Aviso:

[Pechar}


Baiona 2013-02-19

A Confederación de Fondos reivindica a cooperación descentralizada en València

Os próximos xoves e venres, 21 e 22 de febreiro, reuniranse en Valencia os Fondos de Cooperación e Solidariedade que fan parte da Confederación de Fondos. Nela intégranse autoridades locais de Galicia, València, Illes Balears, Catalunya, Euskadi, Andalucía e Extremadura.

Son máis de 1000 Concellos os que fan parte deste mecanismo de política pública que funciona para achegar a nosa solidariedade ao Sur; alá onde as crises son crónicas desde hai centos de anos. Ao tempo, as administracións locais adheríndose aos Fondos incorporan a defensa dos Dereitos Humanos universais nas axendas locais, por medio de actividades de sensibilización e educación para o desenvolvemento.

Nas xornadas do día 21 mesturarase a discusión teórica coa práctica, contando cunha pluralidade de visións e convidados, con organismos de cooperación descentralizada europeos coma o Fondo provincial de Milán ou Pilar Molina, vicepresidenta 2º da Coordinadora española de ONGD. A axenda pode consultarse aquí.

As xornadas do día 22, por outra banda, serán de carácter interno entre os distintos Fondos que fan parte da Confederación. Desta maneira procurarase coñecer máis os uns dos outros na idea de aproveitar mellor as potenciais sinerxías, ao tempo que se buscarán liñas para fortalecer a cooperación descentralizada local nun entorno de crise e ameazas.