Aviso:

[Pechar}



Cooperación Indirecta

>

A cooperación indirecta consiste en financiar proxectos presentados polas ONGD á convocatoria aberta anualmente (a excepción dalgúns anos nos que non chegou a realizarse por insuficiencias orzamentarias para esta finalidade) polo Fondo Galego. A cooperación indirecta é importante dentro da cooperación galega porque axuda a reforzar ás ONGD, galegas ou con delegación en Galicia, e a continuar co seu traballo no sur. O Fondo Galego leva financiando proxectos de cooperación indirecta dende o ano 1998. En total, nestes 15 anos, 63 proxectos presentados por ONGD galegas ou con delegación en Galicia foron financiados polo Fondo.

Cooperación Indirecta
Distribuir contido