Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}


Baiona 2014-11-24

Amarante Setem visita as redes sociais do Fondo Galego para falar de consumo responsable

- Nanda Couñago, directora da ONGD, incidirá en temas como o comercio xusto, a compra pública responsable, a solidariedade entre os pobos ou as finanzas éticas.

- A conversa online levarase a cabo o venres 28 de novembro, entre as 12 e as 14 horas, nos perfís de Facebook e Twitter da asociación municipalista.

Nanda Couñago na presentación da plataforma MOV3.Nanda Couñago, directora da ONGD galega Amarante Setem, visita as redes sociais do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para falar sobre as alternativas existentes ao actual sistema de consumo internacional, a través da promoción de certas prácticas baseadas no comercio xusto ou a compra pública responsable, a denuncia de modelos produtivos globalizados ou o apoio a plataformas en pro da xustiza social, entre outras cuestións.

A conversa online celebrarase o venres 28 de novembro, entre as 12 e as 14 horas, nos perfís de Facebook (facebook.com/fondogalego) e Twitter (@FondoGalego) da entidade municipalista. Será en directo e nela poderán participar todas aquelas persoas interesadas no ámbito do consumo, ben formulando as súas dúbidas a través do perfil de Facebook do Fondo Galego, no espazo reservado a comentarios no post coa fotografía da directora de Amarante Setem que se publicará cando se abra o debate, ás 12 horas do venres, ou no Twitter, co hashtag #EncontroAmarante.

As usuarias e usuarios que non poidan intervir o propio día do ciberencontro, poden deixar as súas cuestións nos post relacionados co diálogo publicados no Facebook do Fondo Galego, co hashtag #EncontroAmarante no Twitter, ou envialas ao enderezo fondogalego@gmail.com.

#Alén2015

A entrevista online con Amarante Setem é a penúltima que se celebrará este ano nos medios sociais do Fondo Galego dentro do programa #Alén2015, unha proposta que se sirve das novas vías de comunicación para, a través dunha serie de encontros dixitais con carácter mensual, achegar á cidadanía a valoración de axentes da cooperación sobre a consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM), promover o debate e a reflexión en torno a distintas temáticas relacionadas con estas metas, así como visibilizar as propostas destas expertas e expertos para a Axenda Post 2015 que guiará o futuro marco de desenvolvemento internacional a partir do vindeiro ano. 

Encontros dixitais
Esta conversa con Nanda Couñago complementa ás realizadas ata o momento.  A primeira tivo lugar en xaneiro con David Llistar, cofundador do Observatorio da Débeda na Globalización, e versou sobre a anticooperación, título homónimo dun dos seus libros; en febreiro estivo nas redes sociais do Fondo Galego Sarsur, un colectivo coruñés que aportou unha interesante visión sobre a situación do Sáhara Occidental; Helena Maleno investigadora e integrante da rede de apoio Caminando Fronteras/Walking Borders, abordou en marzo os fenómenos migratorios e fronteiras.

Tom Kucharz, membro de Ecoloxistas en Acción, ofreceu en abril unha pormenorizada reflexión sobre o declive enerxético, o consumo ou o cambio climático, entre outros temas; Nacho Martínez, da Plataforma 2015 y más, falou en maio sobre os ODM e a Axenda Post 2015; en xuño, Amaia Celorrio, de Acnur, fixo unha análise da situación que están a vivir persoas refuxiadas de todo o mundo; Margarita González, do grupo local de Amnistía Internacional na Coruña, centrou o seu discurso nos protocolos de actuación e intervencións de AI en países en conflito.

María Reimóndez, fundadora e vicepresidenta de Implicadas no Desenvolvemento, amosou algunhas "alternativas" ao sistema de cooperación tradicional, ademais de tratar cuestións tan interesantes como os criterios de selección de países prioritarios para a realización de proxectos de cooperación. En setembro contamos con Pablo Rodríguez, que representou á Coordinadora Galega de ONGD e tratou, entre outras cuestións, o labor das organizacións galegas, o seu papel na sociedade e as dificultades ás que se enfrontan produto da crise. O convidado de outubro, Marco Gordillo, coordinador de Campañas de Manos Unidas, defendeu a cooperación local como un valor para a cidadanía, e sinalou a importancia do cambio climático e da seguridade alimentaria na erradicación da pobreza.

Amarante Setem
Organización galega de solidariedade para o ecodesenvolvemento, fundada en 1999 en Pontevedra, que traballa pola superación do capitalismo global cara á xustiza social. Vincula a ecoloxía e a solidariedade e, en concreto, o campo do ecodesenvolvemento e a sensibilización para a cooperación, dende a promoción de alternativas contra un sistema internacional inxusto, a través de catro liñas de traballo: educación para o desenvolvemento, comercio xusto, consumo responsable e cooperación ao desenvolvemento.

Nanda Couñago
É licenciada en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid e especializada en xestión de xerencia de proxectos, dereitos humanos e seguridade alimentaria. Así mesmo, realizou outras formacións en xornalismo e cooperación internacional, guerra e desenvolvemento: reconstrución e postconflito, análise político-social de África , cooperación e xénero e mais comercio xusto. Participou en varias plataformas e movementos sociais. Na actualidade, é a directora de Amarante Setem, organización na que leva dez anos traballando nos eidos vencellados principalmente ao consumo responsable, a transformación social, a incidencia política e a solidariedade entre organizacións e pobos.