Aviso:

[Pechar}


Baiona 2014-04-21

O activista Tom Kucharz aborda os conflitos sociecolóxicos no encontro dixital de abril

- O investigador e membro de Ecoloxistas en Acción responderá as preguntas das e dos usuarios sobre o cambio climático e a débeda ecolóxica na nova cita #Alén2015. 

- A entrevista online realizarase a través dos perfís de Facebook e Twitter do Fondo Galego o venres 25, de 12 a 14 horas, na semana en que se conmemora o Día da Terra.

Baiona 2014-03-24

A investigadora Helena Maleno achega a realidade migratoria no terceiro encontro dixital #Alén2015

- A especialista en fenómenos migratorios e trata de seres humanos abrirá un espazo de debate en torno ás fronteiras e analizará a migración en todas as súas vertentes.
- A entrevista online desenvolverase nos perfís de Facebook e Twitter do Fondo Galego o venres 28 de marzo entre as 12 e as 14 horas.

Baiona 2014-01-31

O Fondo Galego organiza doce encontros dixitais para avaliar os Obxectivos do Milenio

- A cidadanía formulará a través das redes sociais as súas preguntas ás expertas e expertos co fin de reflexionar sobre as metas fixadas pola ONU para 2015
- As citas online estréanse mañá venres ás 12 horas con David Llistar, cofundador do Observatorio da Débeda na Globalización, para denunciar a anticooperación

Distribuir contido