Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}


Baiona 2014-03-24

A investigadora Helena Maleno achega a realidade migratoria no terceiro encontro dixital #Alén2015

- A especialista en fenómenos migratorios e trata de seres humanos abrirá un espazo de debate en torno ás fronteiras e analizará a migración en todas as súas vertentes.
- A entrevista online desenvolverase nos perfís de Facebook e Twitter do Fondo Galego o venres 28 de marzo entre as 12 e as 14 horas.

A investigadora especialista en migracións Helena Maleno.Helena Maleno, experta en migracións e especialista en investigación acción participativa e xénero e desenvolvemento, é a invitada do terceiro encontro dixital #Alén2015 do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Na entrevista, que se desenvolverá este venres 28 de marzo, entre as 12 e as 14 horas, a redactora de Periodismo Humano e membro da rede de apoio Caminando Fronteras analizará os fenómenos migratorios e todo o que atinxe a esta temática, co obxectivo de xerar un debate en torno a unha realidade fundamental nos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio.

A entrevista online será en directo e levarase a cabo nos perfís de Facebook (facebook.com/fondogalego) e Twitter (@FondoGalego) da entidade municipalista, entre as 12 e as 14 horas. Durante a súa intervención, Helena Maleno responderá as preguntas das usuarias e usuarios a través da páxina de Facebook do Fondo Galego, no espazo reservado a comentarios no post coa fotografía da investigadora que se publicará xusto ao comezo do encontro, ou na conta de Twitter da entidade co hahstag #EncontroMaleno.

As persoas que non poidan participar en directo na entrevista poderán deixar con carácter previo as súas dúbidas nos post relacionados co encontro publicados no Facebook, empregando o hahstag #EncontroMaleno no Twitter ou ben enviando as súas preguntas ao correo fondogalego@gmail.com.

A presenza de Helena Maleno e a súa ampla experiencia en fluxos migratorios na terceira entrevista online #Alén2015 súmase ás realizadas no mes de xaneiro con David Llistar, autor do libro 'Anticooperación' e cofundador do Observatorio da Débeda na Globalización, que versou sobre a anticooperación, e a do colectivo Sarsur,  o pasado mes de febreiro, que achegou unha visión interesante sobre a situación do Sáhara Occidental e as persoas que alí habitan. Estes encontros enmárcanse no programa #Alén2015 do Fondo Galego que, a través da coordinación de entrevistas online mensuais con persoeiras e persoeiros da cooperación, pretende crear unha contorna de debate e invitar á reflexión sobre distintas temáticas ao redor dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio que conclúen en 2015.

Helena Maleno
É licenciada en Ciencias da Información, especialista en fenómenos migratorios, con especial atención a mulleres e  menores, e experta en trata de seres humanos. Leva desde 2002 ligada á cuestión migratoria. Participou na configuración de documentais sobre persoas migrantes para Save the Children a BBC ou CNN.

Realizou distintas investigacións sobre mulleres marroquís e menores subsaharianos para organizacións como Intermón-Oxfam ou SOS Racismo. Foi delegada do Comité Español de Axuda ao Refuxiado (CEAR) en Marrocos. Como consultora independente, destaca o seu labor en fundacións internacionais como Women's Link Worldwide, ou entidades coma o Defensor del Pueblo.

Forma parte de Caminando Fronteras, un colectivo que traballa con inmigrantes da África Subsahariana en tránsito cara Europa. A nivel xornalístico, é redactora en Periodismo Humano, onde que conta cun espazo propio denominado Pandoras Invisibles desde o que busca "amosar a vulneración de dereitos humanos nos tránsitos migratorios e enmarcar estes feitos na súa dimensión transnacional cunha perspectiva de xénero".