Infórmate a Fondo

O boletín de información do Fondo Galego (Infórmate a Fondo, IAF) que se edita desde o 15 de xaneiro de 1999, vive desde o número 131 un cambio de época, deixando atrás o papel para enfocarse nunha nova versión dixital máis atractiva e con novos contidos. 

Infórmate a Fondo 146

ACTUALIDADE DO FONDO

  • O goberno de Guinea-Bissau inspírase nas iniciativas galegas de desenvolvemento local
  • O Fondo Galego dinamiza o papel dos municipios nos ODS
  • A Tropa de Trapo xira con tres espectáculos de contos con valores
  • Lánzase a exposición que conmemora os vinte anos do Fondo Galego
  • Goretti Sanmartín, vogal do Fondo Galego: "As Deputacións poden ser motores para a extensión da cooperación e a solidariedade"

FONDO DE ARMARIO

  • Caderno 'Experiencias solidarias 2016'
  • Os efectos da cooperación técnica permanecen
  • Miño e A Pastoriza súmanse á rede cooperante
  • Carlos Casares, literatura e solidariedade

OS PROXECTOS EN TERREO: Deporte para previr doenzas e adiccións na mocidade mozambicana

AnexoTamaño
Descarga o boletín en PDF1.41 MB

Infórmate a Fondo 145

ACTUALIDADE DO FONDO

  • Vacacións con Traballo en Mozambique para persoal das administracións locais
  • O Fondo Galego, referente en Barcelona e Bruxelas
  • Refuxio e xénero, entre as temáticas de sensibilización no XX aniversario
  • Rocío Fraga, vogal do Fondo Galego: "Os concellos precisamos innovar nas medidas de sensibilización sobre igualdade"

FONDO DE ARMARIO

  • Localizando os ODS en Madrid
  • Rede Municipalista Solidaria en seis vilas
  • Cita na Dirección Xeral de Relacións Exteriores
  • Comisión de Cidades e Deputacións

OS PROXECTOS EN TERREO: Convocatoria en Mozambique e para ONGD galegas

AnexoTamaño
Descarga o boletín en PDF1.12 MB

Infórmate a Fondo 144

ACTUALIDADE DO FONDO

  • Adrián Irago gaña o certame Imaxes con Fondo III
  • Visita ao Norte para explicar o proxecto en Mozambique
  • Entrevista con Daniel Fernández, vogal do Fondo Galego

FONDO DE ARMARIO

  • Publicada a Memoria 2016 co resumo do ano
  • Convócase ás deputacións e concellos á Asemblea
  • 2.000 persoas achegáronse á cultura caboverdiana
  • Coñecendo Mozambique nas aulas de Moaña

OS PROXECTOS EN TERREO: Loita contra a vaga de frío que afecta ás persoas refuxiadas

A OLLADA EXTERNA: ENTREVISTA A YOLANDA CASTAÑO: "A desigual situación dos países do Sur outorga moito máis mérito a esas creadoras que se repoñen ás adversidades"

Infórmate a Fondo 143

ACTUALIDADE DO FONDO

  • Intercambio en Mozambique para promover as políticas de igualdade
  • O Fondo Galego únese á Alianza Europea de Redes Locais de Cooperación Internacional
  • Marga Figueroa, vogal do Fondo Galego: "A cooperación internacional impulsada polo Concello ten o apoio da veciñanza"

FONDO DE ARMARIO

  • Ponteareas e Cabana apúntanse á cooperación
  • Rematan os obradoiros 'Tecendo polo cambio'
  • A fotografía como ferramenta transformadora
  • Máis de 800 persoas nos contos da Tropa

OS PROXECTOS EN TERREO: Contribuíndo á recuperación dun Concello ecuatoriano tras o terremoto

A OLLADA EXTERNA: ENTREVISTA A DAVID AMOR: "No humor, a mesma temática pode resultar insultante ou converterse nunha denuncia"

Infórmate a Fondo 142

1. ACTUALIDADE DO FONDO

  • 'Imaxes con Fondo' premiará as mellores fotos e vídeos sobre interculturalidade
  • Carme Fouces, tesoureira do Fondo Galego: "Cremos na solidariedade con outros pobos desde un enfoque serio e de país"
  • Música e fotografías de Cabo Verde para promover a interculturalidade

2. FONDO DE ARMARIO

  • Catro concellos súmanse ao Fondo
  • 'Tecendo polo cambio' en Lousame
  • As nenas e nenos soldados
  • Intercambio con Portugal, Alemaña e Holanda

3. OS PROXECTOS EN TERREO: Testemuños directos desde Mozambique

4. A OLLADA EXTERNA: ENTREVISTA A SUSANA SEIVANE: "É importante apoiarmos a xente que, aínda que non nacera aquí, é tan galega coma nós"

Infórmate a Fondo 141


Infórmate a Fondo 141

1. ACTUALIDADE DO FONDO

  • O novo plan de actividades do Fondo Galego xa está en marcha
  • Teresa París, vicepresidenta do Fondo Galego: "Hoxe temos un Fondo Galego máis unido e comprometido do que xa estaba hai catro anos"
  • A presidenta da Rede de Autarcas Mozambicanas entrevístase con alcaldesas galegas 
  • Persoal municipal cooperará en Mozambique e Cabo Verde nas Vacacións con Traballo

2. FONDO DE ARMARIO

  • O concello de Cambados reincorpórase ao Fondo Galego
  • Seminario Europeo de Educación para o Desenvolvemento
  • Chamamento á solidariedade con Ecuador
  • Sae do prelo a Memoria 2015
  • Nova exposición fotográfica sobre Nicaragua
  • Os efectos da cooperación na vida das persoas

3. OS PROXECTOS EN TERREO: Reconstrución dun centro sanitario saharauí

4. A OLLADA EXTERNA: ENTREVISTA A CAXADE "O importante é contar con cidadanía crítica que pase da teoría á práctica"

Infórmate a Fondo 140

1. ACTUALIDADE DO FONDO

  • As novas liñas estratéxicas inciden na incorporación de máis concellos
  • Juan González, presidente do Fondo Galego: "A solidariedade internacional é posible dende o concello máis pequeno ao máis grande de Galicia
  • O voluntariado como ferramenta de aprendizaxe mutua
  • Ali Ali, atista sirio: "A única solución é que Estados Unidos e Europa quiten a man de Oriente Medio"

2. FONDO DE ARMARIO

  • Remata a xira 'Ti tamén contas' da Tropa de Trapo
  • A Rede Municipalista Solidaria reuniuse en seis vilas

3. OS PROXECTOS EN TERREO: A prol da saúde materno-infantil en Mozambique

4. A OLLADA EXTERNA: ENTREVISTA A LUCÍA REGUEIRO: "A cooperación non é un concepto abstracto, cobra sentido con cada vida individual que gaña novas opcións"

AnexoTamaño
IAF nº140, número 9 da era dixital1.71 MB

Infórmate a Fondo 139

1. ACTUALIDADE DO FONDO

  • A Executiva do Fondo Galego renóvase con Nigrán na presidencia
  • Persoal de seis concellos coopera con Nicaragua e Cabo Verde nas Vacacións con Traballo
  • Declaración institucional diante da crise migratoria e de persoas refuxiadas

2. FONDO DE ARMARIO

  • Foro sobre o dereito á auga con ESF
  • Depuración biolóxica das augas residuais
  • Apoio da Xunta en 2015 e compromiso para 2016
  • Chegas as Xornadas Anuais de Cooperación

3. OS PROXECTOS EN TERREO: Van rematando as intervencións con ONGD

4. A OLLADA EXTERNA: ENTREVISTA A SES: "O feminismo propugna a igualdade entre homes e mulleres. É ridícula a fobia terminolóxica"

AnexoTamaño
IAF nº139, número 8 da era dixital1.26 MB

Infórmate a Fondo 138

1. ACTUALIDADE DO FONDO

  • Felipe Carnotto retrata Nicaragua como gañador do certame 'Imaxes con Fondo'
  • Misións técnicas a Cabo Verde e Nicaragua
  • Participantes nas Vacacións con Traballo reflexionan sobre a cooperación

2. FONDO DE ARMARIO

  • Encontros de cooperativas con ASF
  • Tecendo polas mulleres peruanas
  • Curso de biofiltros para depurar a auga
  • Regresan os ciberencontros #Alén2015

3. OS PROXECTOS EN TERREO: Cooperación directa en Cabo Verde

4. A OLLADA EXTERNA: ENTREVISTA A NAJLA SHAMI: "O consumo responsable é a arma máis potente que temos fronte a Israel"

AnexoTamaño
IAF nº138, número 7 da era dixital2.71 MB

Infórmate a Fondo 137

1. ACTUALIDADE DO FONDO

  • Causas Comúns tende pontes con Guinea Bissau a través das imaxes de Gabriel Tizón
  • Triplícanse as prazas para cooperar co Sur polo X aniversario das Vacacións con Traballo
  • Supervisión sobre o terreo dos proxectos en Mozambique
  • O Fondo Galego mitiga coa UNRWA o trauma psicolóxico das nenas e nenos de Gaza

2. FONDO DE ARMARIO

  • A Asemblea aproba o Plan para 2015
  • 'Ti tamén contas' en 24 concellos
  • Regresan os ciberencontros #Alén2015
  • ACPP sensibiliza en prevención de desastres

