Aviso:

[Pechar}


Baiona 2015-04-24

A ollada de Gonzo, no boletín 'Infórmate a Fondo'

O reporteiro protagoniza a entrevista do IAF 137, que inclúe as últimas novas da cooperación municipalista.

O xornalista Fernando González 'Gonzo' achega A Ollada Externa do último boletín 'Infórmate a Fondo'. O reporteiro de El Intermedio pronúnciase no IAF 137 sobre o compromiso social, a saúde do panorama televisivo ou o seu vínculo con Galicia.

O número que resume a actualidade do primeiro trimestre recolle asemade o proxecto Causas Comúns co fotógrafo Gabriel Tizón, a misión técnica a Mozambique para supervisar as últimas actuacións levadas a cabo e mais as accións apoiadas á UNRWA para mitigar o trauma psicolóxico das nenas e nenos de Gaza.

Ao tempo, anúnciase a décima convocatoria de Vacacións con Traballo, o programa de voluntariado en países do Sur dirixido a persoal das administracións socias do Fondo Galego. Ofrécese tamén información actualizada sobre os seis proxectos de cooperación internacional cofinanciados canda ONGD galegas en Latinoamérica e India.

As fotonovas ilustran ademais a Asemblea na que se aprobou o Plan para este ano, a nova xira dos contos da Tropa de Trapo 'Ti tamén contas', o retorno dos encontros dixitais #Alén2015 e as actividades de sensibilización sobre prevención de riscos ante desastres naturais promovidas por Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP).
 

A ollada de Gonzo, no boletín 'Infórmate a Fondo'