicio. En resume, se ata agora o esforzo principal do Fondo centrouse na consecución de máis socios, a partir deste ano, a preocupación central será a de obter máis recursos, ben a través de fontes propias ou externas.
  • 2. Por parte de Lourdes Suárez, responsable de proxectos, faise unha introducción xenérica ás Bases da convocatoria para o 2001, destacando a importancia dunha descripción exhaustiva pero concreta dos beneficiarios, das contrapartes, e das repercusións que un determinado proxecto pode ter nunha área específica; da importancia asi mesmo de contemplar mecanismos de cooperación entre as ONGs actuantes nunha zona para reforzar o impacto plural que poida producirse a partir dunha previsión inicialmente non mancomunada.
    Por parte de Xosé María Permui, dase conta das previsións económicas, tanto no que atinxe ao orzamento global como ao xeito de liquidación das axudas e outras cuestións.

Efectuadas algunhas aclaracións, expresase a conformidade coas Bases propostas, coa petición de incluír algunha referencia a Asia no artigo 1º.I.a), por parte de InteRed.

Ao remate da xuntanza, incorporase Alberto Enríquez Villacorta, representante de FUNDE (Fundación Nacional para el Desarrollo) de El Salvador, quen informa da situación neste país centroamericano despois do terremoto do pasado día 13 de xaneiro e das prioridades que dende o seu punto de vista deben establecerse no ámbito da cooperación internacional para garantir unha maior eficacia da axuda.

E sen máis asuntos que tratar, levántase a xuntanza cando son as 13.15 horas.

Acta do Consello Municipalista da Cooperación celebrada o 28 de xaneiro de 2000 en Santiago de Compostela

Asistentes:

Por parte do Fondo Galego: Alfredo Novoa, Xosé María Permuy, Conchi Daporta, Marieta Santos e Xulio Ríos.

Por parte das ONGs: Xoán Rafael Vilas, Entrepobos; Enrique Castro Sanjurjo, Cruz Vermella-Galicia; José Luis Quintela Julián, Intermón-Oxfam; José Antonio Atienza Hoyuela, Fundación Juan Ciudad; Adela González Pérez, Fundai; Emilio M. Martínez Rivas, coordenadora galega de ONGDs.

Desenvolvemento da xuntanza:

Despois dunha breve presentación, procédese a analizar o contido das bases da convocatoria, artigo por artigo, formulándose as seguintes suxestións:

  • No artigo 1º-Ia) substituir a mención a Nambia por outra mais xenérica. Proponse: “Africa subsahariana”. Igualmente suxírese invertir as prioridades, situando a África con cáracter precedente a outras mencións xeográficas.
  • No artigo 5º-c), advírtese a existencia dunha certa contradicción entre a redacción do texto e a priorización que dende o Fondo se orienta arredor da cooperación propiamente dita. Valorarase a cuestión pola Comisión Executiva do Fondo, se ben inicialmente do que se trata é unicamente de non pechar portas a outras opcións, admitindo que a prioridade do Fondo orientarase en todo momento á cooperación ó desenvolvemento.
  • No artigo 6º-5, substituir “coincidan” por “sexan compatibles”.
  • No artigo 6º-7, suxírese incorporar un texto que, a seguir, aluda a “sempre e cando non estén en contradicción co seu ideario”.
  • No artigo 7º-II, suavizar os párrafos dous e tres, polo engorroso e dificultoso que pode resultar o cumprimento desta esixencia, contemplando a posibilidade de solicitar ambas as dúas cousas (balances e recursos humanos) por parte do Fondo, pero sen que deban facelo a priori.
  • No artigo 11º, proponse o 8% en vez do 5%.
  • No artigo 12º, no párrafo cuarto, suprimir “por parte das outras institucións”.
  • No artigo 15º, substituir “remitirá” por outra fórmula máis flexible e a iniciativa do Fondo.

Por último, dase conta do propósito de levar adiante neste ano unha ambiciosa campaña de sensibilización na que interesa comprometer a colaboración das ONGs; da posibilidade de utilizar o Centro de Documentación do IGADI e de colaborar co Canal Mundo de Vieiros nas súas seccións de cooperación e de solidariedade.

