Convocatorias, resolucións e formulario.
A Comisión Executiva do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, en sesión celebrada o 8 de abril do 2011 na sede da Secretaría Técnica, na Illa de San Simón (Redondela).
1. Levando en conta os axustes nos orzamentos públicos, que están a supor unha merma económica notable nas Administracións locais.
2. Tendo en consideración que durante o presente ano terán lugar eleccións locais e que, atendendo á experiencia do Fondo Galego, isto conleva dificultades e atrasos na xestión da convocatoria e na consecución de financiamentos complementarios.
Adóptase a seguinte
RESOLUCIÓN
1. Non realizar a convocatoria aberta de 2011 para o financiamento de proxectos de cooperación internacional ao desenvolvemento.
2. Integrar os recursos económicos de 2011 derivados das achegas das entidades asociadas na convocatoria aberta de 2012.
Código de rexistro: CD/2010/HT/01
Parceiro: SKDK
Consorcio: Fondo Galego- Fons Catalá de Cooperació
País de actuación: Haití
Orzamento total: 234.371,93€
Cantidade achegada polo Fondo Galego: 171.261,43€
Cantidade achegada polo Fons Catalá: 100.000€
Resumo: O proxecto plurianual de apoio ao desenvolvemento local, iniciado en novembro de 2010, actúa en varias frontes co fin de crear capacidades rexionais para mellorar as condicións de vida da poboación e así disipar os riscos e mitigar os desastres provocados polos fenómenos naturais na illa. Trátase de apoiar ás institucións e ás organizacións sociais para fortalecer a súa capacidade de desenvolver plans de acción que disipen esa vulnerabilidade, aplicando políticas para o uso e ocupación do solo e sensibilizando á cidadanía para unha axeitada xestión da terra. Para conseguilo levaranse a cabo as seguintes accións ao longo dos anos 2011 e 2012:
- Impulsarase un programa intermunicipal de concertación de políticas públicas arredor de cuestións como a ordenación do territorio, a sostibilidade ambiental, o crecemento económico e a prevención de riscos.
- Serán adaptados os plans de estudos que afectan aos 60 alumnas/os do Centro de Formación Profesional de Carice de acordo aos novos retos nas disciplinas de agroecoloxía, construción local adaptada, socio-administración e economía social.
- Construirase un centro intermunicipal con estruturas e materiais resistentes aos terremotos e os furacáns que terán en conta a recuperación do medio ambiente.
Impartirase un taller sobre economía social e fortaleceranse as capacidades dos produtores coa plantación de bambú, a transformación da arxila ou a reciclaxe de materiais para a construción.
Código de rexistro: CI/2010/PE/02
Entidade solicitante: Amigos ESCAES-Perú
País: Perú
Orzamento total: 53.458€
Cantidade solicitada ao Fondo: 35.000€
Cantidade achegada polo Fondo: 35.000€
Cantidade achegada pola entidade solicitante: 12.236,84€
Cantidade achegada polo parceiro e/ou beneficiarias/os: 6.221,05€
Resumo: O proxecto busca promover o desenvolvemento humano sustentable das familias que viven en comunidades rurais en situación de extrema pobreza da provincia de Ayabaca, baseándose na alfabetización, a promoción da participación social e a equidade de xénero. Á súa vez proponse a instalación de 180 cociñas melloradas, mellorar a dieta alimentaria coa instalación de 9 hortas e a creación de 9 módulos de cuyes a fin de que as familias dispoñan dunha alimentación máis adecuada e rica en vitaminas e nutrintes.
Código de rexistro: CI/2010/NI/06
Entidade solicitante: AXUNICA
País: Nicaragua
Orzamento total: 8.439,6€
Cantidade solicitada ao Fondo: 6.751,62€
Cantidade achegada polo Fondo: 6.751,62€
Cantidade achegada pola entidade solicitante: 1.687,89€
Resumo: O obxectivo deste proxecto é o de mellorar as condicións sanitarias da Comunidade de Tepalón (Granada, Nicaragua) coa construción de 30 latrinas. Este proxecto educativo-sanitario forma parte dun máis amplo que incluíu na primeira fase a condución da auga potable ás vivendas, comedores escolares e aulas de preescolar.
Código de rexistro: CD/2010/CV/27
Parceiro: Cámara Municipal do Maio
País: Cabo Verde
Illa: Maio
Orzamento total: 151.667,76€
Cantidade solicitada: 49.200€
Cantidade achegada polo Fondo: 942€
Cantidade achegada pola Xunta de Galicia: 48.708€
Cantidade achegada pola Cámara de Maio: 80.225,64€
Cantidade achegada pola Cámara e/ou beneficiarias/os: 22.241,88€
Resumo: Con vista a combater os actuais índices de salubridade, o presente proxecto prevé a construción de 60 cuartos de baño en casas particulares nas localidades de Figueira e Ribeira Don João, así como a realización de campañas de sensibilización e educación para saúde con vista a contribuír para a adopción de novos hábitos de hixiene. As familias beneficiarias recibirán o material para construír o seu cuarto de baño e apoio técnico para garantir a calidade da obra. Así mesmo, as campañas serán organizadas a través de procesos participativos e asegurarán o envolvemento directo das asociacións comunitarias das respectivas localidades.
Código de rexistro: CD/2010/MZ/39
Parceiro: PNUD
País: Mozambique
Orzamento total: 66.071,61€
Cantidade solicitada: 62.643,04€
Cantidade achegada polo Fondo (Concellos de Vigo, a Coruña e Pontevedra e Deputación de Lugo): 62.643,04€
Resumo: O proxecto pretende contribuír á erradicación da pobreza promovendo o desenvolvemento económico local (DEL) xunto coa Dirección Nacional de Promoción de Desenvolvemento Rural (DNPDR), a través do apoio e fortalecemento do Departamento de Promoción de Desenvolvemento Rural, á Axencia de Desenvolvemento Económica Local (ADEL) da provincia de Maputo e á Rede Nacional das ADEL (REDEL) para dinamizar a economía local, crear empregos e xerar ingresos entre a poboación. Preténdese fortalecer a xestión municipal e a asociatividade, a través dunha incubadora de negocios e talleres de capacitación e información de novas esixencias do mercado da competencia e comercio xusto, intercambio con outras iniciativas e transferencia tecnolóxica.
Código de rexistro: CD/2011/CV/33
Parceiro: Asociación de Municipios da Illa de Santo Antón (AMSA)
País: Cabo Verde
Illa: Santo Antón
Orzamento total: 71.359€
Cantidade achegada polo Fondo: 1.475€
Cantidade achegada pola Xunta de Galicia: 40.000€
Cantidade achegada pola AMSA: 29.884€
Resumo: O proxecto trata de relanzar o exercicio de planificación no territorio da Illa de Santo Antón, interrompido desde 2001 pola falta de recursos financeiros. Ese exercicio, pioneiro en Cabo Verde, deu excelentes resultados na década de 90 e contribuíu en gran medida para a elaboración, procura de financiamento e execución de proxectos estruturais para Illa en varios sectores do desenvolvemento socioeconómico. O proxecto pretende elaborar un documento que define as estratexias de desenvolvemento da Illa, así como integrar políticas sectoriais que caracterizan ese espazo socioeconómico.
A Asemblea Xeral de socios, reunida en Santiago de Compostela o 28 de maio de 2010, aprobou por unanimidade a Proposta de Resolución da Convocatoria 2010 para o financiamento de proxectos de cooperación ao desenvolvemento e solidariedade. Para a elaboración da tal proposta tívose en conta o ditame emitido pola Comisión Técnica Avaliadora de Proxectos de Cooperación Indirecta, reunida o día 30 de abril do presente ano en Baiona, e constituída polas/os técnicas/os correspondentes dos Concellos de Baiona, Arteixo, Ferrol, Cambre, A Coruña, Deputación de Pontevedra e representantes da Secretaría Técnica, e tívose en conta tamén o ditame da Comisión Executiva, reunida en Santiago de Compostela o 7 de maio de 2010.
Código de rexistro: CI/2010/PE/02
Entidade solicitante: Amigos ESCAES-Perú
País: Perú
Orzamento total: 53.458€
Cantidade solicitada ó Fondo: 35.000€
Cantidade achegada polo Fondo: 35.000€
Cantidade achegada pola entidade solicitante: 12.236,84€
Cantidade achegada polo parceiro e/ou beneficiarias/os: 6.221,05€
Resumo: O proxecto busca promover o desenvolvemento humano sustentable das familias que viven en comunidades rurais en situación de extrema pobreza da provincia de Ayabaca, baseándose na alfabetización, a promoción da participación social e a equidade de xénero. Á súa vez proponse a instalación de 180 cociñas melloradas, mellorar a dieta alimentaria coa instalación de 9 hortas e a creación de 9 módulos de cuyes a fin de que as familias dispoñan dunha alimentación máis adecuada e rica en vitaminas e nutrintes.
Código de rexistro: CI/2010/NI/06
Entidade solicitante: AXUNICA
País: Nicaragua
Orzamento total: 8.439,6€
Cantidade solicitada ó Fondo: 6.751,62€
Cantidade achegada polo Fondo: 6.751,62€
Cantidade achegada pola entidade solicitante: 1.687,89€
Resumo: O obxectivo deste proxecto é o de mellorar as condicións sanitarias da Comunidade de Tepalón (Granada, Nicaragua) coa construción de 30 latrinas. Este proxecto educativo-sanitario forma parte dun máis amplo que incluíu na primeira fase a condución da auga potable ás vivendas, comedores escolares e aulas de preescolar.
Código de rexistro: CD/2010/CV/02
Parceiro: Cámara Municipal de Paúl
País: Cabo Verde
Illa: Santo Antón
Orzamento total: 59.992,81€
Cantidade solicitada: 55.000€
Cantidade achegada polo Concello de Vigo: 55.000€
Cantidade achegada pola Cámara e/ou beneficiarias/os: 4.992,81€
Resumo: O obxectivo deste proxecto é o de mellorar as condicións de vida das persoas máis empobrecidas da localidade de Eito, así como a estética do lugar, a través da creación das condicións mínimas de habitabilidade. Para isto executaranse obras de mellora de acabado das casas, a construción de baños e cociñas e levaranse a cabo obras de drenaxe de auga e saneamento. Así mesmo, realizaranse actividades de sensibilización dirixidas á poboación sobre a conservación do medio ambiente.
Código de rexistro: CD/2010/CV/32
Parceiro: Cámara Municipal da Brava
País: Cabo Verde
Illa: Brava
Orzamento total: 16.190€
Cantidade achegada polo Fondo: 12.840€
Cantidade achegada por persoas beneficiarias: 3.350€
Resumo: O proxecto consiste na melloría do abastecemento de auga na poboación da localidade de Baleia, na Cámara da Brava, a través da extensión da rede e ligazón domiciliaria da auga, co que se espera un incremento na súa calidade de vida e unha saída á súa precaria situación a través das actividades de horticultura, agricultura e fruticultura, actividades tradicionais nesta localidade pero que se ven afectadas pola carestía da auga.
Código de rexistro: CD/2010/CV/27
Parceiro: Cámara Municipal do Maio
País: Cabo Verde
Illa: Maio
Orzamento total: 151.667,76€
Cantidade solicitada: 49.200€
Cantidade achegada polo Fondo: 492€
Cantidade achegada pola Xunta de Galicia: 48.708€
Cantidade achegada pola Cámara de Maio: 80.225,64€
Cantidade achegada pola Cámara e/ou beneficiarias/os: 22.241,88€
Resumo: Con vista a combater os actuais índices de salubridade, o presente proxecto prevé a construción de 60 cuartos de baño en casas particulares nas localidades de Figueira e Ribeira Don João, así como a realización de campañas de sensibilización e educación para saúde con vista a contribuír para a adopción de novos hábitos de hixiene. As familias beneficiarias recibirán o material para construír o seu cuarto de baño e apoio técnico para garantir a calidade da obra. Así mesmo, as campañas serán organizadas a través de procesos participativos e asegurarán o envolvemento directo das asociacións comunitarias das respectivas localidades.
Código de rexistro: CD/2010/MZ/39
Parceiro: PNUD
País: Mozambique
Orzamento total: 66.061,71€
Cantidade solicitada: 62.643,04€
Cantidade achegada polo Fondo (Concellos de Vigo, a Coruña e Pontevedra e Deputación de Lugo): 62.643,04€
Resumo: O proxecto pretende contribuír á erradicación da pobreza promovendo o desenvolvemento económico local (DEL) xunto coa Dirección Nacional de Promoción de Desenvolvemento Rural (DNPDR), a través do apoio e fortalecemento do Departamento de Promoción de Desenvolvemento Rural, á Axencia de Desenvolvemento Económica Local (ADEL) da provincia de Maputo e á Rede Nacional das ADEL (REDEL) para dinamizar a economía local, crear empregos e xerar ingresos entre a poboación. Preténdese fortalecer a xestión municipal e a asociatividade, a través dunha incubadora de negocios e talleres de capacitación e información de novas esixencias do mercado da competencia e comercio xusto, intercambio con outras iniciativas e transferencia tecnolóxica.
Código de rexistro: CD/2011/CV/33
Parceiro: Asociación de Municipios da Illa de Santo Antón (AMSA)
Illa: Santo Antón
País: Cabo Verde
Orzamento total: 71.359€
Cantidade achegada polo Fondo: 1.475€
Cantidade achegada pola Xunta de Galicia: 40.000€
Cantidade achegada pola AMSA: 29.884€
Resumo: O proxecto trata de relanzar o exercicio de planificación no territorio da Illa de Santo Antón, interrompido desde 2001 pola falta de recursos financeiros. Ese exercicio, pioneiro en Cabo Verde, deu excelentes resultados na década de 90 e contribuíu en gran medida para a elaboración, procura de financiamento e execución de proxectos estruturais para Illa en varios sectores do desenvolvemento socioeconómico. O proxecto pretende elaborar un documento que define as estratexias de desenvolvemento da Illa, así como integrar políticas sectoriais que caracterizan ese espazo socioeconómico.
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, axencia municipalista da cooperación galega, ouvido o Consello Municipalista da Cooperación, de acordo co establecido nos seus estatutos, e seguindo as súas liñas básicas de actuación, realiza a seguinte convocatoria dirixida a Organizacións non gobernamentais de cooperación ao desenvolvemento (ONGDs) con presenza real en Galicia, que se rexerá polas seguintes
1.1. A convocatoria abrirase o 1 de marzo e pecharase o 31 do mesmo mes.
1.2. Os proxectos poderanse presentar persoalmente ou por correo certificado na sede da Secretaría Técnica do Fondo Galego (Avda. Joselín 7 P3 4B, 36300 Baiona-Pontevedra). Tamén poderán enviarse por correo electrónico ao seguinte buzón: info@igadi.org.
1.3. Cada entidade poderá presentar un máximo de dous proxectos.
1.4. O importe máximo da achega para un proxecto é de 35.000 euros, tendo en conta que cada entidade poderá obter como máximo esta cantidade en cada convocatoria.
1.5. Os proxectos serán avaliados por unha Comisión Técnica cuns integrantes que serán definidos pola Comisión Executiva do Fondo Galego. O ditame técnico favorable non supón, necesariamente, o financiamento do proxecto. A proposta de resolución que a Comisión Executiva traslade á Asemblea de socios deberá observar, en todo caso, o cumprimento das presentes Bases. As entidades que non reciban financiamento para os proxectos presentados teñen dereito a recibir información sobre os motivos polos que a súa proposta non foi seleccionada.
1.6. Non serán obxecto de avaliación os proxectos presentados por entidades que teñan pendente algún informe de convocatorias anteriores e que non xustificaran ese retraso de forma clara e suficientemente explícita.
1.7. Para convocatorias posteriores terase en conta o nivel de cumprimento destas bases podendo influír positiva ou negativamente na avaliación dos proxectos presentados.
1.8. A resolución publicarase de inmediato nas páxinas web do Fondo Galego, www.fondogalego.org e da Federación Galega de Municipios e Provincias, www.fegamp.org.
2.1. Sobre os proxectos.
2.1.1. Que o país de execución sexa considerado prioritario segundo o Plan Director da Cooperación Galega. Terán preferencia aqueles proxectos a executar nos países onde o Fondo Galego ten maior presenza (Cabo Verde, Cuba, Nicaragua, Perú e a provincia de Cabo Delgado en Mozambique). Que os seus obxectivos se centren na procura dun desenvolvemento socioeconómico e culturalmente sostible, participativo, endóxeno, e que procure a transformación social das realidades dos países empobrecidos, contribuíndo de xeito efectivo á loita contra a pobreza.
2.1.2. Que incorpore o respecto aos dereitos humanos, a potenciación da identidade cultural e étnica dos pobos ou grupos perceptores do proxecto, e a integración da perspectiva de xénero ou o enfoque ambiental, reforzando os valores de equidade e tolerancia, atendendo a sectores dobremente oprimidos como son os/as nenos/as, as mulleres, os grupos étnicos marxinados, etc.
2.1.3. Que o seu ámbito de actuación estea vinculado directamente co eido local en temáticas como: fortalecemento municipal, desenvolvemento socioeconómico local, apoio aos procesos de descentralización, fortalecemento da participación cidadá e a gobernabilidade democrática, cunha traxectoria que exclúa accións de natureza puntual e desconectadas da dinámica local e contemplando a implicación das autoridades locais, comisións de desenvolvemento local e/ou outros colectivos ou espazos de concertación municipal.
2.1.4. Que favoreza o intercambio de experiencias e a cooperación Sur-Sur e Sur-Norte.
2.1.5. Que fomente a participación dos colectivos beneficiarios en todas e cada unha das súas fases: concepción, realización, xestión e avaliación, sen ningún tipo de discriminación.
2.1.6. Que o prazo de execución non sexa superior a 12 meses. O inicio do proxecto non pode ser anterior ao 2 de xaneiro de 2010.
2.2. Sobre aspectos técnicos e de seguimento, valorarase:
2.2.1. A coherencia interna do proxecto (relación entre xustificación, obxectivos, resultados e actividades) e a adecuación dos recursos á problemática exposta, facendo un desglose orzamentario o máis detallado posible.
2.2.2. A sustentabilidade e/ou a viabilidade do proxecto.
2.2.3. O labor de seguimento, control e avaliación que poida realizar a ONGD que presenta o proxecto, así como as actividades de sensibilización e difusión do mesmo en Galicia.
3. Poderán concorrer á presente convocatoria aquelas ONGDs que cumpran os seguintes requisitos:
4.1. Instancia-solicitude do financiamento para o proxecto.
4.2. Documentación da entidade solicitante (presentándoa separada do proxecto).
4.2.1. Copia dos estatutos da entidade.
4.2.2. Certificado de inscrición no rexistro correspondente e, de ser o caso, do recoñecemento de Entidade de Utilidade Pública por parte do Ministerio de Interior ou a súa solicitude.
4.2.3. Tarxeta de identificación fiscal.
4.2.4. Documentación acreditativa de que a entidade se atopa ao corrente das obrigas tributarias ou de calquera outra natureza, segundo o que dispoña a normativa vixente.
4.2.5. Memoria de actividades correspondente ao ano anterior, así como do estado contable e fontes de financiamento.
4.2.6. Certificado bancario dos datos da conta corrente na que se debe efectuar o ingreso.
4.2.7. Información sobre a experiencia da entidade solicitante no país e no sector de actuación do proxecto.
4.2.8. Organigrama da entidade e certificación do número de socios.
4.2.9. Certificación, se é o caso, da pertenza á Coordinadora galega de ONGDs.
4.2.10. Certificación, se é o caso, na que conste o compromiso de aportar a diferenza entre o custo do proxecto e a axuda solicitada, ben directamente ou a través de financiamento de terceiros.
Aquela documentación que xa obre no Fondo Galego de convocatorias anteriores non será necesario presentala, exceptuando a que deba actualizarse periodicamente.
4.3. Documentación do parceiro local (presentada separadamente do proxecto).
4.3.1. Copia dos estatutos da entidade e acreditación da súa constitución legal segundo a normativa propia do país.
4.3.2. Credencial do seu representante legal.
4.3.3. Memoria de actividades correspondente ao ano anterior.
4.3.4. Información sobre a experiencia do parceiro local no país e sector de actuación do proxecto.
4.3.5. Balance de contas e resultados do ano 2009 con mención das fontes de financiamento.
4.4. Memoria do proxecto segundo o formulario establecido. Dito formulario poderá ser descargado da páxina do Fondo Galego de Cooperación www.fondogalego.org
4.4.1. Sobre o orzamento
|
CONCEPTOS |
CONTRIBUCIÓNS EXTERNAS |
CONTRIBUCIÓNS LOCAIS |
CUSTO |
|||
|
CUSTOS DIRECTOS |
Fondo Galego |
ONGD do Norte |
Outros |
ONG do Sur |
Beneficiarios |
TOTAL |
|
Terreos |
|
|
|
|
|
|
|
Construcións |
|
|
|
|
|
|
|
Equipos e subministros |
|
|
|
|
|
|
|
Persoal local |
|
|
|
|
|
|
|
Persoal expatriado |
|
|
|
|
|
|
|
Funcionamento |
|
|
|
|
|
|
|
Fondos rotatorios |
|
|
|
|
|
|
|
Imprevistos |
|
|
|
|
|
|
|
Outros |
|
|
|
|
|
|
|
Subtotal custos directos |
|
|
|
|
|
|
|
% Custos directos |
|
|
|
|
|
|
|
CUSTOS INDIRECTOS |
|
|
|
|
|
|
|
Entidade Norte |
|
|
|
|
|
|
|
Entidade Sur |
|
|
|
|
|
|
|
Subtotal custos indirectos |
|
|
|
|
|
|
|
% Custos indirectos |
|
|
|
|
|
|
|
TOTAL |
|
|
|
|
|
|
- Presentarase na moeda local en que se farán os gastos e tamén en euros (indicando o cambio aplicado).
- O Fondo Galego asumirá como máximo o 80% do custo total do proxecto, que deberá ser completado coa achega do 20% restante, como mínimo, da entidade solicitante, o parceiro local e/ou os beneficiarios, entidades privadas ou administracións públicas.
- Os custos indirectos do proxecto non poderán superar o 8% da subvención concedida, entendendo por custos indirectos os gastos administrativos da entidade de aquí e/ou do seu parceiro, derivados da formulación, seguimento, avaliación e difusión do proxecto.
- En caso de incluír gastos imprevistos, estes no poderán ser superiores ao 5% do orzamento total, detallaranse os gastos que se prevén e como foron estimados.
- As achegas feitas por outros organismos diferentes do Fondo Galego estarán avaladas por un compromiso escrito. Este documento deberase achegar no momento da presentación do proxecto ou no primeiro informe de seguimento que se presente.
4.4.1.1 Outros
No caso de que o proxecto contemple a construción de infraestruturas comunitarias (educativas, sanitarias, sociais, …) a propiedade quedará preferentemente en mans de institucións públicas ou da comunidade. De non ser así, deberase xustificar a causa. Ademais, o Fondo Galego non financiará en ningún caso a adquisición de terreos.4.4.1.2 Condicións de financiamento e custos financiables
- Serán custos financiables:
- Aqueles custos derivados da execución do proxecto
- Inmobles (inclúe compra ou aluguer).
- Construción e/ou reforma de inmobles e infraestruturas (inclúe man de obra, dirección de obra, licenza de obras e taxas, materiais de construción e o transporte dos citados materiais).
- Equipos, materiais e subministros.
- Persoal local.
- Persoal expatriado. Para o envío de expatriados aportarase unha memoria xustificativa desa necesidade e marcaranse os criterios de aptitude e cualificación requiridos para a correcta realización da acción, a duración e a descrición das tarefas a realizar.
- Servizos técnicos e profesionais.
- Funcionamento no terreo (electricidade, auga, comunicacións, mantemento e seguridade).
- Viaxes, aloxamento e dietas.
- Fondo rotatorio.
- Os custos indirectos do proxecto sempre que non superen o 8% do orzamento total.
- Non serán gastos imputables os derivados das misións de seguimento e avaliación no terreo por parte do persoal técnico ou directivo da ONGD.
- Estrutura de financiamento: unha vez aprobada a resolución pola Asemblea Xeral do Fondo Galego, a ONGD deberá aceptar expresamente a axuda e as condicións establecidas nestas bases no prazo de 15 días transcorridos dende que a ONG solicitante reciba a comunicación de concesión da axuda. Os desembolsos realizaranse do seguinte xeito:
- 50% no prazo dun mes trala aceptación da axuda e das bases da convocatoria.
- 25 % no prazo dun mes trala aprobación do informe de seguimento segundo os termos establecidos nas bases.
- 25% no prazo dun mes trala aprobación do informe final segundo os termos establecidos nas bases.
No caso de que o Fondo Galego non aprobe a totalidade do importe solicitado, a entidade poderá, no seu caso, reformular o orzamento de conformidade coa cantidade outorgada.
Os proxectos que resulten aprobados e non superen os 9.000 euros serán aboados nun único pagamento. En todo o caso, a ONGD deberá presentar as memorias xustificativas nos prazos previstos nas presentes bases.
Asinarase un documento entre a entidade a quen se lle outorga o financiamento do proxecto e o Fondo Galego, onde quedarán recollidos os dereitos e deberes das dúas partes.
O Fondo Galego non asumirá os custos engadidos derivados das flutuacións monetarias.
5.1. Referente á execución e seguimento do proxecto
5.1.1. A entidade deberá iniciar o proxecto no prazo máximo de dous meses, a partires da percepción efectiva da subvención.
5.1.2 Calquera cambio substancial que se produza no proxecto e/ou poida afectar aos obxectivos, actividades ou orzamento do mesmo, comunicarase por escrito ao Fondo Galego, quen responderá de igual maneira para comunicar a súa aprobación ou denegación. Enténdese por modificación substancial aquela que afecta aos obxectivos e resultados do proxecto, modificacións do orzamento e modificacións no tempo de execución superior a 3 meses. O Fondo deberá pronunciarse no prazo máximo dun mes sobre a aceptación ou denegación das modificacións.
5.1.3. A entidade solicitante deberá responsabilizarse do correcto uso do financiamento que se conceda, de xeito que, en ningún caso, poderá desviarse a outra finalidade, sen a aprobación previa do Fondo Galego.
5.1.4. Así mesmo, a entidade farase responsable da execución do proxecto subvencionado e de garantir o seu seguimento e control, debendo xustificar ao Fondo Galego o traballo realizado.
5.1.5. O Fondo Galego reservase o dereito de facer un seguimento e avaliación sobre o terreo en calquera fase da execución do proxecto e poderase reunir co parceiro e cos beneficiarios do proxecto.
5.2. Referente á xustificación do proxecto.
5.2.1. A entidade á que o Fondo Galego lle financie un proxecto deberá presentar a seguinte documentación para xustificar a súa execución:
- Un informe de seguimento, que incluirá unha memoria narrativa e económica da marcha do proxecto no prazo de seis meses a contar dende a data de entrega do primeiro pago, seguindo o formato facilitado polo Fondo Galego. Este informe intermedio non será necesario para aqueles proxectos cunha duración inferior a seis meses. No económico, incluirá xustificantes de gasto orixinais, copias compulsadas, certificacións de gastos e calquera documentación xustificativa dos gastos realizados. Ademais, aportará un CD con fotografías e outras fontes de verificación. O prazo de presentación do informe é de 1 mes despois de cumprirse a metade do prazo de execución do proxecto.
- Un informe final, que incluirá unha memoria narrativa e económica da execución do proxecto, así como das actividades de sensibilización e difusión que se levaran a cabo en relación co mesmo. No económico, incluirá xustificantes de gasto orixinais, copias compulsadas, certificacións de gastos e calquera documentación xustificativa dos gastos realizados. Ademais, aportará un CD con fotografías e outras fontes de verificación. O prazo para a presentación do informe é de dous meses despois da finalización do proxecto.
6.1. A valoración das propostas contempla unha análise exhaustiva da capacidade da ONG solicitante, da calidade técnica do proxecto presentado e do parceiro local. Só serán avaliadas aquelas solicitudes que cumpran cos requisitos expostos nestas Bases.
6.2. A valoración dos proxectos realizarase en relación a:
6.2.1. Calidade técnica do proxecto (23 puntos)
- Información sobre o proxecto a desenvolver (xustificación). Máximo 5 puntos.
- Coherencia entre a xustificación, os obxectivos e as actividades. Máximo 5 puntos.
- Especificación de indicadores. Máximo 3 puntos.
- Viabilidade técnica da acción a executar. Máximo 5 puntos.
