Aviso:

[Pechar}


Pontevedra 2017-11-28

IAF 147: 20 Anos a Fondo coa Solidariedade

O novo número do boletín 'Infórmate a Fondo' ábrese co gran acto que conmemorou o vixésimo aniversario do Fondo Galego, para continuar co balance das dúas vertentes do programa de cooperación técnica Vacacións con Traballo. A publicación recolle tamén outras novidades en formato de fotonoticia, o peche do proxecto con Acnur e mais unha entrevista a Gloria Prada, concelleira de Monforte e vogal da Comisión Executiva.

IAF 147: 20 Anos a Fondo coa Solidariedade
Pontevedra 2017-07-27

IAF 146: Guinea-Bissau interésase polas iniciativas de desenvolvemento local en Galicia

O percorrido que un ministro guineano realizou por varios concellos socios foi unha das principais novidades do Fondo Galego de Cooperación no segundo trimestre do ano. O último número do boletín 'Infórmate a Fondo' dá conta asemade das Xornadas sobre os ODS, entre outras actividades de sensibilización, e do próximo proxecto en Mozambique.

Pontevedra 2017-05-05

IAF 145: Vacacións con Traballo en Mozambique para persoal das administracións locais

O novo número do boletín 'Infórmate a Fondo' ofrece todos os datos do programa de voluntariado internacional e debulla asemade as actividades de sensibilización que implementarán este ano as deputacións e concellos socios do Fondo Galego. A entrevista protagonízaa nesta ocasión Rocío Fraga, edil do Concello da Coruña e vogal da Comisión Executiva. 

Pontevedra 2016-04-28

Caxade: "O importante é contar con cidadanía crítica que pase da teoría á práctica"

O músico de Ames protagoniza a Ollada Externa do boletín dixital 'Infórmate a Fondo', que tamén leva unha entrevista coa vicepresidenta do Fondo Galego, alén de informar sobre as últimas novidades da entidade.

Distribuir contido