Aviso:

[Pechar}


Baiona 2014-06-02

Adíase ata o 7 de xullo o peche da convocatoria de proxectos do Fondo Galego

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade atrasa ata o 7 de xullo o peche da convocatoria de subvencións dirixida aos axentes de cooperación ao desenvolvemento con presenza real en Galicia para a execución de proxectos de desenvolvemento nos países do Sur. Dáse así cumprimento ao compromiso adquirido co sector no Concello Municipalista da Cooperación celebrado o pasado 23 de abril, onde a Coordinadora Galega de ONGD solicitou que se adiara unha semana a data límite para a presentación de proxectos, establecida nun principio para o 30 de xuño, no caso de que o prazo coincidira coas convocatorias da Xunta de Galicia. As bases da convocatoria están dispoñibles aquí.