Aviso:

[Pechar}


Illa de San Simón 2012-10-10

Máis de 40 Concellos celebran con actividades o 15º aniversario do Fondo Galego

- Municipios socios da entidade acollerán ata fin de ano contacontos, charlas, cine ou exposicións, e en novembro terá lugar o acto central en Compostela.
- O groso das propostas concéntranse no mes de outubro, arredor do Día Internacional para a Erradicación da Pobreza que se conmemora o mércores 17.

Illa de San Simón 2012-05-25

'Contos coas mans abertas' despídese en Teo tras máis de 60 actuacións por toda Galicia

- O espectáculo creado pola compañía A Tropa de Trapo para o Fondo Galego de Cooperación percorreu nos últimos dous anos 48 Concellos socios da entidade
- Sensibilizar sobre a solidariedade é o obxectivo deste contacontos dirixido a público adolescente e adulto, que incorpora instrumentos de diferentes países

Illa de San Simón 2012-05-23

A Xunta de Galicia e o Fondo Galego asinan o Plan de Sensibilización 2012

'15 Anos administrando a solidariedade desde o local' é o título do Plan de Sensibilización 2012, que desde o mes de xaneiro, coa visita do Inprhu-Somoto, se está a implementar por toda a xeografía galega a través de exposicións, charlas, contacontos, Vacacións con Traballo ou o concurso Imaxes con Fondo.

Días mundiais (Almanaque solidario)

>

Nesta sección podedes atopar días de referencia do sistema internacional de cooperación ao desenvolvemento; que poden ser interesantes para a organización de actividades de sensibilización, para gañar en visibilización e consistencia, como exposicións, charlas, contacontos...

30/01    Día escolar da non violencia e a paz
20/02    Día mundial da xustiza social
08/03    Día internacional das mulleres
21/03    Día internacional para a eliminación da discriminación racial
22/03    Día mundial da auga
07/04    Día mundial da saúde
22/04    Día internacional da Terra
12/05    Día mundial do Comercio Xusto

Distribuir contido