3. OS PROXECTOS EN TERREO: Progresos nas seis actuacións no Sur

4. A OLLADA EXTERNA
ENTREVISTA A GONZO: "Pola noite, ou fas rir á audiencia ou non é doado que queira seguir escoitando como lle están a roubar"
 

AnexoTamaño
IAF nº137, número 6 da era dixital2.19 MB

Infórmate a Fondo 136


1. ACTUALIDADE DO FONDO

  • O futuro dos Obxectivos do Milenio a debate nas IX Xornadas
  • Felipe Carnotto gaña o concurso Imaxes con Fondo retratando a pesca artesanal
  • O ébola centra o último dos doce encontros dixitais #Alén2015

2. FONDO DE ARMARIO
  • 'Comunicando comunidades' nos institutos
  • Obradoiro de compostaxe en Manzaneda
  • Presentación ante a rede portuguesa
  • Debate sobre as novas competencias
3. OS PROXECTOS EN TERREO: Cooperación con ONGD na India e Latinoamérica

4. A OLLADA EXTERNA
ENTREVISTA A IRENE LOURIDO: "Os  medios deben axudar a crear cidadáns críticos, comprometidos e activos"

AnexoTamaño
IAF nº136, número 5 da era dixital1.68 MB

Infórmate a Fondo 135

1. ACTUALIDADE DO FONDO

  • O Fondo Galego apoia a reconstrución de Gaza e Filipinas e cofinancia seis novos proxectos de ONGD
  • Intercambio de experiencias sobre educación para o desenvolvemento en Holanda
  • Rematan as Vacacións con Traballo

2. FONDO DE ARMARIO

  • Xornadas de Cooperación #Alén2015
  • Votación online de Imaxes con Fondo
  • Recta final dos encontros dixitais
  • Día contra a Pobreza
  • Convenio coa Xunta de Galicia
  • Canle de audios en Ivoox

3. OS PROXECTOS EN TERREO: Rematan as actuacións e continúa a sensibilización

4. A OLLADA EXTERNA: 
ENTREVISTA A MARÍA MERA: "Posicionarse ten represalias, por iso hai medo, e máis no caso do conflito israelí-palestino"

AnexoTamaño
IAF nº135, número 4 da era dixital2.34 MB

Infórmate a Fondo 134

1. ACTUALIDADE DO FONDO

  • O Fondo Galego e o Concello de Vigo fomentan alternativas económicas en Cabo Verde e Nicaragua
  • Técnicas municipais de Pontevedra e Allariz cooperarán en países do Sur
  • Estréanse as clases maxistrais e os obradoiros de fotografía social

2. FONDO DE ARMARIO

  • Ecuador dos ciberencontros #Alén2015
  • Suscrición á nova newsletter
  • Xuntanza do proxecto europeo en Lisboa
  • Xornada da Confederación de Fondos en Madrid
  • Revista Galega de Educación dedicada a ED
  • Continúa a xira da Tropa de Trapo

3. OS PROXECTOS EN TERREO: Actividades no Sur e sensibilización en Galicia

4. A OLLADA EXTERNA:
ENTREVISTA A MARIANA CARBALLAL: "Fomos un pobo emigrante que sufriu desigualdades e inxustizas. Non deberiamos esquecelo"

AnexoTamaño
IAF nº134, número 3 da era dixital2.02 MB

Infórmate a Fondo 133

1. ACTUALIDADE DO FONDO

  • Cabo Verde convida a Galicia a consolidar a relación entre os dous países
  • A Fegamp e o Fondo Galego renovan o seu acordo de colaboración
  • O Plan 2014 preséntase ante a RMS e en Asemblea
  • Doce encontros dixitais para avaliar os Obxectivos do Milenio
  • Os audios dos obradoiros de radio e Dereitos Humanos xa están dispoñibles
  • A doazón para Filipinas destínase a tendas para 1.000 familias

2. FONDO DE ARMARIO

  • 'Redes para o desenvolvemento II' xa está en marcha
  • Concurso Imaxes con Fondo e obradoiros fotográficos
  • Publicación da memoria
  • Vacacións con Traballo en Nicaragua e Cabo Verde

3. OS PROXECTOS EN TERREO: Arrancan os proxectos con ONGD en Mozambique, El Salvador e Cuba

4. A OLLADA EXTERNA:
ENTREVISTA A HELENA VILLAR JANEIRO: "A Rosalía máis contextualizada no seu país e no seu tempo ten hoxe valor pleno nun mundo convulso"

AnexoTamaño
IAF nº133, número 2 da era dixital5.9 MB

Infórmate a Fondo 132 - Especial Cabo Verde

1. ACTUALIDADE DO FONDO

  • A Irmandande Galicia-Cabo Verde conectará os dous países entre o 9 e o 14 de decembro
  • A Asemblea xeral de socios resolve a convocatoria de proxectos para ONGD
  • O Fondo Galego celebra no Día dos Dereitos Humanos unhas xornadas centradas na comunicación
  • Cabo Verde tras o obxectivo de Rober Amado

2. FONDO DE ARMARIO

3. OS PROXECTOS EN TERREO: Visión xeral ao desenvolvemento de 2013

4. A OLLADA EXTERNA: ENTREVISTA A UXÍA SENLLE “Desde a lingua galega téndense pontes que nos achegan a culturas emerxentes, á vez que sitúan a nosa no mundo”

AnexoTamaño
IAF nº132, número 1 da era dixital1.64 MB

Infórmate a Fondo 131

  1. ACTUALIDADE DO FONDO

    • Xa está aberta a convocatoria de proxectos 2013
    • Persoal de Ourense e Ferrol cooperará coas Vacacións con Traballo
    • Nace en Portugal a Rede Intermunicipal de Cooperaçao
    • Rober Amado destino Cabo Verde: Entrevista ao gañador de Imaxes con Fondo
  2. FONDO DE ARMARIO
  3. OS PROXECTOS EN TERREO: As intervencións na India e Centroamérica entran na súa última fase.
  4. A OLLADA EXTERNA: ENTREVISTA A VERÓNICA BOQUETE “SOMOS MODELOS SOCIAIS E TEMOS RESPONSABILIDADES PARA CAMBIAR AS COUSAS”
 
 

1. Xa está aberta a convocatoria de proxectos 2013

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade destina este ano un mínimo de 70.000 euros a proxectos dos axentes galegos de cooperación nos países do sur a través dunha convocatoria de subvencións que permanecerá aberta ata o 31 de agosto. Amais de incrementar o orzamento total da convocatoria que podería chegar até os 100.000€ en función da calidade dos proxectos presentados, ascende a 30.000 euros o máximo posible da achega por proxecto. O requisito de realizar unha actividade de sensibilización vinculada ao proxecto presentado en Galicia é outra das novidades.
Terán preferencia as intervencións nos países menos adiantados, naqueles prioritarios para o Fondo Galego (Cabo Verde, Cuba, Nicaragua e Perú), nos países lusófonos e nos sinalados no II Plan Director da Cooperación Galega. Amais incorpóranse enfoques transversais coma a loita contra a pobreza, os Dereitos Humanos, a igualdade de xénero e a protección do medio ambiente.
O ámbito de actuación deberá estar vinculado co eido local. Os parceiros locais han de responsabilizarse da execución, que contará coa participación das persoas beneficiarias. Ao tempo, as organizacións solicitantes teñen que acreditar dous anos de presenza real en Galicia e outros tantos de experiencia no país e no sector de destino.
Podes consultar as bases da convocatoria no seguinte enlace: http://www.fondogalego.org/web/ano_2013_convocatoria
Consello Municipalista da Cooperación
A Comisión Executiva do Fondo Galego presentou as bases ante o Consello Municipalista de Cooperación, órgano consultivo ao que están convidadas as organizacións non gobernamentais, sindicatos e demais axentes do sector. Na xuntanza mantida o 4 de xullo incorporáronse asemade boa parte das alegacións presentadas pola Coordinadora Galega de ONGD. No transcurso do encontro analizáronse tamén posibles sinerxías entre o Fondo Galego e o tecido solidario en materia de sensibilización, especialmente na organización de exposicións e outras actividades arredor do Día Internacional para a Erradicación da Pobreza, que se conmemora o 17 de outubro.
 