Reunión constitutiva

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 1998.

Relación de asistentes

Por parte do Fondo Galego

Por parte das ONGs

Alfredo Novoa

José A. Atienza
(Fundación Juan Ciudad)

Xosé M. Permuy

Joaquín Varela
(Cruz Vermella)

Lourdes Suárez

José L. Quintela
(Intermón)

Concepción Daporta

Xoán R. Vilas
(Entrepobos)

Carme Varela

Antonio Matellán
(Xóvenes do Terceiro Mundo)

Ramón Bouzas

Ramón Ferreño
(Fundación Meniños)

Xulio Ríos

Begoña de Anta
(INTI)
  Concepción Sánchez
(INTI)

Desenvolvemento da reunión

Por parte do Presidente informouse ós asistentes do proceso constitutivo e o nivel de funcionamento do Fondo Galego, entregándoselles documentación sobre os socios, comunicado sobre o furacán Mitch, a proposta de bases de convocatoria para financiamento de proxectos para o próximo exercicio e a de regulamento interno do Consello, solicitando o apoio e a colaboración das ONGs para asentar o Fondo Galego e mellorar a calidade da cooperación feita desde Galicia.

Despois dun breve intercambio de impresións, por parte das ONGs manifestouse o apoio ó Fondo evidenciando a converxencia de intereses existentes entre os fins perseguidos tanto polo Fondo como polas ONGs presentes.

Acordos

  1. O CMC queda constituído como un órgano de participación aberto e plural. Inicialmente forman parte del as organizacións asistentes a esta xuntanza pero, máis adiante, poden integrarse nel outras ONGs sempre e cando así o soliciten expresamente. Desta constitución informarase a todas as organizacións convocadas.
  2. As suxestións para a Convocatoria de proxectos de 1999 deben ser remitidas antes do 31 de xaneiro de 1999 a Carme Varela Donoso. Os demais datos figuran no listado de socios.
  3. As propostas de modificación do Regulamento Interno do Consello poden ser remitidas en igual prazo á Secretaría do Fondo (datos idem).

Acta do Concello Municipalista da Cooperación reunido o 23 de abril de 2014 na EGAP

Asisten:

Teresa París – Presidenta do Fondo Galego, Concello de Redondela
Pilar Gallego- Tesoureira do Fondo Galego, Concello de Allariz
José Luís Quintela- Vogal de relacións coas ONGD do Fondo Galego, Concello de A Coruña
Andrea Manuela García- Igadi, Secretaría Fondo Galego
Daniel González - Igadi, Secretaría Fondo Galego

Gemma Filgueira- Coordinadora Galega de ONGD
Xesús Ramón González- CIG
Adriana Fernández Acebo- Mundo Cooperante Galicia
Silvia Mosquera Mirás- ONGD Ecos do Sur
Alejandro Quiñoá Casteleiro- ACPP
Berta Málvarez- Amarante-Setem
María Isabel González- Amigos ESCAES-Perú
Amalia Álvarez- InteRed
Miguel Ángel Fernández- Arquitectos sen Fronteiras
Adolfo Barbeito- Arquitectos sen Fronteiras
Carmen Novas- Agareso

Orde do día:

1. O Fondo Galego e as Liñas Estratéxicas 2011-2015. Informe de situación.

A presidenta do Fondo Galego, Teresa París, comeza a súa intervención facendo referencia nas súas palabras aos distintos atrancos superados cos que iniciou o 2013, xa sexa a mudanza da Illa de San Simón ou o feito de adaptar a colaboración histórica coa Xunta de Galicia. Nese sentido destaca tamén as incertidumes que representa para a vida da asociación a nova reforma da administración local.

Así as cousas, Teresa París, pon en valor as distintas liñas de traballo fortalecidas durante o 2013. En primeiro lugar destaca o traballo en rede, xa ben sexa coa Confederación de Fondos e a Declaración de Valencia en defensa da cooperación descentralizada xunto a 1.000 Concellos do Estado, o traballo no marco do proxecto da UE como asesor de redes descentralizadas xunto a Concellos portugueses e alemás, Redes para o desenvolvemento, ou coa Coordinadora Galega de ONGD, coa conmemoración do día internacional contra a pobreza de 17 de outubro e as convocatorias de proxectos para ONGD con presenza en Galicia.

