Aviso:

[Pechar}


Pontevedra 2015-06-10

O filólogo Moncho Iglesias Míguez descobre as inquedanzas de Palestina na charla #Alén2015 de xuño

Estará nas redes sociais do Fondo Galego para falar sobre este territorio, onde viviu máis de dez anos traballando como profesor de castelán en distintas universidades. O encontro dixital terá lugar o xoves 18 de xuño no perfil de Facebook e Twitter da entidade, entre as 16.30 e as 18 horas.

Baiona 2015-04-27

O secretario do Fondo Galego afonda na cooperación internacional municipal na charla #Alén2015 de abril

- Daniel G. Palau estará nas redes sociais da entidade para falar da cooperación descentralizada en Galicia e do balance da lexislatura 2011-2015 na asociación.
- A conversa levarase a cabo o xoves 30 de abril a través do Facebook e Twitter do propio Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entre as 16.30 e as 18 horas.

Baiona 2015-03-24

O director da Rede Galega Contra a Pobreza fala dos "pobres de aquí e de alá" no encontro dixital de marzo

- Xosé Cuns visita as redes sociais do Fondo Galego para dialogar sobre un problema global para o que xa non fai distinción entre os países do Norte e os do Sur.
- A charla online terá lugar este mércores 25 de marzo no Facebook e Twitter da organización municipalista, entre as 16.30 e as 18 horas.

Distribuir contido