Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}


Burela 2019-05-21

A diversidade cultural favorece un desenvolvemento sostible

Batuko Tabanka promove a interculturalidade a través da música tradicional de Cabo Verde.Nacións Unidas considera que a cultura, na súa rica diversidade, posúe un valor intrínseco tanto para o desenvolvemento como para a cohesión social e a paz. Porén, en demasiadas ocasións ponse o foco na suposta división que esa heteroxeneidade xera. Co aval da experiencia acumulada, desde o Concello de Burela queremos poñer de relevo o positivo que resulta contar cunha sociedade plural e facémolo coincidindo co Día Mundial da Diversidade Cultural para o Diálogo e o Desenvolvemento, que se conmemora o 21 de maio.

Burela non chega aos 10.000 habitantes e, no entanto, rexistra no seu censo máis de corenta nacionalidades diferentes. Destaca particularmente a comunidade caboverdiana, que comezou a chegar a finais dos setenta e que hoxe conta xa con varias xeracións na comarca da Mariña. As persoas orixinarias do arquipélago africano convertéronse en forza motriz para o desenvolvemento da industria pesqueira e hoxe están -estamos- presentes en diversos sectores sociais, se ben sería desexable ter máis relevancia nos postos de decisión.

A achega non foi só económica, senón tamén cultural, tal e como demostran grupos de mulleres como Raventola ou Batuko Tabanka, que promoven a interculturalidade a través da música tradicional do país lusófono. Ao tempo que a diversidade agromaba, o Concello puxo en marcha un programa específico para a integración das persoas migrantes que se inicia xa desde as etapas educativas, pois aínda que a comunidade caboverdiana de Burela se considere un exemplo de adaptación -que non de asimilación-, iso non significa que o camiño estea exento de atrancos.

Esta perspectiva da inclusión tamén está presente na Axenda 2030 aprobada polos Estados membros da ONU, que contempla 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible onde o ODS 10 chama a "reducir a desigualdade en e entre os países", tanto a nivel económico como no acceso aos servizos e recursos, e contempla varias metas referidas á poboación migrante. Garantir a igualdade de oportunidades, adoptar políticas de protección social ou facilitar unha mobilidade segura son algunhas das accións requiridas.

Ademais, o Concello de Burela, cada outras 99 administracións locais e provinciais, contribúe a paliar as desigualdades globais a través da súa participación no Fondo Galego de Cooperación e Solidariadade. A asociación ten impulsado máis de 150 proxectos de cooperación internacional en preto de trinta países, entre os que Cabo Verde ocupa unha posición destacada. Desde 2002, cofinanciáronse no país africano máis de trinta iniciativas en materia de xénero, educación, auga e saneamento, vivenda ou infraestruturas comunitarias.

O intercambio de experiencias e coñecementos tamén resulta clave para acadar un desenvolvemento sustentable e o Fondo Galego materialízao a través da cooperación técnica, tanto recibindo aquí a persoal das entidades socias de países como Cabo Verde, como facilitando asesoramento técnico en terreo a través do programa de voluntariado internacional Vacacións con Traballo.

A décimo cuarta convocatoria permanece aberta ata o 26 de maio, con prazas en Mozambique e na vila caboverdiana de Santa Cruz, polo que aquelas traballadoras e traballadores de concellos, mancomunidades ou da Xunta de Galicia que teñan interese en participar poden informarse na web www.fondogalego.org. Unha experiencia máis que recomendable para mergullarse noutra realidade e experimentar de primeira man o valor da interculturalidade.

Angélica Gómez
Concelleira de Inmigración de Burela

*Artigo de opinión publicado en Praza Pública con motivo do Día Mundial da Diversidade Cultural para o Diálogo e o Desenvolvemento

A diversidade cultural favorece un desenvolvemento sostible