2. Nace en Portugal a Rede Intermunicipal de Cooperaçao asesorada polo Fondo Galego

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade vén de apoiar a creación da Rede Intermunicipal de Cooperaçao ao Desenvolvemento en Portugal, integrada por trece municipios lusos para traballar dun xeito máis estruturado e eficaz na loita contra a pobreza nos países de lingua oficial portuguesa. O proceso de constitución da rede contou co expertise do Fondo Galego a través de ‘Redes para o desenvolvemento’, un proxecto cofinanciado pola Unión Europea no que tamén se asesorou a entidades alemás.
Os municipios de Amadora, Faro, Grândola, Loures, Maia, Marinha Grande, Miranda do Corvo, Moita, Odivelas, Oeiras, Palmela, Seixal e Setúbal formalizaron a mediados de marzo a Rede Intermunicipal de Cooperaçao ao Desenvolvemento, tras tres anos de sensibilización e capacitacións nas que o Fondo Galego de Cooperación achegou a súa experiencia de tres lustros no sector. O Instituto Marquês de Valle Flôr foi quen concibiu o proxecto, que tamén implicou a ONGD alemá Fine+p.
‘Redes para o desenvolvemento’ apostou pola xeración de sinerxías como estratexia para reducir a pobreza e avanzar na consecución dos Obxectivos do Milenio, á vez que se creaban novas canles de comunicación entre autoridades locais a nivel estatal e internacional. De feito, o obxectivo específico consistía en reforzar o papel das autoridades locais portuguesas e alemás como axentes activos da cooperación para o desenvolvemento. Para acadar os resultados agardados, organizáronse seminarios, presentacións, obradoiros, debates, etc.
Seminario internacional en Lisboa: Novas parcerías novas alianzas.
A presidenta do Fondo Galego, Teresa París, e a tesoureira, Pilar Gallego, desprazáronse a mediados de maio a Lisboa para asistir á xornada de conclusións, onde o secretario da asociación, Daniel González Palau, expuxo o papel do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi) como Secretaría Técnica. Participou asemade no Seminario Internacional de Cooperación Descentralizada ‘Novos desafíos, novas parcerías’ para moderar o debate sobre ‘Oportunidades na cooperación triangular’, unha modalidade que promove alianzas entre tres países con distinto nivel de desenvolvemento nas que o intercambio e o coñecemento gañan relevancia.
 

3. Persoal dos concellos de Ourense e Ferrol cooperará coas Vacacións con Traballo

O técnico de Turismo do Concello de Ourense Emilio Cuiñas e a directora da casa de acollida de mulleres do Concello de Ferrol, María Jesús Olivares, son as persoas elixidas para participar este ano en Vacacións con Traballo, o programa de voluntariado internacional dirixido ao persoal das administracións locais e provinciais socias do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Cuiñas colaborará en Nicaragua co proxecto turístico liderado polo Instituto de Promoción Humana-Somoto, mentres que Olivares  cooperará en Cabo Verde coa Cámara Municipal do Porto Novo na promoción da igualdade de xénero.
A Comisión Executiva do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade resolveu a comezos de xullo o proceso de selección, que contou con nove candidaturas doutros tantos municipios e no que resultaron suplentes Carmen Nieto, administrativa do Concello de Cambre, e Serezábel Rodríguez, empregada dos Servizos Sociais do Concello de Bergondo. No derradeiro trimestre do ano realizaranse os desprazamentos a terreo deste programa de sensibilización que promove o intercambio de coñecementos cos parceiros do Fondo Galego nos países empobrecidos.
Encontro dixital e caderno de experiencias 2012
A oitava edición de Vacacións con Traballo presentouse oficialmente en Vigo o 3 de xuño, nunha rolda de prensa encabezada polo alcalde da cidade, Abel Caballero, na que tamén participou a concelleira de Política de Benestar e vicepresidenta do Fondo Galego, Isaura Abelairas. Catro días despois celebrábase ademais un encontro dixital con Diego Sánchez, que en 2011 participou deste programa como técnico de Turismo do Concello de Castrelo de Miño. O ourensán respondeu en tempo real ás preguntas formuladas nas redes sociais sobre a súa colaboración co Inprhu-Somoto en Nicaragua (pódese consultar en: http://www.fondogalego.org/web/node/1431) .
Está dispoñible ademais a publicación dixital que recompila os testemuños das catro técnicas que en 2012 investiron o seu mes de vacacións colaborando en Nicaragua, Cabo Verde e Cuba: Lucía González (Concello de Ourense), Cristina Santos (Concello de Malpica), Cristina Vázquez (Concello de Soutomaior) e Sara Besada (Concello de Vilagarcía). A través de textos e fotografías, as catro memorias achégannos a sociedades diferentes e aos valores da cooperación para o desenvolvemento (pódese consultar en: http://www.fondogalego.org/web/sites/default/files/files/compartir/VCT2012.pdf).
 

4. Rober Amado, gañador do concurso fotográfico ‘IMAXES CON FONDO’

“No caso de estar coa auga ata o pescozo, gustaríame que alguén contase a miña historia”
Logo de resultar gañador do concurso fotográfico Imaxes con Fondo, o fotoxornalista Rober Amado ultima os preparativos da súa próxima viaxe a Cabo Verde, onde estará durante o mes de outubro para dar testemuña dos proxectos realizados pola entidade municipalista no país lusófono. Aos seus 28 anos, este ferrolán defínese como “buscador de historias persoais” ás que lles pon cara e voz “porque podo, tamén porque debo”, sinala, e por coherencia ética: “No caso de estar coa auga ata o pescozo, gustaríame que alguén contase a miña historia”. 
Para Imaxes con Fondo, escolleu a especulación alimentaria como tema principal das súas instantáneas, atendendo á inxusta política de prezos existente entre produtores e distribuidores. Este non é o único certame que figura no currículo de Amado. Entre outros galardóns, vén de recibir o Tiflos 2013 da Once na categoría de Xornalismo Dixital xunto á xornalista María Sanz.
- Por que decidiches participar en Imaxes con Fondo?
Para ser honestos, participo regularmente en concursos, tanto sobre fotografía coma xornalismo. Porén, escollo aqueles que se axeitan á filosofía que persigo.
- A especulación é o tema central do traballo que presentaches ao certame. Que che levou a escoller este asunto?
Porque foi una realidade que se me presentou diante. Estaba traballando para un periódico coma redactor en Lalín, e decateime, nun período moi curto, de que esas fases dábanse de cando en vez. Vin a xente traballar coas súas mans produtos que logo non lles daban beneficios, vin a xente manifestarse para mellorar as súas condicións de vida, por manter una política de prezos que se axustase aos gastos, por una defensa do agro e da Galicia rural; e máis tarde, coma un mes despois, chegaban as caixas de comida doadas pola UE para abastecer aos máis necesitados. Coido que ás veces un mesmo, cando comeza a pensar en temas para traballar, o primeiro que lle vén á cabeza son cousas distantes, que só con pensalas soan interesantes. Pero dinme conta de que diante de nós temos unha realidade á que non podemos darlle as costas.
- Como afrontas a túa próxima viaxe a Cabo Verde?
Coma un reto profesional e persoal enorme. Dende mozo, sempre tiven a idea de traballar fóra nestes temas. Agora o Fondo Galego dáme a oportunidade de facelo, e penso que é unha ocasión única que non podo desaproveitar.
- Que traballo fotográfico dos que realizaches até hoxe te marcou máis a nivel persoal?
En maior ou menor medida, todos os traballos que saen dun mesmo te marcan. Marcáronme sempre todas as persoas coas que traballei ao longo dos anos como voluntario da Cruz Vermella, por exemplo. Sen dúbida, o que máis me cambiou foi o traballo que fixemos a miña compañeira María Sanz e máis eu coa xente con dano cerebral adquirido. Non foi polo tema, senón pola circunstancia. Estabamos en Barcelona, case sen cartos, estudando e facendo traballos por catro duros, e quixemos manter o noso compromiso coa función pública que ten o sermos xornalistas. Pero decatámonos de que, malia as dificultades, o único que importa é a integridade. Aprendes máis da xente coa que traballas que eles de ti, e dáste conta de que a túa función é estar presente para despois darlle difusión.
- Os teus proxectos vincúlanse moitas veces á cooperación ou colectivos minoritarios. Que che aportan estas cuestións para que decidas centrar a túa carreira profesional nestes eidos?
A miña nai dicíalles aos meus colegas do instituto que o seu fillo era un rebelde porque pensaba que algún día faría algo importante que axudaría ao mundo. Sempre souben que esas palabras eran cousa do amor de nai, pero si que é ben certo que por outra cousa non me interesei. Sempre fun cotilla, e metín os fociños en todos os lugares. Estudei socioloxía para comprender mellor o que me rodeaba, pero sentín un certo rexeitamento por parecer demasiado afastado da rúa. Logo púxenme a traballar na cooperación, pero non me chegaba con traballar con xente. Eu quería contar as súas vidas. Quizais porque o único que fago ben é escoitar. E a xente fala polos cóbados, e eu gravo. Creo que dende a miña posición privilexiada, non só é unha necesidade, é tamén unha obriga. Porque podo, tamén porque debo. No caso de estar coa auga ata o pescozo, gustaríame que alguén contase a miña historia.
- Que meta te marcas no teu futuro máis próximo?
Agora estou a traballar con moita xente en varios proxectos por todo o continente, porque esa xente que tiñamos ganas de contar historias andamos repartidos por todo o mundo. No meu caso, ando a seguir buscando detrás dos números que hai no terceiro sector. Ademais, estou metido nun traballo moi longo na miña cidade natal, Ferrol, cos afectados pola exposición ao amianto nos estaleiros, nun grupo de investigación social que traballa varias temáticas dende unha perspectiva multidisciplinar: xornalismo, sanidade, dereito, laboral, etc. E se todo vai ben, se cadra gaño algo para as facturas e para seguir traballando nisto ata que o corpo aguante. Que merece a pena intentalo.
Podes consultar o traballo de Rober Amado en: http://roberamado.wordpress.com/
 

