Aviso:

[Pechar}


Pontevedra 2016-11-24

Conclúen os obradoiros de fotografía social tras percorrer dez concellos socios do Fondo Galego

- Arredor de 300 mozas e mozos achegáronse á fotografía como ferramenta de cambio da man de Felipe Carnotto, gañador do certame Imaxes con Fondo II.
- Nestes intres permanece aberta a votación online da terceira edición do concurso promovido polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

Pontevedra 2016-08-31

Persoal de tres concellos cooperará en Mozambique e Cabo Verde a través das Vacacións con Traballo

- Técnicas e técnicos municipais de Ames, Bergondo e Ourense colaborarán con administracións locais e ONGD parceiras do Fondo Galego de Cooperación.
- O voluntariado achegará o seu asesoramento e materia de turismo, xénero ou traballo social, ao tempo que contribuirá a sensibilizar fronte as desigualdades.

Silleda 2016-08-21

Silleda incorpórase ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

- O Concello contribuirá ao impulso de proxectos de desenvolvemento en países do Sur e á concienciación da súa veciñanza fronte as desigualdades.
- O alcalde da vila, Manuel Cuiña, lembra “a aposta pola igualdade e a solidariedade que está a facer o goberno municipal”.

Lousame 2016-06-27

O obradoiro 'Tecendo polo cambio' clausúrase en Lousame cun acto a prol das mulleres.

As participantes calcetaron unha peza colectiva coa que reivindicaron os seus dereitos cubrindo un elemento exterior das minas de volframio de San Finx, nunha acción de "yarn bombing".
 

Distribuir contido