Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}


Pontevedra 2016-03-05

A presidenta da Rede de Autarcas Mozambicanas celebra o Día das Mulleres con alcaldesas galegas

- As rexedoras de Bergondo, Pontecesures e Cartelle recibirán entre o 7 e o 8 de marzo á súa homóloga africana, convidada polo Fondo Galego de Cooperación.
- María Helena Correia reunirase coa Comisión Executiva da entidade para organizar no país lusófono un intercambio de experiencias con concelleiras galegas.

María Helena Correia é a alcaldesa de Mandlakazi.A presidenta da Rede Mozambicana de Mulleres Autarcas, que reúne a alcaldesas e concelleiras do país lusófono, visitará entre o luns 7 e o martes 8 de marzo distintos concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, coincidindo coa conmemoración do Día Internacional das Mulleres. As alcaldesas de Cartelle, Pontecesures e Bergondo recibirán a María Helena Correia, vicepresidenta tamén da Asociación Nacional de Municipios de Mozambique, que se reunirá coa Comisión Executiva da entidade para concretar a organización de distintas accións.

A esta xuntanza, que terá lugar o luns ás 11 horas na Secretaría Técnica do Fondo Galego en Pontevedra, está previsto que asistan entre outros o presidente do Fondo Galego e alcalde de Nigrán, Juan González, e mais a tesoureira e edil pontevedresa Carme Fouces. O encontro permitirá avanzar na colaboración para fortalecer a Rede Mozambicana de Mulleres Autarcas.

Unha das actividades conxuntas que previsiblemente se levará a cabo este ano no país lusófono é a realización dun workshop no que participarán concelleiras galegas. O intercambio de experiencias xirará arredor das dificultades que se atopan as políticas e as ferramentas para superalas, así coma o papel das mulleres como axentes de cambio no poder local ou o traballo municipal en xénero. Por outra parte, a través do programa de voluntariado internacional Vacacións con Traballo, a rede mozambicana acollerá durante un mes a unha ou un especialista en igualdade dunha deputación ou concello galego, que poida reforzar a organización interna e a planificación de actividades.

En canto as citas dos próximos días coas alcaldesas galegas, o luns ás 17 horas desenvolverase a recepción en Cartelle (Ourense) con Carmen Leyte, o martes ás 10 horas será con Cecilia Tarela en Pontecesures (Pontevedra) e o mesmo día ás 13 horas terá lugar en Bergondo (A Coruña) con Alejandra Pérez. O obxectivo é achegarlles aos concellos socios a relevancia do traballo impulsado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para as persoas e colectivos dos países do Sur.