Aviso:

[Pechar}


Pontevedra 2017-05-18

A Tropa de Trapo xira con tres espectáculos de contos con valores por concellos do Fondo Galego

- 'Contamos todas', centrado na igualdade de xénero, e 'Ti tamén contas' levan aparellados obradoiros participativos para facer reflexionar ao alumnado.
- 'Antía, Wamba e o regato pequeno' ofértase ás novas administracións locais que este ano se asocien ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

Pontevedra 2017-05-11

O Fondo Galego dinamiza o papel dos municipios nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

- Un ministro de Guinea-Bissau asistirá ás Xornadas ‘Os retos da cooperación municipalista na consecución dos ODS’ o vindeiro 31 de maio en Compostela.
- As vilas e cidades teñen un papel chave no cumprimento destas metas fixadas pola ONU co fin de erradicar a pobreza e as desigualdades no horizonte de 2030.

Lugo 2017-05-08

A exposición que conmemora os vinte anos do Fondo Galego estréase en Lugo

A mostra, deseñada por Pepe Carreiro, permanecerá instalada na Praza Maior ao longo desta semana, coincidindo coas actividades do programa 'Lugo xusta e solidaria'.

Pontevedra 2017-05-05

IAF 145: Vacacións con Traballo en Mozambique para persoal das administracións locais

O novo número do boletín 'Infórmate a Fondo' ofrece todos os datos do programa de voluntariado internacional e debulla asemade as actividades de sensibilización que implementarán este ano as deputacións e concellos socios do Fondo Galego. A entrevista protagonízaa nesta ocasión Rocío Fraga, edil do Concello da Coruña e vogal da Comisión Executiva. 

Distribuir contido