Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}


Pontevedra 2015-10-28

Amigos da Terra forma no Concello de Moaña sobre a depuración biolóxica das augas residuais

O salón de plenos acollerá a partir das 9.30 horas a xornada técnica na que  se abordarán os diferentes sistemas de biofiltros con plantas acuáticas.

Formación práctica sobre fitodepuración. FOTO: Brais PalmásAmigos da Terra organiza mañá xoves en Moaña as Xornadas Técnicas de Fitodepuración ‘A depuración natural das augas residuais urbanas’. A formación é de balde e desenvolverase durante a maña no salón de plenos, a partir das 9.30 horas. A actividade está vinculada ao proxecto apoiado á ONGD polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, e polo Concello como socio desta entidade, para facilitarlle o acceso á auga potable a máis dun milleiro de persoas empobrecidas en Nicaragua.

Divulgar e sensibilizar sobre a contaminación da auga e a eficiencia enerxética, achegando solucións técnica e economicamente viables, é o obxectivo do curso. Exporanse pois as bases científicas e técnicas dos biofiltros de plantas acuáticas, alén dos diferentes métodos e casos de éxito en Galicia. Tamén se abordarán fórmulas para construír un sistema de fitodepuración e se analizarán os custos, para rematar cun suposto práctico. A acción vai especialmente dirixida a persoal técnico dos concellos, xestores de comunidades de montes e de instalacións públicas e privadas, así como a profesionais que se dediquen á planificación do territorio (arquitectas, enxeñeiros, etc.), amais do público xeral. As persoas interesadas poden inscribirse en cooperacion@amigosdaterra.net ou no 677 292 557.

A proposta encádrase no proxecto de cooperación internacional financiado polo Fondo Galego e que Amigos da Terra executa en Nicaragua da man da ONGD local Instituto de Promoción Humana-Somoto. A instalación de bioxardineiras, a rehabilitación de pozos, a reforestación das fontes de auga ou capacitacións sobre a xestión do recurso hídrico e o saneamento ambiental son algunhas das accións que se están a levar a cabo. Preto de 180 familias beneficiaranse desta intervención nunha zona que se acha en situación de pobreza extrema, onde reducir a contaminación da auga resulta clave para minguar a incidencia de enfermidades e na que a agricultura, que constitúe a principal fonte de ingresos, se ve gravemente afectada pola seca.