- Sustentabilidade futura do proxecto. Máximo 5 punto
No caso de proxectos de carácter produtivo é imprescindible presentar un plan de viabilidade con explicación dos ingresos e dos gastos esperados, incluíndo unha breve análise dos mesmos.
6.2.2. Capacidade técnica das partes implicadas (20 puntos):
- Experiencia e capacidade da ONGD local. Máximo 5 puntos.
- Participación dos grupos albo na elaboración do proxecto. Máximo 5 puntos.
- Participación ou aval de institucións representativas. Máximo 5 puntos.
- Experiencia da ONGD solicitante e capacidade de seguimento. Máximo 5 puntos
6.2.3. Co obxectivo de desenvolvemento (22 puntos):
- Prioridades xeográficas da convocatoria. Máximo 2 puntos.
- Incorporación do enfoque de xénero. Máximo 3 puntos
- Vinculación co eido local. Máximo 3 puntos.
- Incorporación do enfoque medioambiental. Máximo 3 puntos.
- Fomento da participación cidadá e a organización de base. Máximo 3 puntos.
- Fomento da identidade cultural e étnica. Máximo 3 puntos.
- Fomento dos Dereitos Humanos. Máximo 3 puntos.
- Fomento do intercambio de experiencias e a cooperación Sur-Sur e Sur-Norte. Máximo 2 puntos.
6.2.4. Co orzamento (14 puntos):
- Adecuación aos requisitos das bases. Máximo 4 puntos.
- Adecuación ás actividades planeadas. Máximo 4 puntos.
- Viabilidade financeira do proxecto. Máximo 4 puntos.
- Relación entre o monto solicitado os resultados e o número de persoas albo que atinxe o proxecto. Máximo 2 puntos.
6.2.5. Implicación local no proxecto (10 puntos)
6.2.6. Que se potencie o papel de organizacións comunitarias. Máximo 10 puntos.
A puntuación que poderá acadar un proxecto é, como máximo, 99 puntos. Para que un proxecto sexa financiado deberá acadar un mínimo do 50% en cada un dos enunciados.
7.1. A efectividade das accións para facer fronte a unha emerxencia mídese pola rapidez da resposta a dar, a coordinación de todos os axentes e organismos que se impliquen, pero sobre todo polo coñecemento que se teña do país e do territorio onde se produza esta emerxencia. O Fondo Galego non dispón de capacidade nin de suficientes recursos económicos para dar resposta a calquera emerxencia alí onde se produza.
Por esta razón, o Fondo Galego soamente participará en emerxencias que se produzan en países onde xa desenvolve un traballo previo e, polo tanto, contando cunha información puntual das necesidades e un coñecemento previo do territorio. A acción debe estar dirixida a articularse cos actores da zona e a suplir unicamente aquilo que as/os beneficiarias/os non poidan atender. Soamente no caso de que se poida dar unha axuda de emerxencia efectiva e que observe as características descritas se participará na primeira fase da emerxencia. De non ser así, a través das organizacións parceiras, poderase participar na fase de rehabilitación (reconstrución) ofrecendo perspectivas de futuro implicándose no continuum emerxencia-rehabilitación-desenvolvemento.
7.2. A tal efecto:
7.2.1. Os proxectos de emerxencia ou axuda humanitaria poderán presentarse en calquera momento do ano, acompañando unha memoria.
7.2.2 As entidades solicitantes deberán cumprir os requisitos esixidos nestas bases.
7.2.3. En caso dunha emerxencia, pódese aprobar a concesión do 100% do orzamento do proxecto e, nese suposto, a axuda aboarase nun único pago.
7.2.4. A entidade receptora deberá presentar unha memoria descritiva e económica sobre a utilización da axuda recibida. No caso das emerxencias, a memoria deberá presentarse no prazo dun ano a partir da data do pago.
D/Dª _______________________________________________________, con DNI número __________, en representación da entidade _________________________________, e na que ostenta o cargo de _________________________________.
EXPÓN:
Que esta entidade cumpre as condicións esixidas para ser beneficiaria das axudas a proxectos de cooperación internacional ao desenvolvemento que outorga o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
En consecuencia, SOLICITA:
Que lle sexa concedida a axuda solicitada por valor de ________________ euros para o proxecto ____________________________________________ a executar en __________________ (país), cun orzamento total previsto que ascende a ___________________ euros, achegando os documentos requeridos, certificando a súa total e plena veracidade.
En ________________,a _____ de ____________ de 2010.
(sinatura d@ solicitante) (selo da entidade)
A Asemblea xeral de socios celebrada en Santiago de Compostela o 26 de xuño de 2009 aprobou por unanimidade a Proposta de Resolución da Convocatoria 2009 para o financiamento de proxectos de cooperación ao desenvolvemento e solidariedade, que se transcribe a continuación.
Resolución
Presentáronse a esta convocatoria un total de 45 proxectos co seguinte perfil xeográfico:
* Centroamérica (10)
* Caribe (2)
* Sudamérica (21)
* África (12)
A proposta da Comisión Avaliadora Técnica, na que participaron representantes dos Concellos de Vigo, Baiona, Arteixo, das Deputacións de Lugo e Pontevedra e da Secretaría do Fondo, con ausencia xustificada da Deputación da Coruña e concello de Ferrol, tivo en conta non soamente o interese das accións propostas senón igualmente as capacidades orzamentarias.
ONGD: Arquitectos sen Fronteiras
Orzamento Total: 175.712,91 €
Cantidade solicitada ao Fondo: 49.954,87 €
Cantidade aportada polo Fondo: 49.954,87 €
Cantidade aportada pola ACCD: 100.000 €
Cantidade aportada por outros financiadores: 25.758,04 €
Resumo: A acción proxectada responde a unha terceira fase para o apoio en mellora do acceso da poboación á rede sanitaria e da xestión de recursos sanitarios.
Observacións: Esta proxecto preséntase como continuidade do traballo xa realizado dende o ano 2006 por ASF na elaboración dos Planos Directores do Hospital Provincial de Inhambane e do Hospital Rural de Vilankulo, así como a rehabilitación do Centro de Saúde Rural de Panda e o apoio técnico ao persoal da Dirección Provincial de Saúde de Inhambane (DPS-I).
ONGD: Implicadas/os no Desenvolvemento
Orzamento Total: 45.372 €
Cantidade solicitada ao Fondo: 26.372 €
Cantidade aportada polo Fondo: 26.372 €
Cantidade aportada pola ONGD: 5.000 €
Cantidade aportada por Outros: 14.000 €
Resumo: Este proxecto pretende evitar que as nenas que viven nos suburbios da cidade de Addis Abeba teñan que traballar na rúa, procurando o seu acceso a recursos suficientes que lles permitan estudar e exercer os seus dereitos.
Observacións: Trátase dun programa de Desenvolvemento Urbano Comunitario dunha duración total de catro anos, referíndose esta proposta ao terceiro ano do mesmo.
ONGD: Paz e Desenvolvemento
Orzamento Total: 87.693,45 €
Cantidade solicitada ao Fondo: 50.000 €
Cantidade aportada polo Fondo: 50.000 €
Cantidade aportada polo Parceiro: 21.696,85 €
Cantidade aportada pola Poboación Beneficiaria: 15.996,60 €
Resumo: Promove accións de fortalecemento de capacidades no goberno municipal de Totogalpa e entre os actores locais en estreita relación coas estruturas comunitarias para buscar, dunha forma consensuada, solucións á problemática real das comunidades con alta vulnerabilidade de pobreza.
Observacións: Non hai.
ONGD: Solidariedade Galega
Orzamento Total: 30.000 €
Cantidade solicitada ao Fondo: 24.000 €
Cantidade aportada polo Fondo: 24.000 €
Cantidade aportada por Outros: 6.000 €
Resumo: O obxectivo principal deste proxecto é mellorar a cualidade da atención sanitaria a través da realización de cursos teórico-prácticos a profesionais sanitarios (médicos, enfermeiras, matronas, voluntarios de saúde) e non sanitarios (mergulladores, policía, bombeiros, exército), así como, a través da realización de charlas de educación sexual e planificación familiar a adolescentes.
Observacións: Non hai.
Parceiro: Cámara Municipal de S. Filipe
Illa: Fogo
Orzamento Total: 98.169,87 €
Cantidade solicitada ao Fondo: 73.568,61 €
Cantidade aportada polo Fondo: 3.568,61 €
Cantidade aportada polo Concello de Vigo: 70.000 €
Cantidade aportada polo parceiro: 24.601,26 €
Resumo: Preténdese estender a ligazón de auga domiciliaria a 30 localidades da zona de Cabeça Monte, Inhuco e Lagariça e apoiar a 54 personas na construción de baños.
Parceiro: Cámara Municipal de Maio
Orzamento Total: 61.175,33 €
Cantidade solicitada ao Fondo: 29.371,18 €
Cantidade aportada polo Fondo: 883,82 €
Cantidade aportada pola Xunta de Galicia: 28.487,36 €
Cantidade aportada polo parceiro: 31.804,21 €
Resumo: Promover espazos de encontro e de concertación social nas localidades de Alcatraz e Pilão Cão, con vista a combater o illamento, así como, promover a capacitación das respectivas poboacións, a través da creación dun Centro Comunitario.
Parceiro: Cámara Municipal de Paul
Illa: Santo Antón
Orzamento Total: 60.616,42 €
Cantidade solicitada ao Fondo: 47.040,82 €
Cantidade aportada polo Fondo: 379,42 €
Cantidade aportada pola Xunta de Galicia: 46.661,40 €
Cantidade aportada polo parceiro: 13.575,60 €
Resumo: Esta proposta representa unha nova fase do proxecto “Apoio á implementación de políticas locais cunha perspectiva de xénero”, o cal tivo como produto final a elaboración do Plan Municipal para a Igualdade e Equidade de Xénero(PMIEG 2009-2011). Para garantir a implementación das accións do PMIEG, foi prevista a creación e a entrada en funcionamento do Gabinete de Apoio á Muller. Este Gabinete recentemente creado (Xullo de 2009), atópase aínda na fase de instalación e de divulgación dos servizos que prestará. Con esta nova fase do proxecto, preténdese garantir as condicións necesarias ao pleno funcionamento do Gabinete de Apoio á Muller, no sentido de dar respostas ás prioridades de acción definidas polo PMIEG.
Parceiro: ICIEG
Orzamento Total: 72.314,09 €
Orzamento anualidade 2009: 30.000 €
Cantidade aportada pola Deputación da Coruña: 30.000 €
Resumo: Integración da perspectiva de xénero nos mecanismos de planificación, execución, seguimento e avaliación das políticas públicas locais. Elaboración de 2 Plans Locais de Igualdade e Equidade de Xénero.
Observacións: Este proxecto iniciouse na anualidade 2008 coas achegas do Concello de Culleredo, Concello de Vilagarcía de Arousa, Deputación de Lugo e a Deputación da Coruña e a acción continúa durante este ano coa achega da Deputación da Coruña para culminar coa presentación dos Plans Municipais de Igualdade e Equidade de Xénero.
Observacións: Plano Municipal para a Igualdade e Equidade de Xénero da Cámara da Praia.
Parceiro: Centro de Promoción do Desenvolvemento e a Educación.
Orzamento Total: 119.905,68 €
Cantidade solicitada ao Fondo: 55.206,68 €
Cantidade aportada polo Fondo: 1.200 €.
Cantidade aportada pola Xunta de Galicia: 54.006,68 €
Cantidade aportada polo parceiro: 64.699 €.
Resumo: O proxecto oriéntase a prestar atención prioritaria aos municipios rurais andinos da provincia de Huaral, a fin de que desenvolvan as súas capacidades de xestión do desenvolvemento sostible nas áreas económica, social e ambiental, a favor das comunidades campesiñas andinas.
Observacións: Conta cunha aportación adicional do Concello da Coruña.
Parceiro: Tierra de niñ@s
Orzamento Total: 53.028,16 €
Cantidade solicitada ao Fondo: 46.911,29 €
Cantidade aportada polo Fondo: 842,34 €
Cantidade aportada pola Xunta de Galicia: 45.811,28 €
Resumo: Esta proposta ten por obxectivo fortalecer e construir capacidades e habilidades en 60 nenos e nenas de 4 anos, ofrecéndolles oportunidades de acceder exitosamente ao sistema educativo e desenvolver as súas capacidades oportunamente.
Observacións: Non hai.
ONGD: Oficina del Conservador de la Ciudad.
Orzamento Total: 313.236 €
Orzamento anualidade 2009: 104.412 €
Cantidade aportada polo Fondo: 13.500 €
Cantidade aportada pola Xunta de Galicia: 90.912 €
Resumo: Mellorar a calidade de vida dos residentes do centro histórico de Santiago de Cuba a través da mellora nas condicións de habitabilidade en 78 vivendas (2007-2009).
Observacións: Proxecto que tivo o seu inicio no ano 2007 e que remata en 2009.
ONGD: UNRWA
Orzamento Total: 260.000 €
Orzamento anualidade 2009: 200.000 €
Cantidade aportada pola Xunta de Galicia: 200.000 €
Resumo: Reconstrución de vivendas e conexión de auga domiciliaria no campo de refuxiados Neirab en Siria. O proxecto será executado pola UNRWA.
Observacións: Proxecto que comezou a implementarse durante 2008 e pecharase ao final do ano 2009.
Orzamento Total: 338.778,36 €
Total Achega Fondo: 150.326,87 €
Cantidade aportada por Outros: 186.451,49 €
Orzamento Total: 1.038.445,55 €
Total Achega Xunta: 465.878,72 €
Total Achega Fondo: 120.374,19 €
Total Achega Parceiros: 134.680,07 €
Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2009.
| Anexo | Tamaño |
|---|---|
| Plano Municipal para a Igualdade e Equidade de Xénero da Cámara da Praia | 684.94 KB |
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, axencia municipalista da cooperación galega, oído o Consello Municipalista da Cooperación, de acordo co establecido nos seus estatutos, e seguindo as súas liñas básicas de actuación, realiza a seguinte convocatoria dirixida a Organizacións non gobernamentais de cooperación ao desenvolvemento (ONGDs) con presenza real en Galicia, que se rexerá polas seguintes.
2.1. Sobre os proxectos.
Sobre aspectos técnicos e de seguemento, valorarase:
3. Poderán concorrer á presente convocatoria aquelas ONGDs que cumpran os seguintes requisitos:
4.1. Instancia-solicitude do financiamento para o proxecto.
4.2. Documentación da entidade solicitante (preséntandoa separada do proxecto).
4.2.1. Copia dos estatutos da entidade.
4.2.2. Certificado de inscrición no rexistro correspondente e, de selo caso, do recoñecemento de Entidade de Utilidade Pública por parte da autoridade competente.
4.2.3. Tarxeta de identificación fiscal.
4.2.4. Documentación acreditativa de que a entidade se atopa ao corrente das obrigas tributarias ou de calquera outra naturaleza segundo o que dispoña a normativa vixente.
4.2.5. Memoria de actividades correspondente ao ano anterior, así como do estado contable e fontes de financiamento.
4.2.6. Certificado bancario dos datos da conta corrente na que se debe efectuar o ingreso.
4.2.7. Información sobre a experiencia da entidade solicitante no país e no sector de actuación do proxecto.
4.2.8. Organigrama da entidade e certificación do número de socios.
4.2.9. Certificación, se é o caso, da pertenza á Coordinadora galega de ONGDs.
4.2.10. Certificación, se é o caso, na que conste o compromiso de aportar a diferenza entre o custe do proxecto e a axuda solicitada, ben directamente ou a través de financiamento de terceiros.
Aquela documentación que xa obre no Fondo Galego de convocatorias anteriores non será necesario presentala, exceptuando aquela que deba actualizarse periodicamente.
4.3. Documentación do parceiro local (presentada separadamente do proxecto).
4.3.1. Copia dos estatutos da entidade e acreditación da súa constitución legal segundo a normativa propia do país.
4.3.2. Credencial do seu representante legal.
4.3.3. Memoria de actividades correspondente ao ano anterior.
4.3.4. Información sobre a experiencia do parceiro local no país e sector de actuación do proxecto.
4.3.5. Balance de contas e resultados do ano 2008 con mención das fontes de financiamento.
4.4. Memoria do Proxecto, que deberá incluír, como mínimo, os seguintes aspectos:
4.4.1 Da entidade que presenta o proxecto
4.4.2 Do parceiro local
4.4.3 Do proxecto
| CONCEPTOS | CONTRIBUCIÓNS EXTERNAS | CONTRIBUCIÓNS LOCAIS |
CUSTE TOTAL |
|||
|
CUSTES DIRECTOS |
Fondo Galego | ONGD do Norte | Outros | ONG do Sur |
Beneficiarios |
TOTAL |
| Terreos | ||||||
| Construcións | ||||||
| Equipos e subministros | ||||||
| Persoal local | ||||||
| Persoal expatriado | ||||||
| Funcionamento | ||||||
| Fondos rotatorios | ||||||
| Imprevistos | ||||||
| Outros | ||||||
| Subtotal custes directos | ||||||
| % Custes directos | ||||||
| CUSTES INDIRECTOS | ||||||
| Entidade Norte | ||||||
| Entidade Sur | ||||||
| Sub total custes indirectos | ||||||
| % Custes indirectos | ||||||
| TOTAL | ||||||
4.4.4 Sobre o orzamento
4.4.5 Outros
No caso de que o proxecto contemple a construción de infraestruturas comunitarias (educativas, sanitarias,sociais, …) a propiedade quedará preferentemente en mans de institucións públicas ou da comunidade. De non ser así, deberase xustificar a causa. Ademáis, o Fondo Galego non financiará en ningún caso a adquisición de terreos.
4.4.6. Condicións de financiamento e custes financiables
No caso de que o Fondo Galego non aprobe a totalidade do importe solicitado, a entidade poderá, no seu caso, reformular o orzamento de conformidade coa cantidade outorgada.
Os proxectos que resulten aprobados e non superen os 9.000 euros serán aboados nun único pago. En todo caso, a ONGD deberá presentar as memorias xustificativas nos prazos previstos nas presentes bases.
Asinarase un documento entre a entidade a quen se lle outorga o financiamento do proxecto e o Fondo Galego, onde quedarán recollidos os dereitos e deberes das dúas partes.
O Fondo Galego non asumirá os custes engadidos derivados das flutuacións monetarias.
6.1. Referente á execución e seguimento do proxecto
6.1.1. A entidade deberá iniciar o proxecto no prazo máximo de dous meses, a partires da percepción efectiva da subvención.
6.1.2 Calquera cambio substancial que se produza no proxecto e/ou poida afectar aos obxectivos, actividades ou orzamento do mesmo, comunicarase por escrito ao Fondo Galego, quen responderá de igual maneira para comunicar a súa aprobación ou denegación. Enténdese por modificación substancial aquela que afecta aos obxectivos e resultados do proxecto, modificacións do orzamento superior ao 20% nunha partida e modificacións no tempo de execución superior a 3 meses. O Fondo deberá pronunciarse no prazo máximo de un mes sobre a aceptación ou denegación das modificacións.
6.1.3. A entidade solicitante deberá responsabilizarse do correcto uso do financiamento que se conceda, de xeito que, en ningún caso, poderase desviar a outra finalidade, sen a aprobación previa do Fondo Galego.
6.1.4. Asi mesmo, a entidade farase responsable da execución do proxecto subvencionado e de garantir o seu seguimento e control, debendo xustificar ao Fondo Galego o traballo realizado.
6.1.5. O Fondo Galego reservase o dereito de facer un seguimento e avaliación sobre o terreo en calquera fase da execución do proxecto e poderase reunir co parceiro e cos beneficiarios do proxecto.
6.2. Referente á xustificación do proxecto.
6.2.1. A entidade á que o Fondo Galego lle financie un proxecto deberá presentar a seguinte documentación para xustificar a súa execución:
- Un informe de seguimento que incluirá unha memoria narrativa e económica da marcha do proxecto no prazo de seis meses a contar dende a data de entrega do primeiro pago, seguindo o formato facilitado polo Fondo Galego. Este informe intermedio non será necesario para aqueles proxectos cunha duración inferior a seis meses. No económico, incluirá xustificantes de gasto orixinais, copias compulsadas, certificacións de gastos e calquera documentación xustificativa dos gastos realizados. Ademais, aportará un CD con fotografías e outras fontes de verificación. O prazo de presentación do informe é de 1 mes despois de cumprirse a metade do prazo de execución do proxecto.
- Un informe final que incluirá unha memoria narrativa e económica da execución do proxecto, así como das actividades de sensibilización e difusión que se levaran a cabo en relación co mesmo. No económico, incluirá xustificantes de gasto orixinais, copias compulsadas, certificacións de gastos e calquera documentación xustificativa dos gastos realizados. Ademais, aportará un CD con fotografías e outras fontes de verificación. O prazo para a presentación do informe é de dous meses despois da finalización do proxecto.
7.1. A valoración das propostas contempla unha análise exhaustiva da capacidade da ONG solicitante, da calidade técnica do proxecto presentado e do parceiro local. Só serán avaliadas aquelas solicitudes que cumpran cos requisitos expostos nestas Bases.
7.2. A valoración dos proxectos realizarase en relación a:
No caso de proxectos de carácter produtivo é imprescindible presentar un plan de viabilidade con explicación dos ingresos e dos gastos esperados, incluíndo unha breve análise dos mesmos.
Implicación local no proxecto (10 puntos)
Que se potencie o papel de organizacións comunitarias. Máximo 10 puntos.
A puntuación que poderá acadar un proxecto é, como máximo, 99 puntos. Para que un proxecto sexa financiado deberá acadar un mínimo do 50% en cada un dos enunciados.
8.1. A efectividade das accións para facer fronte a unha emerxencia mídese pola rapidez da resposta a dar, a coordinación de todos os axentes e organismos que se impliquen, pero sobre todo polo coñecemento que se teña do país e do territorio onde se produza esta emerxencia. O Fondo Galego non dispón de capacidade nin de suficientes recursos económicos para dar resposta a calquera emerxencia alí onde se produza.
Por esta razón, o Fondo Galego soamente participará en emerxencias que se produzan en países onde xa desenvolve un traballo previo e, polo tanto, contando cunha información puntual das necesidades e un coñecemento previo do territorio. A acción debe estar dirixida a articularse cos actores da zona e a suplir unicamente aquelo que os beneficiarios non poidan atender. Soamente no caso de que se poida dar unha axuda de emerxencia efectiva e que observe as características descritas se participará na primeira fase da emerxencia. De non ser así, a través das organizacións parceiras, poderase participar na fase de rehabilitación (reconstrución) ofrecendo perspectivas de futuro implicándose no continuum emerxencia-rehabilitación-desenvolvemento.
8.2. A tal efecto:
8.2.1. Os proxectos de emerxencia ou axuda humanitaria poderán presentarse en calquera momento do ano, acompañando unha memoria.
8.2.2 As entidades solicitantes deberán cumprir os requisitos esixidos nestas bases.
8.2.3. En caso dunha emerxencia, pódese aprobar a concesión do 100% do orzamento do proxecto e, nese suposto, a axuda abonarase nun único pago.
8.2.4. A entidade receptora deberá presentar unha memoria descritiva e económica sobre a utilización da axuda recibida. No caso das emerxencias, a memoria deberá presentarse no prazo dun ano a partir da data do pago.
D/Dª _______________________________________________________, con DNI número __________, en representación da entidade _________________________________, e na que ostenta o cargo de _________________________________.
EXPÓN:
Que esta entidade cumpre as condicións esixidas para ser beneficiaria das axudas a proxectos de cooperación internacional ao desenvolvemento que outorga o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
En consecuencia, SOLICITA:
Que lle sexa concedida a axuda solicitada por valor de ________________ euros para o proxecto ____________________________________________ a executar en __________________ (país), cun orzamento total previsto que ascende a ___________________ euros, achegando os documentos requeridos, certificando a súa total e plena veracidade.
En ________________,a _____ de ____________ de 2009.
(sinatura d@ solicitante) (selo da entidade)
A Comisión Executiva do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, en sesión celebrada o 6 de xuño do 2008 na sede da Federación Galega de Municipios e Provincias, FEGAMP, en Santiago de Compostela.
1. Habida conta que nos dez anos transcorridos dende que o Fondo Galego iniciou as súas actividades de financiamento e execución de proxectos de cooperación e sensibilización para o desenvolvemento, produciuse un forte incremento no número de entidades asociadas, chegando a representar arredor do 70% de poboación local galega, o que propiciou un aumento significativo no volume de actividades e compromisos adquiridos cos distintos niveis da Administración (local, autonómica, estatal e internacional), implicando unha maior complexidade na súa xestión e na consecución de resultados.
2. Considerando este o momento idóneo para acometer unha avaliación do traballo realizado polo Fondo nestes anos, reflexionando e planificando o traballo futuro de xeito que conclúa na redefinición de estratexias e liñas de actuación a prol da mellora na xestión, na calidade e no impacto dos proxectos que o Fondo xestiona tanto na modalidade de cooperación directa como aqueles financiados a través da Convocatoria aberta a Organizacións non gobernamentais.
3. Tendo en conta o retraso operado na xestión da convocatoria de 2007, por mor das eleccións municipais e a formación de novos órganos locais e provinciais, que propiciou unha acumulación relativamente importante de proxectos pendentes de execución.
4. Vista a necesidade de clarexar a situación económica interna, tanto no que atinxe á xestión dos recursos e compromisos contraídos como ás achegas pendentes dos socios, co propósito de mellorar a transparencia e regularizar a base asociativa de xeito que esta se corresponda cunha asunción efectiva dos asociados coa cooperación internacional ao desenvolvemento.
5. Á vista dos seguintes compromisos adquiridos no presente exercicio de 2008:
Parceiro: Oficina del Conservador.
Orzamento anualidade 2008: 104.412,00 €.
Achega do Fondo Galego: 13.500,00 €.
Achega da DXCE: 90.912,00 €.
Resumo: Mellorar a calidade de vida dos residentes do centro histórico de Santiago de Cuba a través da mellora nas condicións de habitabilidade en 78 vivendas (2007-2009).
Parceiro: INPRHU-Somoto.
Orzamento: 185.055,31 €.
Achega da Consellería de Vivenda e Solo: 110.386,74 €.
Outras achegas: 74.668,57 €.
Resumo: Reducir a incidencia de chagas e das condicións de amoreamento familiar da poboación indíxena Chorotegas a través de autoconstrución de vivendas.
Parceiro: INPRHU-Somoto.
Orzamento: 123.714,95 €.
Achega do Fondo Galego: 7.793,63 €.
Achega do Concello Vigo: 62.000,00 €.
Outras achegas: 53.921,32 €.
Resumo: Reducir a incidencia de Chagas das condicións de amoreamento familiar da poboación indíxena Chorotegas a través de autoconstrución de vivendas.
Parceiro: Intendencia Municipal de Montevideo.
Orzamento: 250.000,00 €.
Achega da Consellería de Vivenda e Solo: 250.000,00 €.
Resumo: O proxecto ten como obxectivo mellorar as condicións de vida da poboación cartoneira de Montevideo a través da autoconstrución de vivendas nos citados barrios.
Parceiro: Tierra de Niños.
Orzamento: 23.316,36 €.
Achega do Fondo Galego: 11.316,36 €.
Achega do Concello de A Coruña: 12.000,00 €.
Resumo: Intervención Educativa en Cañete, Zona Sur, da Rexión Lima. Fase de reconstrución tralo terremoto do 15 de agosto de 2007.
Parceiro: ICIEG.
Illa: Santo Antón e Santiago
Orzamento: 76.586,08 €.
Cantidade achegada polo Fondo Galego: 19.984,00 €.
Cantidade achegada polo Concello Vilagarcía: 3.000,00 €.
Cantidade achegada polo Concello de Pontevedra: 3.000,00€
Cantidade achegada polo Concello de Culleredo: 6.000,00€
Cantidade achegada pola Deputación de A Coruña: 30.000,00€
Outras achegas: 14.602,08 €.
Resumo: Integración da perspectiva de xénero nos mecanismos de planificación, execución, seguimento e avaliación das políticas públicas locais. Elaboración de 4 Plans Locais de Igualdade e Equidade de Xénero.
Observacións: Plano Municipal para a Igualdade e Equidade de Xénero
Parceiro: CITI-HABITAT.
Illa: Santiago
Orzamento total: 134.700€.
Cantidade achegada polo Fondo: 123.000,00 €.
Outras achegas: 11.700,00 €.
Resumo: Mellora do estado sanitario das familias residentes no Barrio de Ponte D´Auga a través da conexión domiciliaria das casas a partir da rede de abastecemento existente.
Parceiro: UNRWA.
