Aviso:

[Pechar}


Baiona 2015-02-23

Os encontros dixitais #Alén2015 regresan ao Fondo Galego no ano no que se decide o futuro da cooperación

- A iniciativa púxose en marcha en 2014 e volve ás redes sociais da entidade para analizar a transición dos Obxectivos do Milenio aos de Desenvolvemento Sostible.
- Xosé Mª Torres, vogal da Xunta Reitora da ONG Farmamundi, protagoniza a primeira conversa, que se celebrará o xoves 26 de febreiro, entre as 16.30 e as 18.30 horas.

Baiona 2014-10-19

Manos Unidas analiza nun novo ciberencontro os problemas globais, propostas e retos para transformar o mundo post 2015

- A ONG falará na cita #Alén2015 de outubro sobre pobreza, desigualdade ou desafíos da seguridade alimentaria na axenda de desenvolvemento internacional.
- A conversa online terá lugar nos perfís de Facebook e Twitter do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade o vindeiro mércores 29, entre as 12 e as 14 horas.

Encontros dixitais #Alén2015

>

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade organiza ao longo de 2014 e 2015 unha ducia de encontros dixitais con expertas e expertos nas distintas temáticas dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM). Os debates online prográmanse unha vez ao mes nas redes sociais baixo o epígrafe #Alén2015, co obxectivo de reflexionar sobre a futura axenda da axuda internacional. Aquí recompilamos as conversas completas dos ciberencontros:

Distribuir contido