Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}


Baiona 2013-09-06

8 de setembro: Día da e do Cooperante e Día da Alfabetización

O 8 de setembro conmemórase o Día das Persoas Cooperantes, coincidindo coa sinatura da Declaración do Milenio polos Estados membros da ONU, e mais o Día Internacional da Alfabetización, fixado pola Unesco hai máis de corenta anos.

A data escollida en 2006 para celebrar o Día da e do Cooperante recoñece a contribución destas e destes profesionais ao cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio. Nesta xornada, reivindícase o seu labor e a difusión dos valores que representan na loita pola erradicación da pobreza. Valores que comparte o voluntariado de programas como Vacacións con Traballo, iniciativa impulsada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade que promove a colaboración de persoal da administración local galega nos países do Sur.

Segundo un recente estudo da Aecid, máis de 2.700 profesionais españolas e españois traballan na actualidade no ámbito da cooperación internacional para o desenvolvemento en máis de 80 países. A maioría son mulleres e case a metade áchanse na África subsahariana. A Coordinadora Galega de ONGD, pola súa parte, vén de denunciar que o número de persoas contratadas como expatriadas nas ONGD galegas descendeu un 80% en menos de catro anos, pois pasouse de 44 en 2009 a 9 na actualidade, redución que consideran directamente proporcional aos reiterados recortes da Xunta nos orzamentos de cooperación.

Doutra banda, no Día Internacional da Alfabetización lémbraselle á comunidade mundial que a esta é un dereito humano e un medio para acadar o desenvolvemento individual e social. 'Alfabetizacións para o século XX' é o lema deste ano, baixo o paraugas da Educación para Todos que defende a Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura.

Os últimos datos revelan que o 84% da poboación mundial sabe hoxe ler e escribir, fronte ao 76% en 1990. No entanto, máis alá destas cifras persisten graves desigualdades: dous terzos dos 774 millóns de persoas adultas analfabetas que hai no mundo son mulleres, e tamén a maior parte da infancia e adolescentes que fican sen escolarizar.

8 de setembro: Día da e do Cooperante e Día da Alfabetización