Orzamento total: 260.000,00 €.
Orzamento 2008: 55.000,00 €.
Achega do Fondo Galego: 5.000,00 €.
Achega da Consellería de Vivenda e Solo: 50.000,00 €.
Resumo: Reconstrución de vivendas e conexión de auga domiciliaria no campo de refuxiados Nahr al Bared en Siria. O proxecto será executado pola UNRWA.
Observacións: En trámite (convenio bianual 2008-2009).
Previsión 2008: 972.808,70 €.
Achegas da Xunta de Galicia: 618.298,74 €.
Achegas do Fondo Galego: 63.593,99 €.
Achegas extraordinarias de asociados: 116.000,00 €.
Achegas de parceiros: 174.915,97 €.
6. Considerando igualmente a necesidade de proceder a unha reformulación das Bases anuais da convocatoria pública de proxectos co propósito de mellorar contidos e a súa calidade xeral, proceso que se considera conveniente desenvolver fomentando a participación dos principais actores da cooperación galega.
Á vista dos antecedentes descritos, adóptase a seguinte
1. De modo excepcional, non realizar a convocatoria aberta de 2008 para o financiamento de proxectos de cooperación internacional ao desenvolvemento.
2. Integrar os recursos económicos de 2008 derivados das achegas das entidades asociadas na convocatoria aberta de 2009.
E para que así conste aos efectos oportunos, asinamos a presente resolución en Santiago de Compostela, a 6 de xuño de 2008.
| Anexo | Tamaño |
|---|---|
| Plano Municipal para a Igualdade e Equidade de Xénero | 1.29 MB |
A Asemblea xeral de socios celebrada en Santiago de Compostela o 28 de setembro de 2007 aprobou por unanimidade a Proposta de Resolución da Convocatoria 2007 para o financiamento de proxectos de cooperación ao desenvolvemento e solidariedade, que se transcribe a continuación.
Presentáronse a esta convocatoria un total de 82 proxectos co seguinte perfil xeográfico:
* África: 28,
* América Central: 16,
* América do Sur: 32,
* Caribe: 3,
* Asia: 3.
A proposta da Comisión Avaliadora Técnica, na que participaron representantes do Concello de Arteixo, Baiona, Culleredo, Neda, Oleiros, Deputación de A Coruña, e da Secretaría Técnica do Fondo Galego, con ausencia xustificada do Concello de Vigo e da Deputación de Pontevedra, tivo en conta non soamente o interese das accións propostas senón igualmente as capacidades orzamentarias.
ONGD: INTI.
Parceiro: Fogar de Santa María de Huancarama.
Orzamento total: 3.092,73 €.
Achega do Fondo Galego: 3.000 €.
Resumo: O presente proxecto pretende mellorar a calidade de vida das nenas do Fogar de Santa María Goretti; para tal fin construirase unha granxa de cría de animais menores: polos e cuies. Beneficiarias: 50 nenas.
Sector: Seguridade alimentaria. Necesidades básicas.
ONGD: Bicis pola Paz.
Parceiros: Asociación para el Desarrollo Integral (ADIAR).
Orzamento: 4.750 €.
Achega do Fondo Galego: 2.300 €.
Achega da ONGD: 2.450 €.
Resumo: O proxecto consiste na compra de 60 bicicletas co obxectivo de apoiar ás actividades de asistencia técnica dos/as promotores/as comunitarios/as nas áreas de educación sanitaria, nutricional, e nos sectores pecuarios e agrícolas. O obxectivo xeral é promover o desenvolvemento das condicións de vida das familias labregas.
Sector: Transporte. Necesidades estratéxicas.
Entidade: Tierra de Niños.
Orzamento total: 48.096,17 €.
Achega do Fondo Galego: 24.048 €.
Resumo: O proxecto consiste na realización de actividades de promoción do programa e recadación de fondos; capacitación aos guías; obradoiros de capacitación aos membros da rede; escola de formación en micro-negocios; equipamentos co obxectivo de promover a identidade local xerando experiencias emprendedoras no eido do turismo solidario.
Sector: Capacitación. Economía social. Eco-turismo. Necesidades estratéxicas.
Comentarios: Achega do Concello de Oleiros por confirmar.
Entidade: Movimento de Mulheres Camponesas-RS.
Orzamento total: 12.121,79 €.
Achega do Fondo Galego: 11.250,76 €.
Achega da entidade: 871,03 €.
Resumo: O proxecto consiste na realización de seminarios dirixidos ás mulleres labregas co obxectivo de promover e mellorar as condicións de vida das mulleres traballadoras rurais a través da súa capacitación e empoderamento. Beneficiarias directas: 510.
Sector: Empoderamento de xénero. Necesidades estratéxicas.
Parceiro: INPRHU-Somoto.
Orzamento total: 11.029,84 €.
Achega do Fondo Galego: 5.000 €.
Achega do Concello de Allariz: 5.000 €.
Resumo: O proxecto pretende construír un local como comedor, cociña e adega para ser usado na atención dos/as asistententes aos cursos de capacitación e de formación que teñen lugar no Centro de Capacitación POPOL-VUH.
Sector: Seguridade alimentaria. Necesidades básicas.
Comentarios: Achega do Concello de Allariz por confirmar.
Parceiro: Asociación de promotores comunitarios de O Salvador.
Orzamento total: 71.964,48 €.
Achega do Fondo Galego: 2º ano: 25.541,92 €.
Resumo: O proxecto pretende mellorar a calidade de vida da poboación moza, especialmente de mulleres adolescentes, mediante o impulso dunha produción alternativa de medicamentos naturais para a saúde sexual e reprodutiva.
Sector: Empoderamento de xénero. Economía social. Necesidades estratéxicas.
Entidade: Confederación Intersindical Galega (CIG).
Parceiro: Workers Advice Center (WAC).
Orzamento total: 73.531 €.
Achega do Fondo Galego: 17.000 €.
Resumo: O presente proxecto pretende contribuír á eliminación da pobreza e da marxinación da comunidade árabe–palestina en Israel, centrándose no colectivo das mulleres palestinas, dotándoas e capacitándoas en técnicas e habilidades de cestería co obxectivo de pór en funcionamento unha cooperativa.
Sector: Empoderamento. Economía social. Necesidades estratéxicas.
ONGD: Implicadas ao Desenvolvemento.
Parceiro: People’s Development Initiatives (PDI).
Orzamento total: 11.144,80 €.
Achega do Fondo Galego: 10.044,80 €.
Achega da ONGD: 1.100 €.
Resumo: O presente proxecto pretende sensibilizar e cambiar as actitudes e prácticas da comunidade sobre a discriminación de xénero con especial énfase nunha das súas prácticas máis extremas, o infanticidio.
Sector: Xénero. Necesidades estratéxicas.
Parceiros: Asociación Nacional de Municipios Caboverdianos (ANMCV).
Orzamento total: 2.000 €.
Achega da DXCE: 2.000 €.
Resumo: O proxecto consiste no apoio á elaboración dos Plans Directores Ambientais.
Sector: Necesidades estratéxicas.
Parceiros: Cámara Municipal de S. Filipe.
Illa: Fogo
Orzamento total: 34.012 €.
Achega do Fondo Galego: 5.000 €.
Achega da DXCE: 29.012 €.
Resumo: O proxecto consiste na construción dun depósito e un chafariz, accións que serán completadas coa extensión da rede de auga. O proxecto persigue mellorar o abastecemento de auga á poboación.
Sector: Abastecemento e saneamento de auga.
Parceiros: Cámara Municipal de Ribeira Grande, Organizacións de Base Comunitarias.
Illa: Santo Antón.
Orzamento total: 21.140 €.
Achega do Fondo Galego: 2.500 €.
Achega da DXCE: 15.640 €.
Achega dos parceiros: 3.000 €.
Resumo: O proxecto consiste na construción dun centro socio-comunitario. O novo edificio reforzará a prestación de servizos sociais e as capacidades de intervención nas respectivas comunidades no marco das competencias asumidas no marco do proceso de descentralización.
Sector: Infraestrutura social.
Parceiros: Cámara Municipal de San Miguel, Centro de Formación Profesional, OASIS.
Illa: Santiago
Orzamento total: 26.349 €.
Achega do Fondo Galego: 3.000 €.
Achega da DXCE: 20.000 €.
Achega dos parceiros: 3.349 €.
Resumo: O proxecto pretende contribuír a autosostenibilidade dos xóvenes na procura do seu primeiro emprego, reforzando a súa formación en sectores diversos como: danza, asociativismo, manutención de ordenadores e artesanía.
Sector: Capacitación–formación. Necesidades estratéxicas.
Parceiro: CITI-HABITAT.
Illa: Santiago
Orzamento total:154.626,00€.
Cantidade achegada polo Fondo: 6.000€.
Cantidade achegada pola xunta de Galicia: 117.000€
Resumo: Mellora do estado sanitario das familias residentes no Barrio de Ponte D´Auga a través da conexión domiciliaria das casas a partir da rede de abastecemento existente.
Parceiro: ICIEG.
Illa: Santo Antón e Santiago
Orzamento total: 49.016,73€.
Cantidade achegada polo Fondo: 3.000,00€.
Cantidade achegada pola Xunta de Galicia: 31.415,76€
Resumo: o proxecto pretende ser unha achega para o reforzo da participación políticas das mulleres nas dinámicas locais en tódolos concellos do país, elevando o número de candidatas nas listas nas eleccións do 2008. Para iso, estableceuse un plan de traballo que inclúe aos partidos políticos e organización de base.
Parceiro: UNRWA.
Orzamento total: 107.029,29 €.
Achega do Fondo Galego: 8.029, 29 €.
Achega da Consellería de Vivenda: 99.000 €.
Resumo: O proxecto pretende contribuír á mellorar a calidade de vida da poboación refuxiada e para tal fin rehabilitaranse as vivendas diminuíndo os problemas de saúde e crearanse oportunidades de emprego.
Sector: Vivenda. Necesidades básicas.
Parceiro: INPRHU-Somoto.
Orzamento total: 191.521,98 €.
Achega do Fondo Galego: 8.029,29 €.
Achega da Consellería de Vivenda: 99.000 €.
Resumo: O proxecto pretende mellorar a calidade de vida de 8 comunidades rurais construíndo latrinas, fogóns, elementos para captación de auga e impartindo seminarios sobre prácticas hixiénico-sanitarias, tratamento de residuos, etc.
Sector: Vivenda. Necesidades básicas.
Parceiro: INPRHU-Somoto.
Orzamento total: 40.776,56 €.
Achega do Fondo Galego: 15.776,56 €.
Achega da Deputación de A Coruña: 25.000 €.
Resumo: O proxecto pretende formar a mozos e mozas en xestión técnica agropecuaria co fin de impulsar un desenvolvemento integral, autoxestionado e sostibe.
Sector: Formación-agricultura. Necesidades estratéxicas.
Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2007.
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, axencia municipalista da cooperación galega, oído o Consello Municipalista da Cooperación, de acordo co establecido nos seus estatutos, e seguindo as súas liñas básicas de actuación, realiza a seguinte convocatoria de axudas, dirixida a Organizacións non gobernamentais de cooperación ó desenvolvemento e de solidariedade (ONGDs) con presenza real en Galicia; Asociacións, Entidades e Organizacións con personalidade xurídica e sen ánimo de lucro (veciñais, ecoloxistas, xuvenís, sindicais, de inmigrantes, etc.) vencellados a entidades de cooperación ó desenvolvemento; ONGDs do sur e países non desenvolvidos que conten cun interlocutor válido e recoñecido ante o Fondo co obxecto de colaborar con elas no logro universal dun desenvolvemento humano. A tal efecto, financiaranse proxectos de cooperación de acordo coas seguintes bases:
| Título Primeiro | Características dos proxectos (art 1) |
| Título Segundo | Beneficiarios das convocatorias (art 2-3) |
| Título Terceiro | Prioridades na concesión (art 4-6) |
| Título Cuarto | Os prazos e a documentación a presentar (art 7-8) |
| Título Quinto | A concesión das axudas (art 9-14) |
| Título Sexto | A xustificación dos proxectos (art 15-18) |
| Anexo I | Proxecto de Actuación |
| Anexo II | Datos da Entidade solicitante |
I. Os proxectos terán en conta as seguintes premisas:
a) Que se realicen en países non desenvolvidos, cun IDH mediano e baixo, e atendendo aos parámetros xerais establecidos no Plan Director da Cooperación Galega.
b) Que os seus obxectivos se centren na procura dun desenvolvemento participativo, endóxeno, que procure a transformación social das realidades do sur e que teñan no eido local e comunitario o seu espazo principal de intervención facendo especial fincapé na cobertura de necesidades básicas, infraestrutura e promoción do tecido económico, gobernabilidade democrática, saúde, educación, conservación de medio ambiente, etc., e en actuacións con efectos duradeiros. O financiamento de casos de emerxencia acreditada só se fará de maneira excepcional.
c) Que poidan beneficiarse dos mesmos os cidadáns en xeral, sen que se discrimine por razón de grupo étnico, confesión relixiosa, etc., incidindo especialmente na superación da discriminación por razón de xénero.
d) Que eviten a invasión cultural e potencien e respecten a idiosincrasia do pobo beneficiario e o seu medio ambiente.
II. Na actual convocatoria non serán obxecto de apoio aqueles programas de sensibilización dirixidos ós cidadáns de Galicia, que se arbitrarán a través dun programa independente do Fondo.
III. Os proxectos ou unha fase dos mesmos desenvolveranse ó longo do período 2007-2008.
IV. Contido económico.
Con carácter xeral na modalidade de cooperación indirecta terán preferencia aqueles proxectos que cuxa contía non sexa superior aos 50.000 €.
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade poderá outorgar axudas a:
Quedan excluídas as Entidades Gobernamentais de Cooperación, institucións financeiras e formacións políticas.
En relación co proxecto en si, terán preferencia os que teñan en conta os criterios seguintes:
1. Que estean dirixidos aos grupos menos favorecidos e que contribúan a mellorar as súas condicións de vida. Valorarase o número de persoas que se beneficiarán da axuda.
2. Que impliquen e fomenten a participación dos beneficiarios en todas e cada unha das fases: concepción, realización, xestión e avaliación.
3. Que teñan perspectiva de futuro nun dobre sentido:
a) Que poidan continuar cando a axuda exterior remate (autosuficiencia económica).
b) Se son impulsadas inicialmente pola cooperación exterior, que teñan en conta e garantan a súa continuidade a longo prazo con responsábeis locais (autosuficiencia loxística).
4. Que contemplen unha concepción integral do desenvolvemento e dean soporte ás organizacións de base, excluíndo as actividades que pretendan a promoción dunha opción política, relixiosa ou sindical concreta ou alenten a discriminación por razón de xénero.
5. Que, no suposto de accións directamente produtivas, axuden á constitución de recursos financeiros que se poidan empregar para outros proxectos ou actividades posteriores (fondos de rotación, préstamos, garantías bancarias, etc).
6. Que presenten obxectivos de desenvolvemento concretos, claros, avaliables e posibles de conseguir nun prazo razoable.
7. Que fomenten e respecten o medio ambiente.
8. Que sexan promovidas por ONGDs ou entidades do país beneficiario, que, ademais de responsabilizarse da execución, ofrezan a garantía dunha equipa responsable.
9. Que sexan de duración plurianual e se integren nunha planificación máis ampla.
10. Que axuden á creación dunha nova infraestrutura socioeconómica na zona onde se execute, e/ou á adquisición de bens de equipamento, e/ou á consecución do capital necesario para a formación de microempresas comunitarias, e/ou á capacitación e promoción do persoal executor do proxecto.
11. Que contemplen a participación de entidades municipalistas nas súas diferentes fases (formulación, xestión, avaliación) e se adecúen ó perfil das obrigas e funcións básicas a desenvolver polas entidades locais.
12. Con respecto á súa forma de presentación valorarase a fundamentación, a claridade e coherencia interna da presentación, a achega de documentación complementaria, que sexan cuantificábeis mediante orzamentos detallados e fidedignos, e a idoneidade dos parceiros.
13. Que impulsen a participación activa das asociacións de inmigrantes asentadas na comunidade galega no compromiso ao desenvolvemento local das súas comunidades de orixe.
a) A Comisión Executiva designará unha Comisión Avaliadora Técnica que valorará de 1 a 3 puntos cada un dos criterios do artigo 4º.
b) A Comisión Executiva terá en conta o informe dun equipo técnico, se a natureza do proxecto o aconsella. Neste suposto poderá valora-lo de 1 a 5 puntos.
c) O financiamento de casos de emerxencia acreditada só se fará de xeito excepcional. Neste caso valorarase a súa urxencia, a posibilidade real de chegar ao lugar de destino (vías de comunicación), a experiencia da ONGD que canalizará a axuda e a forma proposta de facelo (proxecto, responsábeis...).
d) O Fondo non poderá financiar ou cofinanciar accións xa feitas ou a piques de rematar.
e) Terase en conta o grao de cumprimento polos solicitantes das instrucións en convocatorias anteriores.
En relación coa ONGD ou entidade solicitante, valoraranse os seguintes criterios:
1. É imprescindible que a ONGD ou entidade solicitante sen ánimo de lucro figure constituída legalmente e acredite un mínimo de dous anos de experiencia na execución de proxectos de cooperación ao desenvolvemento.
2. A capacidade de mobilizar a solidariedade e os recursos privados, así como de acadar subvencións doutros organismos.
3. Que teña a capacidade de soster as accións subvencionadas.
4. Que conte cunha traxectoria contrastada no desenvolvemento de actividades de sensibilización na Comunidade autónoma.
5. Que os seus obxectivos sexan compatibles cos do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
6. Valorarase o impulso de proxectos por parte de varias ONG conxuntamente.
7. As ONGDs comprometeranse a participar nas accións de sensibilización impulsadas polo Fondo Galego, sempre e cando non estean en contradición co seu ideario.
As entidades que participen na presente convocatoria terán que presentar a seguinte documentación:
I. Do proxecto:
As entidades solicitantes presentarán o proxecto concreto de actuación e cubrirán o resume do mesmo que se solicita no anexo I. Débense incluír os seguintes datos: localización detallada (achegar un mapa), xustificación do proxecto, obxectivos e fins que se perseguen, número e tipo de beneficiarios, descrición da metodoloxía de traballo, proposta detallada das actividades a realizar, o presuposto especificado por partidas, en euros, facendo constar a cantidade que se solicita ó Fondo e as que aportarán outras entidades, no seu caso.
O Fondo poderá solicitar a documentación complementaria aclaratoria que sexa necesaria.
II. Da entidade solicitante:
Ademais, a Comisión Executiva do Fondo Galego poderá solicitar da ONG un balance dos dous últimos anos, especificando as subvencións recibidas, a súa orixe e a súa contía, así como os recursos propios xerados, e un informe dos recursos humanos cos que conta. Neste caso, deberán acompañar un organigrama, especificando as características da súa vinculación e dedicación, así como as relacións máis significativas que manteñan con outras organizacións locais, estatais ou estranxeiras.
III. No caso de que a solicitude se formule por unha ONGD do norte, en colaboración cunha ONGD do sur, presentará a seguinte documentación do parceiro: estatutos, memoria explicativa na que se detalle a súa forma xurídica, natureza e obxectivos, significación de colaboracións anteriores e unha avaliación dos resultados obtidos.
Os proxectos e o resto da documentación remitiranse á Secretaría Técnica do Fondo Galego (Avenida Joselín 7, portal 3-4ºB. 36.300-Baiona (Pontevedra)). O prazo comeza a partir da publicación destas bases e remata o 31 de marzo de 2007.
A resolución da convocatoria publicarase na páxina web www.igadi.org e na www.fegamp.es. Os proxectos non aprobados poderán retirarse na Secretaría Técnica do Fondo. Transcorridos dous meses dende a publicación da resolución, o Fondo Galego poderá destruír a documentación presentada e non retirada.
A Comisión Executiva valorará os proxectos presentados seguindo os criterios de prioridade expostos nos artigos 4º, 5º e 6º destas bases.
O Fondo Galego poderá solicitar copias adicionais da documentación presentada cando deba tramitar o cofinanciamento perante outras instancias. Igualmente, dos informes finais relativos á execución dos proxectos financiados.
Unha vez resolta a Convocatoria, o Fondo requirirá unha entrevista cos responsábeis dos proxectos, antes de facer o primeiro ingreso, co fin de establecer pautas de coordinación e seguimento.
Unha vez aprobadas as axudas farase efectivo o pago do 50% da cantidade concedida. Un 25% adicional librarase unha vez se presente un informe de seguimento das actuacións previstas. O restante 25% farase efectivo unha vez estea debidamente xustificada a axuda recibida, tal e como se recolle no artigo 15º. No caso de existiren dificultades para facer efectivo o 50% inicial, coa conformidade de ambas partes, poderán efectuarse pagos inferiores sempre e cando posibiliten o comezo do proxecto.
Poderá dedicarse ata un máximo do 8% total da axuda a gastos de preparación, secretaría e xestión.
Non poderán ser incluídos no obxecto das axudas, os desprazamentos dos membros das ONGDs aos países beneficiarios das accións.
Os custes derivados dos cambios de divisa non serán asumidos polo Fondo Galego. As transferencias aos países do Sur faranse efectivas en euros, sempre que así sexa posible.
Os proxectos pódense aprobar para o seu financiamento total ou parcialmente en función dos fondos dispoñibles e a criterio da Comisión Executiva, quen está facultada para dirimir e interpretar estas bases.
As ONGDs, pola súa banda, poden buscar cofinanciamento para os proxectos presentados sen máis restrición que facelo constar expresamente.
Nos casos en que a axuda solicitada ou aprobada non cubra o custo total do programa, deberá constar o compromiso por parte do peticionario de aportar a diferenza, ben directamente ou a través de financiamento de terceiros.
Mentres non se acredite o compromiso de financiamento, o Fondo non procederá a transferir a subvención acordada.
O importe das subvencións ou axudas en ningún caso poderá ser de tal contía que illada ou conxuntamente con outras subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou entidades privadas, supere o cen por cen do custo total da actividade para a que se conceden. De ser o caso, o Fondo diminuirá a cantidade acordada ata absorber o exceso.
A subvención poderá ser revocada, despois da audiencia, ós interesados, sempre que dos informes de seguimento se deduza que as actividades non se axustan ao proxecto subvencionado. Esta circunstancia suporá a devolución das cantidades percibidas en virtude desta convocatoria e exerceranse, se é o caso, as accións legais pertinentes para esixir o reintegro correspondente.
En todo caso, as ONGDs adxudicatarias deberán colaborar nas inspeccións e visitas de proxectos en execución, realizadas a instancias do propio Fondo, ben directamente ou a través da Oficina de Seguimento de Proxectos de Managua (Nicaragua) ou de Tetuán (Marrocos), ou doutras entidades públicas que colaboren no financiamento.
A partires do libramento da primeira parte da subvención, o Fondo Galego poderá recabar da ONGD ou entidade adxudicataria a remisión dun informe semestral sobre a execución do proxecto, que incluirá unha memoria explicativa acompañada dunha xustificación económica e de fotografías das actividades realizadas.
Xustificaranse os gastos realizados con facturas orixinais, copias compulsadas ou documentos que acrediten o destino e o uso dos fondos concedidos.
O non cumprimento da xustificación implicará a súa inhabilitación para a percepción de novas axudas, de conformidade coas previsións establecidas na lei 3/2003, de 19 de xuño, de cooperación para o desenvolvemento.
A ONGD solicitante farase responsable do desenvolvemento do proxecto e do correcto uso do financiamento que se outorgue. En todo caso non poderá ser desviado a outros usos diferentes do aprobado.
A Asemblea xeral de socios celebrada en Santiago de Compostela o 2 de xuño de 2006 aprobou por unanimidade a Proposta de Resolución da Convocatoria 2006 para o financiamento de proxectos de cooperación ao desenvolvemento e solidariedade, que se transcribe a continuación.
Presentáronse a esta convocatoria un total de 65 proxectos co seguinte perfil xeográfico:
* África:13,
* América Central: 18,
* América do Sur: 31,
* Caribe: 2,
* Asia: 1.
A proposta da Comisión Avaliadora Técnica, na que participaron representantes do Concello de Arteixo, Culleredo, Oleiros, Deputación de Pontevedra, e da Secretaría do Fondo, con ausencia xustificada do Concello de Baiona e o Concello de Vigo, tivo en conta non soamente o interese das accións propostas senón igualmente as capacidades orzamentarias.
ONGD: Equus Zebra.
País: Senegal.
Orzamento: 77.981 €.
Cantidade solicitada ao Fondo: 77.981 €.
Cantidade aportada polo Fondo: 20.000 €.
Resumo: Construción dun posto de saúde que comprenderá unha enfermería e unha maternidade cunha capacidade de acollida de 10 camas por unidade con todas as dependencias. Informar e sensibilizar ás poboacións locais mediante unha mobilización social sobre o contido do proxecto.
Beneficiari@s: 125 fogares, 5.086 habitantes.
Sector: Infraestrutura social. Saúde. Necesidades básicas.
ONGD: Veterinarios sen Fronteiras.
País: Guatemala.
Orzamento: 17.754 €.
Cantidade solicitada ao Fondo: 17.754 €.
Cantidade aportada polo Fondo: 17.754 €.
Cantidade aportada pola ONGD: 3.216 €.
Cantidade aportada polo parceiro local: 63.100 €.
Cantidade aportada pol@s beneficiari@s: 15.200 €.
Resumo: contribuir a garantir a soberanía alimentaria das familias da conca do río polochic en guatemala a través do manexo de proxectos agropecuarios e a recuperación e difusión da cultura agroecolóxica.
Sector: Capacitación-soberanía alimentaria. Necesidades estratéxicas.
ONGD: Intered.
País: Guatemala.
Orzamento: 39.748,71 €.
Cantidade solicitada ao Fondo: 30.935 €.
Cantidade aportada polo Fondo: 30.935 €.
Cantidade aportada pola ONGD: 1.500 €.
Cantidade aportada polo parceiro local: 2.859 €.
Cantidade aportada pol@s beneficiari@s: 4.455 €.
Resumo: Promover a participación das mulleres e os xóvenes das comunidades rurais nos mecanismos formais de participación cidadá establecidos no eido municipal.
Beneficiari@s: Capacitación a 280 e fortalecemento organizacional a 1.529.
Sector: Capacitación-xénero. Participación cidadá no eido municipal.
ONGD: Seminario Galego de Educación pola Paz.
País: Bolivia.
Orzamento: 164.770,67 €.
Cantidade solicitada ao Fondo: 19.050 €.
Cantidade aportada polo Fondo: 19.050 €.
Cantidade aportada pola ONGD: 2.000 €.
Cantidade aportada polo parceiro local: 143.719 €.
Resumo: Fortalecemento e mellora da calidade, o nivel de vida e a atención do sistema sanitario nos centros de saúde (1º nivel). Creación da Escola de Auxiliares de Enfermería de Sucre.
Beneficiari@s: 80 alumn@s que carecen de posibilidades para continuar os seus estudos poderán acceder a unha formación e capacitación que en dous anos lles facilitará integrarse nun mercado laboral cunha gran demanda tanto dentro como fora da comunidade. Apoiará de xeito destacado e preferente a todas aquelas mulleres da comunidade que soliciten recibir a formación e a capacitación.
Sector: Capacitación-formación. Saúde.
ONGD: Tierra de Niños.
País: Perú.
Orzamento: 41.687,85 €.
Cantidade solicitada ao Fondo: 41.688 €.
Cantidade aportada polo Fondo: 31.688 €.
Resumo: Artellar os procesos educativos locais para o fortalecemento da identidade cultural dos nen@s e dos xóvenes dos distritos. Valorar a historia e orixe das comunidades integrantes do circuíto turístico, afortalar as organizacións locais, agrupacións xuvenís, artesáns, etc, nos mecanismos de empleabilidade e xestión turística.
Sector: Capacitación-educación e cultura. Necesidades estratéxicas.
ONGD: Inti.
País: Perú.
Orzamento: 3.000 €.
Cantidade solicitada ao Fondo: 2.380 €.
Cantidade aportada polo Fondo: 1.190 €.
Cantidade aportada polo Concello de Gondomar: 1.190 €.
Cantidade aportada pola ONGD: 620 €.
Resumo: Brindar servizos hixiénicos seguros e de calidade para mellorar a atención da hixiene e saúde de setenta alumn@ con necesidades educativas especiais.
Sector: Saneamento. Necesidades básicas.
Convenio 2006/2007 coa Xunta de Galicia
Parceiros: Cámara Municipal de San Lourenzo dos Órgaos, Centro de Formación Profesional.
