|
fondogalego.org • info(arroba)igadi.org • telf. 698 156 127 • © 2007-2012 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade Relacións cos medios: 616 145 077 / comunicacion(arroba)fondogalego.org |
|||||
|
|
|
![]() |
![]() |
||
|
|
|||||
Aviso:
[Pechar}
Solta de pombas, lectura de mensaxes, murais, cancións... Incontables actividades sucédense cada 30 de xaneiro nos centros educativos de Galicia e do mundo para conmemorar o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, tamén coñecido co acrónimo DENYP.
A data desta celebración non gobernamental coincide coa do asasinato en 1948 do líder pacifista Mahatma Gandhi en Nova Delhi (India). O Día da Paz foi lanzado en España en 1964 polo inspector de educación mallorquino Llorenç Vidal, quen o describiu coma “unha semente de non violencia e paz depositada na mente e no corazón subconsciente dos educandos e, a través deles, na sociedade”.
Trátase dunha iniciativa pioneira de Educación para a Paz, en época da ditadura, á que se foron sumando cada vez máis escolas e máis países, ata o punto de que en 1993 foi recoñecido e recomendado pola Unesco. No entanto, no hemisferio sur o Día Escolar da Non Violencia e a Paz celébrase arredor do 30 de marzo, xa que o calendario escolar é diferente.
En España, a comezos dos anos 90 a Logse estableceu a formación para a paz, a cooperación e a solidariedade como un fin cara ao que orientar o sistema educativo, pero cómpre seguir avanzando para acadar a transversalidade deste eixo. En Galicia, desde 1985 o Seminario Galego de Educación para a Paz é o principal referente deste movemento internacional. Deputacións e Concellos socios do Fondo Galego súmanse tamén cada ano á celebración acollendo exposicións, contacontos e diversas accións a prol da cultura de paz.