Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}


Baiona 2014-12-05

Agareso anima á mocidade galega a implicarse para mellorar a súa comunidade

A Asociación Galega de Reporteiros Solidarios proxecta en centros educativos de dez concellos socios do Fondo Galego o documental gravado en El Salvador no marco dun proxecto para a prevención de riscos ante inundacións financiado pola entidade municipalista.

A compañeira salvadoreña na proxección no IES da Pobra.A Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso) desenvolve desde esta semana diversos obradoiros en concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para concienciar a máis de 500 estudantes de Secundaria sobre a importancia da participación comunitaria. A iniciativa encádrase no proxecto realizado en El Salvador para reducir a vulnerabilidade ante o risco de inundacións, financiado á ONGD pola asociación municipalista. A actividade de sensibilización percorreran ata finais de ano centros educativos de Bergondo, Boiro, Cabanas, Cuntis, A Estrada, Fene,  A Pobra do Caramiñal, Poio, Pontecesures e Vigo.

A proxección do documental 'Comunicando comunidades' -gravado na rexión salvadoreña do Bajo Lempa por un equipo de voluntariado de Agareso- centra os obradoiros, que se complementan cunha charla previa para contextualizalo e un debate posterior no que se anima á mocidade a implicarse na resolución das problemáticas sociais que afectan a súa contorna. A través do testemuño directo das e dos seus protagonistas, o audiovisual pon de relevo como as cooperativas, os movementos de base e as organizacións comunitarias permiten afrontar cuestións como a contaminación, a violencia, a falta de información ou a carencia de traballo no país centroamericano, que viviu doce anos de guerra.

Voluntariado de Agareso realizou as gravacións en El Salvador.As sesións están dinamizadas por persoal técnico de Agareso e por unha representante do parceiro salvadoreño, Radio Tehuacán, de xeito que o alumnado pode coñecer tamén de primeira man a experiencia do voluntariado nos proxectos de cooperación. Tamén acompañan algunhas proxeccións membros do equipo que se desprazou a terreo, integrado polo xornalista e presidente da organización, Juan de Sola, a cámara e fotógrafa Alba Sotelo e mais a redactora Gabriela Sánchez.

Cooperación internacional
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade financiou no último ano o proxecto impulsado por Agareso para previr e reducir a vulnerabilidade perante o risco de inundacións en comunidades e centros escolares dos municipios de Tecoluca e Zacatecoluca  a través da mitigación, sensibilización e educación ambiental. Os resultados desta formación e a capacidade de reacción da poboación fronte unha emerxencia amplificáronse mediante a emisora comunitaria Radio Tehuacán. Ademais das capacitacións impartidas pola ONGD local Cordes, entregáronse materiais de prevención aos comités de protección civil e aos centros educativos, entre outras tarefas que culminaron coa gravación do documental sobre a participación comunitaria.