Aviso:

[Pechar}



Cabo Verde (ANMCV)

 

Total proxectos apoiados 32
Ano de inicio da cooperación 2002
Orzamento total dos proxectos executados 1.918.253,90 €
Achega desde o Fondo Galego 1.333.455,53 €
 

Cabo Verde é un país prioritario para o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade:

- É un arquipélago situado no continente africano, duramente castigado pola pobreza e a pésima distribución dos recursos. En África podemos atopar 34 dos 48 países máis pobres do mundo e as esperanzas de vida máis baixas. A pesares de que Cabo Verde está incrementando a súa riqueza (é considerado un país de Desenvolvemento Humano Medio), a pobreza vai gañando terreo debido á crecente desigualdade social, cunha concentración das ganancias nun reducido grupo social. Case o 40% da poboación de Cabo Verde vive na pobreza, 173.000 das/os 450.000 habitantes viven baixo a liña da pobreza e 93.000 caboverdianas/os viven nunha situación de pobreza extrema.

- É un país lusófono, co que as galegas e galegos nos atopamos nunha situación de vantaxe en canto ás capacidades comunicativas e de comprensión da lingua portuguesa, por proximidade e cultura coa nosa propia. O Fondo aposta por reforzar a nosa accción exterior como galegas, lembrando que na actualidade os países de lingua portuguesa, colonias ata o último cuarto do S. XX do Estado portugués, atópanse en situacións de inmensa desigualdade de oportunidades, e pobreza crónica.
 
No ano 2002 iníciase a cooperación con este país, e dende entón establécese unha estreita relación de traballo, cooperación e confianza coa ANMCV (Asociación Nacional de Municipios Caboverdianos), o noso principal parceiro. Así mesmo, a ANMCV tamén nos fai de canle facilitador da relación con tódalas Cámaras Municipais para o envío de novas propostas e solicitamos e enviamos información de importancia para o noso labor.

Dende ese ano ata a actualidade foron realizados un total de 32 proxectos de cooperación ao desenvolvemento en Cabo Verde, converténdose no principal país receptor da axuda do Fondo Galego, cun monto total subvencionado de 1.199.561,34€. Destes 32 proxectos, só un deles tivo como beneficiaria a unha ONGD galega ou con delegación en Galicia, o resto correspóndense con proxectos de cooperación directa.
 
