Aviso:

[Pechar}


Pontevedra 2016-12-12

Unha enfermeira galega residente en Mozambique explica o proxecto co Fondo nos concellos socios

- María José Castro achega a Bergondo, Lugo, Sarria, Ourense, O Barco, Pontevedra, Silleda, A Coruña e Oleiros as accións impulsadas a prol da saúde materno-infantil.
- En catro cidades celebrarase ademais a xuntanza da Rede Municipalista Solidaria, con persoal das administracións locais asociadas ao Fondo Galego de Cooperación.

Pontevedra 2016-11-18

As Imaxes con Fondo poden votarse ata o 2 de decembro

As quince fotografías mellor valoradas na rede pasarán á final.

As Imaxes con Fondo poden votarse ata o 2 de decembro
Pontevedra 2016-11-28

Remata a xira dos contos solidarios da Tropa de Trapo por unha decena de entidades socias

- Máis de 800 persoas gozaron entre xuño e novembro das historias que avogan polo empoderamento das mulleres, o traballo colaborativo ou a cooperación.
- A actividade, promovida polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, ía dirixida a público adulto de zonas rurais, aínda que tamén se adaptou ao infantil.

Pontevedra 2016-11-24

Conclúen os obradoiros de fotografía social tras percorrer dez concellos socios do Fondo Galego

- Arredor de 300 mozas e mozos achegáronse á fotografía como ferramenta de cambio da man de Felipe Carnotto, gañador do certame Imaxes con Fondo II.
- Nestes intres permanece aberta a votación online da terceira edición do concurso promovido polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

Distribuir contido