Ano 1999 - Convocatoria

Bases de financiamento de programas de cooperación ao desenvolvemento e de solidariedade para o ano 1999

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade dacordo có establecido nos seus estatutos, e seguindo as súas liñas básicas de actuación, aprobar a seguinte convocatoria de axudas, dirixida a organizacións non gubernamentais co obxecto de colaborar con elas no logro universal dun desenvolvemento humano, financiando proxectos de cooperación dacordo coas seguintes bases:

Título Primeiro

Características dos proxectos (art 1)

Título Segundo

Beneficiarios das convocatorias (art 2-3)

Título Terceiro

Prioridades na concesión (art 4-6)

Título Cuarto

Os prazos e a documentación a presentar (art 7-8)

Título Quinto

A concesión das axudas (art 9-14)

Título Sexto

A xustificación dos proxectos (art 15-18)

Anexo I

Proxecto de Actuación

Anexo II

Ficha da Entidade solicitante

Título Primeiro: Características dos proxectos

Artigo 1º

I.- Os proxectos presentados caracterizaranse por:

a) Que se realicen en países non desenvolvidos. A atención prioritaria centrarase en países de América Central, Latinoamérica, Cuba e África (Sahara Occidental, Namibia, etc)

b) Que os seus obxectivos se centren en áreas de saúde, educación, desenvolvemento, atención social, cultura, conservación de medio ambiente, planificación urbanística, pacificación, etc., e en actuacións que revistan certa permanencia ou estabilidade. O financiamento de casos de emerxencia acreditada só se fará de maneira excepcional.

c) Que poidan beneficiarse dos mesmos os cidadáns en xeral, sen que se dircrimine por razón de raza, confesión relixiosa, sexo, etc.

d) Que eviten a invasión cultural e respeten a idiosincrasia do pobo beneficiario e o seu medio ambiente

II.- Tamén poderán ser obxecto de apoio aqueles programas que formen, informen ou sensibilicen á opinión pública e ós cidadáns de Galicia sobre os fundamentos e outros aspectos da realidade e problemática dos temas relacionados coa cooperación ó desenvolvemento e á solidaridade.

III.- Os proxectos ou unha fase dos mesmos desenvolveranse ó longo do período 1999-2000.

Título Segundo: Beneficiarios das convocatorias

Artigo 2º

O Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade poderá outorgar axudas a:

- Organizacións non gubernamentais de cooperación ó desenvolvemento e á solidariedade (ONGs)

- Asociacións, Entidades e Organizacións con personalidade xurídica e sen ánimo de lucro(veciñais, ecoloxistas, xuvenís, sindicais, etc.) que estean vencellados, á súa vez, a entidades de cooperación ó desenvolvemento.

- ONGs de países non desenvolvidos que conten cun interlocutor válido ante o Fondo.

 

Artigo 3º

Quedan excluídas as Entidades Gubernamentais de Cooperación.

Título Terceiro: Prioridades na concesión

Artigo 4º

En relación co proxecto en sí, terán preferencia os que teñan en conta os criterios seguintes:

1.- Que sexan dirixidos ós grupos menos favorecidos e que contribúan a mellorar a súa vida. Valorarase o número de persoas que se beneficiarán da axuda.

2.- Que supoñan e fomenten a participación dos beneficiarios en todas e cada unha das fases: Concepción, realización, xestión e avaliación.

3.- Que teñan perspectiva de futuro nun doble sentido:

a) Que poidan continuar cando a axuda exterior remate (autosuficiencia económica)

b) Que, se son impulsadas inicialmente pola cooperación exterior, teña en conta e garanta a súa continuidade a longo prazo con responsables locais.

4.- Que contemplen unha concepción integral o dedesenvolvemento e dean soporte ás organizacións de base, excluíndo as actividades que pretendan a promoción dunha opción política, relixiosa ou sindical concreta.

5.- Que, no suposto de accións directamente productivas, axuden á constitución de recursos financieros que se poidan empregar para outros proxectos ou actividades posteriores (fondos de rotación, préstamos, garantías bancarias, etc.)

6.- Que presenten obxectivos de desenvolvemento concretos, claros, avaliables e posibles de conseguir nun prazo razoable.

