Aviso:

[Pechar}


Pontevedra 2017-03-24

O Fondo Galego, referente en cooperación técnica e sensibilización en Barcelona e Bruxelas

- A capital europea acolle a xuntanza de avaliación do proxecto con Portugal, Alemaña e Holanda para impulsar a educación para o desenvolvemento.
- O programa de voluntariado internacional Vacacións con Traballo esperta grande interese en Cataluña coa participación dunha bibliotecaria redondelá.

Pontevedra 2017-03-17

Os concellos e deputacións xa poden solicitar actividades para sensibilizar fronte as desigualdades

As entidades socias do Fondo Galego teñen ata o 16 de abril para requirir espectáculos teatrais ou exposicións con concertos e documentais complementarios.

Pontevedra 2017-02-28

O intercambio de experiencias en Mozambique socializarase na vindeira Asemblea Xeral

Representantes das deputacións e concellos socios do Fondo Galego avalarán o Plan de Actividades 2017 na xuntanza que terá lugar o 15 de marzo, ás 11 horas, en Santiago de Compostela.

Pontevedra 2017-01-27

O Fondo Galego combate a vaga de frío que afecta ás persoas refuxiadas na ruta dos Balcáns

- A asociación de concellos e deputacións achega 10.000 euros a Acnur para dotar de roupa, mantas e estufas ás e aos solicitantes de asilo en centros de Serbia.
- Calquera persoa ou entidade pode contribuír coas súas doazóns a través da conta de emerxencia aberta polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

Distribuir contido