Ano 2007 - ResoluciĆ³n

Convocatoria de 2007 para o financiamento de proxectos de cooperación ao desenvolvemento e solidariedade

A Asemblea xeral de socios celebrada en Santiago de Compostela o 28 de setembro de 2007 aprobou por unanimidade a Proposta de Resolución da Convocatoria 2007 para o financiamento de proxectos de cooperación ao desenvolvemento e solidariedade, que se transcribe a continuación.

 

Resolución

Presentáronse a esta convocatoria un total de 82 proxectos co seguinte perfil xeográfico:

    * África: 28,
    * América Central: 16,
    * América do Sur: 32,
    * Caribe: 3,
    * Asia: 3.

A proposta da Comisión Avaliadora Técnica, na que participaron representantes do Concello de Arteixo, Baiona, Culleredo, Neda, Oleiros, Deputación de A Coruña, e da Secretaría Técnica do Fondo Galego, con ausencia xustificada do Concello de Vigo e da Deputación de Pontevedra, tivo en conta non soamente o interese das accións propostas senón igualmente as capacidades orzamentarias.

 

 

Proxectos

 

Resolución por áreas xeográficas

 

América do Sur

Perú

1. Proxecto: Cría de animais menores. Fogar de Santa María de Huancarama.

ONGD: INTI.
Parceiro: Fogar de Santa María de Huancarama.
Orzamento total: 3.092,73 €.
Achega do Fondo Galego: 3.000 €.
Resumo: O presente proxecto pretende mellorar a calidade de vida das nenas do Fogar de Santa María Goretti; para tal fin construirase unha granxa de cría de animais menores: polos e cuies. Beneficiarias: 50 nenas.
Sector: Seguridade alimentaria. Necesidades básicas.

2. Proxecto: Bicicletas para fortalecer o desenvolvemento rural das provincias de San Marcos e Cajabampa.

ONGD: Bicis pola Paz.
Parceiros: Asociación para el Desarrollo Integral (ADIAR).
Orzamento: 4.750 €.
Achega do Fondo Galego: 2.300 €.
Achega da ONGD: 2.450 €.
Resumo: O proxecto consiste na compra de 60 bicicletas co obxectivo de apoiar ás actividades de asistencia técnica dos/as promotores/as comunitarios/as nas áreas de educación sanitaria, nutricional, e nos sectores pecuarios e agrícolas. O obxectivo xeral é promover o desenvolvemento das condicións de vida das familias labregas.
Sector: Transporte. Necesidades estratéxicas.

3. Proxecto: Proxecto de Turismo Solidario Killa Wasi, 2ª Fase.

Entidade: Tierra de Niños.
Orzamento total: 48.096,17 €.
Achega do Fondo Galego: 24.048 €.
Resumo: O proxecto consiste na realización de actividades de promoción do programa e recadación de fondos; capacitación aos guías; obradoiros de capacitación aos membros da rede; escola de formación en micro-negocios; equipamentos co obxectivo de promover a identidade local xerando experiencias emprendedoras no eido do turismo solidario.
Sector: Capacitación. Economía social. Eco-turismo. Necesidades estratéxicas.
Comentarios: Achega do Concello de Oleiros por confirmar.

 

Brasil

4. Proxecto: Capacitación e empoderamento das mulleres labregas de Río Grande do Sul.

Entidade: Movimento de Mulheres Camponesas-RS.
Orzamento total: 12.121,79 €.
Achega do Fondo Galego: 11.250,76 €.
Achega da entidade: 871,03 €.
Resumo: O proxecto consiste na realización de seminarios dirixidos ás mulleres labregas co obxectivo de promover e mellorar as condicións de vida das mulleres traballadoras rurais a través da súa capacitación e empoderamento. Beneficiarias directas: 510.
Sector: Empoderamento de xénero. Necesidades estratéxicas.