Pon en valor ademais o traballo desenvolto tanto cara fóra de Galicia, cos proxectos de cooperación directa e indirecta, coma dentro, co desenvolvemento de actividades de educación para a cidadanía global por medio da Rede Municipalista Solidaria, que outro ano máis foi capaz de reproducirse por toda Galicia achegando actividades a decenas de miles de persoas por medio de actividades en 71 Concellos e nas Deputacións de Lugo e A Coruña. Destaca en canto ao traballo desenvolto polo Fondo en Galicia a presentación do Plan de Comunicación da entidade e as actividades da Irmandade Galicia Cabo Verde, que se celebraron entre o 9 e o 13 de decembro para poñer en valor o traballo acumulado en máis dunha década no traballo coa Asociación Nacional de Municipios de Cabo verde.

Neste sentido destaca a celebración na Deputación da Coruña, o 10 de decembro, dentro da Irmandade Galicia-Cabo Verde, das VIII Xornadas do Fondo, baixo o título: Cooperación Internacional e Comunicación, que procurou afortalar o proceso que vincula e complemente as intervencións en proxectos e as actividades de sensibilización coa propia actividade comunicativa da asociación.
Teresa París sinala que as distintas accións desenvoltas durante o 2013 queren encher de contido as Liñas Estratéxicas 2011-2015, que guían o traballo da Comisión Executiva desde a súa constitución en outubro de 2011. Neste sentido a programación do 2014 seguirá a profundizar nestes procesos.

Posteriormente Daniel González toma a palabra para facer unha fotografía dos efectos da crise na composición do Fondo Galego, que pasou entre o 2008 e o 2014 de 107 socios a 89. Neste sentido destaca coma especialmente relevantes as baixas das Deputacións de Pontevedra e de Ourense, ou Concellos coma Cambados ou Baiona, onde reside a Secretaría do Fondo.

O secretario do Fondo insiste en que a asociación representa unha política pública do municipalismo galego que promove o Igadi, que introduce a cooperación internacional e os DDHH na administración local por medio da Rede Municipalista Solidaria, mediante representacións políticas e técnicas nas entidades socias, persoas responsables de artellar as actividades de sensibilización que o Fondo propón no interior dos seus Concellos e Deputacións. Fai mención a que o Fondo representa unha política pública con resultados, desde a eficacia a eficiencia e a procura constante de coherencia impulsando procesos de longo percorrido e planificados, nos que destaca os vínculos fortes cos países e socios estratéxicos e a consistencia da Rede Municipalista Solidaria,  pese ao contexto de crise que afecta decisivamente ás posibilidades da asociación. Apunta que o orzamento histórico total de proxectos do Fondo Galego repártese ao 50% entre a cooperación directa e indirecta (convocatorias de proxectos para ONGD con presenza en Galicia).

O secretario informa ao CMC da proposta á Xunta de Galicia para ser declarada socia protectora do Fondo no proceso de negociacións do III Plan Director da Cooperación Galega 2014-2017, proposta que foi rexeitada. A proposta fundaméntase en que historicamente a Xunta de Galicia representa o 50% do total da financiación de toda a actividade do Fondo, xa ben por medio da cofinanciación de proxectos que inicia no 2001 e que desaparece no 2011, coma por medio de convenios de sensibilzación, que inician no 2000 e desaparece no 2013. Esta fotografía amosa un distanciamento progresivo do Fondo, que quería ser estabilizado coa declaración de socio protector e un convenio por valor de 90.000€ de fortalecemento, sensibilización e comunicación, na idea de ofrecer un mínimo de estabilidade económica e institucional dada a súa natureza transpartidaria. Informa a súa vez de que o convenio tradicionalmente denominado de sensibilización, volve no 2014 por valor de 40.000€.
Así as cousas informa que o Fondo Galego contará este ano cun orzamento estimado de 300.000€, dos cales un mínimo de 100.000€ serán dirixidos á convocatoria de cooperación indirecta.

