Aviso:

[Pechar}


Baiona 2015-04-20

Unha nova achega do Fondo Galego financiará a terapia psicolóxica de 33 nenas e nenos de Gaza

- A asociación de concellos e deputacións destina 10.000 euros ao programa psicosocial da Axencia de Nacións Unidas para os Refuxiados de Palestina.
- Respóndese así ao chamamento de emerxencia da UNRWA para paliar os graves traumas provocados pola xa esquecida ofensiva israelí do verán pasado.

Baiona 2015-01-30

A UNRWA detalla a intervención coa poboación refuxiada de Gaza á que contribúe o Fondo Galego

A directora executiva da axencia da ONU presentará en Compostela o programa de atención psicosocial do que 1.500 persoas se benefician grazas á colaboración da asociación de concellos e deputacións.

Santiago de Compostela 2014-10-22

Deputacións e concellos apoian a reconstrución de Gaza e Filipinas a través do Fondo Galego

- A Asemblea xeral celebrada hoxe en Compostela aprobou destinar 20.000 euros a Palestina e 10.000 euros á poboación afectada polo tifón Haiyan.
- As administracións socias do Fondo Galego de Cooperación resolveron a Convocatoria de proxectos para ONGD con presenza real en Galicia.

Distribuir contido