Aviso:

[Pechar}


Illa de San Simón 2012-05-23

A Xunta de Galicia e o Fondo Galego asinan o Plan de Sensibilización 2012

'15 Anos administrando a solidariedade desde o local' é o título do Plan de Sensibilización 2012, que desde o mes de xaneiro, coa visita do Inprhu-Somoto, se está a implementar por toda a xeografía galega a través de exposicións, charlas, contacontos, Vacacións con Traballo ou o concurso Imaxes con Fondo.

As exposicións áchanse entre as actividades máis solicitadas.O Plan de Sensibilización 2012, asinado entre a Xunta de Galicia e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, dálle un ano máis continuidade á Rede Municipalista Solidaria, que permite, por medio de actividades de sensibilización social e educación para o desenvolvemento, incorporar á axenda local galega a necesidade da loita contra a pobreza e a defensa dos Dereitos Humanos.

A colaboración entre a Xunta de Galicia e o Fondo remóntase ao ano 2003, polo que se trata dunha articulación entre o poder local galego e o autonómico, nunha colaboración que reforza as capacidades do Fondo como política pública mancomunada desde o local que alimenta o sistema galego de cooperación, xerando sinerxías entre os distintos actores máis alá de disputas partidarias ou personalistas.

Durante o ano pasado, realizáronse actividades de sensibilización vinculadas ao Plan 2011 en máis de 60 Concellos, das cidades ás vilas, do interior e da costa. Esta axitación en canto ao número de actividades é posible gracias a estrutura de organización e traballo en rede que  o Fondo Galego propón, como política do local, que minimiza custes e maximiza posibilidades.

Neste 2012 o Plan xira en torno a necesaria reflexión ao redor dos 15 anos que en novembro cumprirá o Fondo, como fórmula sustentable, de calidade, e de longo percorrido para as accións do municipalismo galego en materia de cooperación internacional e sensibilización social.

Descarga aquí o resumo do Plan de Sensibilización 2012