FONDO DE ARMARIO

 ‘O Fondo Galego: compromiso coa solidariedade’

Agareso e o Fondo produciron entre o 2011 e o 2012 o documental ‘O Fondo Galego: compromiso coa solidariedade’, coma presentación audiovisual dos 15 anos de traballo da entidade; amosando as súas distintas dimensións de traballo: os proxectos impulsados en Cabo Verde, Cuba e Nicaragua, mais tamén as actividades de sensibilización realizadas en Galicia; amais de explicar a razón de ser da entidade. O Concello de Pontevedra acolleu o 22 de abril a presentación da versión definitiva do audiovisual, que está dispoñible para proxectar noutras vilas e mesmo emitir nas televisións locais. Podédelo ver na Canle de Youtube do Fondo Galego: http://www.youtube.com/fondogalego

Nova xira de 'Antía, Wamba e o regato pequeno'

A Tropa de Trapo iniciou a nova xira do conto solidario 'Antía, Wamba e o regato pequeno' coincidindo co Día do Libro, que se conmemora o 23 de abril. Tras o interese que en 2012 espertou por toda Galicia, a proposta ideada para o Fondo Galego volve percorrer este ano vinte concellos socios da entidade: Porto do Son, Moraña, Tomiño, Laxe, Riveira, Teo, Caldas de Reis, Burela, Culleredo, Bergondo, Valga, Corcubión, Cuntis, Monforte, Fene, Poio, Nigrán, Narón, Carballo e Pontedeume. Consulta na axenda para saber se aínda os podes ver http://www.fondogalego.org/web/axenda

O Concello de Lugo estrea a exposición ‘Imaxes con Fondo’

A exposición 'Imaxes con Fondo', xurdida do concurso fotográfico do mesmo nome, estreouse o 21 de maio no marco do VI Encontro das Culturas organizado polo Concello de Lugo, que tamén incluíu a proxección do documental ‘O Fondo Galego: compromiso coa solidariedade’. A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, inaugurou no Centro de Convivencia de Fingoi esta mostra que reúne 19 obras que apostan polas condutas solidarias e respectuosas coa contorna e coas persoas que nela habitan.

O Fondo Galego fica integrado por 91 socios tras a Asemblea xeral

O Fondo Galego de Cooperación quedou conformado por 89 concellos e mais as deputacións da Coruña e Lugo tras a primeira Asemblea xeral do ano, na que se ratificaron as baixas solicitadas pola Deputación de Ourense e os concellos de Cambados, Samos, Monterroso, Melide e Entrimo. No encontro, celebrado o 29 de abril en Santiago de Compostela, a Executiva presentou o informe de situación ‘Somos os que estamos’. O balance económico de 2012 aprobouse por unanimidade e expúxose o plan de acción para o ano en curso, que pese a non contar co convenio de sensibilización que se asinaba coa Xunta de Galicia desde o ano 2000, propón un intenso calendario de actividades.
Podes consultar quenes son os que están, os socios do Fondo Galego: http://fondogalego.org/web/entidadessocias
 

OS PROXECTOS EN TERREO

As intervencións apoiadas na India e en Centroamérica entran na última fase

A convocatoria aberta para axentes galegos de cooperación do 2012 deu como resultado o financiamento de catro proxectos de ONGD galegas ou con presenza en Galicia: Amigos da Terra, Enxeñería sen Fronteiras, Implicadas no Desenvolvemento e Taller de Solidaridad. Nicaragua, Honduras e India son os países onde actualmente continúan a desenvolverse estes catro proxectos de cooperación ao desenvolvemento que se enmarcan en diferentes sectores de actuación: biodiversidade, xestión integral do recurso hídrico, vivenda e participación democrática, respectivamente.
A nota común que une as catro iniciativas é o traballo feito en coordinación e colaboración coas autoridades municipais  locais para promover o bo goberno, o fortalecemento das institucións locais e a participación democrática da cidadanía. Os proxectos, iniciados a finais do 2012 ou principios do 2013, darán remate nesta segunda metade do ano, polo que xa son moitas as actividades realizadas ata o de agora.
De xeito paralelo, púxose en marcha un intenso plan de visibilización dos proxectos de cooperación ao desenvolvemento, que inclúe a actualización periódica do seu estado tanto na web coma nas redes sociais e mesmo álbums fotográficos en Facebook. Ao tempo, enviáronse notas de prensa aos medios de comunicación, nomeadamente aproveitando a conmemoración dos días mundiais relacionados, que deron lugar a varias entrevistas. Tamén se lles facilitou ao persoal responsable da comunicación nas deputacións e concellos socios os modelos para difundir o seu apoio aos países empobrecidos.

Nicaragua: Amigos da Terra

A ONGD Amigos da Terra puxo en marcha en xaneiro deste ano un proxecto para contribuír ao desenvolvemento sostible de dúas áreas protexidas do Golfo de Fonseca, en Nicaragua, que ascende a 54.500 euros e conta cunha achega do Fondo Galego de 20.000 euros. Nos primeiros seis meses, leváronse a cabo actividades de identificación, apoio, avaliación e formación dos Comités de Manexo Colaborativos das dúas áreas, conformados polos actores locais, os gobernos municipais e os lideres e lideresas das comunidades.
Entre estas actividades destaca o ‘Taller de futuro’ con representantes de todos os CMC para identificar os principais problemas e tratar de atopar de xeito democrático e participativo as solucións mellor acaídas. A intervención rematará en outubro e para entón estarán elaborados os plans operativos das dúas áreas protexidas, os CMC ficarán equipados e a poboación amosará meirande sensibilidade no respecto medioambiental.

Honduras: Enxeñería sen Fronteiras

Enxeñería sen Fronteiras está a desenvolver un proxecto en Honduras para fortalecer as capacidades de xestión dos recursos hídricos do persoal técnico da municipalidade de Marcovia. A iniciativa, de nove meses de duración, rematará en agosto e está orzamentada en 23.800 euros, dos que o Fondo Galego achega en torno a 18.000 euros.
O proxecto ten como obxectivo o fortalecemento institucional da alcaldía de Marcovia, en base a dous piares: elaborar o plan de xestión da auga na comunidade de Monjarás e mellorar o aproveitamento dos recursos informáticos por parte da alcaldía para aumentar a calidade do seu traballo diario. Nos sete meses de execución levouse a cabo a planificación e levantamento de datos, verificando que os datos de poboación do INE de Honduras estaban desactualizados, e comezouse a introducilos nunha aplicación informática que agora se empregará tamén para outras xestións. Na actualidade e ata a fin do proxecto, estase a formar o persoal municipal para o procesamento destes datos. Resta ademais analizar os resultados e compartilos coas autoridades locais e coa comunidade.

India: Implicadas no Desenvolvemento

A ONGD Implicadas no Desenvolvemento continúa coa execución do proxecto a prol da emancipación social e participación política das mulleres en Tiruchy (Támil Nadu-India). A intervención, de 12 meses de duración,  rematará en outubro e ascende a 8.500 euros, sendo a achega do Fondo Galego de 6.700 euros. O proxecto incide no empoderamento das mulleres, facendo fincapé nas interaccións entre a situación de pobreza rural e urbana e tamén na necesidade de abordar a discriminación de xénero como primeiro paso cara o desenvolvemento.
Ao longo destes meses realizáronse varias das actividades planificadas que inciden na concienciación dos homes en materia de igualdade e na sensibilización e capacitación das mulleres en xénero e participación política. Así mesmo, foron formados e constituídos os grupos de  voluntariado de xénero (denuncia e sensibilización) nos quince suburbios que atinxe o proxecto e capacitouse laboralmente a mulleres na elaboración de felpudos a partir de telas usadas, bixutería e compresas hixiénicas. A iniciativa segue adiante para reducir as barreiras de participación social das donas e para incrementar a sensibilización e información das mulleres dos suburbios sobre o marco político existente e as formas de participación. 

Nicaragua: Taller de Solidariedade

O outro proxecto desenvolvido en Nicaragua corre da man da ONG Taller de Solidariedade, que xunto co Inprhu-Somoto está a mellorar as condicións de habitabilidade e salubridade de seis familias chorotegas en La Muta (Totogalpa), cun custe de 38.000 euros dos que o Fondo achega 17.000 euros. A iniciativa busca mellorar as condicións de vida coa rehabilitación das casas e con capacitacións sobre saúde e hixiene, agricultura biolóxica e rehabilitación e mantemento de vivendas. O proxecto, para o que se solicitou unha prórroga de tres meses sobre a planificación inicial (nove meses en total), tiña previsto iniciar as obras en novembro do 2012, mais quedou á espera dunha posible subvención extra por parte do Instituto Nicaraguano de Vivenda (INVUR) para ampliar a oito as casas rehabilitadas. Con todo, non se conseguiu o devandito apoio. 
Ata a data, realizáronse obradoiros sobre rehabilitación de vivendas, saúde e hixiene e agricultura orgánica. Na actualidade están en marcha as obras. A intervención virá a mellorar as condicións de saúde da poboación beneficiaria e tamén a elevar a súa autoestima, ao contar cun espazo digno e sen perigo no que desenvolver a súa vida.
 

