Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}


Illa de San Simón 2011-09-21

Amigos ESCAES Perú promove a alfabetización e a boa alimentación co apoio do Fondo Galego

- A iniciativa recibiu 35.000 euros da asociación de Concellos e Deputacións para contribuír a mellorar a calidade de vida de nove comunidades no país andino
- Canda as clases de lectoescritura e cálculo, instaláronse cociñas melloradas para aforrar leña e mais hortas e criadeiros de coellos para reducir a desnutrición

Familias beneficiarias do proxecto na sede de Escaes, cos cuyes.A ONGD Amigos ESCAES Perú e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade promoveron a alfabetización e unha correcta alimentación en nove comunidades rurais da provincia de Ayabaca, departamento de Piura. A iniciativa desenvolvida durante os últimos doce meses no país andino con familias en situación de pobreza extrema recibira 35.000 euros da asociación de Concellos e Deputacións na convocatoria de proxectos de 2010.

O traballo distribuíuse en varias frontes. Dunha banda, impartíronse clases de alfabetización a 180 persoas, das que o 70% eran mulleres, empregando a metodoloxía Reflect, que propón a elaboración dos materiais de estudo baseándose na realidade local. As propias familias axudaron a instalar 180 cociñas melloradas que permitiron reducir un 60% o consumo de leña.

Deste xeito, non só se contribuíu á protección do medio ambiente, senón tamén á redución de problemas de saúde como infeccións respiratorias, conxuntivite, dores de costas nas donas e queimaduras nas cativas e cativos. As mulleres dispoñen asemade de máis tempo para dedicar a outras actividades, o que incide no seu empoderamento.

No marco do proxecto, orzamentado nun total de 53.458 euros, creáronse tamén nove hortas comunitarias e outros tantos módulos para a cría de cuyes, os coellos da zona. Estas medidas permitiron reducir as taxas de desnutrición e mellorar o nivel económico das persoas beneficiarias, coa comercialización dos excedentes, pero tamén posibilitaron o desenvolvemento de capacidades coma o cálculo, a xestión ou a comunicación. Ao mesmo tempo, os excrementos dos coellos empréganse como abono orgánico para as hortalizas e para os pastos sementados para alimentar os propios cuyes.