Amalia Álvarez de InterRed pregunta tanto ao respecto dos efectos da reforma da administración local coma os motivos deste descenso abrupto de socios e orzamentos. Ao respecto da primeira pregunta Teresa París indica que actualmente existe moita incertidume coa propria aplicación da lei en todos os ámbitos aínda que actualmente non sufrimos ningunha consecuencia directa particular no caso do Fondo Galego. Daniel González apunta que a Lei da “superpoderes” aos interventores municipais e que polo tanto intue que será a dialéctica entre a vontade política, os posicionamentos das comunidades locais en defensa da cooperación municipalista e os posicionamentos das intervencións o que fará máis ou menos restritiva a execución de accións de cooperación por parte das entidades locais. Ao respecto da segunda pregunta apúntase que a crise económica é o factor determinante o que ademais en moitas das baixas recibidas agrávase por anos de cotas adebedadas á asociación.

2. Convocatoria de proxectos para o exercicio 2014.

No segundo punto da orde do día, Andrea García, técnica de proxecto do Fondo Galego, comezou facendo unha breve introdución ás bases da convocatoria. Indica que seguen a liña do pasado ano pero que foron introducidos algúns cambios co obxectivo de dar un maior peso á valoración do propio proxecto e actividade de sensibilización, co obxectivo de flexibilizar algún dos criterios que complicaban acadar a metade dos puntos nalgún dos apartados dispostos. A continuación fíxose un repaso das principais modificacións na convocatoria:

•En canto ás condicións xerais e requisitos dos proxectos:
Aclárase que as entidades beneficiarias serán os axentes galegos de cooperación ao desenvolvemento sen ánimo lucrativo e con sede ou delegación permanente na Comunidade Autónoma de Galicia.
Aclárase que a pesares de que cada entidade pode presentar ata dous proxectos, só se financiará un proxecto por entidade.
Exclúense explicitamente na convocatoria ás entidades que recibiron financiamento na convocatoria do 2013.

•En canto á documentación a presentar:
Especifícanse os requirimentos e peculiaridades no caso das universidades.
Defínese mellor a solicitude de documentación realizada á entidade solicitante e ao socio local, co obxectivo de facilitar a avaliación das propostas.

•En canto ao financiamento:

Nos gastos financiables incluíuse a tradución de documentos en lingua distinta á galega, castelá, portuguesa e inglesa. Os documentos relativos ao parceiro, anexos e facturas en lingua distinta á galega, castelá, portuguesa ou inglesa deberán ser traducidos a calquera destas linguas.
Na actividade de sensibilización foron excluídas as viaxes a terreo.
Increméntase nun 5% o máximo financiable para a actividade de sensibilización, co obxectivo de darlle máis peso, pasando de un 10% a un 15%.

•En canto aos criterios de valoración:

Cambia a distribución das puntuacións, co obxectivo de dar maior peso á puntuación recibida polo proxecto en si mesmo e á actividade de sensibilización. Báixanse as puntuación que pode acadar a entidade solicitante e o socio local de 20 a 15 puntos, co obxectivo de facilitar acadar a puntuación mínima, que nas convocatorias pasadas se vía entorpecido por algún dos criterios dispostos. Redefínense os conceptos de valoración do proxecto para resolver algúns dos problemas ou carencias atopadas na pasada convocatoria. Tamén se valora a visibilización dos proxectos e a participación das administracións locais en maior medida que na pasada convocatoria. Os criterios de valoración da actividade de sensibilización son redefinidos para unha mellor valoración.

