Aviso:

[Pechar}


Baiona 2013-08-30

31 de agosto: Día da Solidariedade

A ONU proclamou a finais do ano 2000 o 31 de agosto como Día Internacional da Solidariedade, coincidindo co nacemento en Polonia do sindicato Solidarnosc en 1980.

A importancia deste movemento social como impulsor do cambio que levou finalmente a derrubar o muro de Berlín e desembocou no renacemento da democracia más alá do telón de aceiro, valeríalle ao seu fundador, Lech Walesa, o premio Nobel da Paz en 1983.

Promover e fortalecer os ideais de solidariedade en e entre as nacións, os pobos e os individuos é o obxectivo deste Día Internacional, entendendo que só cando as relacións se baseen neste ideal estará a humanidade a salvo das guerras, se poderán reducir as diferenzas entre ricos e pobres e se intensificará o respecto á dignidade e aos Dereitos Humanos.

Diversos concellos socios do Fondo Galego de Cooperación están a desenvolver nestes días iniciativas arredor da solidariedade. O Concello de Manzaneda ten en marcha o ciclo de cine ‘Mellora o mundo se melloramos nós’, mentres que o Concello de Vilagarcía celebra a Semana do Voluntariado tamén con películas e exposicións, entre outras propostas. O propio sábado 31 terá lugar unha feira con múltiples actividades das que participan 25 organizacións sociais e que se pechará cunha gran gala.

Pola súa banda, a Coordinadora Galega de ONGD vén de dar a coñecer que máis de 41.000 persoas colaboran nas 46 organizacións non gobernamentais asociadas, co obxectivo de transformar o mundo nun lugar xusto, igualitario e libre. Ademais, o número de voluntarias e voluntarios medrou no último ano en 300 persoas.

31 de agosto: Día da Solidariedade