Aviso:

[Pechar}


Pontevedra 2015-08-17

Balance audiovisual do Encontro Vacacións con Traballo 2006-2015

Recollemos en vídeo as experiencias dalgunhas participantes e o que deu de si a xornada de debate sobre o programa de voluntariado.

Cando xa se están a preparar as próximas viaxes a Nicaragua e Cabo Verde, lanzamos este vídeo realizado no Encontro Vacacións con Traballo 2006-2015 que se celebrou o pasado 19 de xuño no Concello de Pontevedra. Máis de vinte técnicas e técnicos municipais e provinciais acudiron á cita, aínda que o audiovisual se centra na experiencia de tres delas. María López, Sara Besada e Rosa Lage comparten as vivencias que lles marcaron e fan balance da xornada de reflexión arredor da cooperación internacional desde o local. Conmemórase así o décimo aniversario do programa de voluntariado dirixido a persoal das administracións socias do Fondo Galego. Máis de trinta persoas colaboraron xa cos socios da entidade nos países do Sur en áreas coma turismo sostible, igualdade, urbanismo ou xestión ambiental. Este ano farano outras seis.

 

Balance audiovisual do Encontro Vacacións con Traballo 2006-2015