Unha vez feito o repaso, continúase coas alegacións recibidas por parte da Coordinadora Galega de ONGD, na que a meirande parte das entidades presentes se atopan representadas, indicando cales foron aceptadas e cales non:

•Alegacións aceptadas:

Terase en conta as datas de peche da convocatoria da Xunta de Galicia para tratar de que non coincidan as datas de peche. No caso de que se dese esta coincidencia establecerase un prazo dunha semana de diferenza a posteriori do remate do prazo da convocatoria Xunta.
En canto á documentación solicitada: No canto de solicitar copia da última acta da Asemblea Xeral na que aparezan reflectidos os nomes e cargos que conforman a xunta directiva da organización, solicitarase un certificado con visto e prace da presidencia da entidade.
Increméntase a porcentaxe máxima atribuída á partida ‘Funcionamento en terreo’, que pasaría do 1% ao 2%.
Os países que o IIIPD establece como prioritarios no eido da acción humanitaria serán considerados tamén como prioritarios segundo as Bases da convocatoria do Fondo, aínda que estas atendan só a proxectos de cooperación e non a acción humanitaria (caso Haití e pobo saharauí)
Publicación das valoracións e especificación de que as valoracións da secretaría técnica son orientadoras para a Comisión avaliadora de proxectos, o mecanismo de incorporar á Rede Municipalista Solidaria ao proceso de decisión, tanto por adxectivar á cooperación municipalista coma por transparencia cos socios da asociación.

•Alegacións denegadas:

Mantense que cada entidade poderá presentar un máximo de dous proxectos, pero só un será financiado. En ningún caso poderán ser financiados dous proxectos presentados pola mesma entidade para garantir a diversificación dos recursos e dar apoio ao maior número de entidades posible.
Mantense que as entidades que recibiron financiamento na pasada convocatoria quedan excluídas na presente convocatoria.
Non serán financiables os gastos de identificación, avaliación e auditoría contable. Tampouco serán financiables as misións de seguimento e avaliación. Aínda que entendemos que a identificación e a avaliación forman parte do propio ciclo do proxecto, e que as misións de seguimento e avaliación son igualmente necesarias, entendemos que estes gastos deben ser asumidos pola entidade solicitante ou parceiro local para concentrar a axuda na execución.
Mantense a porcentaxe de financiamento nun 80%-20%

•Foron aclaradas tamén as seguintes dúbidas:

Os gastos persoal inclúen non só os salarios senón tamén os seguros sociais ou calquera outro seguro que se subscriba a nome do persoal.
As achegas da entidade solicitante, parceiro local ou grupo beneficiario poden ser valorizadas.
Ao respecto da publicación das valoracións e fronte á manifestación da Coordinadora Galega de ONGD de descoñecemento do proceso polo que o Fondo Galego decide que proxectos son ou non aprobados para financiamento, Daniel González, Secretario do Fondo Galego explica como é o proceso:

A secretaría técnica do Fondo Galego fai unha avaliación obxectiva de cada unha das propostas recibidas en función do estipulado nas bases da convocatoria. Desta análise pormenorizada obtense un listado de puntuacións recibidas. Á vez, a Comisión técnica avaliadora, composta por persoal técnico de Concellos/Deputacións socias, revisa a documentación presentada de forma individual ata a data na que ten lugar a reunión presencial na que as/os integrantes da Comisión e a secretaría técnica do Fondo Galego comentan, resolven dúbidas, controlan e supervisan as propostas presentadas e as súas valoracións. A Comisión técnica avaliadora fai unha proposta de proxectos a financiar en base ás liñas estratéxicas do Fondo Galego e ás peculiaridades desta rede municipalista, para o que as puntuacións da avaliación técnica son orientadoras. A proposta acordada é remitida á Comisión executiva do Fondo Galego, que pode aceptala na súa totalidade ou non. A Comisión executiva decide os proxectos que serán finalmente propostos para financiamento perante a Asemblea Xeral de socios, órgano soberano da asociación, en base á avaliación técnica, ás observacións da Comisión avaliadora, ás peculiaridades da cooperación municipalista en Galicia e ás liñas estratéxicas do Fondo Galego.

O listado das puntuacións obtidas por cada proposta presentada serán publicadas na páxina web do Fondo Galego no mesmo momento de presentar a resolución dos proxectos aprobados para financiamento. Insístese en que as avaliacións técnicas dos proxectos presentados son de carácter orientador, sendo a resolución produto da participación da Rede Municipalista Solidaria, que vela pola EXISTENCIA da cooperación municipalista en Galicia.

