Aviso:

[Pechar}



Características principais da cooperación do Fondo Galego

É unha cooperación municipalista, o que significa que se establece prioritariamente coas corporacións locais dos países do sur. Trátase, por ende, de relacións entre homólogos, con reciprocidade e interese mutuo. Isto permite sacar o máximo proveito á experiencia dos nosos concellos e deputacións en base á súa experiencia en áreas que son de interese para tódalas entidades locais. Ademais, a cooperación municipalista está en primeira liña para contribuír á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, xa que moitos deles dependen das competencias atribuídas aos gobernos locais.

• O seu obxectivo céntrase na procura dun desenvolvemento socioeconómico e culturalmente sostible, participativo, endóxeno, e que procure a transformación social das realidades dos países empobrecidos, contribuíndo de xeito efectivo á loita contra a pobreza.

• O seu ámbito de actuación está vinculado directamente co eido local en temáticas como: fortalecemento municipal, desenvolvemento socioeconómico local, apoio aos procesos de descentralización, fortalecemento da participación cidadá e a gobernabilidade democrática, cunha traxectoria que exclúe accións de natureza puntual e desconectadas da dinámica local e contemplando a implicación das autoridades locais, comisións de desenvolvemento local e/ou outros colectivos ou espazos de concertación municipal.

• Os países de execución son considerados prioritarios segundo o Plan Director da Cooperación Galega, pero teñen preferencia os países onde o Fondo Galego ten maior presenza (Cabo Verde, Cuba, Nicaragua e Perú).

• O respecto polos dereitos humanos, a potenciación da identidade cultural e étnica dos pobos ou grupos perceptores dos proxectos.

• A integración da perspectiva de xénero e o enfoque ambiental, reforzando os valores de equidade e tolerancia, atendendo a sectores dobremente oprimidos como son a infancia, as mulleres, os grupos étnicos marxinados, etc.

• Favorece o intercambio de experiencias e a cooperación sur-sur e sur-norte.

• Foméntase a participación dos colectivos beneficiarios en todas e cada unha das fases dos proxectos: concepción, realización, xestión e avaliación, sen ningún tipo de discriminación.

LISTADO DO NÚMERO DE PROXECTOS POR PAÍSES NOS QUE SE TEÑEN APOIADO PROXECTOS

PÁISES Nº PROXECTOS ORZAMENTO TOTAL ACHEGA  DESDE O FONDO GALEGO[1]
1 CABO VERDE 32 1.918.253,90 € 1.333.455,53 €
2 NICARAGUA 23 2.696.134,60 € 771.417,77 €
3 PERÚ 22 1.002.201,05 € 571.018,18 €
4 CUBA 9 1.092.221,28 € 448.618,56 €
5 O SALVADOR 8 530.741,53 € 194.788,18 €
6 BOLIVIA 7 607.395,23 € 103.259,03 €
7 MOZAMBIQUE 7 417.757,72 € 172.586,24 €
8 GUATEMALA 6 154.538,01 € 106.428,24 €
9 TERRITORIO PALESTINO 3 190.118,29 € 132.176,29 €
10 BRASIL 2 18.879,79 € 16.275,76 €
11 ECUADOR 2 273.416,05 € 35.470,95 €
12 ETIOPÍA 2 49.527,00 € 29.667,00 €
13 HAITÍ 2 329.885,66 € 180.276,61 €
14 R.A. SAHARAUÍ DEMOCRÁTICA 2 65.424,25 € 12.434,16 €
15 SIRIA 2 255.000 € 255.000 €
16 AMÉRICA DO SUR (varias cidades)[2] 2 247.067,00 € 156.379,00 €
17 ANGOLA 1 40.579,36 € 12.019,95 €
18 COSTA DE MARFIL 1 14.516,10 € 5.025 €
19 HONDURAS 1 22.000 € 22.000 €
20 INDIA 1 11.144,80 € 10.044,80 €
21 MARROCOS 1 31.003,10 € 24.000,00 €
22 MAURITANIA 1 37.535,00 € 19.635,00 €
23 QUÉNIA 1 25.736,16 € 23.162,55 €
24 SENEGAL 1 77.981,00 € 20.000,00 €
25 SRI LANKA 1 62.961,00 € 62.961,00 €
26 URUGUAI 1 250.000 € 250.000 €
- TOTAL 141 PROXECTOS 10.396.295,96 € 4.881.354,63 €


1.       Considérase aquí que a achega do Fondo Galega é a suma das axudas xestionadas por dito organismo, que poden proceder de convenios asinados coa Xunta de Galicia ou con algunha das súas Consellerías ou mesmo con convenios con Concellos/Deputacións integrantes do Fondo Galego que incrementaron a súa achega á cooperación ademais da cota que anualmente ingresan ao Fondo Galego.