Aviso:

[Pechar}


Vilasantar 2016-06-30

Vilasantar súmase ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

- O Concello contribuirá ao impulso de proxectos de desenvolvemento en países do Sur e á concienciación da súa veciñanza fronte as desigualdades.

- O alcalde reuniuse esta mañá coa Comisión Executiva da asociación municipalista, que celebrou a súa xuntanza mensual en Vilasantar.

Lousame 2016-06-27

O obradoiro 'Tecendo polo cambio' clausúrase en Lousame cun acto a prol das mulleres.

As participantes calcetaron unha peza colectiva coa que reivindicaron os seus dereitos cubrindo un elemento exterior das minas de volframio de San Finx, nunha acción de "yarn bombing".
 

Riveira 2016-06-13

Música e fotografías de Cabo Verde para promover a interculturalidade

- O grupo Batuko Tabanka, integrado por mulleres do país lusófono, estrea en Riveira a xira polos concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
- A exposición realizada polo fotoxornalista Rober Amado como gañador do certame Imaxes con Fondo reúne vinte instantáneas do arquipélago africano.

Distribuir contido