Aviso:

[Pechar}



Características principais da cooperación do Fondo Galego

>

É unha cooperación municipalista, o que significa que se establece prioritariamente coas corporacións locais dos países do sur. Trátase, por ende, de relacións entre homólogos, con reciprocidade e interese mutuo. Isto permite sacar o máximo proveito á experiencia dos nosos concellos e deputacións en base á súa experiencia en áreas que son de interese para tódalas entidades locais. Ademais, a cooperación municipalista está en primeira liña para contribuír á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, xa que moitos deles dependen das competencias atribuídas aos gobernos locais.

16 anos de proxectos

>

Para coñecer as características da cooperación ao desenvolvemento que impulsa o Fondo Galego debemos ter presente de que tipo de axente estamos a falar dentro do marco xeral da cooperación internacional ao desenvolvemento. Esta categorización axudaranos a entender os seus principios e criterios, así como a súa especificidade neste marco xeral.

Illa de San Simón 2012-04-26

O Fondo presenta as bases da convocatoria de proxectos para axentes de cooperación galegos

- As organizacións interesadas en concorrer a esta convocatoria de subvencións para cooperación indirecta teñen de prazo desde o 14 de maio ata o 15 de xuño para presentar as súas propostas.
- O Consello Municipalista da Cooperación (CMC) reunirase o 9 de maio ás 17 horas en Santiago de Compostela, na sede da Fegamp.

Distribuir contido