Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}


Baiona 2014-06-23

ACNUR analiza o incremento mundial das persoas refuxiadas no ecuador dos encontros #Alén2015

- Amaia Celorrio, responsable de Relacións Públicas e Contido da organización, responderá ás dúbidas sobre o desprazamento forzado en todo o mundo.
- O ciberencontro será o venres 27 de xuño, entre as 12 e as 14 horas, nos perfís de Facebook e Twitter do Fondo Galego

 

Amaia Celorrio, de ACNUR, protagonizará o sexto encontro dixital do Fondo Galego.

Amaia Celorrio, responsable de Relacións Públicas e Contido do Comité Español da Axencia da ONU para os Refuxiados (ACNUR), estará nas redes sociais do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade no ecuador dos encontros dixitais #Alén2015. Despois de coñecer o informe anual da organización o pasado 20 de xuño, Día Mundial das Persoas Refuxiadas, no que se pon de manifesto que o número de desprazados e solicitantes de asilo en todo o mundo superou os 50 millóns de persoas por primeira vez desde a Segunda Guerra Mundial, a especialista en Relacións Internacionais e Comunicación analizará as causas deste incremento, as medidas que se están a tomar desde ACNUR para atenualas ou as tendencias globais rexistradas neste sentido pola a entidade, entre outros temas.

O diálogo online levarase a cabo este venres 27 de xuño, entre as 12 e as 14 horas, no perfil de Facebook (facebook.com/fondogalego) do Fondo Galego, no espazo reservado a comentarios no post coa fotografía de Amaia Celorrio que se publicará ao comezo do ciberencontro, ou no Twitter (@FondoGalego) da organización co hashtag #EncontroACNUR. Na súa intervención,  a responsable conversará en directo coas e cos participantes para tentar responder ás súas cuestións e disipar as súas posibles dúbidas en torno á situación de millóns de persoas refuxiadas no mundo, a actividade da propia organización ou as principais emerxencias que atende, con especial fincapé no caso sirio, a maior traxedia humanitaria á que se enfronta ACNUR e que afecta xa a máis de nove millóns de persoas dentro e fóra do país.

Aquelas e aqueles internautas que desexen participar na cita online pero non poidan facelo en directo poderán deixar as súas preguntas con carácter previo no Facebook do Fondo Galego, nos posts relacionados co encontro publicados neste perfil, co hashtag #EncontroACNUR a través de Twitter ou ben enviar as súas dúbidas ao correo fondogalego@gmail.com.

Sexto encontro dixital
Esta é a sexta entrevista que organiza a entidade municipalista no marco do programa #Alén2015, un total de doce encontros dixitais con axentes da cooperación que se celebran o último venres de mes co obxectivo de reflexionar sobre distintas temáticas en torno aos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, que conclúen en 2015.

A intervención online de Amaia Celorrio nas redes sociais do Fondo Galego súmase así á de xaneiro con David Llistar, autor do libro 'Anticooperación' e cofundador do Observatorio da Débeda na Globalización, que versou sobre a anticooperación; á de Sarsur en febreiro, colectivo coruñés que achegou unha interesante visión sobre a situación do Sáhara Occidental; á da investigadora Helena Maleno no mes de marzo, integrante da rede de apoio Caminando Fronteras/Walking Borders, que abordou os fenómenos migratorios e fronteiras; ao encontro de abril con Tom Kucharz, membro de Ecoloxistas en Acción, que ofreceu unha pormenorizada reflexión sobre o declive enerxético, o consumo ou o cambio climático, entre outros temas, e á conversa con Nacho Martínez, da Plataforma 2015 y más, que no mes de maio abordou os ODM e a Axenda Post 2015.

Amaia Celorrio
Xornalista de formación, traballou en varios medios de comunicación en España e no estranxeiro (Antena3, Univisión, etc.), e despois nos gabinetes de comunicación de NH Hoteles, Repsol-YPF e na Embaixada de España en Londres. Durante catro anos coordinou a comunicación da ONG Axuda en Acción e desde hai preto de dous, é a responsable de Relacións Públicas e Contidos do Comité español de ACNUR. Neste tempo, visitou aos refuxiados sirios en Xordania e aos de Malí en Burkina Faso.