Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}


Baiona 2014-05-26

A Plataforma 2015 y Más reflexiona sobre os retos da nova axenda internacional no ciberencontro de maio

- Nacho Martínez, responsable da Área de Estudos da asociación, ofrecerá un balance dos ODM e analizará as metas do desenvolvemento global post 2015.
- A conversa con internautas terá lugar o venres 30 de maio, entre as 12 e as 14 horas, nos perfís de Facebook e Twitter da entidade municipalista.

Nacho Martínez pertence á Plataforma 2015 y Más.Nacho Martínez, coordinador e investigador da área de estudos da asociación de organizacións Plataforma 2015 y Más, é o convidado do encontro dixital #Alén2015 do mes de maio nos medios sociais do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Inmerso na presentación do IX Informe Anual da entidade 'Cara 2015: Visións do desenvolvemento en disputa', o experto en desigualdade e cooperación valorará o grado de consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM) e analizará as propostas e alternativas para a configuración da axenda internacional de desenvolvemento, a denominada Axenda Post 2015, que substituirá á convocada ao redor dos ODM.

O diálogo online levarase a cabo este venres 30 de maio, entre as 12 e as 14 horas, no perfil de Facebook (facebook.com/fondogalego) do Fondo Galego, no espazo reservado a comentarios no post coa fotografía do investigador da Plataforma 2015 y Más que se publicará ao inicio do encontro, ou na conta de Twitter (@FondoGalego) da organización co hashtag #Encontro2015ymas. Na súa intervención, Nacho Martínez conversará en directo coas usuarias e usuarios para aclarar as súas dúbidas e afondar nas cuestións que lle formulen sobre as directrices da alianza global que marcarán o novo modelo de desenvolvemento internacional.

Aquelas persoas que desexen participar pero non poidan facelo nas horas fixadas para o encontro teñen a posibilidade de deixar as súas dúbidas con carácter previo no Facebook do Fondo Galego, nos posts relacionados co encontro publicados nesta rede social, co hashtag #Encontro2015ymas a través do Twitter ou ben enviando as súas preguntas ao correo fondogalego@gmail.com.

Esta entrevista é a quinta que convoca a entidade municipalista no marco do programa #Alén2015, un total de doce encontros dixitais con axentes da cooperación que teñen lugar o último venres de cada mes coa finalidade de abrir un espazo de debate e invitar á reflexión sobre distintas temáticas en torno aos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, que conclúen en 2015.

O representante da Plataforma 2015 y Más, Nacho Martínez, fará especial fincapé nesta cuestión, xa que o cumprimento e superación dos ODM é unha das principais misións da citada asociación. O seu diálogo vén complementar o de xaneiro con David Llistar, autor do libro ‘Anticooperación’ e cofundador do Observatorio da Débeda na Globalización, que versou sobre a anticooperación; o de Sarsur en febreiro, un colectivo coruñés que aportou unha interesante visión sobre a situación do Sáhara Occidental; o da investigadora Helena Maleno no mes de marzo, integrante da rede de apoio Caminando Fronteras/Walking Borders, que abordou os fenómenos migratorios; e o encontro de abril con Tom Kucharz, membro de Ecoloxistas en Acción, que ofreceu unha pormenorizada reflexión sobre o declive enerxético, o consumo ou o cambio climático, entre outros temas.

Nacho Martínez
É sociólogo, experto en desigualdade, cooperación e desenvolvemento e profesor en diversos cursos de especialización en cooperación para o desenvolvemento. A súa traxectoria en cooperación internacional desenvolveuna tanto no ámbito da participación en organizacións da sociedade civil, como a partir do seu labor investigador. Desde decembro de 2010, coordina a Área de Estudos da Plataforma 2015 y Más e da Editorial 2015 y Más.
Conta con diversas publicacións dedicadas a analizar o papel da sociedade civil e os gobernos descentralizados nos procesos de desenvolvemento e no sistema de cooperación internacional, así como ao seguimento da política española de cooperación e a axenda internacional de desenvolvemento.