Unha vez aclarado este punto xorden diferentes dúbidas entre as entidades asistentes:

A representante de Ecos do Sur, Silvia Mosquera, pregunta se dúas entidades se poden presentar en agrupación poñendo por caso que non poidan presentar unha proposta nun determinado país por non contar coa experiencia mínima requirida na convocatoria (2 anos). Así mesmo, descártase que unha entidade que non poida acceder a financiamento nesta convocatoria por ter un proxecto aprobado na convocatoria do 2013 poida presentarse agrupada. Conclúese que na convocatoria do 2014 non haberá posibilidade de que as entidades se presenten en agrupación pero que será un aspecto a revisar para futuras convocatorias.

O representante de ACPP, Alejandro Quiñoá, suxire a supresión do requisito dos 2 anos de experiencia en terro para promover a entrada das ONGD nos países prioritarios para o Fondo Galego. A súa proposta é que puntúe a experiencia no país pero que non sexa excluínte. José Luís Quintela, integrante da Comisión executiva do Fondo Galego, resolve que os 2 anos de experiencia en terreo son necesarios para outorgar un mínimo de garantías ao proxecto polo que este punto tampouco vai ser modificado nas bases da convocatoria, aínda que potencialmente poderá ser estudada no futuro.

Finalmente decídese que en base a estas modificación e aclaracións de dúbidas a convocatoria presentarase na páxina web do Fondo Galego o 2 de maio permanecendo aberta até o 30 de xuño, de non coincidir a data exacta coas convocatorias da Xunta de Galicia.

3. Sinerxias entre o Fondo e o tecido solidario para a sensibilización social. A Rede Municipalista Solidaria e o Día internacional contra a pobreza.

Daniel González dá conta de que desde o 2012 e tras proposta á Coordinadora Galega de ONGD o Fondo xogou un papel de facilitador da relación entre os Concellos e as ONGD durante o mes de outubro, arredor do Día internacional contra a pobreza do 17 de outubro, na idea repetida en varias ocasións de fortalecer o sistema galego de cooperación segundo as Liñas Estratéxicas 2011-2015.

Neste sentido explica que as sinerxias e posibilidades que ofrece a relación entre as ONGD e o Fondo son moitas para fortalecer ao sector e introducir na axenda a defensa e promoción dos DDHH universais. Desta maneira as actividades que se realizan arredor do 17 de outubro naceron coma un experimento para facer unha primeira aproximación á Rede Municipalista Solidaria, para promover catálogos de actividades amplos e pluirais nas administracións locais vinculadas a educación para o desenvolvemento, educación para a cidadanía global… ao tempo que facilitar a entrada das ONGD nas entidades socias do Fondo Galego.

Daniel González indica que é vontade do Fondo Galego repetir a experiencia no mes de outubro, xa ben sexa coa intermediación da Coordinadora Galega de ONGD ou directamente co ofrecemento do Fondo Galego ás ONGD. Gemma Filgueira, presidenta da Coordinadora Galega de ONGD comunica que si existe interese en continuar a realizar a actividade de maneira conxunta.

4. Outros asuntos.

O CMC remata sen outros asuntos ás 20:30.

Composición

ONG  Web Contacto
Agareso www.agareso.org organizacion@agareso.org
Amarante wwww.amarante.org central@amarantesetem.org
Amigos da Terra www.amigosdaterra.net cooperacion@amigosdaterra.net
Amigos Escaes Perú www.amigosescaes.es alglez@hotmail.com
Asamblea de Cooperación pola Paz www.acpp.com galicia@acpp.org
CIG www.galizacig.com/avantar/temas/internacional cig.internacional@galizacig.com
Coordinadora Galega de ONGD www.galiciasolidaria.org proxectos@galiciasolidaria.org
Da Man www.orgdaman.org daman.org@gmail.com
Implicadas no Desenvolvemento www.implicadas.com info@implicadas.com
Médicos do mundo www.medicosdelmundo.org galicia@medicosdelmundo.org
Natura Hispánica   naturaong@hotmail.com
Municipalistas por la Solidaridad www.musol.org delegaciongalicia@musol.org
Solidariedade Galega www.solidariedadegalega.org soligalega@hotmail.com
Taller de Solidariedade www.tallerdesolidaridad.org coordinacion@tallerdesolidaridad.org
     
Regulamento

Proposta de Regulamento Interno de Funcionamento do Consello Municipalista da Cooperación

Artigo 1

O Consello Municipalista da Cooperación (CMC) é un órgano de participación sectorial creado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade (FGCS) con funcións consultivas e asesoras en todas as materias relacionadas coa promoción da solidariedade e a cooperación internacional.