7.- Que respeten o propio medio ambiente.

8.- Que sexan promovidas por ONGs ou entidades do país beneficiario, que, ademáis de responsabilizarse da execución, ofrezan a garantía dun equipo responsable.

9.- Que, preferentemente, sexan de duración plurianual e se integren nunha planificación máis ampla.

10.- Que axuden á creación dunha nova infraestructura socioeconómica na zona onde se desenrole, e/ou adquisición de bens de equipamento, e/ou á consecución do capital necesario para a formación de microempresas comunitarias, e/ou á capacitación e promoción do persoal executor do proxecto.

11.- Con respecto á súa forma de presentación valorarase a fundamentación, a claridade e coherencia interna da presentación , a aportación de documentación complementaria, e que sexan cuantificables mediante presupostos detallados e fidedignos.

 

Artigo 5º

a) A Comisión Executiva valorará de 1 a 3 puntos cada ún dos criterios do artigo 4º

b) A Comisión Executiva terá en conta o informe dun equipo técnico, se a natureza do proxecto o aconsella. Neste suposto poderá valora-lo de 1 a 5 puntos

c) O financiamento de casos de emerxencia acreditada só se fará de maneira
excepcional. Neste caso valorarase a urxencia do caso, a posibilidade real de chegar ó lugar de destino (vías de comunicación), a experiencia da ONG que canalizará a axuda e a forma proposta de face-lo (proxecto, responsables...).

d) En principio, unha acción poderá beneficiarse de financiamento unha soa vez.

e) O Fondo non poderá financiar ou cofinanciar accións xa feitas ou a piques de rematar.

f) Para convocatorias posteriores terase en conta o grado de cumprimento destas instruccións.

 

Artigo 6º

En relación coa ONG ou entidade solicitante, valoraranse os seguintes criterios:

1.- É imprescindible que a ONG ou entidade solicitante sen ánimo de lucro figure constituída legalmente en Galícia e acredite un mínimo de dous anos de experiencia na execución de programas de cooperación ó desenvolvemento.

2.- A capacidade de movilizar á solidaridade e ós recursos privados, así coma de acadar subvencións de outros organismos. Para iso presentarán un balance dos dous últimos anos, especificando as subvencións recibidas, a súa orixe e a súa contía, así coma os recursos propios xerados.

3.- Que teña experiencia contrastada en accións de cooperación ó desenvolvemento e á solidariedade.

4.- Que teña a capacidade de soster as accións subvencionadas. As organizacións deberán adxuntar un informe e un organigrama dos recursos humanos cos que contan, especificando as características da súa vinculación e dedicación, así coma as relacións máis significativas que manteñan con outras organizacións locais, estatais ou estranxeiras.

5.- Que os seus obxectivos coincidan cos do Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade.

6.- Valorarase o impulso de proxectos por parte de varias ONG conxuntamente.

Título Cuarto: Os prazos e a documentación a presentar

Artigo 7º

As entidades que participen na presente convocatoria terán que presentar un dosier que inclúia os seguintes datos:

I.- Do proxecto:

As entidades solicitantes presentarán o proxecto concreto de actuación e cubrirán o resume do mesmo que se solicita no anexo I. Débense incluir os seguintes datos: localización detallada ( adxuntar un mapa), xustificación do proxecto, obxectivos e fins que se persiguen, número e tipo de beneficiarios, descripción da metodoloxía de traballo, poposta detallada das actividades a realizar, cronograma operativo e o presuposto desglosado por partidas en pesetas, facendo constar a cantidade que se solicita ó Fondo e as que aportarán outras entidades, no seu caso.

O Fondo poderá solicitar a documentación complementaria aclaratoria que sexa necesaria.

II.- Da entidade solicitante:

-  Instancia modelo (anexo II) cos datos da entidade (nome, dirección, teléfono, NIF) e da persoa ou persoas responsables da supervisión do proxecto (nome, enderezo), que deberá asina-la aceptando no nome da organización estas bases.

- Estatutos da entidade.

- Breve memoria da experiencia no campo da cooperación, con especial referencia ás acvidades desenvolvidas nos dous últimos anos.

