Aviso:

[Pechar}


Pontevedra 2015-05-14

As prazas de Vacacións con Traballo 2015 resolveranse o 22 de maio

O venres día 22 de maio, antes das 15h, anunciaremos a resolución das prazas da convocatoria do programa de voluntariado internacional Vacacións con Traballo, que no 2015 cumpre dez edicións e que o martes 12 pechou o prazo de recepción de solicitudes.

A resolución colgarase na páxina web e redes sociais do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, que a súa vez comunicará a resolución de maneira específica ás persoas titulares e suplentes das distintas prazas convocadas ao igual que á Rede Municipalista Solidaria.

Todas aquelas persoas que se candidataron de maneira correcta recibiron un correo electrónico de confirmación. No caso de terse candidatado a Vacacións con Traballo e non ter recibido un correo de confirmación, dirixanse urxentemente á secretaría do Fondo Galego; dpalau@igadi.org