A OLLADA EXTERNA

VERÓNICA BOQUETE, FUTBOLISTA
“Cada vez hai máis equipos femininos, estase avanzando pero o camiño é longo”

A compostelá Verónica Boquete convertiuse en todo un referente do deporte femenino especialmente nos últimos dous anos, mais cunha traxectoria espectacular desde ben pequena. Se en 2011 resultou elixida mellor xogadora da liga estadounidense, en 2012 gañaba o campionato sueco co Tyresö FF, o seu equipo actual. Aos seus 26 anos, a futbolista destaca non só polo seu xogo sendo recoñecida como a mellor xogadora de fútbol galego e español da historia, senón tamén pola súa actitude solidaria.
- Vés de lanzar os produtos da marca ‘Vero Boquete’, coa que donas parte dos beneficios á ONG Mi Perú. Cres que é unha obriga dos personaxes públicos levar a cabo accións solidarias?
Non penso que sexa unha obriga, pero si que debemos ter en conta que somos "modelos” sociais e que chegamos a moita xente. Iso danos forza e penso que temos a responsabilidade de usala para cambiar cousas.
- Hai uns meses iniciabas en Change.org unha petición para que os videoxogos de fútbol FIFA inclúan a xogadoras. Que outras medidas reclamarías para visibilizar o fútbol feminino?
O maior reclamo debe ser o noso fútbol, pero é difícil ter un fútbol de nivel cando apenas contas con apoios e o único que atopas son trabas. Esta petición e unha maneira máis de traballar pola igualdade desde a educación e o xogo; pais, nais, fillos e fillas poden xogar a este videoxogo no que deberían ver máis igualdade. Ademais reclamaría un meirande apoio federativo, institucional, dos clubs, dos medios de comunicación... Todos temos a nosa parte de traballo para difundir, fomentar e mellorar o noso deporte.
- “De pequena adestraba cos meus compañeiros, pero nos partidos deixábanme no banco por ser nena", di unha das frases que escribes nesa mesma petición online. É unha actitude discriminatoria que se atenuou ou que se acentuou a medida que avanzaba a túa carreira futbolística? Cónstache se as nenas que hoxe en día comezan a xogar sofren as mesmas dificultades?
Iso sucedeu no meu primeiro ano, con so 6 aniños. Había unha norma que prohibía xogar as nenas cos nenos, polo que eu ía a adestrar e aos partidos pero non podía saltar ao campo. Grazas á loita de meu pai e do club conseguiuse cambiar iso e desde aí as trabas serían outras, pero ninguén nin nada puido prohibirme gozar do fútbol. Na actualidade as nenas poden xogar cos nenos hasta certa idade e cada vez hai máis equipos femininos. Estase avanzando pero o camiño e longo.
- Xogaches en Estados Unidos, Rusia e agora en Suecia. A que motivo de fondo atribúes a falta de apoio ás categorías femininas de fútbol e doutros deportes na nosa contorna? Que deberiamos aprender neste senso desoutros países?
A cultura deportiva é moi diferente. En España e en Galicia temos a cultura de ir ver os eventos deportivos, de ir ao bar, de ler os xornais... Pero non temos ese apoio e esa constancia que teñen noutros países. En USA, ser deportista é un orgullo para todo aquel que te coñece, sentes o respecto de todos e tes todo o que necesitas para evolucionar e ser o mellor posible. Rusia sempre tratou moi ben aos seus deportistas e de aí os seus numerosos éxitos. E Suecia ademais do deporte ten a mentalidade da igualdade. Deberiamos aprender a dar o apoio necesario aos deportistas, a axudalos nos seus retos, a acompañalos e seguilos, porque non so se trata de deporte, son valores de vida, principios que deberíamos ter moi presentes e que quizás nos axudarían a endereitar a situación do noso país.
- Tes compartido vestiario con futbolistas de diversas nacionalidades, que che aporta esa interculturalidade?
É fantástico, poder achegarte a outras culturas, a outras formas de ver e entender a vida, a outras linguas, outra historia... Enriquéceche moito como persoa e axúdache a respectar, a valorar cousas e a entender moitas outras.
- Van xa dúas edicións do Campus Vero Boquete en Santiago de Compostela, que valores pensas que o deporte pode fomentar nas nenas e nos nenos?
Un senfín deles.. Esforzo, constancia, responsabilidade, respecto, positividade, amizade, unión.. Todo iso e mil cousas máis que podes traballar e inculcar mediante o xogo, mediante a diversión.
- E por último, centrándonos no ámbito da cooperación para o desenvolvemento, que lle dirías a alguén que desbota a cooperación internacional, que cree que non son tempos para apoiar os países empobrecidos?
Que todos temos a responsabilidade de facer do planeta un sitio mellor, que se temos a sorte de estar no lado “bo” debemos colaborar e axudar os que non teñen esa sorte, e tamén que non hai nada que che faga sentir mellor que axudar e cooperar con outra xente, así que aínda que sexa por un motivo egoísta deberiamos facelo.

Podes descarregar aquí o IAF nº131, número 0 da era dixital

 

AnexoTamaño
IAF nº131, número 0 da era dixital2.24 MB

Infórmate a Fondo 130

Xaneiro - Febreiro - Marzo 2013

Índice

1. A Asemblea xeral de socios activa as actividades do ano

2. Avanzan os proxectos en Nicaragua, Honduras e India

3. As Vacacións con Traballo en Cuba enfocáronse á reconstrución tras o Sandy

4. Récord de actividades no ano do 15º aniversario

5. A Confederación de Fondos impulsa o compromiso de Valencia

6. Fondos Destacados

  • Fast food nation
  • Píldoras azules
AnexoTamaño
Descarga aquí o pdf do boletín3.96 MB

Infórmate a Fondo 129 - Especial UE

Novembro - Decembro 2012

Índice

1. A nosa andaina en Europa: Networking for development

2. Entrevista a Hermínia Ribeiro, IMVF

3. Entrevista a Petra Schmettow, Fine+P

4. Entrevista a Teresa París, Fondo Galego

5. Entrevista a Xulio Ríos, Igadi

6. Galería gráfica

AnexoTamaño
Descarga aquí o pdf do boletín2.53 MB

Infórmate a Fondo 128

Setembro - Outubro 2012

Índice

1. O Fondo Galego celebra 15 anos de compromiso local coa solidariedade internacional

2. O Fondo Galego cofinancia proxectos propios e de ONGD en Nicaragua, Honduras, Cuba e India

3. O Fondo Galego comparte en Alemaña a súa experiencia de cooperación con Nicaragua

4. Encontro histórico de Vacacións con Traballo e viaxes ao Sur

5. Gabriel Tizón, Carlos Puga e Sonia Daponte xulgarán as fotografías do concurso 'Imaxes con Fondo'

6. Nova Directiva da Confederación

7. Fondos Destacados

  • Galicia solidaria
  • Moolaadé
AnexoTamaño
Descarga aquí o pdf do boletín3.49 MB

Infórmate a Fondo 127

 Xullo-Agosto 2012

Índice

 1. Poder local: A solidariedade non é unha competencia, por Xulio Ríos

 2. Conclúen os proxectos de habitabilidade en Nicaragua e Cabo Verde

3. "Antía, Wamba, e o regato pequeno":

un novo conto para crear conciencia solidaria

4. Asemblea xeral e resolución de proxectos 2012

5. Avaliación do proxecto en Haití

6. Fondo destacados: Sin Nombre, e Globalización: a qué precio?

AnexoTamaño
Infórmate a Fondo 127 (PDF)3.06 MB

Infórmate a Fondo 126

Maio - Xuño 2012

Índiceportada IAF 126

1. 'Charlas contra a indiferenza' para reflexionar sobre os ODM, a cooperación e a paz

2. Técnicas municipais das catro provincias pasarán unhas Vacacións con Traballo no Sur

3. O Fondo Galego viaxou a Alemaña para achegar a súa experiencia

4. O BNG reafirma o compromiso co Fondo Galego no Encontro 'Institucións locais e solidariedade'

5. O Fondo Galego doa a Acnur a recadación da conta aberta para o Corno de África

6. Xuntanzas nas Consellerías de Educación e Traballo

7. As ONGD presentan os seus proxectos tras o Consello Municipalista da Cooperación

8. Fondos Destacados

  • Blanco bueno busca negro pobre
  • Haití en construcción
AnexoTamaño
Descarga aquí o pdf do boletín1.79 MB

Infórmate a Fondo 125

Marzo - Abril 2012


Índice

1. O Fondo Galego destina 50.000 euros a proxectos dos axentes de cooperación

2. Persoal de Concellos e Deputacións cooperará no Sur a través das Vacacións con Traballo

3. O concurso 'Imaxes con Fondo' premiará as fotografías solidarias e concienciadoras

4. Sesenta Administracións socias participaron na Asemblea e nas RMS

5. Memoria do Fondo Galego 2011: 'Un tempo novo'

6. Fondos Destacados

  • Noticias do Quelele
  • O noso pan de cada día
AnexoTamaño
Descarga aquí o pdf do boletín2.28 MB

