Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}


Pontevedra 2016-09-02

"A cooperación internacional é fundamental para buscar unha meirande igualdade"

O alcalde de Barro participou na xuntanza da Comisión Executiva do Fondo Galego canda a concelleira de Benestar de Silleda. Ambos os dous concellos veñen de adherirse á rede solidaria.

Fernández Abraldes, ao fondo, e Pilar Peón, á dereita, asistiron á xuntanza mensual da Comisión Executiva.O alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, e a concelleira de Benestar Social de Silleda, Pilar Peón, participaron canda persoal técnico de senllas administracións na xuntanza da Comisión Executiva correspondente ao mes de setembro. No encontro déuselle a benvida oficial ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, xa que ambos os dous concellos veñen de sumarse á rede. A adhesión de novas administracións locais é unha das prioridades das Liñas Estratéxicas 2016-2019 da entidade.

"Incorporámonos ao Fondo Galego porque pensamos que os proxectos de cooperación internacional sempre son moi positivos", expresou Fernández Abraldes. "A pesar de sermos un concello pequeno e con posibilidades modestas, parecíanos importante contribuír co noso gran de area, pois a cooperación internacional é fundamental para buscar unha meirande igualdade social no mundo", concluíu.

En función da súa poboación, a Barro correspóndelle achegar unha cota anual de 392 euros, que serán reinvestidos tanto en accións de cooperación internacional  como en actividades de sensibilización en Galicia. A xeito de benvida, o Concello recibirá próximamente a exposición 'Galicia-Cabo Verde: unha irmandade', coas fotografías de Rober Amado, e mais a actuación do grupo Batuko Tabanka, integrado por mulleres de orixe caboverdiana afincadas na Mariña lucense, co fin de promover a interculturalidade. Trátase de dúas das propostas que os concellos socios do Fondo Galego de Cooperación poden implementar para promover a defensa dos dereitos humanos, canda exposicións, concertos, charlas ou obradoiros.

A andaina destas actividades centrou precisamente un dos puntos da xuntanza da Comisión Executiva, na que tamén se deu conta do proxecto a prol da saúde infantil e materna apoiado en Mozambique e mais da reconstrución dun centro sanitario danado polas inundacións do outono nos campamentos saharauís. A axuda de post emerxencia tras o terremoto de Ecuador, a participación no Consello Galego de Cooperación ao Desenvolvemento, o programa de voluntariado internacional Vacacións con Traballo ou a próxima viaxe a Mozambique dun grupo de concelleiras galegas para intercambiar experiencias coas súas homólogas africanas foron outras das cuestións abordadas na xuntanza.