Aviso:

[Pechar}


Illa de San Simón 2011-10-17

17 de outubro: Día Internacional para a Erradicación da Pobreza

En 1992, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 17 de outubro Día Internacional para a Erradicación da Pobreza. No entanto, a primeira conmemoración tivera lugar en 1987 en París, onde máis de 100.000 persoas se manifestaron en favor dos Dereitos Humanos e a liberdade para lembrar as vítimas da pobreza, a fame e a violencia.

"Da pobreza á sostibilidade, as persoas no centro do desenvolvemento inclusivo" é o lema baixo o que se celebra hoxe este Día Internacional. A erradicación da pobreza é fundamental para construír un futuro sostible para todas e todos. Nese camiño cara o desenvolvemento é imprescindible incluír na toma de decisións as persoas afectadas, e que se adopten medidas concretas para responder as súas necesidades e demandas.

O primeiro dos Obxectivos do Milenio compromete os 189 Estados asinantes a erradicar a extrema pobreza, reducindo á metade, ata o ano 2015, a porcentaxe de persoas que ingresan menos dun dólar diario. Sen embargo, os datos non están a mellorar e calcúlase que na actualidade máis de 1.400 millóns de persoas viven na pobreza extrema.

Contribuír a paliar esa situación é a finalidade dos proxectos que promove o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A través das actividades de sensibilización, conciénciase ademais para que a cidadanía achegue o seu gran de area á redución das desigualdades Norte-Sur.

17 de outubro: Día Internacional para a Erradicación da Pobreza