- Informe dos recursos humanos cos que conta segundo o indicado no artigo 5º.

-Acreditación de estar incluída no rexistro de Organizacións non Gubernamentais para o Desenvolvemento da Dirección Xeral de Relacións Institucionais da Xunta de Galicia.

- Certificación bancaria da conta corrente a nome da entidade solicitante na que se desexe que se lle ingrese o importe da subvención, se é o caso.

- Declaración na que conste o compromiso de aportar a diferencia directamente ou por financiación de terceiros, entre o custo total do proxecto aceptado e  a axuda ou subvención concedida.

III.- No caso de que a solicitude a faga unha ONG do norte, en colaboración cunha ONG do sur, presentará os catros primeiros datos referidos á segunda.

 

Artigo 8º

Os proxectos e o resto da documentación presentaranse no Centro de Servicios Sociais do Concello de Culleredo. (Enderezo: Centro de Saúde Acea da Má, Paseo Tierno Galván,  15.670 - O Burgo - Culleredo - A Coruña), facendo constar que vai dirixido ó Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. O prazo comeza a partir da aprobación destas bases e rematará o 3 de marzo de 1999.

Título Quinto: A concesión das axudas

Artigo 9º

A Comisión Executiva valorará os proxectos presentados seguindo os criterios de prioridade expostos nos artigos 4º, 5º e 6º destas bases.

 

Artigo 10º

Unha vez aprobadas as axudas farase efectivo o pago inmediato do 75% da cantidade concedida. O restante 25% farase efectivo unha vez xustificada a axuda recibida.


Artigo 11º

Os proxectos pódense aprobar para o seu financiamento total ou parcialmente en función dos fondos dispoñibles e o criterio da Comisión Executiva, a cal lóxicamente está facultada para dirimir e interpretar estas bases.

As ONG pola súa banda poden buscar cofinanciación para os proxectos presentados sen máis restricción que face-lo constar expresamente.

Nos casos en que a axuda solicitada ou aprobada non cubra o custo total do programa, deberá constar o compromiso por parte do peticionario de aportar a diferencia, ben directamente ou por financiación de terceiros.

Mentras non se acredite o compromiso de financiación por parte das outras institucións, o Fondo non procederá a transferir a subvención acordada.

 

Artigo 12º

Poderá adicarse ata un máximo do 5% do total da axuda a gastos de preparación, secretaría e xestión. Non poderán ser inluídos no obxecto das axudas desprazamentos dos membros das ONGs ós países beneficiarios das accións.

 

Artigo 13º

O importe das subvencións ou axudas en ningún caso poderá ser de tal contía que aillada ou conxuntamente con outras subvencións ou axudas de outras administracións públicas ou entidades privadas, supere o cen por cen do custo total da actividade para a que se conceden. No caso de ser así, o Fondo disminuirá a cantidade acordada en concordancia con ésto.

 

Artigo 14º

A subvención poderá ser revogada, despois da audiencia ós interesados, sempre que dos informes de seguimento se deduza que as actividades non se axustan ó proxecto subvencionado. Esta circunstancia suporá a devolución das cantidades percibidas en virtude desta convocatoria e exerceranse, se é o caso, as accións legais pertinentes para esixir o reintegro correspondente.

Título Sexto: A xustificación dos proxectos

Artigo 15º

A ONG ou entidade solicitante remitirá cada 6 meses a partires do libramento da primeira parte da subvención, unha memoria explicativa acompañada dunha xustificación económica e de fotografías das actividades realizadas.

Así mesmo remitirá unha memoria final cando a actividade estea rematada, no prazo máximo de dous meses desde a finalización.

 

Artigo16º

Xustificaranse os gastos realizados con facturas orixinais, copias compulsadas ou documentos que acrediten o destino e o uso dos fondos concedidos.

 

Artigo 17º

O non cumprimento da xustificación implicará a súa inhabilitación para a percepción de novas axudas, sen perxuízo das accións legais pertinentes.

 

Artigo 18º

A ONG solicitante farase responsable do desenvolvemento do proxecto e do correcto uso do financiamento que se outorgue, o cal, en todo caso non poderá ser desviado a outros usos diferentes do aprobado.