Infórmate a Fondo 124

Xaneiro-Febreiro 2012

ÍndiceInfórmate a Fondo nº 124

1. Declaración institucional do Fondo Galego: "A crise non poderá coa solidariedade do municipalismo"

2. A ONGD Inprhu-Somoto explica en Galicia os proxectos apoiados en Nicaragua

3. Ciclos de Cine con Fondo para concienciar fronte as desigualdades

4. Nova convocatoria de Vacacións con Traballo para persoal da Administración local

5. O PSdeG comprométese coa cooperación municipalista no Encontro 'Institucións locais e solidariedade'

6. Técnicas e técnicos están convidados a participar en marzo nas Redes Municipalistas Solidarias

7. Teresa París reúnese co presidente da Fegamp

8. Fondos Destacados

  • Yentl
  • Bordados
 
AnexoTamaño
Descarga aquí o pdf do boletín1.77 MB

Infórmate a Fondo 123

Novembro-Decembro 2011

Índiceinformate_a_fondo123

1. A técnica que supervisou o proxecto no Haití difunde os avances en Galicia

2. O Fondo Galego e a Fegamp reforzan a súa colaboración a prol da cooperación internacional

3. Rematan as Vacacións con Traballo en Cabo Verde e Nicaragua

4. Un equipo de Agareso filma en Cabo Verde para o documental sobre o Fondo Galego

5. O proxecto 'Redes para o Desenvolvemento' preséntase á Rede Municipalista Solidaria

6. Fondos Destacados

  • Memoria del saqueo
  • Derechos humanos y diversidad cultural
AnexoTamaño
Descarga aquí o pdf do boletín1.02 MB

Infórmate a Fondo 122

Setembro-Outubro 2011

ÍndicePortada do Infórmate a Fondo nº 121

1. O Fondo Galego de Cooperación renova a súa Executiva con Redondela na Presidencia

2. A cidadanía galega avoga polas políticas de cooperación mesmo en tempos de crise

3. O voluntariado de Vacacións con Traballo comparte a súa experiencia no Sur a través dun blog

4. A nova presidenta do Fondo Galego, Teresa París, entrevístase cos responsables autonómicos de Cooperación

5. Remata o proxecto con Amigos ESCAES Perú a prol da alfabetización e a boa alimentación...

6. ...e comezan en Nicaragua e Cabo Verde senllos proxectos que mellorarán a habitabilidade

7. O proxecto no Haití continúa avanzando

8. Fondos Destacados

  •  14 Kilómetros
  • Acabar con la pobreza, un reto para la cooperación internacional
AnexoTamaño
Descarga aquí o PDF do boletín649.42 KB

Infórmate a Fondo 121

Xullo-Agosto 2011

Índice

Portada do Infórmate a Fondo 121, de xullo-agosto de 2011
  1. O espectáculo 'Contos coas mans abertas' visitará 42 vilas galegas

  2. Vacacións con Traballo

  3. Nova viaxe de seguimento ao Haití en setembro

  4. Remata a instalación de latrinas en Nicaragua e a construción de cuartos de baño en Cabo Verde

  5. A asemblea de socios terá lugar o 30 de setembro

  6. O novo web do Fondo Galego xa está plenamente operativo

  7. Aberta a conta de emerxencia para o Corno de África

  8. Fondos destacados

    • O sorriso de Mona Lisa
    • El impacto económico y social de la cooperación al desarrollo

 

 

 

 

AnexoTamaño
Descarga aquí o PDF do boletín592 KB

Infórmate a Fondo 120

Índice

 

Portada do Infórmate a Fondo 120, de maio-xuño de 2011

  1. Escollidas as técnicas e técnicos que participarán no programa 'Vacacións con Traballo' deste ano

  2. O Fondo Galego de Cooperación achega a súa experiencia nun seminario europeo

  3. O Fondo Galego de Cooperación denuncia o ataque sufrido polo seu parceiro no Haití, o SKDK

  4. O Concello da Laracha incorpórase ao Fondo Galego e suma o socio número 100

  5. Supervisión de proxectos en Cabo Verde

  6. A Tropa de Trapo xirará este ano por 42 entidades socias

  7. A ESAD de Galicia organiza en outubro o I Foro Internacional de Teatro Social

  8. Agareso e o Fondo Galego acordan impulsar a visibilidade social da asociación de Concellos e Deputacións

  9. Fondos destacados

    • A partilha do indivisível. Imagens dos Objectivos do Milenio a partir de Cabo Verde
    • Buda estoupou por vergoña

 

 

 

 

AnexoTamaño
Descarga aquí o PDF do boletín2 MB

Infórmate a Fondo 119

Índice

Portada do Infórmate a Fondo 119, de Marzo-Abril do 2011

  1. O Fondo Galego asesora a Portugal e Alemaña na promoción das redes de cooperación descentralizada

  2. Victòria Planas: “O noso proxecto en Haití pretende mellorar a situación existente antes do terremoto”

  3. ‘Vacacións con Traballo’ en Nicaragua e Cabo Verde para persoal das Administracións socias

  4. Teatro, contacontos e exposicións suscitan o maior interese da Rede Municipalista Solidaria

  5. A Comisión de Cidades e Deputacións financiará a segunda fase do proxecto en Eito

  6. 50 personalidades participaron na ‘Campaña a prol da solidariedade internacional desde o local’

  7. O Encontro sobre a Cooperación Internacional en Galicia reúne os distintos axentes do sector

  8. Fondos destacados

    • En el mundo, a cada rato
    • Los nuevos hombres nuevos

 

 

AnexoTamaño
Descarga aquí o PDF deste boletín.426.26 KB

Infórmate a Fondo 118

Índice
Portada do Infórmate a Fondo 118

  1. Campaña a prol da solidariedade internacional desde o local
     

  2. O novo Plano dálle continuidade ás actividades de sensibilización
     

  3. “O mundo suspende en Dereitos Humanos” 
     

  4. Péchanse proxectos en Cabo Verde, Nicaragua, Etiopía e Mozambique
     

  5. A Confederación aproba o plan de traballo para 2011
     

  6. O Fondo e a Coordinadora de ONGD organizan o Encontro sobre Cooperación Galega
     

  7. A técnica que viaxou a Haití explica en Galicia os avances do proxecto
     

  8. Fondos destacados

    • The last king of Scotland
    • El planeta negro: aproximación histórica a las culturas africanas

 

 

 

AnexoTamaño
Descarga aquí o boletín en formato PDF418.68 KB

Infórmate a Fondo 117

Unha alcaldesa de Cabo Verde difunde en Galicia os proxectos do Fondo

Portada do Infórmate a Fondo 117A alcaldesa do municipio caboverdiano de Paúl, Vera Almeida, visitou distintas administracións socias do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para dar a coñecer os proxectos que a súa Cámara desenvolve co apoio da asociación municipalista. A Deputación de Lugo e mais os Concellos de Vigo, Boiro e Tomiño recibiron á alcaldesa, que aproveitou para intercambiar experiencias con colectivos de mulleres. Vera Almeida reuniuse ademais coa Secretaria Xeral da Igualdade e coa subdirectora xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia. Mantivo tamén unha xuntanza coa Comisión Executiva do Fondo e impartiu unha conferencia na Escola Superior de Arte Dramática, dentro do programa de teatro social TeatrAcción.

En Paúl estase a executar un proxecto de recalificación urbana para mellorar as condicións de habitabilidade e salubridade na localidade de Eito. O Fondo Galego de Cooperación contribúe con 55.000€ achegados polo Concello de Vigo. Reparación de fachadas, construción de baños e cociñas, drenaxe de auga, empedrado das rúas ou rehabilitación de espazos verdes, ademais de sensibilización ambiental, son algunhas das tarefas que se están levando a cabo.

O obxectivo é mellorar a calidade de vida da poboación, reducindo a degradación do ambiente e o alto índice de enfermidades infectocontaxiosas. Actúase sobre 22 vivendas de familias extremadamente pobres, aínda que as 120 familias residentes en Eito resultarán beneficiadas. O proxecto ten en conta o enfoque de xénero, priorizando nais solteiras, cabezas de familia, mulleres con moitos fillos, desempregadas ou cun traballo precario. Supón asemade un incentivo para aquelas donas que poden dedicarse na casa a actividades coma a elaboración de doces e salgados, costura, encaixes e bordado, etc.

AnexoTamaño
Descarga aquí o boletín en formato PDF361.16 KB

Infórmate a Fondo 110

O pasado e o futuro do Fondo Galego para Cabo Verde

Infórmate a Fondo  nº 110O pasado 19 de setembro tiña lugar, na cidade de Praia, capital de Cabo Verde, un Encontro de Avaliación do Plan de Acción 2005-2008. Nel participaba unha delegación do Fondo Galego, integrada polo Presidente, Alfredo Novoa, dúas vocais da Comisión Executiva, María Méndez, do Concello de Vigo, e Ángeles Silva, do Concello de Baiona, e máis dous representantes, da Secretaría Técnica, Esther Cidre e Ánxelo González. Do lado caboverdiano, acudían membros da Asociación Nacional de Municipios Caboverdianos e representantes de 15 dos 22 Concellos do arquipélago africano.

