Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}


Baiona 2014-10-21

A Asemblea resolve este mércores a convocatoria de proxectos

Tras o encontro de representantes das deputacións e concellos socios do Fondo Galego en Santiago de Compostela presentaranse en rolda de prensa as doazóns para Gaza e Filipinas.

A Asemblea resolverá a aprobación dos proxectos.Representantes dos 87 concellos e as dúas deputacións que integran o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade están chamados a participar na Asemblea xeral ordinaria que se celebra este mércores 22 de outubro en Santiago de Compostela. O encontro terá lugar ás 12 horas na sede da Fegamp (Área Central, Rúa Varsovia, 4C, 6ª planta). A orde do día centrarase na resolución da convocatoria de proxectos 2014 e nas doazóns para a reconstrución de Gaza e Filipinas, cuestións que se farán públicas ás 13 horas nunha rolda de prensa á que as e os asistentes tamén están convidados a acudir.

Catorce axentes de cooperación galegos ou con sede en Galicia presentaron un total de 15 proxectos de desenvolvemento en países do Sur á convocatoria de axudas lanzada este ano polo Fondo Galego. Unha vez baremados por parte da Secretaría, a Comisión Avaliadora -conformada por persoal dos concellos de Nigrán, Poio, Bergondo, Xove e O Barco de Valdeorras- elaborou un ditame que trasladou á Comisión Executiva, que formulou a proposta que agora deberá ratificar a Asemblea de socios.

A presidenta do Fondo Galego, Teresa París, abrirá a segunda Asemblea de 2014 actualizando o estado da asociación e tamén se fará seguimento do Plan de Comunicación Online. Na sesión exporanse asemade das contías dedicadas a paliar situacións de emerxencia e o seu destino, como é o caso da reconstrución de Gaza tras os últimos bombardeos israelís ou o apoio á poboación afectada polo tifón Haiyán en Filipinas. Tanto destas actuacións como das intervencións que se financiarán ás ONGD galegas nos países empobrecidos darase conta na rolda de prensa posterior.

As políticas e políticos designados como delegados do Fondo Galego en cada unha das deputacións e concellos socios están chamados a participar da Asemblea e da rolda de prensa. No entanto, poden delegar noutra ou noutro representante político ou técnico. Para confirmar ou escusar a asistencia deberán dirixirse ao enderezo electrónico do secretario da asociación dpalau@igadi.org.

Convocatoria e orde do día
Convite á rolda de prensa

A Asemblea resolve este mércores a convocatoria de proxectos