Illa: Santiago
Orzamento total: 10.500 €.
Cantidade achegada polo Fondo Galego: 500 €.
Cantidade achegada pola Xunta de Galicia: 10.000€
Resumo: O proxecto consiste na realización de actividades de formación dirixidas á poboación moza co fin de compensar a falta de man de obra cualificada.
Parceiros: Cámara Municipal de San Miguel.
Illa: Santo Antón.
Orzamento: 22.312 €.
Cantidade aportada polo Fondo: 1.000 €.
Cantidade aportada pola Xunta de Galicia: 21.312 €.
Resumo: O proxecto consiste na conexión á rede domiciliaria de auga, na mellora do saneamento básico da comunidade de Flamengos. O proxecto contribuirá a reducir a pobreza e mellorar as condicións de vida da poboación.
Parceiro: Cámara Municipal de Ribeira Grande, organizacións de base comunitarias.
País: Cabo Verde.
Illa: Santo Antón.
Orzamento: 44.406 €.
Cantidade aportada polo Fondo: 5.000 €.
Cantidade aportada pola Xunta de Galicia: 31.280 €.
Cantidade aportada pola Cámara Municipal: 8.126 €.
Resumo: Construír un Centro Socio-comunitario co fin de prestar servizos sociais nas respectivas comunidades e reforzar as capacidades de intervención e as súas organizacións representativas no marco da descentralización de competencias e responsabilidades promovidas pola Cámara.
Sector: Infraestruturas sociais.
Parceiro: Cámara Municipal de Santa Cruz.
País: Cabo Verde.
Illa: Santiago.
Orzamento: 22.675 €.
Cantidade aportada polo Fondo: 1.000 €.
Cantidade aportada pola Xunta de Galicia: 21.675 €.
Resumo: Construción dunha escola infantil na zona norte da localidade, onde as familias viven en pobreza dependendo das Faimo (Frentes da Alta Intensidade de Man de Obra).
Sector: Infraestruturas básicas. Educación.
Parceiro: Cámara Municipal de San Miguel, Centro de Formación Profesional.
País: Cabo Verde.
Illa: Santiago.
Orzamento: 40.015 €.
Cantidade aportada polo Fondo: 5.000 €.
Cantidade aportada pola Xunta de Galicia: 28.666 €.
Cantidade aportada pola Cámara Municipal: 6.349 €.
Resumo: Contribuír a autosostenibilidade dos xóvenes grazas á formación profesional. Formación de 130 xóvenes na procura do 1º emprego con vocación para áreas culturais en sectores diversos: artesanía, danza, asociativismo, mantemento de ordenadores.
Sector: Capacitación técnica. Necesidades estratéxicas.
Parceiro: Cámara Municipal de San Miguel.
País: Cabo Verde.
Orzamento: 22.312 €.
Cantidade aportada polo Fondo: 1.000 €.
Cantidade aportada pola Xunta de Galicia: 21.312 €.
Resumo: Dotación á comunidade dunha rede domiciliaria universal. Mellora do saneamento básico e a hixiene. Contribuír á reducción da pobreza e elevar as condicións de vida da poboación.
Sector: Infraestruturas básicas. Abastecemento e saneamento de auga.
Cláusula: O financiamento deste proxecto materializarase en función das achegas dos cofinanciadores previstos.
Parceiro: Cámara Municipal de San Lourenzo dos Órgaos, Centro de Formación Profesional.
País: Cabo Verde.
Orzamento: 36.280 €.
Cantidade aportada polo Fondo: 1.000 €.
Cantidade aportada pola Xunta de Galicia: 35.280 €.
Resumo: Capacitar aos xóvenes en materia de instalacións hidraúlicas, etc, co fin de compensar a falta de man de obra cualificada promovendo a equidad.
Sector: Capacitación. Promoción de auto-emprego. Mocidade.
Cláusula: O financiamento deste proxecto materializarase en función das achegas dos cofinanciadores previstos.
Parceiro: Comisión Instaladora de Santa Catarina.
País: Cabo Verde.
Illa: Fogo.
Orzamento: 36.280 €.
Cantidade aportada polo Fondo: 1.000 €.
Cantidade aportada pola Xunta de Galicia: 35.280 €.
Resumo: Garantir o acceso rápido dos máis pequenos ao ensino prescolar. Aumento do rendemento escolar e reducción do analfabetismo.
Sector: Infraestruturas básicas. Educación. Necesidades básicas.
Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2006.
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, oído o Consello Municipalista da Cooperación, de acordo co establecido nos seus estatutos, e seguindo as súas liñas básicas de actuación, realiza a seguinte convocatoria de axudas, dirixida a organizacións non gobernamentais co obxecto de colaborar con elas no logro universal dun desenvolvemento humano.
A tal efecto, financiaranse proxectos de cooperación de acordo coas seguintes bases:
| Título Primeiro | Características dos proxectos (art 1) |
| Título Segundo | Beneficiarios das convocatorias (art 2-3) |
| Título Terceiro | Prioridades na concesión (art 4-6) |
| Título Cuarto | Os prazos e a documentación a presentar (art 7-8) |
| Título Quinto | A concesión das axudas (art 9-14) |
| Título Sexto | A xustificación dos proxectos (art 15-18) |
| Anexo I | Proxecto de Actuación |
| Anexo II | Datos da Entidade solicitante |
I.- Os proxectos terán en conta as seguintes premisas:
a) Que se realicen en países non desenvolvidos, cun IDH mediano e baixo, e atendendo aos parámetros xerais establecidos no Plan Director da Cooperación Galega.
b) Que os seus obxectivos se centren na cobertura de necesidades básicas, infraestrutura e promoción do tecido económico, gobernabilidade democrática, saúde, educación, conservación de medio ambiente, etc., e en actuacións con efectos duradeiros. O financiamento de casos de emerxencia acreditada só se fará de maneira excepcional.
c) Que poidan beneficiarse dos mesmos os cidadáns en xeral, sen que se discrimine por razón de grupo étnico, confesión relixiosa, etc., incidindo especialmente na superación da discriminación por razón de xénero.
d) Que eviten a invasión cultural e potencien e respecten a idiosincrasia do pobo beneficiario e o seu medio ambiente.
II.- Na actual convocatoria non serán obxecto de apoio aqueles programas de sensibilización dirixidos ós cidadáns de Galicia, que se arbitrarán a través dun programa independente do Fondo.
III.- Os proxectos ou unha fase dos mesmos desenvolveranse ó longo do período 2006-2007.
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade poderá outorgar axudas a:
Quedan excluídas as Entidades Gobernamentais de Cooperación, institucións financeiras e formacións políticas.
En relación co proxecto en si, terán preferencia os que teñan en conta os criterios seguintes:
1. Que estean dirixidos aos grupos menos favorecidos e que contribúan a mellorar as súas condicións de vida. Valorarase o número de persoas que se beneficiarán da axuda.
2. Que impliquen e fomenten a participación dos beneficiarios en todas e cada unha das fases: concepción, realización, xestión e avaliación.
3. Que teñan perspectiva de futuro nun dobre sentido:
a) Que poidan continuar cando a axuda exterior remate (autosuficiencia económica).
b) Se son impulsadas inicialmente pola cooperación exterior, que teñan en conta e garantan a súa continuidade a longo prazo con responsables locais (autosuficiencia loxística).
4. Que contemplen unha concepción integral do desenvolvemento e dean soporte ás organizacións de base, excluíndo as actividades que pretendan a promoción dunha opción política, relixiosa ou sindical concreta ou alenten a discriminación por razón de xénero.
5. Que, no suposto de accións directamente productivas, axuden á constitución de recursos financeiros que se poidan empregar para outros proxectos ou actividades posteriores (fondos de rotación, préstamos, garantías bancarias, etc).
6. Que presenten obxectivos de desenvolvemento concretos, claros, avaliables e posibles de conseguir nun prazo razoable.
7. Que fomenten e respecten o medio ambiente.
8. Que sexan promovidas por ONGs ou entidades do país beneficiario, que, ademais de responsabilizarse da execución, ofrezan a garantía dun equipo responsable.
9. Que sexan de duración plurianual e se integren nunha planificación máis ampla.
10. Que axuden á creación dunha nova infraestructura socioeconómica na zona onde se execute, e/ou á adquisición de bens de equipamento, e/ou á consecución do capital necesario para a formación de microempresas comunitarias, e/ou á capacitación e promoción do persoal executor do proxecto.
11. Que contemplen a participación de entidades municipalistas nas súas diferentes fases (formulación, xestión, avaliación) e se adecúen ó perfil das obrigas e funcións básicas a desenvolver polas entidades locais.
12. Con respecto á súa forma de presentación valorarase a fundamentación, a claridade e coherencia interna da presentación, a aportación de documentación complementaria, que sexan cuantificables mediante presupostos detallados e fidedignos, e a idoneidade da contraparte.
13. Que impulsen a participación activa das asociacións de inmigrantes asentadas na comunidade galega no compromiso ao desenvolvemento local das súas comunidades de orixe.
a) A Comisión Executiva designará unha Comisión Avaliadora Técnica que valorará de 1 a 3 puntos cada un dos criterios do artigo 4º.
b) A Comisión Executiva terá en conta o informe dun equipo técnico, se a natureza do proxecto o aconsella. Neste suposto poderá valora-lo de 1 a 5 puntos.
c) O financiamento de casos de emerxencia acreditada só se fará de maneira excepcional. Neste caso valorarase a súa urxencia, a posibilidade real de chegar ó lugar de destino (vías de comunicación), a experiencia da ONG que canalizará a axuda e a forma proposta de face-lo (proxecto, responsables...).
d) O Fondo non poderá financiar ou cofinanciar accións xa feitas ou a piques de rematar.
e) Terase en conta o grao de cumprimento polos solicitantes das instruccións en convocatorias anteriores.
En relación coa ONG ou entidade solicitante, valoraranse os seguintes criterios:
1. É imprescindible que a ONG ou entidade solicitante sen ánimo de lucro figure constituída legalmente e acredite un mínimo de dous anos de experiencia na execución de proxectos de cooperación ó desenvolvemento.
2. A capacidade de mobilizar a solidariedade e os recursos privados, así como de acadar subvencións doutros organismos.
3. Que teña a capacidade de soster as accións subvencionadas.
4. Que conte cunha traxectoria contrastada no desenvolvemento de actividades de sensibilización na Comunidade autónoma.
5. Que os seus obxectivos sexan compatibles cos do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
6. Valorarase o impulso de proxectos por parte de varias ONG conxuntamente.
7. As ONGs comprometeranse a participar nas accións de sensibilización impulsadas polo Fondo Galego, sempre e cando non estean en contradicción co seu ideario.
As entidades que participen na presente convocatoria terán que presentar un dosier que inclúa os seguintes datos:
I. Do proxecto:
As entidades solicitantes presentarán o proxecto concreto de actuación e cubrirán o resume do mesmo que se solicita no anexo I. Débense incluír os seguintes datos: localización detallada (achegar un mapa), xustificación do proxecto, obxectivos e fins que se perseguen, número e tipo de beneficiarios, descrición da metodoloxía de traballo, proposta detallada das actividades a realizar, o presuposto especificado por partidas, en euros, facendo constar a cantidade que se solicita ó Fondo e as que aportarán outras entidades, no seu caso.
O Fondo poderá solicitar a documentación complementaria aclaratoria que sexa necesaria.
II. Da entidade solicitante:
Ademais, a Comisión Executiva do Fondo Galego poderá solicitar da ONG un balance dos dous últimos anos, especificando as subvencións recibidas, a súa orixe e a súa contía, así como os recursos propios xerados, e un informe dos recursos humanos cos que conta. Neste caso, deberán acompañar un organigrama, especificando as características da súa vinculación e dedicación, así como as relacións máis significativas que manteñan con outras organizacións locais, estatais ou estranxeiras.
III. No caso de que a solicitude se formule por unha ONG do norte, en colaboración cunha ONG do sur, presentará a seguinte documentación da contraparte: estatutos, memoria explicativa na que se detalle a súa forma xurídica, natureza e obxectivos, significación de colaboracións anteriores e unha avaliación dos resultados obtidos.
Os proxectos e o resto da documentación remitiranse á Secretaría do Fondo Galego (Avenida Joselín, 7. Portal 3-4ºB. 36300-Baiona (Pontevedra). O prazo comeza a partir da aprobación destas Bases e remata o 31 de marzo de 2006.
A resolución da convocatoria publicarase na páxina web www.igadi.org e na www.fegamp.es. Os proxectos non aprobados poderán retirarse na Secretaría do Fondo. Transcorridos dous meses dende a publicación da resolución, o Fondo Galego poderá destruír a documentación presentada e non retirada.
A Comisión Executiva valorará os proxectos presentados seguindo os criterios de prioridade expostos nos artigos 4º, 5º e 6º destas bases.
O Fondo Galego poderá solicitar copias adicionais da documentación presentada cando deba tramitar o cofinanciamento perante outras instancias. Igualmente, dos informes finais relativos á execución dos proxectos financiados.
Unha vez resolta a Convocatoria, o Fondo requirirá unha entrevista cos responsábeis dos proxectos, antes de facer o primeiro ingreso, co fin de establecer pautas de coordinación e seguimento.
Unha vez aprobadas as axudas farase efectivo o pago do 50% da cantidade concedida. Un 25% adicional librarase unha vez se presente un informe de seguimento das actuacións previstas. O restante 25% farase efectivo unha vez estea debidamente xustificada a axuda recibida, tal e como se recolle no artigo 15º. No caso de existiren dificultades para facer efectivo o 50% inicial, coa conformidade de ambas partes, poderán efectuarse pagos inferiores sempre e cando posibiliten o comezo do proxecto.
Poderá dedicarse ata un máximo do 8% total da axuda a gastos de preparación, secretaría e xestión. Non poderán ser incluídos no obxecto das axudas, os desprazamentos dos membros das ONGs ós países beneficiarios das accións.
Os custes derivados dos cambios de divisa non serán asumidos polo Fondo Galego. As transferencias aos países do Sur faranse efectivas en euros, sempre que así sexa posible.
Os proxectos pódense aprobar para o seu financiamento total ou parcialmente en función dos fondos dispoñibles e a criterio da Comisión Executiva, quen está facultada para dirimir e interpretar estas bases.
As ONGs, pola súa banda, poden buscar cofinanciamento para os proxectos presentados sen máis restricción que facelo constar expresamente.
Nos casos en que a axuda solicitada ou aprobada non cubra o custo total do programa, deberá constar o compromiso por parte do peticionario de aportar a diferencia, ben directamente ou a través de financiamento de terceiros.
Mentres non se acredite o compromiso de financiamento, o Fondo non procederá a transferir a subvención acordada.
O importe das subvencións ou axudas en ningún caso poderá ser de tal contía que illada ou conxuntamente con outras subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou entidades privadas, supere o cen por cen do custo total da actividade para a que se conceden. De ser o caso, o Fondo diminuirá a cantidade acordada ata absorber o exceso.
A subvención poderá ser revocada, despois da audiencia, ós interesados, sempre que dos informes de seguimento se deduza que as actividades non se axustan ó proxecto subvencionado. Esta circunstancia suporá a devolución das cantidades percibidas en virtude desta convocatoria e exerceranse, se é o caso, as accións legais pertinentes para esixir o reintegro correspondente.
En todo caso, as ONGDs adxudicatarias deberán colaborar nas inspeccións e visitas de proxectos en execución, realizadas a instancias do propio Fondo, ben directamente ou a través da Oficina de Seguimento de Proxectos de Managua (Nicaragua) ou de Tetuán (Marrocos), ou doutras entidades públicas que colaboren no financiamento.
A partires do libramento da primeira parte da subvención, o Fondo Galego poderá recabar da ONGD ou entidade adxudicataria a remisión dun informe semestral sobre a execución do proxecto, que incluirá unha memoria explicativa acompañada dunha xustificación económica e de fotografías das actividades realizadas.
Xustificaranse os gastos realizados con facturas orixinais, copias compulsadas ou documentos que acrediten o destino e o uso dos fondos concedidos.
O non cumprimento da xustificación implicará a súa inhabilitación para a percepción de novas axudas, de conformidade coas previsións establecidas na lei 3/2003, de 19 de xuño, de cooperación para o desenvolvemento.
A ONGD solicitante farase responsable do desenvolvemento do proxecto e do correcto uso do financiamento que se outorgue. En todo caso non poderá ser desviado a outros usos diferentes do aprobado.
A Asemblea xeral de socios celebrada en Santiago de Compostela o 28 de xuño de 2005, aprobou por unanimidade a Proposta de Resolución da Convocatoria 2005 para o financiamento de proxectos de cooperación ao desenvolvemento e solidariedade, que se transcribe a continuación.
Presentáronse a esta convocatoria un total de 54 proxectos co seguinte perfil xeográfico: Norteamérica (1), Centroamérica (18), Caribe (3), Sudamérica (19), África (11) e Asia (2). A proposta da Comisión Avaliadora Técnica, na que participaron representantes dos concellos de Vigo, Baiona, Oleiros e da Secretaría do Fondo, con ausencia xustificada do Concello de Arteixo e da Deputación de Pontevedra, tivo en conta non soamente o interese das accións propostas senón igualmente as capacidades orzamentarias.
ONGD: Asociación Socio Cultural Atamán.
País: Cabo Verde.
Illa: Santo Antón.
Orzamento: 51.600 €.
Cantidade solicitada ao Fondo: 48.600 €.
Cantidade aportada polo Fondo: 30.000 €.
Cantidade aportada pola ONGD: 3.000 €.
Resumo: Creación e posta en marcha dunha cooperativa gráfica que xerará emprego a 30 persoas de forma directa. A Cámara de Paul apoia o proxecto. Dúas fases dun ano cada unha, capacitación en novas tecnoloxías, etc; e segunda fase, elaboración de listado de provedores.
Observacións: A primeira fase deste proxecto financiouse polo Fondo en 2004. Deberá acreditar a obtención do financiamento pendente.
ONGD: Natura Hispánica.
País: Mauritania.
Orzamento: 37.535 €.
Cantidade solicitada ao Fondo: 19.635 €.
Cantidade aportada polo Fondo: 19.635 €.
Cantidade aportada pola ONGD: 2.100 €.
Cantidade aportada polo parceiro: 15.800 €.
Resumo: Mellora das condicións de vida e dos ingresos dos pescadores artesanais mediante a formación no tratamento, manipulación e comercialización do peixe. Mellora das condicións de navegación e seguridade a bordo das embarcacións, para diminuír a taxa de riscos laborais.
ONGD: Fundación SEMG-Solidaria.
País: Nicaragua.
Orzamento: 446.260,49 €.
Cantidade solicitada ao Fondo: 60.000 €.
Cantidade aportada polo Fondo: 30.000 €.
Cantidade aportada pola ONGD: 131.260 €.
Resumo: Construción e funcionamento dunha unidade clínico docente co fin de superar o seu nivel científico-técnico. Prestar atención médica con calidade á poboación.
Observacións: Cidade Sandino está irmandada co Concello de Allariz, que aporta 12.000 euros. Asúmese o compromiso orzamentario desagregado en dous anos.
ONGD: INPRHU-Somoto, Instituto de Promoción Humana.
País: Nicaragua.
Orzamento: 119.027,20 €.
Cantidade solicitada ao Fondo: 42.742 €.
Cantidade aportada polo Fondo: 42.742 €.
Resumo: Mellora da calidade de vida dos mozos rurais aportando ao desenvolvemento integral, autoxestionario e sostible das súas familias e as súas comunidades a adquisición de coñecementos grazas aos programas de formación técnica e do ciclo básico de secundaria.
Observacións: No financiamento previsto polo Fondo Galego, achegarase unha aportación do Concello de Oleiros por valor de 30.000 €.
ONGD: INPRHU-Somoto, Instituto de Promoción Humana.
País: Nicaragua.
Orzamento: 2.936,25 €.
Cantidade solicitada ao Fondo: 1.200 €.
Cantidade aportada polo Fondo: 1.200 €.
Cantidade aportada pola Comunidade: 626,96 €.
Cantidade aportada pola Alcaldía: 1.109,29 €.
Resumo: Instalación dun muíño comunal, que funcionará a base de enerxía eléctrica. O proxecto inclúe a compra dun muíño con capacidade de 150 Lbs/h, instalación eléctrica, construción de caseta, equipamento de caseta con mesas e bancos.
ONGD: Solidariedade Internacional.
País: Honduras.
Orzamento: 22.000 €.
Cantidade solicitada ao Fondo: 22.000 €.
Cantidade aportada polo Fondo: 22.000 €.
Resumo: Plan de capacitación dos líderes comunitarios e fortalecemento das organizacións produtivas na súa constitución, xestión e funcionamento para o acceso e ingreso dos grupos das mulleres de Río Esteban e Río Coco.
ONGD: APROCSAL (Asociación de Promotores Comunais Salvadoreños).
País: El Salvador.
Orzamento: 71.964,48 €.
Cantidade solicitada ao Fondo: 49.083,85 €.
Cantidade aportada polo Fondo: 24.541,92 €.
Resumo: Contribuír a mellorar a calidade de vida da poboación moza, especialmente mulleres adolescentes, mediante o impulso dunha produción alternativa de medicamentos naturais para a Saúde Sexual e Reprodutiva. Acceso a medicamentos alternativos de boa calidade e xeración de actividades de comercialización de produtos naturais.
Observacións: Asúmese o compromiso orzamentario en dous anos.
ONGD: Oficina Executiva de Planificación Estratéxica do Hospital Nacional 2 de Maio.
País: Perú.
Orzamento: 40.448,50 €.
Cantidade solicitada ao Fondo: 40.448,50 €.
Cantidade aportada polo Fondo: 40.448,50 €.
Resumo: Mellora da cobertura de atención especializada no Departamento de Pediatría e Emerxencias Pediátricas do Hospital Nacional 2 de Maio.
Observacións: O Concello de Lugo asume o 50 % do orzamento solicitado.
ONGD: Bicis pola Paz.
País: Perú.
Orzamento: 4.600 €.
Cantidade solicitada ao Fondo: 2.300 €.
Cantidade aportada polo Fondo: 2.300 €.
Cantidade aportada pola ONGD: 2.300 €.
Resumo: Promover a mellora das condicións de vida das familias labregas das provincias de San Marcos e Cajabamba, apoiando aos promotores comunitarios.
ONGD: UPWC, Union of Palestinian Women Committees.
País: Palestina
Orzamento: 9.558 €
Cantidade solicitada ao Fondo: 8.147 €
Cantidade aportada polo Fondo: 8.147 €
Cantidade aportada polo parceiro: 1.411 €
Resumo: Mellora do nivel educativo dos Xardíns de Infancia da UPWC, garantindo a mellora dos servizos e a elevación do nivel educativo, asegurando a súa continuidade. Compra de 515 caixas de libros e outro material escolar cos recursos das garderías a distribuír entre os graos medios e superior.
Observacións: Compromiso de asumir o 50 % por parte dos Concellos de As Pontes, Narón e Fene.
Parceiro: ANMCV.
País: Cabo Verde.
Orzamento: 40.000 €.
Cantidade aportada polo Fondo: 2.055 €.
Cantidade aportada pola Xunta de Galicia: 37.945 €.
Resumo: Dotación dos programas informáticos ARCVIEW que posibilitan o manexo da base de datos cartográficos xa existente; capacitación técnica instrumental das municipalidades e das entidades encargadas da xestión do territorio no arquipélago e profundización nas fases de descentralización e asunción de competencias.
Parceiro: Cámara Municipal de Paul.
País: Cabo Verde.
Illa: Santo Antón.
Orzamento: 21.112, 62 €.
Cantidade aportada polo Fondo: 1.112,62 €.
Cantidade aportada pola Xunta de Galicia: 20.000 €.
Resumo: Reconstrución de 10 vivendas sociais co fin de mellorar as condicións de vida e de habitabilidade en termos de seguridade e hixiene de 10 familias de Paul.
Parceiro: Cámara Municipal de Maio.
País: Cabo Verde.
Illa: Maio.
Orzamento: 15.000 €.
Cantidade aportada polo Fondo: 1.000 €.
Cantidade aportada pola Xunta de Galicia: 14.000 €.
Resumo: Financiamento aos microcircuítos locais, desenvolvidos e implementados polas asociacións comunitarias, no seguimento e constitución de asociacións comunitarias e o reforzo das existentes.
Parceiro: Cámara Municipal de Maio.
País: Cabo Verde.
Illa: Maio.
Orzamento: 85.000 €
Cantidade aportada polo Fondo: 3.000 €
Cantidade aportada pola Xunta de Galicia: 60.000 €
Cantidade aportada pola Cámara Municipal de Maio: 22.000 €
Resumo: Reforzar o abastecemento de auga na Illa de Maio.
Parceiro: CEPRODE (Centro de Promoción do Desenvolvemento e o Ensino).
País: Perú.
Orzamento: 244.202 €.
Cantidade solicitada: 107.554 €
Cantidade aportada polo Fondo: 5.950,82 €
Cantidade aportada pola Xunta de Galicia: 101.603,18 €
Cantidade aportada polo parceiro: 136.648 €
Resumo: Promoción da xestión municipal do desenvolvemento rural e a participación cidadá dos 12 distritos da provincia de Huaral. Realización de actividades de capacitación das autoridades, líderes e cidadás que participen na formulación e xestión dos plans de desenvolvemento, a través dos mecanismo de participación cidadá.
Observacións: Segunda fase dun proxecto iniciado en 2004.
Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2005.
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, oído o Consello Municipalista da Cooperación, de acordo co establecido nos seus estatutos, e seguindo as súas liñas básicas de actuación, realiza a seguinte convocatoria de axudas, dirixida a organizacións non gobernamentais co obxecto de colaborar con elas no logro universal dun desenvolvemento humano.
A tal efecto, financiaranse proxectos de cooperación de acordo coas seguintes bases:
| Título Primeiro | Características dos proxectos (art 1) |
| Título Segundo | Beneficiarios das convocatorias (art 2-3) |
| Título Terceiro | Prioridades na concesión (art 4-6) |
| Título Cuarto | Os prazos e a documentación a presentar (art 7-8) |
| Título Quinto | A concesión das axudas (art 9-14) |
| Título Sexto | A xustificación dos proxectos (art 15-18) |
I.- Os proxectos terán en conta as seguintes premisas:
a) Que se realicen en países non desenvolvidos. A atención prioritaria centrarase en países de América Central, América Latina, Caribe e África, (países de lingua oficial portuguesa, etc).
b) Que os seus obxectivos se centren en de cobertura de necesidades básicas, infraestructura e promoción do tecido económico, gobernabilidade e consolidación democrática, saúde, educación, conservación de medio ambiente, etc., e en actuacións que revistan certa permanencia ou estabilidade. O financiamento de casos de emerxencia acreditada só se fará de maneira excepcional.
c) Que poidan beneficiarse dos mesmos os cidadáns en xeral, sen que se discrimine por razón de raza, confesión relixiosa, etc., incidindo especialmente na superación da discriminación por razón de xénero.
d) Que eviten a invasión cultural e potencien e respecten a idiosincrasia do pobo beneficiario e o seu medio ambiente.
II.- Na actual convocatoria non serán obxecto de apoio aqueles programas de sensibilización á opinión pública dirixidos ós cidadáns de Galicia, que se arbitrarán a través dun programa independente do Fondo.
III.- Os proxectos ou unha fase dos mesmos desenvolveranse ó longo do período 2005-2006.
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade poderá outorgar axudas a:
Quedan excluídas as Entidades Gobernamentais de Cooperación, institucións financeiras e formacións políticas.
En relación co proxecto en si, terán preferencia os que teñan en conta os criterios seguintes:
1. Que estean dirixidos ós grupos menos favorecidos e que contribúan a mellorar as súas condicións de vida. Valorarase o número de persoas que se beneficiarán da axuda.
2. Que impliquen e fomenten a participación dos beneficiarios en todas e cada unha das fases: concepción, realización, xestión e avaliación.
3. Que teñan perspectiva de futuro nun dobre sentido:
a) Que poidan continuar cando a axuda exterior remate (autosuficiencia económica).
b) Se son impulsadas inicialmente pola cooperación exterior, que teñan en conta e garantan a súa continuidade a longo prazo con responsables locais (autosuficiencia loxística).
4. Que contemplen unha concepción integral do desenvolvemento e dean soporte ás organizacións de base, excluíndo as actividades que pretendan a promoción dunha opción política, relixiosa ou sindical concreta ou alenten a discriminación por razón de xénero.
