Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}


A Guarda 2018-04-16

A mostra 'No colo da esperanza' inicia na Guarda o percorrido por concellos do Fondo

A exposición realizada polo fotoxornalista Felipe Carnotto amosa o éxodo de milleiros de persoas a través da ruta dos Balcáns na busca de refuxio en Europa.

A exposición 'No colo da esperanza' viaxa xa polos concellos socios do Fondo Galego.A exposición 'No colo da esperanza' inicia esta semana na Guarda o seu percorrido por concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade co obxectivo de concienciar sobre a difícil situación das persoas refuxiadas. As instantáneas tomadas polo fotoxornalista Felipe Carnotto en 2015 na denominada "ruta dos Balcáns" poderán verse na Casa do Concello guardesa ata o vindeiro 4 de maio, antes de trasladarse a Cambados.

As fotografías están protagonizadas principalmente por rapazas e rapaces que foxen da guerra en Siria canda as súas familias, na busca dun futuro próspero en Europa. A forza das imaxes pretende poñer o foco nas inxustizas que están a acontecer para que milleiros de persoas abandonen os seus fogares e camiñen en ringleiras durante horas, cruzando países como Turquía, Macedonia ou Serbia na procura de refuxio, coa esperanza de vivir en paz.

A relación entre Felipe Carnotto e o Fondo Galego bota a andar en 2014, cando o fotógrafo gaña o concurso Imaxes con Fondo II, no que o premio era unha viaxe a Nicaragua para retratar a realidade do país e os proxectos alí apoiados. Desta colaboración nace a mostra 'Nicaragua. O futuro' e unha serie de obradoiros de fotografía social que percorreron unha decena de vilas. Agora o reporteiro cede esta nova exposición realizada na ruta dos Balcáns, onde o Fondo Galego ten achegado axuda de emerxencia ás persoas refuxiadas.

Como fotoxornalista freelance, Felipe Carnotto (São Paulo, 1986) ten publicado en xornais como The Guardian, Der Spiegel, Financial Times, El País ou a revista Luzes. O fotógrafo de orixe brasileira afincado en Vigo amosou ademais a súa obra na Sede Afundación da cidade olívica ou no Kiosko Alfonso da Coruña,  así coma en galerías e museos doutros puntos do Estado e de Portugal. En 2017 faise co recoñecemento á Imaxe do Ano no prestixioso certame Estação Imagem e no mesmo ano acada o Galicia en Foco, o galardón fotoxornalístico máis antigo de Galicia.