 

América Central

Nicaragua

5. Proxecto: Construción dunha cociña comunitaria.

Parceiro: INPRHU-Somoto.
Orzamento total: 11.029,84 €.
Achega do Fondo Galego: 5.000 €.
Achega do Concello de Allariz: 5.000 €.
Resumo: O proxecto pretende construír un local como comedor, cociña e adega para ser usado na atención dos/as asistententes aos cursos de capacitación e de formación que teñen lugar no Centro de Capacitación POPOL-VUH.
Sector: Seguridade alimentaria. Necesidades básicas.
Comentarios: Achega do Concello de Allariz por confirmar.

 

O Salvador

6. Proxecto: Produción de medicina natural para a atención de saúde sexual e reprodutiva das mulleres adolescentes no municipio de Tonacatepeque, 2ª Fase.

Parceiro: Asociación de promotores comunitarios de O Salvador.
Orzamento total: 71.964,48 €.
Achega do Fondo Galego: 2º ano: 25.541,92 €.
Resumo: O proxecto pretende mellorar a calidade de vida da poboación moza, especialmente de mulleres adolescentes, mediante o impulso dunha produción alternativa de medicamentos naturais para a saúde sexual e reprodutiva.
Sector: Empoderamento de xénero. Economía social. Necesidades estratéxicas.

 

Asia

Territorios Palestinos

7. Proxecto: Incorporación ao mercado laboral e empoderamento de mulleres palestinas do triángulo norte-israelí.

Entidade: Confederación Intersindical Galega (CIG).
Parceiro: Workers Advice Center (WAC).
Orzamento total: 73.531 €.
Achega do Fondo Galego: 17.000 €.
Resumo: O presente proxecto pretende contribuír á eliminación da pobreza e da marxinación da comunidade árabe–palestina en Israel, centrándose no colectivo das mulleres palestinas, dotándoas e capacitándoas en técnicas e habilidades de cestería co obxectivo de pór en funcionamento unha cooperativa.
Sector: Empoderamento. Economía social. Necesidades estratéxicas.

 

India

8. Proxecto: Erradicación do infanticidio en Salem.

ONGD: Implicadas ao Desenvolvemento.
Parceiro: People’s Development Initiatives (PDI).
Orzamento total: 11.144,80 €.
Achega do Fondo Galego: 10.044,80 €.
Achega da ONGD: 1.100 €.
Resumo: O presente proxecto pretende sensibilizar e cambiar as actitudes e prácticas da comunidade sobre a discriminación de xénero con especial énfase nunha das súas prácticas máis extremas, o infanticidio.
Sector: Xénero. Necesidades estratéxicas.

 

Convenios de colaboración por áreas xeográficas

 

África

Cabo Verde

Convenio 2006/2007 coa Xunta de Galicia

9. Proxecto: Plans Directores Ambientais.

Parceiros: Asociación Nacional de Municipios Caboverdianos (ANMCV).
Orzamento total: 2.000 €.
Achega da DXCE: 2.000 €.
Resumo: O proxecto consiste no apoio á elaboración dos Plans Directores Ambientais.
Sector: Necesidades estratéxicas.

10. Proxecto: Abastecemento de auga potable.

Parceiros: Cámara Municipal de S. Filipe.
Illa: Fogo
Orzamento total: 34.012 €.
Achega do Fondo Galego: 5.000 €.
Achega da DXCE: 29.012 €.
Resumo: O proxecto consiste na construción dun depósito e un chafariz, accións que serán completadas coa extensión da rede de auga. O proxecto persigue mellorar o abastecemento de auga á poboación.
Sector: Abastecemento e saneamento de auga.

11. Proxecto: Construción Centro Socio-Comunitario en Corda.

Parceiros: Cámara Municipal de Ribeira Grande, Organizacións de Base Comunitarias.
Illa: Santo Antón.
Orzamento total: 21.140 €.
Achega do Fondo Galego: 2.500 €.
Achega da DXCE: 15.640 €.
Achega dos parceiros: 3.000 €.
Resumo: O proxecto consiste na construción dun centro socio-comunitario. O novo edificio reforzará a prestación de servizos sociais e as capacidades de intervención nas respectivas comunidades no marco das competencias asumidas no marco do proceso de descentralización.
Sector: Infraestrutura social.