5. Que, no suposto de accións directamente productivas, axuden á constitución de recursos financeiros que se poidan empregar para outros proxectos ou actividades posteriores (fondos de rotación, préstamos, garantías bancarias, etc).
6. Que presenten obxectivos de desenvolvemento concretos, claros, avaliables e posibles de conseguir nun prazo razoable.
7. Que respecten o medio ambiente.
8. Que sexan promovidas por ONGs ou entidades do país beneficiario, que, ademais de responsabilizarse da execución, ofrezan a garantía dun equipo responsable.
9. Que, preferentemente, sexan de duración plurianual e se integren nunha planificación máis ampla.
10. Que axuden á creación dunha nova infraestructura socioeconómica na zona onde se execute, e/ou á adquisición de bens de equipamento, e/ou á consecución do capital necesario para a formación de microempresas comunitarias, e/ou á capacitación e promoción do persoal executor do proxecto.
11. Que contemplen a participación de entidades municipalistas nas súas diferentes fases (formulación, xestión, avaliación) e se adecúen ó perfil das obrigas e funcións básicas a desenvolver polas entidades locais.
12. Con respecto á súa forma de presentación valorarase a fundamentación, a claridade e coherencia interna da presentación, a aportación de documentación complementaria, que sexan cuantificables mediante presupostos detallados e fidedignos, e a idoneidade da contraparte.
a) A Comisión Executiva designará unha Ponencia Técnica que valorará de 1 a 3 puntos cada un dos criterios do artigo 4º.
b) A Comisión Executiva terá en conta o informe dun equipo técnico, se a natureza do proxecto o aconsella. Neste suposto poderá valora-lo de 1 a 5 puntos.
c) O financiamento de casos de emerxencia acreditada só se fará de maneira excepcional. Neste caso valorarase a súa urxencia, a posibilidade real de chegar ó lugar de destino (vías de comunicación), a experiencia da ONG que canalizará a axuda e a forma proposta de face-lo (proxecto, responsables...).
d) O Fondo non poderá financiar ou cofinanciar accións xa feitas ou a piques de rematar.
e) Para convocatorias posteriores terase en conta o grado de cumprimento destas instruccións.
En relación coa ONG ou entidade solicitante, valoraranse os seguintes criterios:
1. É imprescindible que a ONG ou entidade solicitante sen ánimo de lucro figure constituída legalmente e acredite un mínimo de dous anos de experiencia na execución de programas de cooperación ó desenvolvemento.
2. A capacidade de mobilizar a solidariedade e os recursos privados, así como de acadar subvencións doutros organismos.
3. Que teña experiencia contrastada en accións de cooperación ó desenvolvemento e de solidariedade.
4. Que teña a capacidade de soster as accións subvencionadas.
5. Que conte cunha traxectoria contrastada no desenvolvemento de actividades de sensibilización na Comunidade autónoma.
6. Que os seus obxectivos sexan compatibles cos do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
7. Valorarase o impulso de proxectos por parte de varias ONG conxuntamente.
8. As ONGs comprometeranse a participar nas accións de sensibilización impulsadas polo Fondo Galego, sempre e cando non estean en contradición co seu ideario.
As entidades que participen na presente convocatoria terán que presentar un dosier que inclúa os seguintes datos:
I. Do proxecto:
As entidades solicitantes presentarán o proxecto concreto de actuación e cubrirán o resume do mesmo que se solicita no anexo I. Débense incluír os seguintes datos: localización detallada (achegar un mapa), xustificación do proxecto, obxectivos e fins que se perseguen, número e tipo de beneficiarios, descrición da metodoloxía de traballo, proposta detallada das actividades a realizar, cronograma operativo e o presuposto especificado por partidas, en euros, facendo constar a cantidade que se solicita ó Fondo e as que aportarán outras entidades, no seu caso.
O Fondo poderá solicitar a documentación complementaria aclaratoria que sexa necesaria.
II. Da entidade solicitante:
Ademais, a Comisión Executiva do Fondo Galego poderá solicitar da ONG un balance dos dous últimos anos, especificando as subvencións recibidas, a súa orixe e a súa contía, así como os recursos propios xerados, e un informe dos recursos humanos cos que conta. Neste caso, deberán acompañar un organigrama, especificando as características da súa vinculación e dedicación, así como as relacións máis significativas que manteñan con outras organizacións locais, estatais ou estranxeiras.
III. No caso de que a solicitude se formule por unha ONG do Norte, en colaboración cunha ONG do sur, presentará a seguinte documentación da contraparte: estatutos, memoria explicativa na que se detalle a súa forma xurídica, natureza e obxectivos, significación de colaboracións anteriores e unha avaliación dos resultados obtidos.
Os proxectos e o resto da documentación remitiranse á Secretaría do Fondo Galego (Avenida Joselín, 7. Portal 3-4ºB. 36300-Baiona (Pontevedra). O prazo comeza a partir da aprobación destas Bases e remata o 30 de abril de 2005.
Os proxectos non aprobados poderán retirarse na Secretaría do Fondo. Transcorridos dous meses dende a publicación da resolución, o Fondo Galego poderá destruír a documentación presentada e non retirada.
A Comisión Executiva valorará os proxectos presentados seguindo os criterios de prioridade expostos nos artigos 4º, 5º e 6º destas bases.
O Fondo Galego poderá solicitar copias adicionais da documentación presentada cando deba tramitar o cofinanciamento perante outras instancias. Igualmente, dos informes finais relativos á execución dos proxectos financiados.
Unha vez resolta a Convocatoria, o Fondo requirirá unha entrevista cos responsábeis dos proxectos, antes de facer o primeiro ingreso, co fin de establecer pautas de coordinación e seguimento.
Unha vez aprobadas as axudas farase efectivo o pago do 50% da cantidade concedida. Un 25% adicional librarase unha vez se presente un informe de seguimento das actuacións previstas. O restante 25% farase efectivo unha vez estea debidamente xustificada a axuda recibida, tal e como se recolle no artigo 15º. No caso de existiren dificultades para facer efectivo o 50% inicial, coa conformidade de ambas partes, poderán efectuarse pagos inferiores sempre e cando posibiliten o comezo do proxecto.
Poderá dedicarse ata un máximo do 6% total da axuda a gastos de preparación, secretaría e xestión. Non poderán ser incluídos no obxecto das axudas, os desprazamentos dos membros das ONGs ós países beneficiarios das accións.
Os custes derivados dos cambios de divisa non serán asumidos polo Fondo Galego. As transferencias aos países do Sur faranse efectivas en euros, sempre que así sexa posible.
Os proxectos pódense aprobar para o seu financiamento total ou parcialmente en función dos fondos dispoñibles e a criterio da Comisión Executiva, quen está facultada para dirimir e interpretar estas bases.
As ONGs, pola súa banda, poden buscar cofinanciamento para os proxectos presentados sen máis restricción que face-lo constar expresamente.
Nos casos en que a axuda solicitada ou aprobada non cubra o custo total do programa, deberá constar o compromiso por parte do peticionario de aportar a diferencia, ben directamente ou a través de financiamento de terceiros.
Mentres non se acredite o compromiso de financiamento, o Fondo non procederá a transferir a subvención acordada.
O importe das subvencións ou axudas en ningún caso poderá ser de tal contía que illada ou conxuntamente con outras subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou entidades privadas, supere o cen por cen do custo total da actividade para a que se conceden. De ser o caso, o Fondo diminuirá a cantidade acordada ata absorber o exceso.
A subvención poderá ser revocada, despois da audiencia, ós interesados, sempre que dos informes de seguimento se deduza que as actividades non se axustan ó proxecto subvencionado. Esta circunstancia suporá a devolución das cantidades percibidas en virtude desta convocatoria e exerceranse, se é o caso, as accións legais pertinentes para esixir o reintegro correspondente.
En todo caso, as ONGs adxudicatarias deberán colaborar nas inspeccións e visitas de proxectos en execución, realizadas a instancias do propio Fondo, ben directamente ou a través da Oficina de Seguimento de Proxectos de Managua (Nicaragua) ou de Tetuán (Marrocos), ou doutras entidades públicas que colaboren no financiamento.
A partires do libramento da primeira parte da subvención, o Fondo Galego poderá recabar da ONG ou entidade adxudicataria a remisión dun informe semestral sobre a execución do proxecto, que incluirá unha memoria explicativa acompañada dunha xustificación económica e de fotografías das actividades realizadas.
Xustificaranse os gastos realizados con facturas orixinais, copias compulsadas ou documentos que acrediten o destino e o uso dos fondos concedidos.
O non cumprimento da xustificación implicará a súa inhabilitación para a percepción de novas axudas, sen prexuízo das accións legais pertinentes.
A ONG solicitante farase responsable do desenvolvemento do proxecto e do correcto uso do financiamento que se outorgue. En todo caso non poderá ser desviado a outros usos diferentes do aprobado.
Presentáronse a esta convocatoria un total de 49 proxectos co seguinte perfil xeográfico:
Norteamérica (1), Centroamérica (11), Caribe (6), Sudamérica (20), África (7) e Asia (1), Europa (1), sen especificar área (2). A proposta da Ponencia Técnica, na que participaron representantes dos concellos de Vigo, Baiona, Arteixo, Culleredo, da Deputación de Pontevedra e da Secretaría do Fondo, tivo en conta non soamente o interese das accións propostas senón igualmente as capacidades orzamentarias.
ONG: ADEMEN (Asociación para o desenvolvemento e o desenrolo nas montañas do norte).
País: Marrocos.
Presuposto: 31.003,10 €.
Cantidade solicitada ó Fondo: 24.000 €.
Cantidade aportada polo Fondo: 24.000 €.
Aportación local: 7.003,01 €.
Resume: Construcción dunha ponte que facilite o desprazamento dos habitantes cara a cidade para poder ter acceso a un mellor mercado laboral e evitar así as actividades ilícitas, ter mellor acceso á sanidade, alimentación, escolarización, e servicios en xeral.
ONG: Bicis pola Paz.
País: Bolivia.
Presuposto: 5.000 €.
Cantidade solicitada ó Fondo: 1.800 €.
Cantidade aportada polo Fondo: 1.800 €.
Aportación da ONG: 3.200 €.
Resume: Coa doazón de 88 bicicletas pretende que tanto promotores coma estudiantes poidan realizar o seu traballo de xeito máis rápido e extenso.
ONG: Seminario Galego de Educación para a Paz.
País: Bolivia.
Presuposto: 44.230 €.
Cantidade solicitada ó Fondo: 33.030 €.
Cantidade aportada polo Fondo: 33.030 €.
Aportación da ONG: 3.800 €.
Aportación local: 3.000 €.
Aportación contraparte: 4.400 €.
Resume: Este proxecto trata de alfabetizar e formar a máis de 100 mozas de entre 12 e 19 anos, a traveso da ampliación do centro educativo, para poder así dar acollida interna ás rapazas con maiores dificultades para poder acceder á educación.
ONG: Asociación Sociocultural Atamán.
País: Cabo Verde.
Presuposto: 39.964 €.
Cantidade solicitada ó Fondo: 36.964 €.
Cantidade a aportar polo Fondo: 36.964 €.
Aportación da ONG: 3.000 €.
Resume: Mellora das condicións de vida dos caboverdianos da illa de Santo Antao a traveso de diversos cursos e actividades destinados a conseguir a capacitación necesaria para poder desenvolver os traballos que están a xurdir coa modernización, ademais de tratar o tema crucial e moi descoidado da zona que é o do medio ambiente.
ONG: Amarante.
País: Brasil.
Presuposto: 6.758 €.
Cantidade solicitada ó Fondo: 5.025 €.
Cantidade aportada polo Fondo: 5.025 €.
Aportación da ONG: 1.733 €.
Resume: Acrecentar a capacidade institucional, organizativa e loxística do Movemento dos Traballadores Rurais Sem Terra do Estado de Piauí, mellorando a atención de servicios básicos educativos e sanitarios, facilitando a extensión da organización a traveso da dotación de motos que lles permitan unha mobilidade fluída á hora de atender ás necesidades locais.
ONG: Asociación para la Solidaridad.
País: Cote d’Ivoire.
Presuposto: 14.516,10 €.
Cantidade solicitada ó Fondo: 14.516,10 €.
Cantidade a aportar polo Fondo: 14.516,10 €.
Resume: Construcción dun edificio que sirva de almacén de mercancías e dúas pequenas casas que sirvan de tendas para vender in situ os productos que distribuirán, e consolidación dunha cooperativa. Promoción do desenvolvemento.
ONG: INTI.
País: Perú.
Presuposto: 4.574,70 €.
Cantidade solicitada ó Fondo: 3.574,70 €.
Cantidade a aportar polo Fondo: 3.574,70 €.
Aportación ONG: 1.000 €.
Resume: Mellorar as condicións de saúde das familias campesiñas da comunidade de José Olaya, así como conseguir unha diminución da contaminación ambiental da comunidade, reducindo o número de enfermidades infecto contaxiosas.
ONG: Implicadas no desenvolvemento.
País: Etiopía.
Presuposto: 4.155 €.
Cantidade solicitada ó Fondo: 3.295 €.
Cantidade a aportar polo Fondo: 3.295 €.
Aportación ONG: 860 €.
Resume: O obxectivo deste proxecto é o de empoderar ás mulleres para que poidan saír da súa situación de crise e precariedade, e polo tanto crear un ambiente familiar e social no que as nenas poidan cubrir as súas necesidades básicas e onde se poidan respectar os seus dereitos.
ONG: Amigos de la Tierra. Centro Iris de Medioambiente.
País: Nicaragua.
Presuposto: 54.004,32 €.
Cantidade solicitada ó Fondo: 24.444,21 €.
Cantidade a aportar polo Fondo: 24.444,21 €.
Resume: Contribuír ó proceso de desmobilización dos cortadores de mangle cara actividades productivas rendibles e respectuosas co medio ambiente, reducir a vulnerabilidade social e ambiental do Estero Real, a traveso do uso e manexo racional dos recursos naturais.
Contraparte: Municipalidade de Santiago de Cuba.
País: Cuba.
Presuposto para este exercicio: 120.070 €.
Cantidade solicitada ó Fondo: 24.040,48 €.
Cantidade a aportar polo Fondo: 24.040,48 €.
Cofinanciadores: Secretaría Xeral de Relacións coa UE e Cooperación Exterior da Xunta de Galicia e Concello de Santiago de Compostela.
Resume: Diagnóstico urbanístico, elaboración de material gráfico, intercambio formativo e adquisición de equipos.
Observación: Iniciado en 2001.
Contraparte: Fundación DEMUCA.
País: Costa Rica, El Salvador, Honduras, Panamá.
Presuposto para este exercicio: 100.000 €.
Cantidade solicitada ó Fondo: 29.612 €.
Cantidade aportada polo Fondo: 29.612 €.
Cofinanciadores: Secretaría Xeral de Relacións coa UE e Cooperación Exterior da Xunta de Galicia.
Resume: A finalidade do proxecto é a de fomentar as actividades de capacitación e sensibilización destinadas a funcionarios, líderes comunais, partidos políticos, estudiantes... para adaptar e desenvolver as capacidades necesarias para exercer un goberno democrático e unha cidadanía informada e comprometida. Búscase unha participación activa que permita establecer unha relación dinámica e estreita entre servicios públicos e cidadanía.
Observación: Iniciado en 2003.
Contraparte: Cámara Municipal de San Vicente.
País: Cabo Verde.
Illa: Santa Lucía.
Presuposto: 73.000 €.
Cantidade solicitada ó Fondo: 23.000 €.
Cantidade aportada polo Fondo: 23.000 €.
Cofinanciadores: Secretaría Xeral de Relacións coa UE e Cooperación Exterior da Xunta de Galicia.
Resume: Aportar ós servicios de saneamento, máis concretamente, de desobstrucción de desaugues, un camión adaptado para este tipo de traballos, tratando así de evitar a aparición de perdas residuais que poñen en perigo tanto a saúde coma o ambiente da zona.
Santiago de Compostela, 14 de maio de 2004.
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, oído o Consello Municipalista da Cooperación, de acordo co establecido nos seus estatutos, e seguindo as súas liñas básicas de actuación, realiza a seguinte convocatoria de axudas, dirixida a organizacións non gobernamentais co obxecto de colaborar con elas no logro universal dun desenvolvemento humano.
A tal efecto, financiaranse proxectos de cooperación de acordo coas seguintes bases:
| Título Primeiro | Características dos proxectos (art 1) |
| Título Segundo | Beneficiarios das convocatorias (art 2-3) |
| Título Terceiro | Prioridades na concesión (art 4-6) |
| Título Cuarto | Os prazos e a documentación a presentar (art 7-8) |
| Título Quinto | A concesión das axudas (art 9-14) |
| Título Sexto | A xustificación dos proxectos (art 15-18) |
I.- Os proxectos terán en conta as seguintes premisas:
a) Que se realicen en países non desenvolvidos. A atención prioritaria centrarase en países de América Central, América Latina, Caribe e África (Sahara Occidental, África subsahariana, etc) sen que isto impida o financiamento de actuacións noutras áreas do mundo (Asia, especialmente).
b) Que os seus obxectivos se centren en áreas de gobernabilidade e consolidación democrática, saúde, educación, desenvolvemento, atención social, cultura, conservación de medio ambiente, planificación urbanística, pacificación, etc, e en actuacións que revistan certa permanencia ou estabilidade. O financiamento de casos de emerxencia acreditada só se fará de maneira excepcional.
c) Que poidan beneficiarse dos mesmos os cidadáns en xeral, sen que se discrimine por razón de raza, confesión relixiosa, etc, incidindo especialmente na superación da discriminación por razón de xénero.
d) Que eviten a invasión cultural e potencien e respecten a idiosincrasia do pobo beneficiario e o seu medio ambiente.
II.- Na actual convocatoria non serán obxecto de apoio aqueles programas de sensibilización á opinión pública dirixidos ós cidadáns de Galicia, que se arbitrarán a través dun programa independente do Fondo.
III.- Os proxectos ou unha fase dos mesmos desenvolveranse ó longo do período 2004-2005.
O Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade poderá outorgar axudas a:
Quedan excluídas as Entidades Gobernamentais de Cooperación, institucións financeiras e formacións políticas.
En relación co proxecto en si, terán preferencia os que teñan en conta os criterios seguintes:
1. Que estean dirixidos ós grupos menos favorecidos e que contribúan a mellorar as súas condicións de vida. Valorarase o número de persoas que se beneficiarán da axuda.
2. Que impliquen e fomenten a participación dos beneficiarios en todas e cada unha das fases: concepción, realización, xestión e avaliación.
3. Que teñan perspectiva de futuro nun dobre sentido:
a) Que poidan continuar cando a axuda exterior remate (autosuficiencia económica).
b) Se son impulsadas inicialmente pola cooperación exterior, que teñan en conta e garantan a súa continuidade a longo prazo con responsables locais (autosuficiencia loxística).
4. Que contemplen unha concepción integral do desenvolvemento e dean soporte ás organizacións de base, excluíndo as actividades que pretendan a promoción dunha opción política, relixiosa ou sindical concreta ou alenten a discriminación por razón de xénero.
5. Que, no suposto de accións directamente productivas, axuden á constitución de recursos financeiros que se poidan empregar para outros proxectos ou actividades posteriores (fondos de rotación, préstamos, garantías bancarias, etc).
6. Que presenten obxectivos de desenvolvemento concretos, claros, avaliables e posibles de conseguir nun prazo razoable.
7. Que respecten o medio ambiente.
8. Que sexan promovidas por ONGs ou entidades do país beneficiario, que, ademais de responsabilizarse da execución, ofrezan a garantía dun equipo responsable.
9. Que, preferentemente, sexan de duración plurianual e se integren nunha planificación máis ampla.
10. Que axuden á creación dunha nova infraestructura socioeconómica na zona onde se execute, e/ou á adquisición de bens de equipamento, e/ou á consecución do capital necesario para a formación de microempresas comunitarias, e/ou á capacitación e promoción do persoal executor do proxecto.
11. Que contemplen a participación de entidades municipalistas nas súas diferentes fases (formulación, xestión, avaliación) e se adecúen ó perfil das obrigas e funcións básicas a desenvolver polas entidades locais.
12. Con respecto á súa forma de presentación valorarase a fundamentación, a claridade e coherencia interna da presentación, a aportación de documentación complementaria, que sexan cuantificables mediante presupostos detallados e fidedignos, e a idoneidade da contraparte.
a) A Comisión Executiva designará unha Ponencia Técnica que valorará de 1 a 3 puntos cada un dos criterios do artigo 4º.
b) A Comisión Executiva terá en conta o informe dun equipo técnico, se a natureza do proxecto o aconsella. Neste suposto poderá valora-lo de 1 a 5 puntos.
c) O financiamento de casos de emerxencia acreditada só se fará de maneira excepcional. Neste caso valorarase a súa urxencia, a posibilidade real de chegar ó lugar de destino (vías de comunicación), a experiencia da ONG que canalizará a axuda e a forma proposta de face-lo (proxecto, responsables...).
d) En principio, unha acción poderá beneficiarse de financiamento unha soa vez.
e) O Fondo non poderá financiar ou cofinanciar accións xa feitas ou a piques de rematar.
f) Para convocatorias posteriores terase en conta o grado de cumprimento destas instruccións.
En relación coa ONG ou entidade solicitante, valoraranse os seguintes criterios:
1. É imprescindible que a ONG ou entidade solicitante sen ánimo de lucro figure constituída legalmente e acredite un mínimo de dous anos de experiencia na execución de programas de cooperación ó desenvolvemento.
2. A capacidade de mobilizar a solidariedade e os recursos privados, así como de acadar subvencións doutros organismos.
3. Que teña experiencia contrastada en accións de cooperación ó desenvolvemento e de solidariedade.
4. Que teña a capacidade de soster as accións subvencionadas.
5. Que conte cunha traxectoria contrastada no desenvolvemento de actividades de sensibilización na Comunidade autónoma.
6. Que os seus obxectivos sexan compatibles cos do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
7. Valorarase o impulso de proxectos por parte de varias ONG conxuntamente.
8. As ONGs comprometeranse a participar nas accións de sensibilización impulsadas polo Fondo Galego, sempre e cando non estean en contradicción co seu ideario.
As entidades que participen na presente convocatoria terán que presentar un dosier que inclúa os seguintes datos:
I. Do proxecto:
As entidades solicitantes presentarán o proxecto concreto de actuación e cubrirán o resume do mesmo que se solicita no anexo I. Débense incluír os seguintes datos: localización detallada (adxuntar un mapa), xustificación do proxecto, obxectivos e fins que se perseguen, número e tipo de beneficiarios, descrición da metodoloxía de traballo, proposta detallada das actividades a realizar, cronograma operativo e o presuposto especificado por partidas, en euros, facendo constar a cantidade que se solicita ó Fondo e as que aportarán outras entidades, no seu caso.
O Fondo poderá solicitar a documentación complementaria aclaratoria que sexa necesaria.
II. Da entidade solicitante:
Ademais, a Comisión Executiva do Fondo Galego poderá solicitar da ONG un balance dos dous últimos anos, especificando as subvencións recibidas, a súa orixe e a súa contía, así como os recursos propios xerados, e un informe dos recursos humanos cos que conta. Neste caso, deberán acompañar un organigrama, especificando as características da súa vinculación e dedicación, así como as relacións máis significativas que manteñan con outras organizacións locais, estatais ou estranxeiras.
III. No caso de que a solicitude se formule por unha ONG do Norte, en colaboración cunha ONG do sur, presentará a seguinte documentación da contraparte: estatutos, memoria explicativa na que se detalle a súa forma xurídica, natureza e obxectivos, significación de colaboracións anteriores e unha avaliación dos resultados obtidos.
Os proxectos e o resto da documentación remitiranse á Secretaría do Fondo Galego (Avenida Joselín, 7. Portal 3-4ºB. 36300-Baiona (Pontevedra). O prazo comeza a partir da aprobación destas Bases e remata o 31 de marzo de 2004.
Os proxectos non aprobados poderán retirarse na Secretaría do Fondo. Transcorridos dous meses dende a publicación da resolución, o Fondo Galego poderá destruír a documentación presentada e non retirada.
A Comisión Executiva valorará os proxectos presentados seguindo os criterios de prioridade expostos nos artigos 4º, 5º e 6º destas bases.
O Fondo Galego poderá solicitar copias adicionais da documentación presentada cando deba tramitar o cofinanciamento perante outras instancias. Igualmente, dos informes finais relativos á execución dos proxectos financiados.
Unha vez aprobadas as axudas farase efectivo o pago do 50% da cantidade concedida. Un 25% adicional librarase unha vez se presente un informe de seguimento das actuacións previstas. O restante 25% farase efectivo unha vez estea debidamente xustificada a axuda recibida, tal e como se recolle no artigo 15º. No caso de existiren dificultades para facer efectivo o 50% inicial, coa conformidade de ambas partes, poderán efectuarse pagos inferiores sempre e cando posibiliten o comezo do proxecto.
Poderá dedicarse ata un máximo do 6% total da axuda a gastos de preparación, secretaría e xestión. Non poderán ser incluídos no obxecto das axudas, os desprazamentos dos membros das ONGs ós países beneficiarios das accións.
Os custes derivados dos cambios de divisa non serán asumidos polo Fondo Galego. As transferencias aos países do Sur faranse efectivas en euros, sempre que así sexa posible.
Os proxectos pódense aprobar para o seu financiamento total ou parcialmente en función dos fondos dispoñibles e a criterio da Comisión Executiva, quen está facultada para dirimir e interpretar estas bases.
As ONGs, pola súa banda, poden buscar cofinanciamento para os proxectos presentados sen máis restricción que face-lo constar expresamente.
Nos casos en que a axuda solicitada ou aprobada non cubra o custo total do programa, deberá constar o compromiso por parte do peticionario de aportar a diferencia, ben directamente ou a través de financiamento de terceiros.
Mentres non se acredite o compromiso de financiamento, o Fondo non procederá a transferir a subvención acordada.
O importe das subvencións ou axudas en ningún caso poderá ser de tal contía que illada ou conxuntamente con outras subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou entidades privadas, supere o cen por cen do custo total da actividade para a que se conceden. De ser o caso, o Fondo diminuirá a cantidade acordada ata absorber o exceso.
A subvención poderá ser revocada, despois da audiencia, ós interesados, sempre que dos informes de seguimento se deduza que as actividades non se axustan ó proxecto subvencionado. Esta circunstancia suporá a devolución das cantidades percibidas en virtude desta convocatoria e exerceranse, se é o caso, as accións legais pertinentes para esixir o reintegro correspondente.
En todo caso, as ONGs adxudicatarias deberán colaborar nas inspeccións e visitas de proxectos en execución, realizadas a instancias do propio Fondo, ben directamente ou a través da Oficina de Seguimento de Proxectos de Managua (Nicaragua) ou de Tetuán (Marrocos), ou doutras entidades públicas que colaboren no financiamento.
A partires do libramento da primeira parte da subvención, o Fondo Galego poderá recabar da ONG ou entidade adxudicataria a remisión dun informe semestral sobre a execución do proxecto, que incluirá unha memoria explicativa acompañada dunha xustificación económica e de fotografías das actividades realizadas.
Xustificaranse os gastos realizados con facturas orixinais, copias compulsadas ou documentos que acrediten o destino e o uso dos fondos concedidos.
O non cumprimento da xustificación implicará a súa inhabilitación para a percepción de novas axudas, sen prexuízo das accións legais pertinentes.
A ONG solicitante farase responsable do desenvolvemento do proxecto e do correcto uso do financiamento que se outorgue. En todo caso non poderá ser desviado a outros usos diferentes do aprobado.
Presentáronse a esta convocatoria un total de 62 proxectos co seguinte perfil xeográfico: Centroamérica (35), Sudamérica (20), África (4) e Asia (3). A proposta da Ponencia Técnica, na que participaron representantes dos concellos de Santiago e Vigo, da Deputación de Pontevedra e da Secretaría do Fondo, tivo en conta non soamente o interese das accións propostas senón igualmente as capacidades orzamentarias.
A resultas da análise, baremación e debate, resólvese o financiamento dos seguintes proxectos:
ONG: INPRHU SOMOTO.
País: Nicaragua.
Presuposto: 3.109,50 euros.
Cantidade aportada pola Contraparte: 705 euros.
Cantidade solicitada ó Fondo: 2.404,50 euros.
Cantidade aportada polo Fondo: 2.404,50 euros.