O obxectivo fundamental era expor as desviacións sectoriais e xeográficas entre o que establecía o Plan de Acción e o traballo en realidade apoiado polo Fondo Galego entre 2005 e 2008 no país africano, a fin de contrastar opinións, detectar problemas e buscar posibles solucións. Deste modo, pretendíase recoller información cualitativa que complementase o Informe Preliminar de Avaliación 2005-2008, elaborado a partir da información acumulada pola Secretaría Técnica durante ese período. Estes dous documentos haberían de servir de base para o establecemento da futura estratexia a seguir en Cabo Verde, no caso de se decidir continuar a traballar neste país. En reunión celebrada o pasado 9 de outubro, a Comisión Executiva acordaba, en todo caso, que o futuro do Fondo Galego no arquipélago dependerá das prioridades xeográficas que veña a establecer o novo Plan Director da Cooperación Galega 2010-2013, actualmente en elaboración.

As principais conclusións tiradas do Encontro foron as que seguen:

  • Os municipios e a propia sociedade civil de Cabo Verde valoran moi positivamente o traballo realizado polo Fondo Galego no país, do que dan conta a importante representación cuantitativa e cualitativa da parte caboverdiana no encontro e a notable repercusión mediática do evento.
  • A pesar de ter sido declarado País de Desenvolvemento Medio, continúa habendo importantes áreas do país en situación dramática e permanecen dous factores estruturais que, no caso dunha retirada do apoio internacional, poderían facer retroceder os avances conseguidos no país: incapacidade produtiva e grande dependencia do exterior.
  • A cooperación municipalista galega, impulsada polo Fondo e apoiada pola Xunta de Galicia, está a ser un amortecedor fundamental da diferenza entre as competencias asumidas polas entidades municipais caboverdianas (moitas e cada vez máis) e os recursos financeiros con que contan (mínimos).
  • As desviacións en relación ao previsto no Plan de Acción 2005-2008 debéronse a unha inadecuada definición das prioridades municipais.
  • Problemas relacionados coa falta de información e debilidades técnicas foron aducidos como principais factores explicativos das desviacións xeográficas.
AnexoTamaño
Descarga o boletín en formato PDF402.2 KB

Infórmate a Fondo 111

Mil persoas viron xa Os Soños de Walla

Infórmate a Fondo nº111O venres 13 de novembro estreouse Os Soños de Walla, o primeiro espectáculo teatral froito do programa teaTracción, desenvolvido en parcería entre o Fondo Galego e a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD). A estrea, que tivo lugar en Vigo no Auditorio CaixaNova, rexistrou unha afluencia extraordinaria que agradeceu o evento cun longo e emocionado aplauso final. Desde aquela, a Xira de Os soños de Walla realizou xa cinco paradas máis: Sarria, Allariz, Viveiro, O Barco de Valdeorras e Ourense.

A Xira está a percorrer Galicia enteira, do interior á costa, das cidades ás vilas medias e máis pequenas, desenvolvéndose con éxito tanto de crítica como dun público que coas súas palmas finais recompensa non só o espectáculo, senón o resto de méritos desta orixinal Xira: o traballo voluntario, o contributo á comunidade, a interacción na reflexión...

No ámbito do programa, creouse na ESAD de Galicia un Seminario permanente de traballo para vincular o Teatro coa acción social, mantendo así unha liña de traballo que estimula a reflexión, tan necesaria en calquera actividade humana. Á par, teaTracción funciona como obradoiro de formación no nivel puramente artístico e profesional.Tamén, o programa está ofrecer a oportunidade ás Entidades socias beneficiadas nesta ocasión, de dispor dun espectáculo diferente, libre e gratuíto, que permite ao público entrar nun conto especial, nun conto de soños que permite abstraerse do ruído das nosas vidas cotiás, para mergullarse nun mundo e nunhas problemáticas con pouca ou ningunha presenza na televisión e os programas de masas.

Quen acuda ao teatro tense que deixar ser seducido polas voces, as músicas, o movemento e as palabras dun texto extraordinario, construído para a ocasión.

A Os soños de Walla réstanlle aínda catro paradas máis para seren soñados neste 2010: 15 de xaneiro Outes, 22 Ribeira, 23 Oleiros, e o peche da Xira, o día 30 en Baiona.

Para saber máis de como foi a Xira ata agora, e para saber como seguirá, podedes consultar o web do Fondo Galego, www.fondogalego.org, ou o Blog do grupo teaTracción en: www.teatraccion.blogaliza.org.

AnexoTamaño
Descarga o boletín en formato PDF452.95 KB

Infórmate a Fondo 112

Haití: carta do Presidente do Fondo Galego

Infórmate a Fondo nº112Tralo terremoto padecido polo Haití o pasado 12 de xaneiro, a situación no país, xa anteriormente moi precaria, virou en absolutamente dramática. Sei que perante acontecementos como este, todas e todos queremos axudar, e parece oportuno lembrar que, no que se refire ao poder local, en Galicia contamos cunha vía propia especificamente creada para a cooperación cos Países do Sur: o Fondo Galego, da que a túa entidade é socia.

O Fondo Galego abriu a súa Conta de Emerxencia o pasado 15 de xaneiro, para poder recoller as achegas das corporacións socias e mesmo doutras entidades civís ou cidadanía de a pé. O seu número é este 2091.0209.10.3040019000 (Caixa Galicia). As corporacións locais poden facer as súas doazóns a través dun decreto do órgano competente, que é a fórmula idónea a efectos de facilitar e axilizar a xestión dos recursos. Con esta carta, anéxase un modelo para os Concellos. O Fondo Galego fornecerá información fidedigna e completa do destino dos recursos.

O Fondo Galego naceu para superar os esforzos dispersos de Concellos e Deputacións de Galicia, concentrándoos, a fin de poder desenvolver accións de verdadeiro impacto, guiadas por un traballo técnico rigoroso que garanta unha cooperación de calidade. Xunt@s, cooperamos mellor.

E unha cooperación de calidade desde as corporacións locais ha de centrarse no seu ámbito de especialidade: a cooperación habitualmente denominada municipalista, que na organización político-territorial galega poden e deben desenvolver Concellos e Deputacións. Esa é a máis-valía que podemos achegar ao mundo da cooperación. Quen vai estar en mellor posición que nós para axudar en temas como: ordenación urbanística, saneamento, fortalecemento das institucións descentralizadas…? É a misión que as institucións internacionais e o propio senso común nos reclaman, é a nosa responsabilidade. E debemos responder.

Perante as catástrofes humanitarias o Fondo Galego non ten capacidade de resposta inmediata no terreo. A nosa asociación céntrase nas tarefas posteriores á fase de emerxencia aguda, tan necesarias como as iniciais. Tende en conta que despois de que o asunto perde actualidade mediática, acostuma producirse unha retirada importante da axuda internacional, polo que se fai moi necesario un esforzo por manter o pulso solidario. Isto irá ser especialmente importante no caso do Haití, onde o dano ten sido moito e onde a situación de partida xa era pésima.

O Fondo Galego está xa en contacto co resto de Fondos do Estado a fin de, conxuntamente, identificar aquelas accións prioritarias que sexan máis acaídas para a cooperación das corporacións locais, sempre dentro dos parámetros definidos entre @s propi@s haitian@s e as institucións internacionais. Nestes momentos está xa unha persoa no terreo traballando a tal fin.

Cooperar si, pero sempre con orde, con prioridades, de modo coordinado. Non podemos cooperar de modo eficaz cos Países do Sur se non somos capaces de cooperar entre nós no Norte.

Pídoche que fagas un esforzo por implicar o teu Concello, a túa Deputación. Demostremos ao mundo que a sociedade galega e as institucións que de maneira máis inmediata a representan, son solidarias con quen máis o necesita cando máis se necesita. Demostremos tamén que sabemos cal é o noso lugar: somos Concellos e Deputacións. Os especialistas internacionais están de acordo en que un dos problemas polos que a cooperación internacional non funcionou no Haití en décadas precedentes foi a falta de institucións descentralizadas eficaces. Aí podemos facer moito. E exhibamos o Fondo Galego como un logro de todas e todos: como unha demostración palpable das Administracións locais galegas de que somos capaces de antepor a axuda eficaz e eficiente ás diferenzas partidarias e ás tentacións localistas.

Non deixedes de colocar o banner especificamente deseñado para esta campaña nos vosos webs. Pode descargarse desde o web do Fondo Galego (www.fondogalego.org).

Sen máis asunto, recibe un saúdo ben cordial.

Asdo.

AnexoTamaño
Descarga o boletín en formato PDF1.03 MB

Infórmate a Fondo 113

Asemblea xeral ordinaria: O Fondo Galego anima aos socios a incrementaren a súa participación

Infórmate a Fondo nº 113Na última Asemblea xeral do Fondo Galego de Cooperación, celebrada en Santiago de Compostela o pasado 30 de marzo, chamouse a atención sobre a  baixa participación da maior parte de entidades socias. O presidente do Fondo, Alfredo Novoa, salientou a necesidade de que as Deputacións e Concellos adheridos intensifiquen a súa implicación na organización de actividades e avancen no compromiso de aproximar as súas achegas económicas á cooperación ao 0,7% dos orzamentos municipais.

