Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}


Baiona 2013-06-05

Amigos da Terra e o Fondo Galego apostan pola protección medioambiental en Nicaragua

- Ambas as dúas entidades celebran o Día Mundial do Medio Ambiente difundindo o seu apoio á conservación de dúas reservas naturais no Golfo de Fonseca.
- O proxecto de cooperación internacional inclúe actividades formativas e de sensibilización, amais da achega de equipamentos e a reforestación do manglar.

Xuntanza dun dos Comités de Manexo Colaborativo que xestionan as áreas protexidas.O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade apoia en Nicaragua a xestión ambiental de dúas áreas protexidas a través dun proxecto subvencionado a Amigos da Terra con 20.000 euros, unha actuación que se fai pública coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente, que se celebra hoxe. A ONGD ecoloxista traballa coa fundación nicaraguana Líder no fortalecemento das capacidades locais para a conservación das reservas naturais do volcán Cosigüina e do delta do Estero Real, ambas as dúas no Golfo de Fonseca, un dos ecosistemas máis representativos de Centroamérica.

Para acadar este obxectivo e contribuír así ao desenvolvemento sostible da zona, estase a formar ao persoal tanto das oficinas ambientais das municipalidades de El Viejo e Puerto Morazán como dos Comités de Manexo Colaborativo de senllas áreas protexidas, que están integrados polos principais actores locais, os propios gobernos municipais e mais os líderes e lideresas das comunidades afectadas. Tamén se lles dotará das ferramentas necesarias, coma equipos informáticos ou GPS.

Ao tempo, melloraranse os plans operativos das reservas e iniciaranse as accións contempladas neles, entre as que destaca a reforestación do manglar, que é clave para manter a biodiversidade. Asemade, sensibilizarase as lideresas e líderes locais implicándoos en diferentes campañas ambientais, feiras, charlas ou obradoiros e tamén se editarán folletos e outros materiais para visibilizar a problemática e concienciar sobre a protección do medio.

Nunha zona onde a maior parte da poboación vive na extrema pobreza, o proxecto busca involucrar as comunidades na xestión sostible dos recursos naturais, que mesmo teñen valor turístico. A iniciativa contempla tamén o enfoque de xénero, ao promover a participación das mulleres na toma de decisións. Amigos da Terra leva traballando no sector nicaraguano do Golfo de Fonseca desde 2004, ano en que iniciara o seu labor na zona co apoio do Fondo Galego.