Resume: Abastecer de auga no seu domicilio a 25 familias, axudando a mellorar as condicións hixiénicas, de saúde e de desprazamento, e tamén do traballo infantil e feminino. A proposta parte dos membros da comunidade que están dispostos a traballar na colocación de tuberías, cavado de zanxas... Preténdese que a Alcaldía sexa a executora directa.
ONG: INPRHU SOMOTO.
País: Nicaragua.
Presuposto: 43.665 euros.
Cantidade solicitada ó Fondo: 43.665 euros.
Cantidade aportada polo Fondo: 43.665 euros.
Resume: Mellora dos sistemas de captación de auga tanto para uso doméstico como para uso agrícola, formar as persoas nun uso axeitado da auga, formar técnicos no seu manexo. A construcción de pozos familiares, sistemas de captación da auga..., corre a cargo das familias.
ONG: INPRHU SOMOTO.
País: Nicaragua.
Presuposto: 10.529,84 euros.
Cantidade aportada pola Contraparte: 4.285,84 euros.
Cantidade solicitada ó Fondo: 6.224 euros.
Cantidade aportada polo Fondo: 6.224 euros.
Resume: Pretende fortalecer a capacidade das mulleres, promocionar o aumento das rendas da muller campesiña, potenciar novos cultivos, fomentar o empoderamento das mulleres das comunidades de El Castillo e El Castillito. Quérense comercializar os productos obtidos polas mulleres e fortalecer as relacións interfamiliares.
ONG: CRC (Comité de Reconstrucción y Desarrollo Económico y Social de Comunidades de Suchitoto, Cuscatlán).
País: El Salvador.
Presuposto: 18.249,27 euros.
Cantidade aportada pola Contraparte: 3.970 euros.
Cantidade solicitada ó Fondo: 14.279,27 euros.
Cantidade a aportar polo Fondo: 14.279,27 euros.
Resume: Creación de talleres para formar a mozos e mozas e posibilitar máis oportunidades para entrar no mercado laboral, por conta propia ou allea. Trátase de ofrecer unha alternativa ó mundo da delincuencia que asola a esta comunidade. Talleres de xastrería e serigrafía.
Contraparte: Municipalidade de Santiago de Cuba.
País: Cuba.
Presuposto para este exercicio: 60.035 euros.
Cantidade solicitada ao Fondo: 12.020,24 euros.
Cantidade a aportar polo Fondo: 12.020,24 euros.
Cofinanciadores: Secretaría Xeral de Relacións coa UE e Cooperación Exterior da Xunta de Galicia e Concello de Santiago de Compostela.
Resume: Diagnóstico urbanístico, elaboración de material gráfico, intercambio formativo e adquisición de equipos.
Contraparte: Fundación DEMUCA.
País: Costa Rica, El Salvador, Honduras, Panamá.
Presuposto para este exercicio: 147.067 euros.
Cantidade solicitada ao Fondo: 26.767 euros.
Cantidade aportada polo Fondo: 26.767 euros.
Cofinanciadores: Secretaría Xeral de Relacións coa UE e Cooperación Exterior da Xunta de Galicia.
Resume: A finalidade do proxecto é a de fomentar as actividades de capacitación e sensibilización destinadas a funcionarios, líderes comunais, partidos políticos, estudiantes... para adaptar e desenvolver as capacidades necesarias para exercer un goberno democrático e unha cidadanía informada e comprometida. Búscase unha participación activa que permita establecer unha relación dinámica e estreita entre servicios públicos e cidadanía.
Contraparte: Cámara Municipal de Santa Catarina, Organización de Mulleres de Cabo Verde, Associaçao Rincao em Desenvolvemento, Escola e jardim infantil de Porto Rincao, Associaçao Mutualidade de Poupança e Crédito de Rincao.
País: Cabo Verde.
Illa: Santiago.
Presuposto: 150.253,02 euros.
Cantidade solicitada ao Fondo: 30.253,02 euros.
Cantidade a aportar polo Fondo: 30.253,02 euros.
Cofinanciadores: Axencia Española de Cooperación Internacional e Secretaría Xeral de Relacións coa UE e Cooperación Exterior da Xunta de Galicia.
Resume: Construcción e equipamento de centro comunitario, arranxo de rúas e outras actuacións no ámbito da educación cívica.
Observación: A súa realización dependerá da concreción dos compromisos económicos solicitados á AECI e á Secretaría Xeral de Relacións coa UE e Cooperación Exterior da Xunta de Galicia.
Contraparte: Mercociudades, Intendencia Municipal de Montevideo.
País: Arxentina, Brasil, Paraguai, Uruguai, Chile e Bolivia.
Presuposto: 80.000 euros.
Cantidade solicitada ao Fondo: 0 euros.
Cantidade a aportar polo Fondo: 0 euros.
Cofinanciadores: Secretaría Xeral de Relacións coa UE e Cooperación Exterior da Xunta de Galicia.
Resume: Accións de intercambio, capacitación e cooperación entre cidades en rede; desenvolvemento de estratexias de intervención concretas na busca da complementariedade productiva.
Cláusula: O financiamento deste proxecto materializarase en función da concreción das achegas dos cofinanciadores previstos.
ONG: Manos Unidas.
País: Nicaragua.
Presuposto: 368.689,95 euros.
Aportación ONG: 72.132,38 euros.
Aportación contraparte: 189.635,91 euros.
Cantidade solicitada ó Fondo: 18.555,64 euros.
Cantidade a aportar polo Fondo: 18.555,64 euros.
Resume: Trata de contribuír ó desenvolvemento das capacidades da poboación para diminuír á vulnerabilidade xerada pola pobreza estructural. Consiste en dotar ós beneficiarios da formación e recursos para desenvolver a agricultura e a sanidade, primordialmente, coa conseguinte mellora e aumento de esperanza de vida.
ONG: Asociación Labañou Solidaria.
País: Perú.
Presuposto: 18.960 euros.
Aportación ONG: 6.000 euros.
Cantidade solicitada ó Fondo: 6.000 euros.
Cantidade a aportar polo Fondo: 6.000 euros.
Resume: Contribuír á mellora do nivel de saúde e de calidade de vida da poboación de Vilcabamba. Este obxectivo conseguirase abarcando diversos ámbitos: agricultura, comunicacións, educación, saneamento...
Contraparte: SEMG-Solidaria.
País: Nicaragua.
Presuposto: 360.607,26 euros.
Cantidade aportada pola Contraparte: 24.000 euros.
Cantidade solicitada ó Fondo: 60.000 euros.
Cantidade a aportar polo Fondo: 30.000 euros (o Concello de Allariz aportará 6.000 euros).
Resume: O obxectivo fundamental do proxecto é introducirse no ámbito sanitario asistencial da poboación de Cidade Sandino aportando recursos técnicos e humanos nun ámbito especialmente castigado polo paro e a pobreza. Prevé a construcción dun centro de saúde.
Cláusula: O financiamento deste proxecto materializarase en función da concreción das achegas dos cofinanciadores previstos.
Contraparte: Veterinarios sen Fronteiras.
País: Cuba.
Presuposto: 211.629,87 euros.
Cantidade aportada pola Contraparte: 30.140 euros.
Cantidade solicitada ó Fondo: 28.465,36 euros.
Cantidade a aportar polo Fondo: 28.465,36 euros.
Resume: Mellorar as condicións socioeconómicas da Unidade Básica de Producción Cooperativa (UBPC) Victoria Girón, aumentando a producción de leite, carne e outros producto mediante o apoio ó proceso de reestructuración e consolidación económica da mesma, mellorando a base forraxeira, o manexo do rabaño...
ONG: Asociación Entrepobos.
País: Perú.
Presuposto: 102.209,02 euros.
Cantidade aportada pola Contraparte: 17.100 euros.
Cantidade solicitada ao Fondo: 24.071,74 euros.
Cantidade a aportar polo Fondo: 24.071,74 euros.
Cofinanciadores: Xunta de Galicia.
Resume: Mellorar a situación económica da poboación campesiña do distrito a través do apoio á producción agropecuaria, o impulso e fortalecemento da organización das mulleres e a xestión comunitaria, no marco da coordinación e da participación das institucións públicas contribuíndo á definición de estratexias de desenvolvemento distrital.
ONG: FUDEN.
País: R.A. Saharaui Democrática
Presuposto: 60.224,25 euros.
Cantidade aportada pola ONG: 4.056,84 euros.
Cantidade aportada pola Contraparte: 10.852,28 euros.
Cantidade solicitada ao Fondo: 7.234,16 euros.
Cantidade a aportar polo Fondo: 7.234,16 euros.
Resume: Mellora das condicións de vida dos refuxiados de Tindouff a través da achega de material sanitario destinado a corrixir as deficiencias que en materia de saúde ten esta poboación onde as principais causas de mortalidade son as anemias e as sepsis.
Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2003.
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, oído o Consello Municipalista da Cooperación, dacordo co establecido nos seus estatutos, e seguindo as súas liñas básicas de actuación, realiza a seguinte convocatoria de axudas, dirixida a organizacións non gobernamentais co obxecto de colaborar con elas no logro universal dun desenvolvemento humano.
A tal efecto, financiaranse proxectos de cooperación dacordo coas seguintes bases:
| Título Primeiro | Características dos proxectos (art 1) |
| Título Segundo | Beneficiarios das convocatorias (art 2-3) |
| Título Terceiro | Prioridades na concesión (art 4-6) |
| Título Cuarto | Os prazos e a documentación a presentar (art 7-8) |
| Título Quinto | A concesión das axudas (art 9-14) |
| Título Sexto | A xustificación dos proxectos (art 15-18) |
I.- Os proxectos terán en conta as seguintes premisas:
a) Que se realicen en países non desenvolvidos. A atención prioritaria centrarase en países de América Central, Latinoamérica, Cuba e África (Sahara Occidental, África subsahariana, etc.) sen que isto impida o financiamento de actuacións noutras áreas do mundo (Asia, especialmente).
b) Que os seus obxectivos se centren en áreas de saúde, educación, desenvolvemento, atención social, cultura, conservación de medio ambiente, planificación urbanística, consolidación democrática, pacificación, etc., e en actuacións que revistan certa permanencia ou estabilidade. O financiamento de casos de emerxencia acreditada só se fará de maneira excepcional.
c) Que poidan beneficiarse dos mesmos os cidadáns en xeral, sen que se discrimine por razón de raza, confesión relixiosa, sexo, etc.
d) Que eviten a invasión cultural e potencien e respecten a idiosincrasia do pobo beneficiario e o seu medio ambiente.
II.- Na actual convocatoria non serán obxecto de apoio aqueles programas de sensibilización á opinión pública dirixidos ós cidadáns de Galicia, que se arbitrarán a través dun programa independente do Fondo.
III.- Os proxectos ou unha fase dos mesmos desenvolveranse ó longo do período 2003-2004.
O Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade poderá outorgar axudas a:
Quedan excluídas as Entidades Gobernamentais de Cooperación.
En relación co proxecto en sí, terán preferencia os que teñan en conta os criterios seguintes:
1. Que estén dirixidos ós grupos menos favorecidos e que contribúan a mellorar a súas condicións de vida. Valorarase o número de persoas que se beneficiarán da axuda.
2. Que impliquen e fomenten a participación dos beneficiarios en todas e cada unha das fases: concepción, realización, xestión e avaliación.
3. Que teñan perspectiva de futuro nun dobre sentido:
a) Que poidan continuar cando a axuda exterior remate (autosuficiencia económica).
b) Se son impulsadas inicialmente pola cooperación exterior, que teña en conta e garanta a súa continuidade a longo prazo con responsables locais (autosuficiencia loxística).
4. Que contemplen unha concepción integral do desenvolvemento e den soporte ás organizacións de base, excluíndo as actividades que pretendan a promoción dunha opción política, relixiosa ou sindical concreta.
5. Que, no suposto de accións directamente productivas, axuden á constitución de recursos financieros que se poidan empregar para outros proxectos ou actividades posteriores (fondos de rotación, préstamos, garantías bancarias, etc).
6. Que presenten obxectivos de desenvolvemento concretos, claros, avaliables e posibles de conseguir nun prazo razonable.
7. Que respecten o propio medio ambiente.
8. Que sexan promovidas por ONGs ou entidades do país beneficiario, que, ademais de responsabilizarse da execución, ofrezan a garantía dun equipo responsable.
9. Que, preferentemente, sexan de duración plurianual e se integren nunha planificación máis ampla.
10. Que axuden á creación dunha nova infraestructura socioeconómica na zona onde se execute, e/ou adquisición de bens de equipamento, e/ou á consecución do capital necesario para a formación de microempresas comunitarias, e/ou á capacitación e promoción do persoal executor do proxecto.
11. Que contemplen a participación de entidades municipalistas nas súas diferentes fases (formulación, xestión, avaliación) e se adecúen ó perfil das obrigas e funcións básicas a desenvolver polas entidades locais.
12. Con respecto á súa forma de presentación valorarase a fundamentación, a claridade e coherencia interna da presentación, a aportación de documentación complementaria, e que sexan cuantificables mediante presupostos detallados e fidedignos, e a idoneidade da contraparte.
a) A Comisión Executiva valorará de 1 a 3 puntos cada ún dos criterios do artigo 4º.
b) A Comisión Executiva terá en conta o informe dun equipo técnico, se a naturaleza do proxecto o aconsella. Neste suposto poderá valora-lo de 1 a 5 puntos.
c) O financiamento de casos de emerxencia acreditada só se fará de maneira excepcional. Neste caso valorarase a súa urxencia, a posibilidade real de chegar ó lugar de destino (vías de comunicación), a experiencia da ONG que canalizará a axuda e a forma proposta de face-lo (proxecto, responsables...).
d) En principio, unha acción poderá beneficiarse de financiamento unha soa vez.
e) O Fondo non poderá financiar ou cofinanciar accións xa feitas ou a piques de rematar.
f) Para convocatorias posteriores terase en conta o grado de cumprimento destas instruccións.
En relación coa ONG ou entidade solicitante, valoraranse os seguintes criterios:
1.- É imprescindible que a ONG ou entidade solicitante sen ánimo de lucro figure constituída legalmente e acredite un mínimo de dous anos de experiencia na execución de programas de cooperación ó desenvolvemento.
2.- A capacidade de mobilizar a solidariedade e os recursos privados, así como de acadar subvencións doutros organismos.
3.- Que teña experiencia contrastada en accións de cooperación ó desenvolvemento e de solidariedade.
4.- Que teña a capacidade de soster as accións subvencionadas.
5.- Que os seus obxectivos sexan compatibles cos do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
6.- Valorarase o impulso de proxectos por parte de varias ONG conxuntamente.
7.- As ONGs comprometeranse a participar nas accións de sensibilización impulsadas polo Fondo Galego, sempre e cando non estén en contradicción co seu ideario.
As entidades que participen na presente convocatoria terán que presentar un dosier que inclúa os seguintes datos:
I.- Do proxecto:
As entidades solicitantes presentarán o proxecto concreto de actuación e cubrirán o resume do mesmo que se solicita no anexo I. Débense incluír os seguintes datos: localización detallada (adxuntar un mapa), xustificación do proxecto, obxectivos e fins que se persiguen, número e tipo de beneficiarios, descripción da metodoloxía de traballo, proposta detallada das actividades a realizar, cronograma operativo e o presuposto desglosado por partidas en pesetas, facendo constar a cantidade que se solicita ó Fondo e as que aportarán outras entidades, no seu caso.
O Fondo poderá solicitar a documentación complementaria aclaratoria que sexa
necesaria.
II.- Da entidade solicitante:
Ademais, a Comisión Executiva do Fondo Galego poderá solicitar da ONG un balance dos dous últimos anos, especificando as subvencións recibidas, a súa orixe e a súa contía, así como os recursos propios xerados, e un informe dos recursos humanos cos que conta. Neste caso, deberán adxuntar un organigrama, especificando as características da súa vinculación e dedicación, así como as relacións máis significativas que manteñan con outras organizacións locais, estatais ou estranxeiras.
III.- No caso de que a solicitude se formule por unha ONG do norte, en colaboración cunha ONG do sur, presentará a seguinte documentación da contraparte: estatutos, memoria explicativa na que se detalle a súa forma xurídica, naturaleza e obxectivos, significación de colaboracións anteriores e unha avaliación dos resultados obtidos.
Os proxectos e o resto da documentación remitiranse á Secretaría do Fondo Galego (Avenida de Joselín, 7. Portal 3-4ºB. 36300-Baiona (Pontevedra). O prazo comeza a partir da aprobación destas Bases e remata o 5 de maio de 2003.
Os proxectos non aprobados poderán retirarse na Secretaría do Fondo. Transcurridos dous meses dende a publicación da resolución, o Fondo Galego poderá destruir a documentación presentada e non retirada.
A Comisión Executiva valorará os proxectos presentados seguindo os criterios de prioridade expostos nos artigos 4º, 5º e 6º destas bases.
O Fondo Galego poderá solicitar copias adicionais da documentación presentada cando deba tramitar o cofinanciamento perante outras instancias. Igualmente, dos informes finais relativos á execución dos proxectos financiados.
Unha vez aprobadas as axudas farase efectivo o pago inmediato do 50% da cantidade concedida. Un 25% adicional librarase unha vez se acredite o inicio da actuación. O restante 25% farase efectivo unha vez xustificada debidamente a axuda recibida, tal e como se recolle no artigo 15º. No caso de existiren dificultades para facer efectivo o 50% inicial, coa conformidade de ambas partes, poderán efectuarse pagos inferiores sempre e cando posibiliten o comezo do proxecto.
Poderá adicarse ata un máximo do 8% total da axuda a gastos de preparación, secretaría e xestión. Non poderán ser incluídos no obxecto das axudas, os desprazamentos dos membros das ONGs ós países beneficiarios das accións.
Os proxectos pódense aprobar para o seu financiamento total ou parcialmente en función dos fondos disponibles e o criterio da Comisión Executiva, quen está facultada para dirimir e interpretar estas bases.
As ONGs, pola súa banda, poden buscar cofinanciación para os proxectos presentados sen máis restricción que face-lo constar expresamente.
Nos casos en que a axuda solicitada ou aprobada non cubra o custo total do programa, deberá constar o compromiso por parte do peticionario de aportar a diferencia, ben directamente ou a través de financiamento de terceiros.
Mentras non se acredite o compromiso de financiamento, o Fondo non procederá a transferir a subvención acordada.
O importe das subvencións ou axudas en ningún caso poderá ser de tal contía que aillada ou conxuntamente con outras subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou entidades privadas, supere o cen por cen do custo total da actividade para a que se conceden. De ser o caso, o Fondo diminuirá a cantidade acordada ata absorber o exceso.
A subvención poderá ser revogada, despois da audiencia ós interesados, sempre que dos informes de seguimento se deduza que as actividades non se axustan ó proxecto subvencionado. Esta circunstancia suporá a devolución das cantidades percibidas en virtude desta convocatoria e exerceranse, se é o caso, as accións legais pertinentes para esixir o reintegro correspondente.
En todo caso, as ONGs adxudicatarias deberán colaborar nas inspeccións e visitas de proxectos en execución, realizadas a instancias do propio Fondo, ben directamente ou a través da Oficina de Seguemento de Proxectos de Managua (Nicaragua) ou de Tetuán (Marrocos).
A partires do libramento da primeira parte da subvención, o Fondo Galego poderá recabar da ONG ou entidade adxudicataria a remisión dun informe semestral sobre a execución do proxecto, que incluirá unha memoria explicativa acompañada dunha xustificación económica e de fotografías das actividades realizadas.
Xustificaranse os gastos realizados con facturas orixinais, copias compulsadas ou documentos que acrediten o destino e o uso dos fondos concedidos.
O non cumprimento da xustificación implicará a súa inhabilitación para a percepción de novas axudas, sen prexuízo das accións legais pertinentes.
A ONG solicitante farase responsable do desenvolvemento do proxecto e do correcto uso do financiamento que se outorgue. En todo caso non poderá ser desviado a outros usos diferentes do aprobado.
O 9 de maio reuniuse o Consello Municipalista da Cooperación. Nos días previos e durante ese mesmo día, a Secretaría do Fondo recibíu diferentes achegas e suxerencias para a modificación das bases presentadas.
Tomando en conta como pertinente introducir algún dos cambios propostos decidiuse retrasar a Convocatoria unha semana, polo que faremos públicas as Bases definitivas o día luns 21 de maio, tendo aberta a convocatoria, do 22 de maio ao 22 de xuño.
Presentáronse a esta convocatoria un total de 51 proxectos co seguinte perfil xeográfico: Asia (2), África (10), Caribe (4), Centroamérica (10), Sudamérica (25). A Comisión Executiva, a través dunha Ponencia Técnica, realizou unha primeira selección tendo en conta non soamente o interese das accións propostas senón igualmente as capacidades orzamentarias. A proposta da Ponencia foi avaliada pla Comisión Executiva do Fondo e, posteriormente, pola Asemblea xeral de asociados celebrada o 26 de Abril de 2002 en Santiago de Compostela, na sede da FEGAMP.
A resultas do debate, aprobouse o financiamento dos seguintes proxectos:
ONG: Veterinarios sen Fronteiras.
País: Cuba.
Presuposto: 276.748,61 €.
Cantidade solicitada ó Fondo: 29.384,44 €.
Cantidade aportada polo Fondo: 29.384,44 €.
Resume: Incrementar a producción de carne e leite, mellorando o gando bacón e introducindo o bufalino, perfeccionando os sistemas de tenencia e alimentación do gando e creando novas condicións de traballo que faciliten a estabilidade e o reasentamento poboacional.
ONG: Bicis pola Paz.
País: El Salvador.
Presuposto: 3.621,00 €.
Cantidade solicitada ó Fondo: 2.000,00 €.
Cantidade aportada polo Fondo: 2.000,00 €.
Resume: Adquisición de 27 bicicletas para facilitar o traslado entre as comunidades rurais e facilitar o desenvolvemento socioeducativo na rexión de San Salvador / La Libertad.
ONG: Arquitectos sen Fronteiras.
País: Nicaragua.
Presuposto: 117.493,34 €.
Cantidade solicitada ó Fondo: 35.979,92 €.
Cantidade aportada polo Fondo: 35.979,92 €.
Resume: Pretende mellorar as condicións de salubridade e seguridade das familias de El Viejo, propiciando a creación dun fondo rotatorio que permitirá aos habitantes merar o material necesario a prezos baixos. A contratación de man de obra farase a través duna Escola-Taller.
ONG: Intermón.
País: Bolivia.
Presuposto: 274.697,52 €.
Cantidade solicitada ó Fondo: 30.325,00 €.
Cantidade a aportar polo Fondo: 30.325,00 €.
Resume: O proxecto pretende apoiar o desenvolvemento cooperativo agrícola de 22 comunidades, das máis pobres da zona.
ONG: Meniños.
País: Ecuador.
Presuposto: 164.758,00 €.
Cantidade solicitada ó Fondo: 22.850,00 €.
Cantidade a aportar polo Fondo: 22.850,00 €.
Resume: Identificar a rapaces en situación de internado ou semi-internado para facilitgar a súa integración tanto familiar como social, capacitando as institucións e creando redes de apoio.
ONG: Fundación Pro-Mundo.
País: Quénia.
Presuposto: 25.736,16 €.
Cantidade solicitada ó Fondo: 23.162,55 €.
Cantidade a aportar polo Fondo: 23.162,55 €.
Resume: Construcción de tres encoros para a recollida de auga nos acuíferos naturais das montañas, facilitando a mellora da saúde e da hixiene, así como a optimización dos recursos gandeiros e o inicio de proxectos agrícolas.
ONG: Solidariedade Galega.
País: Perú.
Presuposto: 38.128,207 €.
Cantidade solicitada ó Fondo: 6.010,12 €.
Cantidade a aportar polo Fondo: 6.010,12 €.
Resume: Asistencia pediátrica, oftalmolóxica, ciruxía xeral e docencia do persoal autóctono, con desprazamento de material e de recursos humanos desde Galicia.
Contraparte: Incide.
País: Guatemala.
Presuposto: 82.373,21 €.
Cantidade solicitada ó Fondo: 82.373,21 €.
Cantidade a aportar polo Fondo: 20.593,30 €.
Cofinanciadores: Consellería de Emigración e Cooperación exterior da Xunta de Galicia.
Resume: Restricción de pozos cegos e canalización de augas residuais.
Cláusula: O financiamento deste proxecto materializarase en función da concreción das achegas dos cofinanciadores previstos.
Contraparte: Cámara Municipal de Sao Vicente.
País: Cabo Verde.
Illa: Santa Lucía.
Presuposto: 40.909,09 €.
Cantidade solicitada ao Fondo: 40.909,09 €.
Cantidade a aportar polo Fondo: 10.227,27 €.
Cofinanciadores: Consellería de Emigración e Cooperación exterior da Xunta de Galicia.
Resume: Realización de conexións domiciliarias á rede pública de auga e de saneamento.

Presuposto para este exercicio: 81.050,00 €.
Cantidade solicitada ao Fondo: 12.020,24 €.
Cantidade a aportar polo Fondo: 12.020,24 €.
Cofinanciadores: Consellería de Emigración e Cooperación exterior da Xunta de Galicia e Concello de Santiago de Compostela.
Resume: Diagnóstico urbanístico, elaboración de material gráfico, intercambio formativo e adquisición de equipos.
Cláusula: O financiamento deste proxecto materializarase en función da concreción das achegas dos cofinanciadores previstos.
Contraparte: Instituto Nacional de Desenvolvemento das Pescas e Cámara Municipal de Sao Vicente.
País: Cabo Verde.
Illa: Santa Lucía.
Presuposto: 74.999,92 €.
Aportación local: 3.077,15 €.
Cantidade solicitada ao Fondo: 71.922,77 €.
Cantidade a aportar polo Fondo: 17.980,69 €.
Cofinanciadores: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia
Resume: Construcción dun abrigo e dun pozo, instalación de reflectores de radar e outros mecanismos de seguridade.
Cláusula: O financiamento deste proxecto materializarase en función da concreción das achegas dos cofinanciadores previstos.
Contraparte: Cámara Municipal de Santa Catarina, Organización de Mulleres de Cabo Verde, Associaçao Rincao em desenvolvemento, Escola e jardim infantil de Porto Rincao, Associaçao Mutualidade de Poupança e crédito de Rincao.
País: Cabo Verde.
Illa: Santa Lucía.
Presuposto: 250.000 €.
Cantidade solicitada ao Fondo: 50.000 €.
Cantidade a aportar polo Fondo: 50.000 €.
Cofinanciadores: Axencia Española de Cooperación Internacional.
Resume: Construcción e equipamentos de centro comunitario, arranxo de rúas, redes de auga potable, microcréditos, fábrica de xeo e outras actuacións no ámbito da educación cívica.
Cláusula: O financiamento deste proxecto materializarase en función da concreción das achegas dos cofinanciadores previstos.
Nesta convocatoria destinarase ao financiamento de proxectos un total de 261.760,8 €.
E para que conste ós efectos oportunos e para coñecemento de Ongs, asociados e sociedade en xeral, faise pública a presente resolución en Santiago de Compostela a 26 de abril de 2002.
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, dacordo co establecido nos seus estatutos, e seguindo as súas liñas básicas de actuación, realiza a seguinte convocatoria de axudas, dirixida a organizacións non gobernamentais co obxecto de colaborar con elas no logro universal dun desenvolvemento humano.
A tal efecto, financiaranse proxectos de cooperación dacordo coas seguintes bases:
| Título Primeiro | Características dos proxectos (art 1) |
| Título Segundo | Beneficiarios das convocatorias (art 2-3) |
| Título Terceiro | Prioridades na concesión (art 4-6) |
| Título Cuarto | Os prazos e a documentación a presentar (art 7-8) |
| Título Quinto | A concesión das axudas (art 9-14) |
| Título Sexto | A xustificación dos proxectos (art 15-18) |
I.- Os proxectos terán en conta as seguintes premisas:
a) Que se realicen en países non desenvolvidos. A atención prioritaria centrarase en países de América Central, Latinoamérica, Cuba e África (Sahara Occidental, África subsahariana, etc.) sen que isto impida o financiamento de actuacións noutras áreas do mundo (Asia, especialmente).
b) Que os seus obxectivos se centren en áreas de saúde, educación, desenvolvemento, atención social, cultura, conservación de medio ambiente, planificación urbanística, consolidación democrática, pacificación, etc., e en actuacións que revistan certa permanencia ou estabilidade. O financiamento de casos de emerxencia acreditada só se fará de maneira excepcional.
c) Que poidan beneficiarse dos mesmos os cidadáns en xeral, sen que se discrimine por razón de raza, confesión relixiosa, sexo, etc.
d) Que eviten a invasión cultural e potencien e respecten a idiosincrasia do pobo beneficiario e o seu medio ambiente.
