Aviso:

[Pechar}


Pontevedra 2015-09-01

A cantora Najla Shami avoga polo consumo responsable no IAF

Alén da conversa coa artista de orixe palestina, o boletín 'Infórmate a Fondo' destaca as misións a Nicaragua e Cabo Verde, o Encontro Vacacións con Traballo 2006-2015 e os proxectos de cooperación.

"O consumo responsable é a arma máis potente que temos, tanto cara Israel como cara outros obxectivos". Así se expresa a cantora e compositora Najla Shami na entrevista do último boletín dixital 'Infórmate a Fondo', onde a artista de ascendencia palestina defende tamén a cultura galega e a implicación das administracións locais na cooperación internacional.

O IAF 138 abre coa viaxe a Nicaragua do gañador do concurso fotográfico 'Imaxes con Fondo', e mais coas misións técnicas enviadas pola asociación municipalista tanto a este país como a Cabo Verde. Resúmese asemade o que deu de si o Encontro Vacacións con Traballo 2006-2015, que reuniu unha vintena de participantes deste programa de voluntariado no Sur.

As fotonovas anuncian o próximo regreso dos encontros dixitais #Alén2015 e ilustran as actividades de sensibilización realizadas en Galicia polas ONGD que neste momento executan proxectos en países empobrecidos co apoio do Fondo Galego. Para rematar, dáse conta das iniciativas cofinanciadas en Cabo Verde grazas a achegas extraordinarias do Concello de Vigo. Na Cámara de Santa Cruz para apoiar ao campesiñado promovendo o rego 'gota a gota' e en Ribeira Grande para consolidar a cooperativa de mulleres Sulada.
 

A cantora Najla Shami avoga polo consumo responsable no IAF