Na Asemblea deuse conta ademais da incorporación de Malpica de Bergantiños e ratificáronse as baixas de Bueu e Gomesende. Ao Fondo pertencen, na actualidade, as catro Deputacións provinciais e 96 Concellos de Galicia, representando a poboación destes máis do 70% da total do país. No decurso da xuntanza explicáronse asemade os trazos fundamentais do II Plan Director da Cooperación Galega para o Desenvolvemento 2010-2013 e mais do Plan Anual, aos que o Fondo Galego deu o seu apoio despois de que foran admitidas parcialmente as emendas presentadas. Estas ían referidas ao aumento do compromiso económico da Comunidade Autónoma no ámbito da cooperación para o desenvolvemento, o mantemento de Cabo Verde como prioridade xeográfica e unha maior concreción en relación á creación da Axencia Galega de Cooperación.

Por último, comunicóuselles aos socios que se están a estudar as diversas accións que se poden levar a cabo no Haití co diñeiro recadado a través da Conta de Emerxencia, aberta polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade despois do grave terremoto que devastou a illa caribeña no mes de xaneiro.

AnexoTamaño
Descarga o boletín en formato PDF848.25 KB

Infórmate a Fondo 114

Frutífera Visita ao Norte dende o Perú da ONGD CEPRODE e da alcaldesa de Atavillos Alto

Infórmate a Fondo 114O representante do Centro de Promoción do Desenvolvemento e a Educación (CEPRODE) de Perú e mais a alcaldesa de Atavillos Alto realizaron entre o 24 e o 28 de maio unha frutífera Visita ao Norte. Convidados polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, o director financeiro da ONGD, Óscar Pedro Almendáriz, e mais a rexedora do municipio rural andino, Rosario Huamán, visitaron unha decena de Concellos e Deputacións integradas na asociación municipalista, que ten cofinanciado distintos proxectos a prol dun desenvolvemento sustentable na provincia de Huaral.

Na última xornada da súa estadía en Galicia, a delegación peruana encargouse de abrir a Asemblea xeral do Fondo Galego, en Santiago de Compostela. Ante os socios relataron o enriquecedora que resultou esta visita a Galicia e cómo tiveron a oportunidade de compartir experiencias que agora aplicarán no país andino. En Burela comprobaron a capacitación das persoas peruanas no sector pesqueiro e en Riotorto coñeceron técnicas de rega para sementar en épocas de chuvia. “En Manzaneda atopamos un alcalde novo comprometido co seu pobo, que apoia industrias como a leiteira, algo que tamén debemos fomentar alá”, comentou Rosario Huamán. Na Pobra de Trives sorprendéronse coa vitalidade da biblioteca e tamén coas actividades das asociacións de mulleres, que pensan potenciar na outra beira do Atlántico.

“Na Coruña, comprobamos como o Concello presta atención ás persoas que o precisan e en Fene atopei un municipio moi ordenado, onde dixitalizaron todos os arquivos e dan prioridade ás persoas con discapacidade para acceder a un emprego”, engadiu a alcaldesa de Atavillos Alto. Na Deputación de Pontevedra reuníronse tamén con colectivos de donas “onde as amas de casa se asocian e están a lograr que se recoñezan os seus dereitos”, e da visita á Guarda destacaron o xeito en que a administración local incentiva o turismo. Antes de pechar o seu percorrido por Galicia no Concello de Baiona, os parceiros peruanos aproveitaron asemade para agradecerlle en persoa a colaboración da Xunta de Galicia á subdirectora xeral de Cooperación Exterior, Pilar Romero.

O director financeiro de CEPRODE destacou ante a Asemblea que o labor desta ONG consiste en “promover o desenvolvemento integral e sustentable en harmonía coas necesidades e intereses das comunidades”, á vez que “promover a educación por medio do desenvolvemento de valores e capacidades humanas a fin de combater a extrema pobreza”, uns obxectivos nos que cobra cada vez máis forza o enfoque de xénero. Para acadar estas metas contan co apoio do Fondo Galego, unha colaboración que Almendáriz definiu como “intelixente, técnica e aberta”. “Levo 40 anos traballando en cooperación con distintos países e esta entidade é a única que fai un acompañamento permanente dos proxectos”, salientou.

Desenvolvemento sustentable

O presidente do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, Alfredo Novoa, reafirmou o compromiso con Perú, que “necesita axuda internacional, non soamente reforzo económico senón tamén estrutura e descentralización”, e insistiu na idea de que “o pobo galego é solidario, pero as administracións non están dando a talla”. A estadía da delegación peruana en Galicia encádrase no programa Visitas ao Norte que o Fondo Galego leva a cabo entre as súas actividades de sensibilización. Trátase dun exercicio de transparencia para que as administracións socias e a súa cidadanía coñezan de primeira man o traballo que se leva a cabo cos seus recursos nos países do SUR. Ao mesmo tempo, favorécese o intercambio de ideas entre profesionais e activistas das dúas beiras do Atlántico.

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade apoiou dende o seu nacemento en 1997 ata 23 proxectos no país andino, que supuxeron un investimento total da asociación municipalista galega superior ao medio millón de euros. Son iniciativas financiadas ou cofinanciadas polo Fondo, nalgúns casos co apoio da Xunta, e implementadas por ONGDs galegas e peruanas.

AnexoTamaño
Descarga o boletín en formato PDF641.45 KB

Infórmate a Fondo 115

O Fondo Galego de Cooperación impulsa o desenvolvemento de Mozambique en parcería coa ONU

Infórmate a Fondo 115O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade impulsará en colaboración coa ONU o desenvolvemento da provincia mozambicana de Maputo cun investimento de 62.643 euros. Aínda que esta nova liña de traballo está chamada a ser financiada pola Comisión de Cidades e Deputacións, que integra as sete cidades e as catro Deputacións de Galicia, no presente exercicio contará co apoio de catro dos seus once membros. Os Concellos da Coruña, Pontevedra e Vigo contribúen con 15.000 euros cada un, mentres que a Deputación de Lugo achega os 18.000 euros restantes. A asociación municipalista incorpórase na segunda fase do programa trianual de apoio ao proceso de desenvolvemento económico local en Mozambique, que se canaliza a través da iniciativa ART do Programa de Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD).

O responsable de ART no Estado español, Antonio Zurita, presentou o proxecto canda o presidente do Fondo Galego, Alfredo Novoa, en Santiago de Compostela, nun acto no que tamén participaron os representantes das administracións cofinanciadoras. Zurita lembrou que Mozambique “é un dos países con menor índice de desenvolvemento humano no mundo”. Indicou que o proxecto “incide na creación de postos de traballo a través do fortalecemento da Axencia de Desenvolvemento Económico Local da provincia de Maputo, mediante accións de formación ocupacional, viveiros de empresas, microcréditos, etc. para promover o emprego, nomeadamente da muller, que en Mozambique é o alicerce fundamental da familia”.

Neste senso, “vanse impulsar actuacións concretas de apoio á economía social vinculada á muller, coa formación de recursos humanos mediante escolas-obradoiro, e vaise promover un plano estratéxico no territorio para que as sucesivas propostas de cooperación actúen como complemento”. Antonio Zurita apostou pola asistencia técnica do Fondo Galego en áreas como residuos sólidos, auga potable, promoción da inclusión social ou vivenda. “Á vez propiciarase que a poboación beneficiaria devolva a visita para contar en Galicia en qué medida todo isto está sendo útil, ademais de coñecer novas experiencias que dende aquí se poidan achegar ao territorio”. O representante da ONU lembrou que o traballo do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade “é coñecido en diferentes partes do mundo” e avogou por “consolidar unha alianza estable” coa asociación municipalista galega a partir desta primeira experiencia.

AnexoTamaño
Descarga acó o PDF530.86 KB

Infórmate a Fondo 116

A nova edición de TeatrAcción comeza cun curso de teatro social

Portada do IAF 116

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e mais a Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Galicia veñen de pór en marcha o curso ‘Teatro social para a cooperación e o desenvolvemento no século XXI’. A iniciativa forma parte da segunda edición do programa TeatrAcción, que vincula o traballo de ambas as dúas entidades.

Se no bienio 2008-2009 se xerou a obra ‘Os soños de Walla’, nesta edición 2010-2011 volverase traballar cun esquema semellante. O primeiro ano dedícase a formación e a configurar o grupo de traballo, para no vindeiro exercicio crear un novo espectáculo que xirará polas entidades socias do Fondo Galego.

O curso formará 25 alumnas e alumnos interesados en asociar a súa actividade como profesionais ou como voluntarias e voluntarios no eido da dramaturxia a unha dinámica crítica cos actuais desequilibrios da sociedade internacional. Deste xeito, póñense en relación as diferentes experiencias do teatro social coa problemática dos países empobrecidos e a necesidade de superala mediante a acción social e o desenvolvemento comunitario. Tamén se aborda o traballo de animación teatral con persoas con discapacidade ou con persoas en situación de privación de liberdade.

O programa lectivo, que comezou a finais de setembro e se prolongará ata o mes de decembro, combina clases teóricas cun taller de creación teatral. Da man do Fondo Galego participarán no curso representantes da ONGD Amarante, para presentar as redes de comercio xusto en Galicia; voluntarias e voluntarios do programa Vacacións con Traballo, que contarán as experiencias vividas no Sur, e mais a alcaldesa de Paúl (Cabo Verde), Vera Almeida, que falará sobre o traballo de xénero en África.

AnexoTamaño
Descarga o PDF aquí532.31 KB