II.- Na actual convocatoria non serán obxecto de apoio aqueles programas de sensibilización á opinión pública dirixidos ós cidadáns de Galicia, que se arbitrarán a través dun programa independente do Fondo.
III.- Os proxectos ou unha fase dos mesmos desenvolveranse ó longo do período 2001-2002.
O Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade poderá outorgar axudas a:
Quedan excluídas as Entidades Gubernamentais de Cooperación.
En relación co proxecto en sí, terán preferencia os que teñan en conta os criterios seguintes:
1. Que estén dirixidos ós grupos menos favorecidos e que contribúan a mellorar a súas condicións de vida. Valorarase o número de persoas que se beneficiarán da axuda.
2. Que impliquen e fomenten a participación dos beneficiarios en todas e cada unha das fases: concepción, realización, xestión e avaliación.
3. Que teñan perspectiva de futuro nun dobre sentido:
a) Que poidan continuar cando a axuda exterior remate (autosuficiencia económica).
b) Se son impulsadas inicialmente pola cooperación exterior, que teña en conta e garanta a súa continuidade a longo prazo con responsables locais (autosuficiencia loxística).
4. Que contemplen unha concepción integral do desenvolvemento e den soporte ás organizacións de base, excluíndo as actividades que pretendan a promoción dunha opción política, relixiosa ou sindical concreta.
5. Que, no suposto de accións directamente productivas, axuden á constitución de recursos financieros que se poidan empregar para outros proxectos ou actividades posteriores (fondos de rotación, préstamos, garantías bancarias, etc.)
6. Que presenten obxectivos de desenvolvemento concretos, claros, avaliables e posibles de conseguir nun prazo razoable.
7. Que respecten o propio medio ambiente.
8. Que sexan promovidas por ONGs ou entidades do país beneficiario, que, ademais de responsabilizarse da execución, ofrezan a garantía dun equipo responsable.
9. Que, preferentemente, sexan de duración plurianual e se integren nunha planificación máis ampla.
10. Que axuden á creación dunha nova infraestructura socioeconómica na zona onde se execute, e/ou adquisición de bens de equipamento, e/ou á consecución do capital necesario para a formación de microempresas comunitarias, e/ou á capacitación e promoción do persoal executor do proxecto.
11. Que contemplen a participación de entidades municipalistas nas súas diferentes fases (formulación, xestión, avaliación) e se adecúen ó perfil das obrigas e funcións básicas a desenvolver polas entidades locais.
12. Con respecto á súa forma de presentación valorarase a fundamentación, a claridade e coherencia interna da presentación, a aportación de documentación complementaria, e que sexan cuantificables mediante presupostos detallados e fidedignos, e a idoneidade da contraparte.
a) A Comisión Executiva valorará de 1 a 3 puntos cada ún dos criterios do artigo 4º.
b) A Comisión Executiva terá en conta o informe dun equipo técnico, se a natureza do proxecto o aconsella. Neste suposto poderá valora-lo de 1 a 5 puntos.
c) O financiamento de casos de emerxencia acreditada só se fará de maneira excepcional. Neste caso valorarase a súa urxencia, a posibilidade real de chegar ó lugar de destino (vías de comunicación), a experiencia da ONG que canalizará a axuda e a forma proposta de face-lo (proxecto, responsables...).
d) En principio, unha acción poderá beneficiarse de financiamento unha soa vez.
e) O Fondo non poderá financiar ou cofinanciar accións xa feitas ou a piques de rematar.
f) Para convocatorias posteriores terase en conta o grado de cumprimento destas instruccións.
En relación coa ONG ou entidade solicitante, valoraranse os seguintes criterios:
1.- É imprescindible que a ONG ou entidade solicitante sen ánimo de lucro figure constituída legalmente e acredite un mínimo de dous anos de experiencia na execución de programas de cooperación ó desenvolvemento.
2.- A capacidade de mobilizar a solidariedade e os recursos privados, así como de acadar subvencións doutros organismos.
3.- Que teña experiencia contrastada en accións de cooperación ó desenvolvemento e de solidariedade.
4.- Que teña a capacidade de soster as accións subvencionadas.
5.- Que os seus obxectivos sexan compatibles cos do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
6.- Valorarase o impulso de proxectos por parte de varias ONG conxuntamente.
7.- As ONGs comprometeranse a participar nas accións de sensibilización impulsadas polo Fondo Galego, sempre e cando non estén en contradicción co seu ideario.
As entidades que participen na presente convocatoria terán que presentar un dosier que inclúa os seguintes datos:
I.- Do proxecto:
As entidades solicitantes presentarán o proxecto concreto de actuación e cubrirán o resume do mesmo que se solicita no anexo I. Débense incluír os seguintes datos: localización detallada (adxuntar un mapa), xustificación do proxecto, obxectivos e fins que se persiguen, número e tipo de beneficiarios, descripción da metodoloxía de traballo, proposta detallada das actividades a realizar, cronograma operativo e o presuposto desglosado por partidas en pesetas, facendo constar a cantidade que se solicita ó Fondo e as que aportarán outras entidades, no seu caso.
O Fondo poderá solicitar a documentación complementaria aclaratoria que sexa
necesaria.
II.- Da entidade solicitante:
Ademais, a Comisión Executiva do Fondo Galego poderá solicitar da ONG un balance dos dous últimos anos, especificando as subvencións recibidas, a súa orixe e a súa contía, así como os recursos propios xerados, e un informe dos recursos humanos cos que conta. Neste caso, deberán adxuntar un organigrama, especificando as características da súa vinculación e dedicación, así como as relacións máis significativas que manteñan con outras organizacións locais, estatais ou estranxeiras.
III.- No caso de que a solicitude se formule por unha ONG do norte, en colaboración cunha ONG do sur, presentará a seguinte documentación da contraparte: estatutos, memoria explicativa na que se detalle a súa forma xurídica, naturaleza e obxectivos, significación de colaboracións anteriores e unha avaliación dos resultados obtidos.
Os proxectos e o resto da documentación remitiranse á Secretaría do Fondo Galego (Avenida de Joselín, 7. Portal 3-4ºB. 36300-Baiona (Pontevedra). O prazo comeza a partir da aprobación destas bases e remata o 29 de marzo de 2002.
A Comisión Executiva valorará os proxectos presentados seguindo os criterios de prioridade expostos nos artigos 4º, 5º e 6º destas bases.
Unha vez aprobadas as axudas farase efectivo o pago inmediato do 50% da cantidade concedida. Un 25% adicional librarase unha vez se acredite o inicio da actuación. O restante 25% farase efectivo unha vez xustificada debidamente a axuda recibida, tal e como se recolle no artigo 15º.
Poderá adicarse ata un máximo do 8% total da axuda a gastos de preparación, secretaría e xestión. Non poderán ser incluídos no obxecto das axudas, os desprazamentos dos membros das ONGs ós países beneficiarios das accións.
Os proxectos pódense aprobar para o seu financiamento total ou parcialmente en función dos fondos disponibles e o criterio da Comisión Executiva, quen está facultada para dirimir e interpretar estas bases.
As ONGs, pola súa banda, poden buscar cofinanciación para os proxectos presentados sen máis restricción que face-lo constar expresamente.
Nos casos en que a axuda solicitada ou aprobada non cubra o custo total do programa, deberá constar o compromiso por parte do peticionario de aportar a diferencia, ben directamente ou a través de financiamento de terceiros.
Mentras non se acredite o compromiso de financiamento, o Fondo non procederá a transferir a subvención acordada.
O importe das subvencións ou axudas en ningún caso poderá ser de tal contía que aillada ou conxuntamente con outras subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou entidades privadas, supere o cen por cen do custo total da actividade para a que se conceden. De ser o caso, o Fondo diminuirá a cantidade acordada ata absorber o exceso.
A subvención poderá ser revogada, despois da audiencia ós interesados, sempre que dos informes de seguimento se deduza que as actividades non se axustan ó proxecto subvencionado. Esta circunstancia suporá a devolución das cantidades percibidas en virtude desta convocatoria e exerceranse, se é o caso, as accións legais pertinentes para esixir o reintegro correspondente.
En todo caso, as ONGs adxudicatarias deberán colaborar nas inspeccións e visitas de proxectos en execución, realizadas a instancias do propio Fondo, ben directamente ou a través da Oficina de Seguemento de Proxectos de Managua (Nicaragua).
A partires do libramento da primeira parte da subvención, o Fondo Galego poderá recabar da ONG ou entidade adxudicataria a remisión dun informe semestral sobre a execución do proxecto, que incluirá unha memoria explicativa acompañada dunha xustificación económica e de fotografías das actividades realizadas.
Xustificaranse os gastos realizados con facturas orixinais, copias compulsadas ou documentos que acrediten o destino e o uso dos fondos concedidos.
O non cumprimento da xustificación implicará a súa inhabilitación para a percepción de novas axudas, sen prexuízo das accións legais pertinentes.
A ONG solicitante farase responsable do desenvolvemento do proxecto e do correcto uso do financiamento que se outorgue. En todo caso non poderá ser desviado a outros usos diferentes do aprobado.
Presentáronse a esta convocatoria un total de 26 proxectos subscritos por outras tantas Ongs (3 fóra de prazo) e 6 proxectos de cooperación directa subscritos polas respectivas contrapartes. A Comisión Executiva, a través dunha Ponencia Técnica, realizou unha primeira selección tendo en conta non soamente o interese das accións propostas senón igualmente as capacidades orzamentarias. A proposta da Ponencia foi asumida pola Comisión Executiva do Fondo e, posteriormente, pola Asemblea xeral e extraordinaria de asociados que se celebrou o 29 de xuño de 2001 en Santiago de Compostela, na sede da FEGAMP.
A resultas do debate, aprobouse o financiamento dos seguintes proxectos:
ONG: Ecos do Sur.
País: Mozambique.
Presuposto: 14.896.000 pta.
Cantidade solicitada ó Fondo: 5.000.000 pta.
Cantidade aportada polo Fondo: 5.000.000 pta.
Resume: Construcción dun centro de atención infantil, co seu equipamento, para atender a bebés desnutridos, englobado nun proxecto integral de desenvolvemento rural comunitario.
ONG: Bicis pola Paz.
País: Mozambique.
Presuposto: 488.400 pta.
Cantidade solicitada ó Fondo: 400.000 pta.
Cantidade aportada polo Fondo: 400.000 pta.
Resume: Adquisición de 30 bicicletas para que as promotoras de saúde se poidan desprazar polas distintas aldeas. Este proxecto complementa ó anterior pois estas promotoras son as encargadas de detectar bebés en risco.
ONG: Cosal / Yolocamba.
País: O Salvador.
Presuposto: 10.397.362 pta.
Cantidade solicitada ó Fondo: 7.525.312 pta.
Cantidade aportada polo Fondo: 7.525.312 pta.
Resume: Este proxecto forma parte dun programa de desenvolvemento integral para o municipio de “El Paraíso” que pretende dotalo de infraestructuras básicas: luz eléctrica e alumeado público ás comunidades rurais e urbanas.
ONG: Solidariedade Internacional.
País: O Salvador.
Presuposto: 24.295.638 pta.
Cantidade solicitada ó Fondo: 3.000.000 pta.
Cantidade a aportar polo Fondo: 3.000.000 pta.
Resume: O proxecto pretende abastecer de auga potable a unha comunidade que carece deste servicio e que sofre problemas graves de saúde por esta causa, con especial impacto na poboación infantil.
ONG: Amigos Escaes-Perú.
País: Perú.
Presuposto: 6.604.837 pta.
Cantidade solicitada ó Fondo: 4.753.287 pta.
Cantidade a aportar polo Fondo: 4.753.287 pta.
Resume: Impulso da instalación dun módulo de ovinos da raza Corriedale coa fin de mellorar xeneticamente a raza da zona, incrementando así a producción e productividade de carne e de lá. Construcción do correspondente curral, mellora do pasto e equipamento do botiquín veterinario. Contempla a adquisición de dous teares industriais para aproveitar a producción de lá e a capacitación dos campesiños para garanti-la continuidade do proxecto.
Contraparte: Ucres.
País: O Salvador.
Presuposto: 82.133,03 $ usa (+/- 16.426.606 pta).
Cantidade solicitada ó Fondo: 38.520,64 $ usa (+/- 7.704.128 pta).
Cantidade a aportar polo Fondo: 38.520,64 $ usa (+/- 7.704.128 pta).
Resume: Potenciar a equidade de xénero nesta zona e promover os microcréditos ás mulleres para lograr o desenvolvemento agropecuario.
Contraparte: Mama Maquin.
País: Guatemala.
Presuposto: 53.760 Q (+/- 1.344.000 pta).
Cantidade solicitada ó Fondo: 53.760 Q (+/- 1.344.000 pta).
Cantidade a aportar polo Fondo: 53.760 Q (+/- 1.344.000 pta).
Resume: Compra de silos de almacenaxe para mulleres traballadoras na cooperativa “El Nuevo Amanecer”. Estes silos servirán para saír do autoconsumo, poder almacenar os grans e posteriormente comercializalos.
A convocatoria de 2001 inclúe tamén un "Plan Maestro para a revitalización da cidade histórica de Santiago de Cuba". Trátase dun proxecto plurianual que ten un orzamento para a primeira fase de 10 millóns de pesetas.
Nesta convocatoria destinarase ao financiamento de proxectos un total de 39.726.727 pts, que representa un incremento do 311.38% respecto da convocatoria do 2000.
E para que conste ós efectos oportunos e para coñecemento de Ongs, asociados e sociedade en xeral, faise pública a presente resolución en Santiago de Compostela a 29 de Xuño de 2001.
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, dacordo co establecido nos seus estatutos, e seguindo as súas liñas básicas de actuación, realiza a seguinte convocatoria de axudas, dirixida a organizacións non gobernamentais co obxecto de colaborar con elas no logro universal dun desenvolvemento humano. A tal efecto, financiaranse proxectos de cooperación dacordo coas seguintes bases:
| Título Primeiro | Características dos proxectos (art 1) |
| Título Segundo | Beneficiarios das convocatorias (art 2-3) |
| Título Terceiro | Prioridades na concesión (art 4-6) |
| Título Cuarto | Os prazos e a documentación a presentar (art 7-8) |
| Título Quinto | A concesión das axudas (art 9-14) |
| Título Sexto | A xustificación dos proxectos (art 15-18) |
Título Primeiro: Características dos proxectos
I.- Os proxectos terán en conta as seguintes premisas:
a) Que se realicen en países non desenvolvidos. A atención prioritaria centrarase en países de América Central, Latinoamérica, Cuba e África (Sahara Occidental, África subsahariana, etc.) sen que isto impida o financiamento de actuacións noutras áreas do mundo (Asia, especialmente).
b) Que os seus obxectivos se centren en áreas de saúde, educación, desenvolvemento, atención social, cultura, conservación de medio ambiente, planificación urbanística, consolidación democrática, pacificación, etc., e en actuacións que revistan certa permanencia ou estabilidade. O financiamento de casos de emerxencia acreditada só se fará de maneira excepcional.
c) Que poidan beneficiarse dos mesmos os cidadáns en xeral, sen que se discrimine por razón de raza, confesión relixiosa, sexo, etc.
d) Que eviten a invasión cultural e potencien e respecten a idiosincrasia do pobo beneficiario e o seu medio ambiente.
II.- Na actual convocatoria non serán obxecto de apoio aqueles programas de sensibilización á opinión pública dirixidos ós cidadáns de Galicia, que se arbitrarán a través dun programa independente do Fondo.
III.- Os proxectos ou unha fase dos mesmos desenvolveranse ó longo do período 2001-2002.
O Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade poderá outorgar axudas a:
Quedan excluídas as Entidades Gubernamentais de Cooperación.
En relación co proxecto en sí, terán preferencia os que teñan en conta os criterios seguintes:
1. Que estén dirixidos ós grupos menos favorecidos e que contribúan a mellorar a súas condicións de vida. Valorarase o número de persoas que se beneficiarán da axuda.
2. Que impliquen e fomenten a participación dos beneficiarios en todas e cada unha das fases: concepción, realización, xestión e avaliación.
3. Que teñan perspectiva de futuro nun dobre sentido:
a) Que poidan continuar cando a axuda exterior remate (autosuficiencia económica).
b) Se son impulsadas inicialmente pola cooperación exterior, que teña en conta e garanta a súa continuidade a longo prazo con responsables locais (autosuficiencia loxística).
4. Que contemplen unha concepción integral do desenvolvemento e den soporte ás organizacións de base, excluíndo as actividades que pretendan a promoción dunha opción política, relixiosa ou sindical concreta.
5. Que, no suposto de accións directamente productivas, axuden á constitución de recursos financieros que se poidan empregar para outros proxectos ou actividades posteriores (fondos de rotación, préstamos, garantías bancarias, etc.)
6. Que presenten obxectivos de desenvolvemento concretos, claros, avaliables e posibles de conseguir nun prazo razoable.
7. Que respecten o propio medio ambiente.
8. Que sexan promovidas por ONGs ou entidades do país beneficiario, que, ademais de responsabilizarse da execución, ofrezan a garantía dun equipo responsable.
9. Que, preferentemente, sexan de duración plurianual e se integren nunha planificación máis ampla.
10. Que axuden á creación dunha nova infraestructura socioeconómica na zona onde se execute, e/ou adquisición de bens de equipamento, e/ou á consecución do capital necesario para a formación de microempresas comunitarias, e/ou á capacitación e promoción do persoal executor do proxecto.
11. Que contemplen a participación de entidades municipalistas nas súas diferentes fases (formulación, xestión, avaliación) e se adecúen ó perfil das obrigas e funcións básicas a desenvolver polas entidades locais.
12. Con respecto á súa forma de presentación valorarase a fundamentación, a claridade e coherencia interna da presentación, a aportación de documentación complementaria, e que sexan cuantificables mediante presupostos detallados e fidedignos, e a idoneidade da contraparte.
a) A Comisión Executiva valorará de 1 a 3 puntos cada ún dos criterios do artigo 4º.
b) A Comisión Executiva terá en conta o informe dun equipo técnico, se a natureza do proxecto o aconsella. Neste suposto poderá valora-lo de 1 a 5 puntos.
c) O financiamento de casos de emerxencia acreditada só se fará de maneira excepcional. Neste caso valorarase a súa urxencia, a posibilidade real de chegar ó lugar de destino (vías de comunicación), a experiencia da ONG que canalizará a axuda e a forma proposta de face-lo (proxecto, responsables...).
d) En principio, unha acción poderá beneficiarse de financiamento unha soa vez.
e) O Fondo non poderá financiar ou cofinanciar accións xa feitas ou a piques de rematar.
f) Para convocatorias posteriores terase en conta o grado de cumprimento destas instruccións.
En relación coa ONG ou entidade solicitante, valoraranse os seguintes criterios:
1.- É imprescindible que a ONG ou entidade solicitante sen ánimo de lucro figure constituída legalmente e acredite un mínimo de dous anos de experiencia na execución de programas de cooperación ó desenvolvemento.
2.- A capacidade de mobilizar a solidariedade e os recursos privados, así como de acadar subvencións doutros organismos.
3.- Que teña experiencia contrastada en accións de cooperación ó desenvolvemento e de solidariedade.
4.- Que teña a capacidade de soster as accións subvencionadas.
5.- Que os seus obxectivos sexan compatibles cos do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
6.- Valorarase o impulso de proxectos por parte de varias ONG conxuntamente.
7.- As ONGs comprometeranse a participar nas accións de sensibilización impulsadas polo Fondo Galego, sempre e cando non estén en contradicción co seu ideario.
As entidades que participen na presente convocatoria terán que presentar un dosier que inclúa os seguintes datos:
I.- Do proxecto:
As entidades solicitantes presentarán o proxecto concreto de actuación e cubrirán o resume do mesmo que se solicita no anexo I. Débense incluír os seguintes datos: localización detallada (adxuntar un mapa), xustificación do proxecto, obxectivos e fins que se persiguen, número e tipo de beneficiarios, descripción da metodoloxía de traballo, proposta detallada das actividades a realizar, cronograma operativo e o presuposto desglosado por partidas en pesetas, facendo constar a cantidade que se solicita ó Fondo e as que aportarán outras entidades, no seu caso.
O Fondo poderá solicitar a documentación complementaria aclaratoria que sexa
necesaria.
II.- Da entidade solicitante:
Ademais, a Comisión Executiva do Fondo Galego poderá solicitar da ONG un balance dos dous últimos anos, especificando as subvencións recibidas, a súa orixe e a súa contía, así como os recursos propios xerados, e un informe dos recursos humanos cos que conta. Neste caso, deberán adxuntar un organigrama, especificando as características da súa vinculación e dedicación, así como as relacións máis significativas que manteñan con outras organizacións locais, estatais ou estranxeiras.
III.- No caso de que a solicitude se formule por unha ONG do norte, en colaboración cunha ONG do sur, presentará a seguinte documentación da contraparte: estatutos, memoria explicativa na que se detalle a súa forma xurídica, naturaleza e obxectivos, significación de colaboracións anteriores e unha avaliación dos resultados obtidos.
Os proxectos e o resto da documentación presentaranse no Centro Municipal de Servicios Sociais “Sara Vázquez”, Concello de Culleredo. (Enderezo: Rúa Ramón Cabanillas. 15670-O Burgo. Culleredo-A Coruña), facendo constar que vai dirixido ó Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. O prazo comeza a partir da aprobación destas bases e rematará o 15 de abril de 2001.
A Comisión Executiva valorará os proxectos presentados seguindo os criterios de prioridade expostos nos artigos 4º, 5º e 6º destas bases.
Unha vez aprobadas as axudas farase efectivo o pago inmediato do 75% da cantidade concedida. O restante 25% farase efectivo unha vez xustificada debidamente a axuda recibida, como se establece no artigo 15º.
Poderá adicarse ata un máximo do 8% total da axuda a gastos de preparación, secretaría e xestión. Non poderán ser incluídos no obxecto das axudas, os desprazamentos dos membros das ONGs ós países beneficiarios das accións.
Os proxectos pódense aprobar para o seu financiamento total ou parcialmente en función dos fondos disponibles e o criterio da Comisión Executiva, quen está facultada para dirimir e interpretar estas bases.
As ONGs, pola súa banda, poden buscar cofinanciación para os proxectos presentados sen máis restricción que face-lo constar expresamente.
Nos casos en que a axuda solicitada ou aprobada non cubra o custo total do programa, deberá constar o compromiso por parte do peticionario de aportar a diferencia, ben directamente ou a través de financiamento de terceiros.
Mentras non se acredite o compromiso de financiamento, o Fondo non procederá a transferir a subvención acordada.
O importe das subvencións ou axudas en ningún caso poderá ser de tal contía que aillada ou conxuntamente con outras subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou entidades privadas, supere o cen por cen do custo total da actividade para a que se conceden. De ser o caso, o Fondo diminuirá a cantidade acordada ata absorber o exceso.
A subvención poderá ser revogada, despois da audiencia ós interesados, sempre que dos informes de seguimento se deduza que as actividades non se axustan ó proxecto subvencionado. Esta circunstancia suporá a devolución das cantidades percibidas en virtude desta convocatoria e exerceranse, se é o caso, as accións legais pertinentes para esixir o reintegro correspondente.
En todo caso, as ONGs adxudicatarias deberán colaborar nas inspeccións e visitas de proxectos en execución, realizadas a instancias do propio Fondo, ben directamente ou a través da Oficina de Seguemento de Proxectos de Managua (Nicaragua).
A partires do libramento da primeira parte da subvención, o Fondo Galego poderá recabar da ONG ou entidade adxudicataria a remisión dun informe semestral sobre a execución do proxecto, que incluirá unha memoria explicativa acompañada dunha xustificación económica e de fotografías das actividades realizadas.
Xustificaranse os gastos realizados con facturas orixinais, copias compulsadas ou documentos que acrediten o destino e o uso dos fondos concedidos.
O non cumprimento da xustificación implicará a súa inhabilitación para a percepción de novas axudas, sen prexuízo das accións legais pertinentes.
A ONG solicitante farase responsable do desenvolvemento do proxecto e do correcto uso do financiamento que se outorgue. En todo caso non poderá ser desviado a outros usos diferentes do aprobado.
Presentaronse a esta convocatoria un total de 15 proxectos subscritos por outras tantas ONGs. A Comisión Executiva, a través dunha Ponencia Técnica, realizou unha primeira selección tendo en conta non soamente o interese das accións propostas senón igualmente as capacidades orzamentarias. A proposta da Ponencia foi asumida pola Comisión Executiva do Fondo e, posteriormente, pola Asemblea xeral e extraordinaria de asociados que se celebrou o 14 de xuño de 2000 en Santiago de Compostela, na sede da FEGAMP.
A resultas do debate, aprobouse o financiamento dos seguintes proxectos:
ONG: COSAL.
País: El Salvador.
Presuposto: 9.603.143 pta.
Cantidade solicitada ó Fondo: 3.139.207 pta.
Cantidade aportada polo Fondo: 3.139.207 pta.
Resume: Construcción dunha conducción de auga potable para o Caserío “La Coyotera”, municipio de El Paraíso, contribuíndo á mellora das condicións de saúde, economía e de vida da poboación das comunidades rurais.
ONG: Amigos Escaes-Perú.
País: Perú.
Presuposto: 1.769.955 pta.
Cantidade solicitada ó Fondo: 1.769.955 pta.
Cantidade aportada polo Fondo: 1.769.955 pta.
Resume: Fortalecer a organización do Caserío de Ambulco Grande (extrema pobreza) para que poidan obter, crear e conducir microproxectos con fondo rotatorio para mellorar a súa cualidade de vida mediante o uso sostible de recursos, e partindo da producción agropecuaria.
ONG: Intermón.
País: Haití.
Presuposto: 15.892.147 pta.
Cantidade solicitada ó Fondo: 3.000.000. pta.
Cantidade aportada polo Fondo: 1.500.000 pta.
Resume: Mellorar a producción económica e as condicións de vida e alimentación dos pequenos cultivadores das 18 organizacións que se atopan nos departamentos central e sur do país.
ONG: Entrepobos.
País: Ecuador.
Presuposto: 18.079.613 pta.
Cantidade solicitada ó Fondo: 2.100.000 pta.
Cantidade a aportar polo Fondo: 2.100.000 pta.
Resume: Trátase de enfrontar a destrucción dos recursos naturais que agrava a situación de pobreza, favorecendo dinámicas de tratamento sostible do bosque e protección do medio ambiente, con aproveitamento económico para a poboación, e, en primeiro lugar, para as mulleres.
Contraparte: INCIDE.
País: Guatemala.
Presuposto: 5.000.000 pta.
Cantidade solicitada ó Fondo: 5.000.000 pta.
Cantidade a aportar polo Fondo: 2.500.000 pta.
Resume: A construcción desta infraestructura elemental permitirá acadar unha mellora substancial na organización e desenvolvemento das vidas e economías de varias comunidades, na actualidade fisicamente distanciadas.
Contraparte: Fundación Augusto César Sandino.
País: Nicaragua.
Presuposto: 59.994.400 pta.
Cantidade solicitada ó Fondo: 59.994.400 pta.
Cantidade a aportar polo Fondo: 1.749.156 pta.
Resume: Nesta zona de impacto do Mitch, trátase de procurar vivenda para 100 familias campesiñas, organizando trece comunidades rurais, seguindo procesos de autoconstrucción polos propios beneficiarios.
E para que conste ós efectos oportunos e para coñecemento de ONGs, asociados e sociedade en xeral, faise pública a presente resolución en Santiago de Compostela a 14 de xuño de 2000.
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, dacordo co establecido nos seus estatutos, e seguindo as súas liñas básicas de actuación, realiza a seguinte convocatoria de axudas, dirixida a organizacións non gobernamentais co obxecto de colaborar con elas no logro universal dun desenvolvemento humano. A tal efecto, financiaranse proxectos de cooperación dacordo coas seguintes bases:
| Título Primeiro | Características dos proxectos (art 1) |
| Título Segundo | Beneficiarios das convocatorias (art 2-3) |
| Título Terceiro | Prioridades na concesión (art 4-6) |
| Título Cuarto | Os prazos e a documentación a presentar (art 7-8) |
| Título Quinto | A concesión das axudas (art 9-14) |
| Título Sexto | A xustificación dos proxectos (art 15-18) |
I.- Os proxectos presentados caracterizaranse por:
a) Que se realicen en países non desenvolvidos. A atención prioritaria centrarase en países de América Central, Latinoamérica, Cuba e África (Sahara Occidental, África subsahariana, etc), sen que isto impida o financiamento de actuacións noutras áreas do mundo.
b) Que os seus obxectivos se centren en áreas de saúde, educación, desenvolvemento, atención social, cultura, conservación de medio ambiente, planificación urbanística, consolidación democrática, pacificación, etc, e en actuacións que revistan certa permanencia ou estabilidade. O financiamento de casos de emerxencia acreditada só se fará de maneira excepcional.
c) Que poidan beneficiarse dos mesmos os cidadáns en xeral, sen que se discrimine por razón de raza, confesión relixiosa, sexo, etc.
d) Que eviten a invasión cultural e potencien e respecten a idiosincrasia do pobo beneficiario e o seu medio ambiente.