LISTADO DE PROXECTOS APOIADOS EN CABO VERDE
 

ANO TÍTULO Parceiro/ONG ORZAMENTO TOTAL ACHEGA DO FONDO GALEGO
2002 Construción de infraestruturas comunitarias básicas en Bela Vista- Pedreira Cámara Municipal de São Vicente 40.909,09€ 10.227,27€
Construción de infraestruturas comunitarias básicas en Monte Sossego- Alto Pomba Cámara Municipal de São Vicente 40.909,09€ 10.227,27€
Mellora das condicións de seguridade dos pescadores artesáns Instituto Nacional de Desenvolvemento das Pescas e Cámara Municipal de São Vicente 74.999,92€ 17.980,69€
Programa de actuación integral en Porto Rincão Cámara Municipal de Santa Catarina 250.000€ 50.000€
2004 Adquisición de equipamento para saneamento básico Cámara Municipal de São Vicente 73.000€ 23.000 €.
2005 Cooperativa gráfica en Santo Antão. Cara novos espazos de inserción sociolaboral Asociación Sociocultural Atamán 51.600€ 30.000€
Adquisición de 22 licencias de Arcview Asociación Nacional de Municipios Caboverdianos 40.000€ 40.000€
Financiamento da rehabilitación do barrio social de Cha de Tilizia, Pontinha de Janel- Paúl Cámara Municipal do Paúl 21.112, 62€ 21.112, 62€
Apoio ao fondo comunitario Cámara Municipal do Maio 15.000€ 15.000€
Reforo do abastecemento de auga na Illa do Maio Cámara Municipal do Maio 85.000€ 63.000€
2006 Formación profesional básica en canalización hidráulica, electricidade básica e electricidade industrial Cámara Municipal de San Lourenzo dos Órgaos 10.500€ 10.500€
Capacitación de mozas e mozos Cámara Municipal de San Miguel 40.015€ 33.666€
Construción dun centro socio-comunitario na comunidade do val de Ribeira da Torre Cámara Municipal de Ribeira Grande 44.406€ 35.280€
Construción dunha Escola Infantil en Covão Sanches, zona norte, Illa de Santiago Cámara Municipal de Santa Cruz 22.675€ 22.675€
Conexións domiciliarias en Flamingos Cámara Municipal de San Miguel 22.312€ 22.312€
Construción dunha escola en Santa Catarina Cámara Municipal de Santa Catarina do Fogo 36.280€ 36.280€
2007 1ª Fase: Conexión á rede de abastecemento de auga do barrio de Ponte D`Agua. Praia ONG CITI-HABITAT 154.626€ 123.000€
Playdoyer para aumentar a participación das mulleres nas listas para as eleccións autárquicas de 2008 Instituto caboverdiano para a Igualdade e Equidade de Xénero 49.016,73€ 34.415,8€
Plans Directores Ambientais Asociación nacional de Municipios Caboverdianos 2.000€ 2.000€
Abastecemento de auga potable Cámara Municipal de São Filipe 34.012€ 34.012€
Construción dun centro socio-comunitario en Corda Cámara Municipal da Ribeira Grande 21.140€ 18.140€
Capacitación de mozas e mozos en artesanato, danzas, novas tecnoloxías e asociativismo Cámara Municipal de San Miguel 26.349€ 23.000€
2008 2ª Fase: Conexión á rede de abastecemento de auga do barrio de Ponte D`Agua. Praia. ONG CITI-HABITAT 134.700€ 123.000,00€
Apoio á implantación de políticas locais con perspectiva de xénero Instituto caboverdiano para a Igualdade e Equidade de Xénero 76.586,08€ 61.984€
2009 Abastecemento de auga e saneamento para as zonas de Cabeça Monte, Inhuco e Lagariça Cámara Municipal de São Filipe 98.169,87€ 73.568,61 €
Centro comunitario. Espazo ao servizo das comunidades de Alcatraz e Pilao Cão. Cámara Municipal de Maio 61.175,33€ 29.371,2€
Implementación do Plan Municipal de Igualdade e Equidade de xénero (PMIEG) no municipio do Paúl Cámara Municipal do Paúl 60.616,42€ 47.040,90€
2010 Recalificación urbana Cámara Municipal do Paúl 59.992,81€ 55.000€
Extensión da rede de auga e a súa ligazón aos domicilios Cámara Municipal da Brava 16.190€ 12.000€
Apoio á construción de cuartos de baño na Illa do Maio Cámara Municipal de Maio 151.667,76€ 49.200€
Elaboración do III Plano de Desenvolvemento da Illa de Santo Antão Asociación de Municipios da Illa de Santo Antón 71.359€ 41.475€
2011 Reahabilitación das casas de Eito II. Lugar de Lombo Comprido. Cámara Municipal do Paúl 61.802,72€ 48.000€

 
 
Entre os primeiros anos e o 2006 os proxectos tenderon a concentrarse nas Illas de Santiago e São Vicente, se ben nos últimos anos foi adoptado un xiro en canto á cooperación con Cabo Verde, priorizando aqueles municipios e illas que presentan peores resultados en canto á pobreza. Isto quedou materializado no documento das Liñas Estratéxicas para Cabo Verde 2011-2013, no que non só se sinalan os 14 municipios que superan a media nacional de porcentaxe de pobres por municipio, que se concentran en 4 das 9 illas do arquipélago, senón que tamén se especifican as áreas de traballo e as metas nas que deben centrarse os proxectos impulsados polo Fondo Galego no arquipélago. Este documento, realizado entre o Fondo Galego e a ANMCV, asegúranos que as áreas de traballo son as prioritarias para os municipios caboverdianos e que a concentración da axuda naqueles concellos con maiores taxas de pobreza incidirá nun maior impacto entre a poboación.

Cabo Verde (ANMCV)