Artigo 2

O CMC estará integrado polas persoas nomeadas polo Presidente do FGCS, a proposta das entidades interesadas, dando conta á Comisión Executiva dos nomeamentos e ceses dos seus membros.

Artigo 3

A composición do CMC será a seguinte:

  • O Presidente do Fondo Galego.
  • Os membros da Comisión Executiva con responsabilidade en materia de: relacións coas ONGs, formación e estudios, proxectos de cooperación e secretaría.
  • Un representante por parte de cada ONG.

Así mesmo, a proposta de calquera membro do CMC, o Presidente, acreditada a necesidade, poderá convocar técnicos ás sesións, con voz e sen voto, a fin de asesorar na toma de decisións.

Artigo 4

Cada ONG poderá propoñer un membro titular e outro suplente para formar parte do CMC.

Artigo 5

Son funcións do CMC:

  • Actuar como órgano consultivo do FGCS nas materias que lle son propias.
  • Elevar ós órganos competentes do FGCS os acordos, informes, as propostas e os estudios que elabore.
  • Elaborar unha proposta de bases reguladoras para a concesión de axudas a proxectos de cooperación e solidariedade.
  • Participar no seguimento, control, supervisión e avaliación da eficacia con que se utilizaron os recursos asignados a cada proxecto.
  • Efectuar a proposta de prioridades para adxudicar os fondos económicos para a execución dos proxectos.
  • Promover dinámicas de cooperación e solidariedade en Galicia.
  • Participar nas campañas e nas accións impulsadas polo Fondo.
  • Propoñer a aprobación definitiva e/ou as modificacións deste Regulamento.

Artigo 6

O CMC terá como único órgano o Plenario do Consello que estará integrado pola totalidade dos seus membros. Para o estudio de temas puntuais e concretos relacionados cos obxectivos do CMC poderanse constituír comisións reducidas de traballo de contido específico, a petición do Presidente do Consello ou dos colectivos integrados nel. O cargo de membro do CMC non será retribuído.

Artigo 7

O Presidente do CMC terá as seguintes funcións:

  • Convocar e presidir as sesións do Consello e dirixir os debates.
  • Actuar como portavoz do Consello.
  • Velar pola busca do acordo máis amplo nas decisións e ponderar os empates co voto de calidade.
  • Convocar técnicos ás reunións do Consello para informar e asesorar cando así se decida a proposta dun mínimo de 3 membros.

Artigo 8

O Pleno do CMC reunirase en sesión ordinaria unha vez cada ano e en sesión extraordinaria sempre que a Presidencia o considere necesario ou o soliciten un mínimo de tres membros.

A Convocatoria para as sesións ordinarias farase cunha antelación mínima de quince días e irá acompañada da orde do día e, de ser preciso, da documentación pertinente. Para as convocatorias extraordinarias a antelación mínima será 48 horas.

Artigo 9

O Plenario considerarase validamente constituído cando asistan á sesión o Presidente, o Secretario, ou as persoas que os substitúan, e, como mínimo, catro membros máis. Os acordos adoptaranse por maioría simple dos membros presentes.

Artigo 10

O Secretario levantará acta de cada sesión na que figurarán os acordos e as conclusións recolléndose as incidencias que sexan procedentes para reflectir fielmente a sesión.

Artigo 11

En todo o que non estea previsto neste Regulamento, o CMC rexerase pola Lei 30/1992 de 26 de Novembro de réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

Artigo 12

O presente Regulamento entrará en vigor unha vez aprobado pola Comisión Executiva do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.