Ano 2000 - ResoluciĆ³n

Convocatoria de 2000 para o financiamento de proxectos de cooperación ao desenvolvemento e solidariedade

Presentaronse a esta convocatoria un total de 15 proxectos subscritos por outras tantas ONGs. A Comisión Executiva, a través dunha Ponencia Técnica, realizou unha primeira selección tendo en conta non soamente o interese das accións propostas senón igualmente as capacidades orzamentarias. A proposta da Ponencia foi asumida pola Comisión Executiva do Fondo e, posteriormente, pola Asemblea xeral e extraordinaria de asociados que se celebrou o 14 de xuño de 2000 en Santiago de Compostela, na sede da FEGAMP.

A resultas do debate, aprobouse o financiamento dos seguintes proxectos:

1. Proxecto: Conducción de auga potable para o Caserío “La Coyotera”.

ONG: COSAL.
País: El Salvador.
Presuposto: 9.603.143 pta.
Cantidade solicitada ó Fondo: 3.139.207 pta.
Cantidade aportada polo Fondo: 3.139.207 pta.
Resume: Construcción dunha conducción de auga potable para o Caserío “La Coyotera”, municipio de El Paraíso, contribuíndo á mellora das condicións de saúde, economía e de vida da poboación das comunidades rurais.

2. Proxecto: Instalación dun Módulo de ovinos raza corriedale en Ambulco Grande.

ONG: Amigos Escaes-Perú.
País: Perú.
Presuposto: 1.769.955 pta.
Cantidade solicitada ó Fondo: 1.769.955 pta.
Cantidade aportada polo Fondo: 1.769.955 pta.
Resume: Fortalecer a organización do Caserío de Ambulco Grande (extrema pobreza) para que poidan obter, crear e conducir microproxectos con fondo rotatorio para mellorar a súa cualidade de vida mediante o uso sostible de recursos, e partindo da producción agropecuaria.

3. Proxecto: Promoción económica dos productores de fabas nas mesetas de Mirebalais e Cayes.

ONG: Intermón.
País: Haití.
Presuposto: 15.892.147 pta.
Cantidade solicitada ó Fondo: 3.000.000. pta.
Cantidade aportada polo Fondo: 1.500.000 pta.
Resume: Mellorar a producción económica e as condicións de vida e alimentación dos pequenos cultivadores das 18 organizacións que se atopan nos departamentos central e sur do país.

4. Proxecto: Manexo sustentable do bosque húmedo tropical, apoio á producción agropecuaria e fortalecemento organizativo de comunidades do norte de Esmeraldas.

ONG: Entrepobos.
País: Ecuador.
Presuposto: 18.079.613 pta.
Cantidade solicitada ó Fondo: 2.100.000 pta.
Cantidade a aportar polo Fondo: 2.100.000 pta.
Resume: Trátase de enfrontar a destrucción dos recursos naturais que agrava a situación de pobreza, favorecendo dinámicas de tratamento sostible do bosque e protección do medio ambiente, con aproveitamento económico para a poboación, e, en primeiro lugar, para as mulleres.

5. Proxecto: Construcción dunha ponte.

Contraparte: INCIDE.
País: Guatemala.
Presuposto: 5.000.000 pta.
Cantidade solicitada ó Fondo: 5.000.000 pta.
Cantidade a aportar polo Fondo: 2.500.000 pta.
Resume: A construcción desta infraestructura elemental permitirá acadar unha mellora substancial na organización e desenvolvemento das vidas e economías de varias comunidades, na actualidade fisicamente distanciadas.

6. Proxecto: Reconstrucción de vivendas e cociñas no departamento de Esteli.

Contraparte: Fundación Augusto César Sandino.
País: Nicaragua.
Presuposto: 59.994.400 pta.
Cantidade solicitada ó Fondo: 59.994.400 pta.
Cantidade a aportar polo Fondo: 1.749.156 pta.
Resume: Nesta zona de impacto do Mitch, trátase de procurar vivenda para 100 familias campesiñas, organizando trece comunidades rurais, seguindo procesos de autoconstrucción polos propios beneficiarios.


E para que conste ós efectos oportunos e para coñecemento de ONGs, asociados e sociedade en xeral, faise pública a presente resolución en Santiago de Compostela a 14 de xuño de 2000.