Aviso:

[Pechar}


Pontevedra 2016-03-25

Seis concellos acollen as xuntanzas da Rede Municipalista Solidaria do Fondo Galego

- Os encontros con persoal técnico das administracións socias celebraranse na Estrada, Lugo, Ourense, Teo, Betanzos e Moaña entre o 28 e o 30 de marzo.
- A Secretaría dá conta nestas citas dos proxectos de cooperación internacional e das actividades de sensibilización que poden implementar ao longo deste ano.

Allariz 2016-03-22

Persoal municipal cooperará en Mozambique e Cabo Verde a través das Vacacións con Traballo

- O Fondo Galego de Cooperación oferta catro prazas de voluntariado internacional para técnicas e técnicos das deputacións e concellos socios.
- O programa presentouse hoxe no Concello de Allariz coa participación do alcalde e dunha das traballadoras que colaborou durante un mes en Nicaragua.

Pontevedra 2016-03-18

As administracións socias do Fondo Galego xa poden solicitar as novas actividades

Ata o 18 de abril permanece aberto o prazo para que as deputacións e concellos soliciten as accións complementarias ás exposicións, contacontos ou obradoiros de calceta.

Pontevedra 2016-03-16

O voluntariado deixa testemuño das Vacacións con Traballo no caderno 'Experiencias solidarias 2015'

Persoal técnico dos concellos da Estrada, A Pobra, Bergondo, Monforte, Redondela e Rianxo relatan as súas vivencias cos parceiros do Fondo Galego en Nicaragua e Cabo Verde.

Distribuir contido