Aviso:

[Pechar}


Baiona 2013-02-13

A Secretaría do Fondo Galego múdase a Baiona

O novo enderezo do Igadi (www.igadi.org) e polo tanto da Secretaría do Fondo  Galego de Cooperación e Solidariedade será o das orixes en Baiona:
IGADI, Avenida Joselín, nº7, Portal 3, 4ºB, 36300, Baiona (Pontevedra).


En breve, presentarase o Plan de actividades para o 2013, no que comezará a circular a exposición produto do concurso Imaxes con Fondo, e o documental realizado por Agareso en colaboración co Fondo sobre a súa historia e resultados, que se presentou na conmemoración do 15 aniversario. Podedes ver o tráiler que realizamos sobre o mesmo en colaboración coa Televisión de Galicia: http://www.youtube.com/watch?v=AvHqLJaDFUI

Finalmente podemos adiantar que as entidades socias interesadas en recibir o espectáculo de A Tropa de Trapo (para público infantil e familiar) “Antía, Wamba e o regato pequeno” poden solicitalo desde xa.

A Secretaría do Fondo Galego múdase a Baiona