12. Proxecto: Capacitación de mozos e mozas en artesanato, danza, novas tecnoloxías e asociativismo.

Parceiros: Cámara Municipal de San Miguel, Centro de Formación Profesional, OASIS.
Illa: Santiago
Orzamento total: 26.349 €.
Achega do Fondo Galego: 3.000 €.
Achega da DXCE: 20.000 €.
Achega dos parceiros: 3.349 €.
Resumo: O proxecto pretende contribuír a autosostenibilidade dos xóvenes na procura do seu primeiro emprego, reforzando a súa formación en sectores diversos como: danza, asociativismo, manutención de ordenadores e artesanía.
Sector: Capacitación–formación. Necesidades estratéxicas.

13. Proxecto: 1ª fase: Conexión á rede municipal de abastecemento de auga do barrio de Ponte D´Auga, Praia

Parceiro: CITI-HABITAT.
Illa: Santiago
Orzamento total:154.626,00€.
Cantidade achegada polo Fondo: 6.000€.
Cantidade achegada pola xunta de Galicia: 117.000€
Resumo: Mellora do estado sanitario das familias residentes no Barrio de Ponte D´Auga a través da conexión domiciliaria das casas a partir da rede de abastecemento existente.

14. Proxecto: Plaidoyer para aumentar a particpación das mulleres nas listas para as eleccións autárquicas de 2008

Parceiro: ICIEG.
Illa: Santo Antón e Santiago
Orzamento total: 49.016,73€.
Cantidade achegada polo Fondo: 3.000,00€.
Cantidade achegada pola Xunta de Galicia: 31.415,76€
Resumo: o proxecto pretende ser unha achega para o reforzo da participación políticas das mulleres nas dinámicas locais en tódolos concellos do país, elevando o número de candidatas nas listas nas eleccións do 2008. Para iso, estableceuse un plan de traballo que inclúe aos partidos políticos e organización de base.

 

Asia

Territorios Paletinos

Convenio coa Consellería de Vivenda

15. Proxecto: Rehabilitación de vivendas nos campos de refuxiados palestinos de Jalazone e Amaria.

Parceiro: UNRWA.
Orzamento total: 107.029,29 €.
Achega do Fondo Galego: 8.029, 29 €.
Achega da Consellería de Vivenda: 99.000 €.
Resumo: O proxecto pretende contribuír á mellorar a calidade de vida da poboación refuxiada e para tal fin rehabilitaranse as vivendas diminuíndo os problemas de saúde e crearanse oportunidades de emprego.
Sector: Vivenda. Necesidades básicas.

 

América Central

Nicaragua

Convenio coa Consellería de Vivenda

16. Proxecto: Rehabilitación de vivendas no Concello de Totogalpa.

Parceiro: INPRHU-Somoto.
Orzamento total: 191.521,98 €.
Achega do Fondo Galego: 8.029,29 €.
Achega da Consellería de Vivenda: 99.000 €.
Resumo: O proxecto pretende mellorar a calidade de vida de 8 comunidades rurais construíndo latrinas, fogóns, elementos para captación de auga e impartindo seminarios sobre prácticas hixiénico-sanitarias, tratamento de residuos, etc.
Sector: Vivenda. Necesidades básicas.

Convenio coa Deputación de A Coruña

17. Proxecto: Educación Técnico-Agropecuaria para adolescentes e mozos/as rurais do Municipio de Las Sabanas.

Parceiro: INPRHU-Somoto.
Orzamento total: 40.776,56 €.
Achega do Fondo Galego: 15.776,56 €.
Achega da Deputación de A Coruña: 25.000 €.
Resumo: O proxecto pretende formar a mozos e mozas en xestión técnica agropecuaria co fin de impulsar un desenvolvemento integral, autoxestionado e sostibe.
Sector: Formación-agricultura. Necesidades estratéxicas.

 

Total aportacións para o financiamento de proxectos de cooperación Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade-Socios-Colaboradores: 545.688,24 euros.

 

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2007.