II.- Na actual convocatoria non serán obxecto de apoio aqueles programas de sensibilización á opinión pública dirixidos ós cidadáns de Galicia, que se arbitrarán a través dun programa independente do Fondo.
III.- Os proxectos ou unha fase dos mesmos desenvolveranse ó longo do período 2000-2001.
O Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade poderá outorgar axudas a:
Quedan excluídas as Entidades Gubernamentais de Cooperación.
En relación co proxecto en sí, terán preferencia os que teñan en conta os criterios seguintes:
1.- Que estén dirixidos ós grupos menos favorecidos e que contribúan a mellorar a súas condicións de vida. Valorarase o número de persoas que se beneficiarán da axuda.
2.- Que impliquen e fomenten a participación dos beneficiarios en todas e cada unha das fases: concepción, realización, xestión e avaliación.
3.- Que teñan perspectiva de futuro nun dobre sentido:
a) Que poidan continuar cando a axuda exterior remate (autosuficiencia económica).
b) Se son impulsadas inicialmente pola cooperación exterior, que teña en conta e garanta a súa continuidade a longo prazo con responsables locais (autosuficiencia loxística).
4.- Que contemplen unha concepción integral do desenvolvemento e den soporte ás organizacións de base, excluíndo as actividades que pretendan a promoción dunha opción política, relixiosa ou sindical concreta.
5.- Que, no suposto de accións directamente productivas, axuden á constitución de recursos financieros que se poidan empregar para outros proxectos ou actividades posteriores (fondos de rotación, préstamos, garantías bancarias, etc.)
6.- Que presenten obxectivos de desenvolvemento concretos, claros, avaliables e posibles de conseguir nun prazo razoable.
7.- Que respecten o propio medio ambiente.
8.- Que sexan promovidas por ONGs ou entidades do país beneficiario, que, ademáis de responsabilizarse da execución, ofrezan a garantía dun equipo responsable.
9.- Que, preferentemente, sexan de duración plurianual e se integren nunha planificación máis ampla.
10.- Que axuden á creación dunha nova infraestructura socioeconómica na zona onde se execute, e/ou adquisición de bens de equipamento, e/ou á consecución do capital necesario para a formación de microempresas comunitarias, e/ou á capacitación e promoción do persoal executor do proxecto.
11.- Con respecto á súa forma de presentación valorarase a fundamentación, a claridade e coherencia interna da presentación , a aportación de documentación complementaria, e que sexan cuantificables mediante presupostos detallados e fidedignos.
a) A Comisión Executiva valorará de 1 a 3 puntos cada ún dos criterios do artigo 4º.
b) A Comisión Executiva terá en conta o informe dun equipo técnico, se a natureza do proxecto o aconsella. Neste suposto poderá valora-lo de 1 a 5 puntos.
c) O financiamento de casos de emerxencia acreditada só se fará de maneira excepcional. Neste caso valorarase a urxencia do caso, a posibilidade real de chegar ó lugar de destino (vías de comunicación), a experiencia da ONG que canalizará a axuda e a forma proposta de face-lo (proxecto, responsables...).
d) En principio, unha acción poderá beneficiarse de financiamento unha soa vez.
e) O Fondo non poderá financiar ou cofinanciar accións xa feitas ou a piques de rematar.
f) Para convocatorias posteriores terase en conta o grado de cumprimento destas instruccións.
En relación coa ONG ou entidade solicitante, valoraranse os seguintes criterios:
1.- É imprescindible que a ONG ou entidade solicitante sen ánimo de lucro figure constituída legalmente e acredite un mínimo de dous anos de experiencia na execución de programas de cooperación ó desenvolvemento.
2.- A capacidade de mobilizar a solidariedade e os recursos privados, así como de acadar subvencións doutros organismos.
3.- Que teña experiencia contrastada en accións de cooperación ó desenvolvemento e de solidariedade.
4.- Que teña a capacidade de soster as accións subvencionadas.
5.- Que os seus obxectivos sexan compatibles cos do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
6.- Valorarase o impulso de proxectos por parte de varias ONG conxuntamente.
7.- As ONGs comprometeranse a participar nas acción de sensibilización impulsadas polo Fondo Galego, sempre e cando non estén en contradicción co seu ideario.
As entidades que participen na presente convocatoria terán que presentar un dosier que inclúa os seguintes datos:
I.- Do proxecto:
As entidades solicitantes presentarán o proxecto concreto de actuación e cubrirán o resume do mesmo que se solicita no anexo I. Débense incluir os seguintes datos: localización detallada ( adxuntar un mapa), xustificación do proxecto, obxectivos e fins que se persiguen, número e tipo de beneficiarios, descripción da metodoloxía de traballo, proposta detallada das actividades a realizar, cronograma operativo e o presuposto desglosado por partidas en pesetas, facendo constar a cantidade que se solicita ó Fondo e as que aportarán outras entidades, no seu caso.
O Fondo poderá solicitar a documentación complementaria aclaratoria que sexa
necesaria.
II.- Da entidade solicitante:
Ademáis, a Comisión Executiva do Fondo Galego poderá solicitar da ONG un balance dos dous últimos anos, especificando as subvencións recibidas, a súa orixe e a súa contía, así como os recursos propios xerados, e un informe dos recursos humanos cos que conta. Neste caso, deberán adxuntar un organigrama, especificando as características da súa vinculación e dedicación, asi como as relacións máis significativas que manteñan con outras organizacións locais, estatais ou estranxeiras.
III.- No caso de que a solicitude se formule por unha ONG do norte, en colaboración cunha ONG do sur, presentará os catros primeiros datos referidos á segunda.
Os proxectos e o resto da documentación presentaranse no Centro Municipal de Servicios Sociais "Sara Vázquez" ,Concello de Culleredo. (Enderezo: Rúa Ramón Cabanillas. 15670 O Burgo-Culleredo-A Coruña), facendo constar que vai dirixido ó Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. O prazo comeza a partir da aprobación destas bases e rematará o 28 de abril de 2000.
A Comisión Executiva valorará os proxectos presentados seguindo os criterios de prioridade expostos nos artigos 4º, 5º e 6º destas bases.
Unha vez aprobadas as axudas farase efectivo o pago inmediato do 75% da cantidade concedida. O restante 25% farase efectivo unha vez xustificada debidamente a axuda recibida, como se establece no artigo 15º.
Poderá adicarse ata un máximo do 8% total da axuda a gastos de preparación, secretaría e xestión. Non poderán ser incluídos no obxecto das axudas, os desprazamentos dos membros das ONGs ós países beneficiarios das accións.
Os proxectos pódense aprobar para o seu financiamento total ou parcialmente en función dos fondos disponibles e o criterio da Comisión Executiva, quen está facultada para dirimir e interpretar estas bases.
As ONGs, pola súa banda, poden buscar cofinanciación para os proxectos presentados sen máis restricción que face-lo constar expresamente.
Nos casos en que a axuda solicitada ou aprobada non cubra o custo total do programa, deberá constar o compromiso por parte do peticionario de aportar a diferencia, ben directamente ou a través de financiamento de terceiros.Mentras non se acredite o compromiso de financiamento, o Fondo non procederá a transferir a subvención acordada.
O importe das subvencións ou axudas en ningún caso poderá ser de tal contía que aillada ou conxuntamente con outras subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou entidades privadas, supere o cen por cen do custo total da actividade para a que se conceden. De ser o caso, o Fondo diminuirá a cantidade acordada ata absorber o exceso.
A subvención poderá ser revogada, despois da audiencia ós interesados, sempre que dos informes de seguimento se deduza que as actividades non se axustan ó proxecto subvencionado. Esta circunstancia suporá a devolución das cantidades percibidas en virtude desta convocatoria e exerceranse, se é o caso, as accións legais pertinentes para esixir o reintegro correspondente.
En todo caso, as ONGs adxudicatarias deberán colaborar nas inspeccións e visitas de proxectos en execución, realizados a instancias do propio Fondo, ben directamente ou a través da Oficina de Seguemento de Proxectos de Managua (Nicaragua).
A partires do libramento da primeira parte da subvención, o Fondo Galego poderá recabar da ONG ou entidade adxudicataria a remisión dun informe semestral sobre a execución do proxecto, que incluirá unha memoria explicativa acompañada dunha xustificación económica e de fotografías das actividades realizadas.
Xustificaranse os gastos realizados con facturas orixinais, copias compulsadas ou documentos que acrediten o destino e o uso dos fondos concedidos.
O non cumprimento da xustificación implicará a súa inhabilitación para a percepción de novas axudas, sen prexuízo das accións legais pertinentes.
A ONG solicitante farase responsable do desenvolvemento do proxecto e do correcto uso do financiamento que se outorgue, o cal, en todo caso non poderá ser desviado a outros usos diferentes do aprobado.
O 27 de xaneiro a Comisión Executiva do Fondo Galego aprobaba as Bases de Financiamento de Programas de Cooperación ó Desenvolvemento e de Solidariedade correspondentes a 1999. O período de presentación de solicitudes pechouse o 3 de marzo de 1999. Presentaronse un total de 15 proxectos, dos que 3 constitúen unha reiteración dunha solicitude xa formulada na convocatoria anterior de 1998. A Ponencia Técnica elaborou un dictame que foi sometido á consideración da Comisión Executiva nunha xuntanza celebrada o 22 de marzo de 1999.
De conformidade cos antecedentes descritos, na Asemblea Xeral ordinaria de socios do Fondo Galego celebrada en Santiago de Compostela o día 26 de marzo de 1999, resolveuse financiar os seguintes proxectos:
País: Nicaragua.
Presuposto: 2.284.700.
Cuantia solicitada e concedida: 2.284.700.
Resume: Construcción dun muíño para facilitalo traballo das mulleres que teñen que desprazarse para realizar estas tarefas. Pretendese a capacitación das mulleres no manexo e a posteriori ter posibilidade de comercializar o producto.
País: Bolivia.
Presuposto: 6.500.000.
Cuantía solicitada e concedida: 1.000.000.
Resume: Ten por obxectivo o desenvolvemento da zona e a conservación de áreas naturais (flora e fauna autóctonas) combinando actividades compatibles coa conservación da natureza e o ecoturismo combinado co desenvolvemento de técnicas gandeiras de baixo impacto. O fin último é dispoñer dun edificio que aloxe preto de 720 visitantes ó ano. Os recursos obtidos servirán para o posterior financiamento e garante de continuidade do proxecto.
País: Angola.
Presuposto: 6.752.000.
Cuantía solicitada e concedida: 2.000.000.
Resume: Ampliación dunha escola e construcción de letrinas para 400 alumnos. Contemplanse accións colaterais de reciclaxe do profesorado así como a implicación dos pais na educación dos seus fillos contribuíndo a mellorar o tecido social.
País: Perú.
Presuposto: 1.470.176.
Cuantía solicitada e concedida: 1.470.176.
Resume: Instalación de emisoras de radiocomunicación entre poboacións indíxenas instalando emisoras de radio e formando grupos de indíxenas para actuacións coordinadas en materia de sanidade e sobre todo de seguridade, por ser unha zona donde actúan os grupos de narcoterroristas.
Total importe subvencionado: 6.754.876.
Incremento de 1999 en relación a 1998: 3.922.565. (72,2%).
E para que conste ós efectos oportunos e para coñecemento das ONGs, asociados e sociedade en xeral, faise pública a presente Resolución en Santiago de Compostela a 26 de marzo de 1999.
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade dacordo có establecido nos seus estatutos, e seguindo as súas liñas básicas de actuación, aprobar a seguinte convocatoria de axudas, dirixida a organizacións non gubernamentais co obxecto de colaborar con elas no logro universal dun desenvolvemento humano, financiando proxectos de cooperación dacordo coas seguintes bases:
| Características dos proxectos (art 1) | |
| Beneficiarios das convocatorias (art 2-3) | |
| Prioridades na concesión (art 4-6) | |
| Os prazos e a documentación a presentar (art 7-8) | |
| A concesión das axudas (art 9-14) | |
| A xustificación dos proxectos (art 15-18) | |
|
Anexo I |
Proxecto de Actuación |
|
Anexo II |
Ficha da Entidade solicitante |
I.- Os proxectos presentados caracterizaranse por:
a) Que se realicen en países non desenvolvidos. A atención prioritaria centrarase en países de América Central, Latinoamérica, Cuba e África (Sahara Occidental, Namibia, etc)
b) Que os seus obxectivos se centren en áreas de saúde, educación, desenvolvemento, atención social, cultura, conservación de medio ambiente, planificación urbanística, pacificación, etc., e en actuacións que revistan certa permanencia ou estabilidade. O financiamento de casos de emerxencia acreditada só se fará de maneira excepcional.
c) Que poidan beneficiarse dos mesmos os cidadáns en xeral, sen que se dircrimine por razón de raza, confesión relixiosa, sexo, etc.
d) Que eviten a invasión cultural e respeten a idiosincrasia do pobo beneficiario e o seu medio ambiente
II.- Tamén poderán ser obxecto de apoio aqueles programas que formen, informen ou sensibilicen á opinión pública e ós cidadáns de Galicia sobre os fundamentos e outros aspectos da realidade e problemática dos temas relacionados coa cooperación ó desenvolvemento e á solidaridade.
III.- Os proxectos ou unha fase dos mesmos desenvolveranse ó longo do período 1999-2000.
O Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade poderá outorgar axudas a:
- Organizacións non gubernamentais de cooperación ó desenvolvemento e á solidariedade (ONGs)
- Asociacións, Entidades e Organizacións con personalidade xurídica e sen ánimo de lucro(veciñais, ecoloxistas, xuvenís, sindicais, etc.) que estean vencellados, á súa vez, a entidades de cooperación ó desenvolvemento.
- ONGs de países non desenvolvidos que conten cun interlocutor válido ante o Fondo.
Quedan excluídas as Entidades Gubernamentais de Cooperación.
En relación co proxecto en sí, terán preferencia os que teñan en conta os criterios seguintes:
1.- Que sexan dirixidos ós grupos menos favorecidos e que contribúan a mellorar a súa vida. Valorarase o número de persoas que se beneficiarán da axuda.
2.- Que supoñan e fomenten a participación dos beneficiarios en todas e cada unha das fases: Concepción, realización, xestión e avaliación.
3.- Que teñan perspectiva de futuro nun doble sentido:
a) Que poidan continuar cando a axuda exterior remate (autosuficiencia económica)
b) Que, se son impulsadas inicialmente pola cooperación exterior, teña en conta e garanta a súa continuidade a longo prazo con responsables locais.
4.- Que contemplen unha concepción integral o dedesenvolvemento e dean soporte ás organizacións de base, excluíndo as actividades que pretendan a promoción dunha opción política, relixiosa ou sindical concreta.
5.- Que, no suposto de accións directamente productivas, axuden á constitución de recursos financieros que se poidan empregar para outros proxectos ou actividades posteriores (fondos de rotación, préstamos, garantías bancarias, etc.)
6.- Que presenten obxectivos de desenvolvemento concretos, claros, avaliables e posibles de conseguir nun prazo razoable.
7.- Que respeten o propio medio ambiente.
8.- Que sexan promovidas por ONGs ou entidades do país beneficiario, que, ademáis de responsabilizarse da execución, ofrezan a garantía dun equipo responsable.
9.- Que, preferentemente, sexan de duración plurianual e se integren nunha planificación máis ampla.
10.- Que axuden á creación dunha nova infraestructura socioeconómica na zona onde se desenrole, e/ou adquisición de bens de equipamento, e/ou á consecución do capital necesario para a formación de microempresas comunitarias, e/ou á capacitación e promoción do persoal executor do proxecto.
11.- Con respecto á súa forma de presentación valorarase a fundamentación, a claridade e coherencia interna da presentación , a aportación de documentación complementaria, e que sexan cuantificables mediante presupostos detallados e fidedignos.
a) A Comisión Executiva valorará de 1 a 3 puntos cada ún dos criterios do artigo 4º
b) A Comisión Executiva terá en conta o informe dun equipo técnico, se a natureza do proxecto o aconsella. Neste suposto poderá valora-lo de 1 a 5 puntos
c) O financiamento de casos de emerxencia acreditada só se fará de maneira
excepcional. Neste caso valorarase a urxencia do caso, a posibilidade real de chegar ó lugar de destino (vías de comunicación), a experiencia da ONG que canalizará a axuda e a forma proposta de face-lo (proxecto, responsables...).
d) En principio, unha acción poderá beneficiarse de financiamento unha soa vez.
e) O Fondo non poderá financiar ou cofinanciar accións xa feitas ou a piques de rematar.
f) Para convocatorias posteriores terase en conta o grado de cumprimento destas instruccións.
En relación coa ONG ou entidade solicitante, valoraranse os seguintes criterios:
1.- É imprescindible que a ONG ou entidade solicitante sen ánimo de lucro figure constituída legalmente en Galícia e acredite un mínimo de dous anos de experiencia na execución de programas de cooperación ó desenvolvemento.
2.- A capacidade de movilizar á solidaridade e ós recursos privados, así coma de acadar subvencións de outros organismos. Para iso presentarán un balance dos dous últimos anos, especificando as subvencións recibidas, a súa orixe e a súa contía, así coma os recursos propios xerados.
3.- Que teña experiencia contrastada en accións de cooperación ó desenvolvemento e á solidariedade.
4.- Que teña a capacidade de soster as accións subvencionadas. As organizacións deberán adxuntar un informe e un organigrama dos recursos humanos cos que contan, especificando as características da súa vinculación e dedicación, así coma as relacións máis significativas que manteñan con outras organizacións locais, estatais ou estranxeiras.
5.- Que os seus obxectivos coincidan cos do Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade.
6.- Valorarase o impulso de proxectos por parte de varias ONG conxuntamente.
As entidades que participen na presente convocatoria terán que presentar un dosier que inclúia os seguintes datos:
I.- Do proxecto:
As entidades solicitantes presentarán o proxecto concreto de actuación e cubrirán o resume do mesmo que se solicita no anexo I. Débense incluir os seguintes datos: localización detallada ( adxuntar un mapa), xustificación do proxecto, obxectivos e fins que se persiguen, número e tipo de beneficiarios, descripción da metodoloxía de traballo, poposta detallada das actividades a realizar, cronograma operativo e o presuposto desglosado por partidas en pesetas, facendo constar a cantidade que se solicita ó Fondo e as que aportarán outras entidades, no seu caso.
O Fondo poderá solicitar a documentación complementaria aclaratoria que sexa necesaria.
II.- Da entidade solicitante:
- Instancia modelo (anexo II) cos datos da entidade (nome, dirección, teléfono, NIF) e da persoa ou persoas responsables da supervisión do proxecto (nome, enderezo), que deberá asina-la aceptando no nome da organización estas bases.
- Estatutos da entidade.
- Breve memoria da experiencia no campo da cooperación, con especial referencia ás acvidades desenvolvidas nos dous últimos anos.
- Informe dos recursos humanos cos que conta segundo o indicado no artigo 5º.
-Acreditación de estar incluída no rexistro de Organizacións non Gubernamentais para o Desenvolvemento da Dirección Xeral de Relacións Institucionais da Xunta de Galicia.
- Certificación bancaria da conta corrente a nome da entidade solicitante na que se desexe que se lle ingrese o importe da subvención, se é o caso.
- Declaración na que conste o compromiso de aportar a diferencia directamente ou por financiación de terceiros, entre o custo total do proxecto aceptado e a axuda ou subvención concedida.
III.- No caso de que a solicitude a faga unha ONG do norte, en colaboración cunha ONG do sur, presentará os catros primeiros datos referidos á segunda.
Os proxectos e o resto da documentación presentaranse no Centro de Servicios Sociais do Concello de Culleredo. (Enderezo: Centro de Saúde Acea da Má, Paseo Tierno Galván, 15.670 - O Burgo - Culleredo - A Coruña), facendo constar que vai dirixido ó Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. O prazo comeza a partir da aprobación destas bases e rematará o 3 de marzo de 1999.
A Comisión Executiva valorará os proxectos presentados seguindo os criterios de prioridade expostos nos artigos 4º, 5º e 6º destas bases.
Unha vez aprobadas as axudas farase efectivo o pago inmediato do 75% da cantidade concedida. O restante 25% farase efectivo unha vez xustificada a axuda recibida.
Artigo 11º
Os proxectos pódense aprobar para o seu financiamento total ou parcialmente en función dos fondos dispoñibles e o criterio da Comisión Executiva, a cal lóxicamente está facultada para dirimir e interpretar estas bases.
As ONG pola súa banda poden buscar cofinanciación para os proxectos presentados sen máis restricción que face-lo constar expresamente.
Nos casos en que a axuda solicitada ou aprobada non cubra o custo total do programa, deberá constar o compromiso por parte do peticionario de aportar a diferencia, ben directamente ou por financiación de terceiros.
Mentras non se acredite o compromiso de financiación por parte das outras institucións, o Fondo non procederá a transferir a subvención acordada.
Poderá adicarse ata un máximo do 5% do total da axuda a gastos de preparación, secretaría e xestión. Non poderán ser inluídos no obxecto das axudas desprazamentos dos membros das ONGs ós países beneficiarios das accións.
O importe das subvencións ou axudas en ningún caso poderá ser de tal contía que aillada ou conxuntamente con outras subvencións ou axudas de outras administracións públicas ou entidades privadas, supere o cen por cen do custo total da actividade para a que se conceden. No caso de ser así, o Fondo disminuirá a cantidade acordada en concordancia con ésto.
A subvención poderá ser revogada, despois da audiencia ós interesados, sempre que dos informes de seguimento se deduza que as actividades non se axustan ó proxecto subvencionado. Esta circunstancia suporá a devolución das cantidades percibidas en virtude desta convocatoria e exerceranse, se é o caso, as accións legais pertinentes para esixir o reintegro correspondente.
A ONG ou entidade solicitante remitirá cada 6 meses a partires do libramento da primeira parte da subvención, unha memoria explicativa acompañada dunha xustificación económica e de fotografías das actividades realizadas.
Así mesmo remitirá unha memoria final cando a actividade estea rematada, no prazo máximo de dous meses desde a finalización.
Xustificaranse os gastos realizados con facturas orixinais, copias compulsadas ou documentos que acrediten o destino e o uso dos fondos concedidos.
O non cumprimento da xustificación implicará a súa inhabilitación para a percepción de novas axudas, sen perxuízo das accións legais pertinentes.
A ONG solicitante farase responsable do desenvolvemento do proxecto e do correcto uso do financiamento que se outorgue, o cal, en todo caso non poderá ser desviado a outros usos diferentes do aprobado.
Un dos obxectivos fundamentais do Fondo Galego consiste no fomento das accións de cooperación e solidariedade en estreita colaboración coas organizacións non gobernamentais. A tal efecto, e aínda sendo conscientes das limitacións derivadas da súa escasa andaina, o 19 de maio de 1998 unha Asemblea xeral de socios aprobaba as primeiras “Bases de Financiamento de Programas de cooperación ó desenvolvemento e á solidariedade”.
Presentaronse a esta convocatoria un total de 23 proxectos subscritos por 21 ONGs. A Comisión Executiva, a través dunha Ponencia Técnica, realizou unha primeira selección tendo en conta non soamente o interese das accións propostas senón igualmente as capacidades orzamentarias. A proposta da Ponencia foi asumida pola Comisión Executiva do Fondo e, posteriormente, por outra Asemblea extraordinaria que tivo lugar o 28 de outubro de 1998.
Superada a incertidume provocada pola incidencia do furacán Mitch na viabilidade dalgúns proxectos, a Comisión Executiva na xuntanza celebrada o 23 de decembro confirmou o financiamento dos seguintes proxectos:
ONG: Arquitectos sen Fronteiras.
País: Guatemala.
Presuposto: 9.801.315 pta.
Cantidade solicitada ó Fondo: 2.336.565 pta.
Cantidade aportada polo Fondo: 2.336.565 pta.
Resume: Construcción dun centro para menores pertencentes a familias desestructuradas, víctimas de mal trato, abusos sexuais, drogadicción, abandono, orfandade... a fin de que non cheguen a ser “nenos da rúa”. Este centro posibilitará aloxamento, protección e coidado así como a súa preparación escolar e capacitación profesional, permitindo que accedan ó mundo laboral ou posibilitando a adopción con familias sen separar os irmáns.
ONG: Amigos Escaes-Perú.
País: Perú.
Presuposto: 1.230.000 pta.
Cantidade solicitada ó Fondo: 750.000 pta.
Cantidade aportada polo Fondo: 750.000 pta.
Resume: Millorar a calidade de vida dos campesiños e contribuir á planificación do país millorando os servicios e infraestructuras abastecendo de auga potable á poboación axudando así a evitar a transmisión de enfermidades como a diarrea, cólera, fiebre tifoidea, sarna, disentería, lepra...
ONG: INTI.
País: Perú.
Presuposto: 1.064.000 pta.
Cantidade solicitada ó Fondo: 836.000 pta.
Cantidade aportada polo Fondo: 836.000 pta.
Resume: Como consecuencia da precaria situación das familias que viven nunha soa habitación, carecendo de servicios hixiénicos mínimos, preténdese a construcción de tres módulos básicos consistentes cada un deles en: ducha, retrete e unha tina para lavar.
Igualmente, sen compromiso explícito de financiamento pero si de tentar achegar recursos dos seus socios, mediante aportacións extraordinarias, por consideralos de atención prioritaria, avaliaronse positivamente os seguintes proxectos:
ONG: COSAL.
País: Nicaragua.
Presuposto: 3.543.978 pta.
Cantidade solicitada ó Fondo: 3.543.978 pta.
Cantidade a aportar polo Fondo: 3.543.978 pta.
Resume: O estado das rúas e estradas fan que cando as chuvias son fortes, fórmense correntes de tal envergadura que inundan as vivendas, arrastran residuos que quedan nas gabías creando un ambiente insalubre, polo que é preciso a construcción de sumidorios, empedrar as rúas e facer cunetas para que circule a auga, alonxandoa das vivendas.
ONG: Fundación Juan Ciudad.
País: Bolivia.
Presuposto: 6.750.000 pta.
Cantidade solicitada ó Fondo: 1.170.400 pta.
Cantidade a aportar polo Fondo: 1.170.400 pta.
Resume: Pretende o desenvolvemento hixiénico sanitario mediante a construcción de cociñas nas vivendas xa que se constata un número importante de casos de parasitose e de enfermidades diarreicas como o cólera, ocasionadas pola imposibilidade dunha adecuada hixiene na preparación das comidas ó cociñarse os alimentos no solo da rúa. Este programa leva parello un programa de educación para a saúde.
ONG: Auxinica.
País: Nicaragua.
Presuposto: 2.284.700 pta.
Cantidade solicitada ó Fondo: 2.284.700 pta.
Cantidade a aportar polo Fondo: 2.284.700 pta.
Resume: Construcción de muiños de arroz para grupos de mulleres organizados a fin de mellorar a súa saúde e o medio ambiente. Pretende así mesmo potenciar os niveis organizativos e productivos.
ONG: Asociación Natura Hispánica.
País: Bolivia.
Presuposto: 6.500.000 pta.
Cantidade solicitada ó Fondo: 1.000.000 pta.
Cantidade a aportar polo Fondo: 1.000.000 pta.
Resume: Crear infraestructuras necesarias para o ecoturismo. Pretende ser un exemplo de desenvolvemento económico e social mediante o uso sostible dos recursos naturais e desencadear un efecto demostrativo para dar lugar a accións semellantes noutros ámbitos e promover a conservación do patrimonio cultural e a educación medioambiental. O fin último é a adaptación de infraestructuras para destinalas a recepción de visitas ecoturísticas nun edificio rústico, con capacidade para aloxar a 10 visitantes, o que implica unha media de 720 visitas anuais.
E para que conste ós efectos oportunos e para coñecemento de ONGs, asociados e sociedade en xeral, faise pública a presente resolución en Santiago de Compostela a 24 de decembro de 1998.