Aviso:

[Pechar}


Baiona 2013-04-16

A Asemblea xeral de socios reúnese o 29 de abril en Compostela

A xuntanza comeza ás 12.15 horas na sede da Fegamp.

A Asemblea vai dirixida ás e aos representantes políticos das Administracións socias.O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade celebra o 29 de abril en Santiago de Compostela a primeira Asemblea xeral de 2013. A cita é ás 12.15 horas na sede da Fegamp e vai dirixida ás e aos representantes políticos do Fondo nas Deputacións e Concellos socios, aínda que tamén poderán delegar a súa participación noutros representantes, políticos ou técnicos da súa Administración.

A sesión arrincará co informe de situación da Comisión Executiva, titulado 'Somos os que estamos: o municipalismo galego e a solidariedade'. Tras a intervención da presidenta do Fondo Galego, Teresa París, darase paso á aprobación do balance económico de 2012. Ratificaranse a continuación as baixas solicitadas e exporase, por último, o plan de actuación do ano en curso.

Convocatoria e orde do día
Informe de situación
Balance económico 2012

A Asemblea xeral de socios reúnese o 29 de abril en Compostela